Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudo da fotografía contemporánea. Coñecemento dos fundamentos dunha das disciplinas que, na actualidade, maior achega está a levar a cabo (na sociedade e na comunicación) desde os puntos de vista da publicidade, a arte, o xornalismo ou a ciencia. Fortalecemento dun tipo de visión que posibilite as actitudes críticas coas imaxes que a contemporaneidade xera, así como a posibilidade de adquisición de coñecemento dirixido a unha análise máis precisa da nosa contorna visual.
Teoría
1. Introdución a fotografía contemporánea: Linguaxe visual como medio de comunicación. Relación e diferencias entre fotografía e imaxe.
2. Composición: Conceptos básicos da composición e elementos utilizados na linguaxe visual.
3. Situación actual: Que se entende por fotografía hoxe en día. Importancia da fotografía na sociedade actual. Democratización da fotografía.
4. Información: Importancia da imaxe. A formulación dos xornais: as galerías de fotos e as fotonoticias. A importancia da Instantaneidade. Diversificación de fontes. Os retos da fotografía na comunicación. Foto ou vídeo?
5. Traballo do fotógrafo: Situación da profesión. O caso do Fotoxornalista. Relación Fotógrafo / Editor / Redactor.
6. Publicidade: Desaparición dos límites ente CGI e imaxe real. Nova explosión creativa. Studium e Punctum
7. Educación y Ciencia: A imaxe como fonte de coñecemento. Ferramenta de estudo, cálculo e análise. Medio de difusión dos logros e avances da ciencia. Aplicacións tecnolóxicas e industriais.
8. Relacións persoais: Álbums familiares e memoria colectiva. Redes sociais e comunicación a través de imaxes. Concepto do público e o privado. Avatar e marca persoal.
9. Ética e legalidade: Que se pode fotografar. Que se pode publicar. Que se debe publicar. Usos e abusos. Regulación do informador gráfico. Dereito á propia imaxe. Propiedade intelectual. Creative Commons (CC).
10. Imaxe dixital: Definición. Formatos: Raw e JPG. Concepto de calidade e resolución. Medios de saída: impresión vs. Pantalla
11. Tecnoloxías: Equipos fotográficos actuais: cámaras de fotos, móbiles e cámaras de vídeo. Transmisión: equipos e software de transmisión. Sistemas e métodos.
12. Posprodución: Diferenciar entre posprodución e retoque. Revelado de arquivos Raw. Conceptos de temperatura de cor, luminosidade e contraste. Filtros de ruído e máscara de enfoque.
13. Edición: Saber escoller unha imaxe, contar unha historia. Importancia do formato de saída. Coñecer o contexto, historia e situación social na que convive a nosa fotografía.
14. Revelado: Diferenciar entre posprodución e retoque. Revelado de arquivos Raw. Conceptos de temperatura de cor, luminosidade e contraste. Filtros de ruído e máscara de enfoque.
15. Uso e arquivo: Medios de publicación de imaxes, Calidade da imaxe, arquivo e seguridade.
Práctica
1. Proxecto persoal: Realización dun proxecto fotográfico persoal orientado a súa ampliación en redes sociais. O alumno terá que deseñar e executar un proxecto fotográfico: escoller unha liña estética e argumental, realizar as fotografías, seleccionalas, editalas e xustificar as decisión tomadas.
2. Proxecto colectivo: O alumnos traballaran de maneira colectiva e por grupos na produción de unha exposición fotográfica sobre un concepto escollido na clase. Os alumnos executarán dende cero todo o proxecto, tomando decisión sobre a temática, obxectivo e aplicación ata a produción final da exposición, así como a difusión da mesma.
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou ben un escenario no que predomine a docencia virtual, proporanse prácticas que o alumnado poda facer a distancia (online), tanto de xeito individual como en grupo, mediante técnicas e tecnoloxías de fotografía aplicadas a Internet, e reforzándose tamén os exercicios de análise.
Bibliografía Básica. Lecturas Obrigatorias:
• Salked, Richard. Como leer una fotografía. Barcelona, Editorial Gustavo Gill, 2014.
• Caballo Ardilla, Diego (coord.): Fotoperiodismo y edición. Historia y límites jurídicos. Madrid, Universitas, 2006.
• Ledo, M. Documentalismo Fotográfico Contemporáneo. Madrid, Cátedra, 1998
Bibliografía Complementaria. Lecturas Recomendadas:
• Sarvas, Risto; Frohlich, David M. From Snapshot to Social Media, The Changing Picture of Domestic Photography. Springer-Verlag London Limited, 2011
• Barthes, Roland. La cámara lúcida. Barcelona, Editorial Paidós, 2009.
• Foncuberta, Joan. La cámara de Pandora. Barcelona, Editorial Gustavo Gill, 2011.
• Ribalta, Jorge (ed.). Efecto Real, debates posmodernos sobre fotografía. Barcelona, Editorial Gustavo Gill. 2004
• Foncuberta, Joan. El beso de Judas, Fotografía y Verdad. Barcelona, Editorial Gustavo Gill. 2012
• Rosler, Martha. Imágenes Públicas, la función política de la imagen. Barcelona, Editorial Gustavo Gill. 2007.
• Baqué, Dominique. La fotografía plástica. Barcelona, Editorial Gustavo Gill. 2003
• San Francisco Museum of Modern Art. Public Information (catálogo). 1995.
• Vitamin Ph: New Prespectives in Photography. Londres,Phaidon. 2007
• Webb, Jeremy. Diseño fotográfico. Barcelona, Editorial Gustavo Gill. 2011
Capacitación do alumnado no manexo básico do instrumental fotográfico. Coñecemento das condicións que fixeron posible a ruptura fotográfica que xerou a aparición da contemporaneidade e o propio concepto de Fotografía Contemporánea. Revisión das diferentes correntes sobre as que a fotografía opera no momento presente, analizando os diferentes puntos de vista e formas que adopta.
BÁSICAS E XERÁIS
CB2 - Que os alumnos saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teñan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución dos problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu campo de estudo) para emitir xuízos que inclúa unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os alumnos poidan transmitir información, ideas, problemas e soluciones a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os alumnos teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un algo grado de autonomía.
CG1 – Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRASVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestionar información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónomo
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito empresarial
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
Se ben a materia se divide en parte práctica e teórica, todos os puntos do temario terán unha compoñente práctica, xa que as referencias a exemplos e casos reais será continua durante toda a materia. Nas clases teóricas o alumno descubrirá o contido do temario a través de exemplos reais e un gran número de imaxes. As fotografías estarán sempre presentes nas presentacións e o seu visionado e análise serán as base sobre a que se sustentará o labor didáctico.
No caso dos seminarios, se ben segue a ser contido teórico, fomentarase de maneira moito máis activa a interacción do alumno coa exposición de problemáticas reais e reclamando a súa interacción na solución das mesmas.
Nas prácticas en laboratorio os alumnos terán que enfrontarse persoalmente á toma de decisións que implica o uso profesional de fotografías na comunicación, sendo a figura do profesor de mero guía.
Así, mentres que no apartado teórico búscase que o alumno comprenda a situación actual da fotografía e o seu uso nos diferentes medios de expresión nos que está presente, nos seminarios a materia céntrase en explicar as pautas básicas da linguaxe visual na fotografía, capacitando aos estudantes na futura toma de decisións que envolve o uso de fotografías nas comunicación.
Nas horas de laboratorio o alumno aprenderá os aspectos técnicos que lle permitan desenvolver e adaptar a súas decisións sobre a imaxe.Os alumnos traballaran coas cámaras de fotos da facultade é realizarán todo o proceso de postproducción nas aulas de informática cos equipos e softwares específicos.
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, reforzaranse as aulas a través do Campus Virtual da USC, tanto na parte teórica como práctica. Combinaranse os exercicios individuais cos grupos, e o sistema de entrega será a través da aula virtual. Ademais, empregaranse OneDrive, para a realización de prácticas colaborativas; MS Forms, en caso de ser preciso elaborar cuestionarios; e a plataforma MS Teams para as conexións síncronas co alumnado (aulas expositivas, interactivas ou titorías), entre outras. Adaptarase o cronograma de entrega das prácticas ó escenario online, comunicándoselle oportunamente ó alumnado a través da aula virtual.
O alumno terá que demostrar as súas aptitudes na materia, tanto teórica como práctica da seguinte maneira:
Exercicios semanais
Encargaranse unha serie de exercicios de realización semanal que o alumno deberá publicar en internet no medio escollido polo profesor e no prazo de tempo acordado. O total destes exercicios supón o 30% da nota da materia. Estes exercicios non son recuperables.
Traballos prácticos
Realizaranse 2 exercicios diferentes que engloben todo o aprendido nas horas de seminario e de laboratorio. Representan 40% da nota final e a súa entrega é imprescindible para aprobar a materia. Estes exercicios non son recuperables.
Exame teórico
Con preguntas baseadas no impartido nas clases de teoría (salvo que se indique o contrario na aula). Representa o 30% da nota final.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, contémplase a posibilidade de que os alumnos sexan avaliados mediante traballos prácticos e exercicios semanais, que representarían o 70% da nota final, sumando a isto a nota obtida nun suposto exame final que representaría un 30%. Este sería o sistema no caso de que haxa a posibilidade de valoración presencial; no caso de que non sexa posible, os alumnos serán valorados por avaliación continua, sen proba específica.
Clases Teóricas (Expositivo): 24h
Prácticas en Aula (Seminario): 12h
Prácticas en Laboratorio: 12h
Docencia Titorizada: 3h
Traballo non presencial do alumno: 99 h
TOTAL: 150h
As horas de laboratorio impartiranse na aula de informática 3 e é posible que os alumnos que non teñas cámara propio pidan cámaras e trípodes.
O alumno debe ter en conta que na materia é moi importante a asistencia a clase e a continuidade a hora de presentar os exercicios que semanalmente se encargarán. O traballos semanais so serán tidos en conta se se entregan dentro do prazo especificado polo profesor na aula.
Durante a materia o alumno creará unha conta nun servizo de blogs específico e entregará todo o material a través de ese sistema. Non é preciso contar cunha cámara réflex para a materia.
PLAN DE CONTINXENCIA
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, reforzarase a docencia a través da aula virtual (Campus Virtual da USC), tanto na parte teórica como práctica. Combinaranse os exercicios individuais cos grupos, e o sistema de entrega será a través da aula virtual.
Ademais, empregaranse o OneDrive, para a realización de prácticas colaborativas; o MS Forms, en caso de ser preciso elaborar cuestionarios; e a plataforma MS Teams para as conexións síncronas co alumnado (aulas expositivas, interactivas ou titorías), entre outras. Adaptarase o cronograma de entrega das prácticas ao escenario online, comunicándoselle oportunamente ó alumnado a través da aula virtual.
Adoptarase un sistema de avaliación continua sen proba específica. Polo tanto, valoraranse unicamente os exercicios prácticos que se propoñan ó longo do curso, tanto as prácticas de análise como a entrega de microproxectos fotográficos e un proxecto final individual. Cada un dos exercicios será cualificado cunha nota, e xuntos suporán o total da nota final da materia.
Miguel Mendez Barreiro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- miguelmendez.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
19.05.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
19.05.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
09.07.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |