Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecemento e comprensión da comunicación en tanto que factor básico constitutivo das sociedades. Especial atención aos grandes momentos da historia da comunicación, tanto desde unha perspectiva sociolóxica e filosófica como desde a perspectiva do progreso tecnolóxico, así como ao coñecemento en profundidade da evolución histórica do xornalismo en Galicia. Consideración específica á construción histórica da denominada Sociedade da Información e o Coñecemento.
Parte de teoría
Coñecemento e comprensión da comunicación en tanto que factor básico constitutivo das sociedades. Prestarase especial atención aos grandes momentos da Historia da Comunicación, tanto dende unha perspectiva sociolóxica e filosófica como dende a perspectiva do progreso tecnolóxico, así como ao coñecemento en profundidade da evolución histórica de xornalismo en Galicia. Consideración específica á construcción histórica da denominada sociedade da información e o coñecemento.
Parte de seminario
Nas sesión de seminario, analizaranse textos, preparase material audiovisual para a súa análise, elaboraranse pezas multimedia a partir de documentos históricos recollidos en bases de datos e fontes de acceso libre e organizaranse debates sobre os temas suxeridos logo das exposicións teóricas. O alumno elaborará pezas informativas para tódolos soportes, para o que deberá contar con materiais funxibles e produtos de apoio para elaborar pezas multimedia, de realidade virtual e de xestión é procesado de datos. Traballará con software para produtos multimedia e con hardware existente nas aulas de informática para producir textos, sons, imaxes e vídeos. Pode precisar apoio para algunha peza de plató. O obxectivo é elaborar pezas con material histórico para interactuar nos debates e fomentar o intercambio de puntos de vista con medios actuais e metodoloxías constructivistas.
Temas
Tema 1
Da linguaxe á escritura. O mito da escritura. A opinión na Grecia arcaica e clásica. A lectura e a escrita na Idade Media. As formas e canles de difusión de mensaxes.
Tema 2
A aparición da imprenta e o seu impacto na Comunicación. A ponte entre os libros manuscritos e os libros impresos. A aparición das primeiras publicacións impresas de periodicidade irregular.
Tema 3
A aparición das gacetas. O século XVII e a aparición da periodicidade. As gacetas do XVII. O xornalismo do século XVIII.
Tema 4
A loita pola liberdade de prensa. De Locke a Robespierre. A revolución francesa. Características dos medios que emerxen na época.
Tema 5
O primeiro xornalismo liberal. O despegue da prensa. As primeiras axencias de noticias. A prensa na sociedade burguesa. O nacemento da prensa popular.
Tema 6
A prensa nos principais países occidentais: Alemaña, Francia, Inglaterra, España e Portugal. A prensa en Estados Unidos de Norteamérica. A prensa en América Latina.
Tema 7
Orixe e evolución da radio. Estratexias informativas da radio. Orixe e evolución da televisión. Estratexia informativa da televisión. A convivencia entre medios.
Tema 8
A prensa española do XIX. A prensa da Restauración (1874-1921). Os medios de comunicación en España no século XX. Nomes relevantes do xornalismo español.
Tema 9
Xornalistas e escritores que deixaron pegada da súa traxectoria mediática. Joseph Pulitzer, William Randolph Hearst, Albert Camus, Emile Zola, Mariano José de Larra …
Tema 10
Medios de comunicación e propaganda. Medios de comunicación e compromiso. Debates xornalísticos da primeira metade do século XX. O xornalismo na dictadura. O xornalismo na restauración democrática.
Tema 11
O xornalismo galego: orixes e evolución. O xornalismo en galego. As principais publicacións na historia de Galicia. Os principais medios na historia de Galicia.
Tema 12
Xornalistas galegos con opinión. A relación entre xornalismo e literatura en Galicia.
Bibliografía básica
BARRERA, C. –coord.- (2004): Historia del Periodismo Universal. Barcelona: Ariel.
BALSEBRE, A. (2001): Historia de la Radio en España. 1874-1939/1939-1985. Tomos I y II. Madrid: Editorial Cátedra.
CAL, R./PÉREZ PAIS, C. (1993): Repertorio bibliográfico sobre a prensa galega. Santiago de Compostela: Edicións Lea.
FUENTES, J.F./FERNÁNDEZ SEBASTIÁN, J. (1997): Historia del Periodismo Español. Madrid: Síntesis.
GÓMEZ MOMPART, J.Ll./MARÍN, E. –ed.- (1999). Madrid: Síntesis.
PALACIO, M. (2009): Historia de la televisión en España. Barcelona: Gedisa.
TIMOTEO ÁLVAREZ, J. (1991): Del viejo orden informativo. Madrid: Actas.
TIMOTEO ÁLVAREZ, J. –coord-. (1989): Historia de los Medios de Comunicación en España. Periodismo, imagen y publicidad (1990-1990). Barcelona: Ariel.
WILLIAMS, R. –ed.- (1992): Historia de la Comunicación. Vol. 1 y 2. Barcelona: Bosch Comunicación.
Bibliografía complementaria
BARTHES, R. (2012): El grado cero de la escritura. Madrid: Siglo XXI.
JONSON, B. (2002): El comercio de noticias. Noticias del Nuevo Mundo descubierto en la Luna. Introducción y notas de Javier Díaz Noci. Bilbao: Universidad del País Vasco.
BERLIN, I. (2002): La traición de la libertad. Seis enemigos de la libertad humana. Méjico: Fondo de Cultura Económica.
BERMEOSOLO, P. (1962): El origen del periodismo amarillo. Madrid: Rialp.
BLOOM, H. (2002): El canon occidental. Barcelona: Anagrama.
CAMUS, A. (1996): En Obras completas. Madrid: Alianza Editorial.
CAVALLO, G./CHARTIER, R. (1997): Historia de la lectura en el mundo occidental. Madrid: Taurus.
DIAZ, L. (1993): La radio en España. Madrid: Alianza editorial.
HERNANDEZ LES, J. A. (2010): Dramas y debates del periodismo. Santiago de Compostela: Andavira.
JOLY, M. (2002): Diálogo en el infierno entre Maquiavelo y Montesquieu. Barcelona: El Aleph editores.
LARRA, M. J. (1971): Artículos de costumbres. Madrid: Espasa Calpe.
LLERA, J. A. (2004): El humor en la obra de Julio Camba. Madrid: Biblioteca Nueva.
PIZARROSO QUINTERO, R. (1994): Historia de la prensa. Madrid: Fundación Areces.
SEOANE, M. C. (1983): Historia del periodismo en España. Madrid: Alianza editorial.
VAZQUEZ MONTALBÁN, M. (1989): Historia y comunicación social. Madrid: Alianza Editorial.
WEILL, G. (1979): El periódico: orígenes, evolución y funciones de la prensa periódica. Méjico: Limusa.
Os alumnos exercitaranse no coñecemento da historia mediante a lectura de textos, a búsqueda de documentos e a análise de traballos históricos.
A materia debe contribuir a que o alumno coñeza a historia da comunicación, as súas principais etapas e o contexto político, social e económico que as caracterizou, e a que teña unha perspectiva comparada entre a historia da comunicación en Galicia e a historia da comunicación nos principais países do mundo.
As competencias básicas e xerais son:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
As competencias transversais son:
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
As competencias específicas son:
CE15 - Interpretar as complexidades da comunicación ao longo da súa historia
CE16 - Comprender a dimensión que adquire na actualidade a participación cidadá en procesos de produción da información.
-A metodoloxía que se empregará e constructivista. Haberá exposicións do profesor, en sesións maxistrais, que se completarán con exposicións dos alumnos.
-Os alumnos realizarán traballos de leitura e interpretación de textos vencellados directamente á historia da Comunicación.
-Combinación da exposición teórica e de rolda de intervencións dos alumnos.
-Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
- A avaliación será continua. Na parte de teoría, haberá exame final, cun peso do 50 por cento da nota final. Na parte se seminario, haberá evaluación continua e a presentación dun traballo final. A nota desta parte terá un peso do 50 por cento na nota final. Para aprobar a materia é preciso superar as dúas partes, a de teoría e a de seminario.
-De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
48 h. de actividade presencial, e 102 h. de traballo persoal.
- Ler os textos recomendados polos profesores.
-Seguir os temas pola bibliografía e polas fontes documentais que se darán logo de cada exposición.
A planificación dos traballos para o seminario farase nas primeiras sesións regradas.
Plan de continxencia
A vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Xose Lopez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816536
- Correo electrónico
- xose.lopez.garcia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandro Lopez Carballeira
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alopez.carballeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Sara Perez Seijo
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816534
- Correo electrónico
- s.perez.seijo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
13.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
21.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |