Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Xénese, función e aplicación da imaxe infográfica nos medios de comunicación. Elementos para a súa definición e significación (Memoira titulación, apartado Contidos).
Deseño da información de actualidade. Identificación, selección, narración e presentación da noticia a través do texto, imaxe, son, vídeo e animación en 2D. Coñecemento de estratexias e recursos xornalísticos e informáticos para contar historias visuais. Análise e creación de unidades infográficas de actualidade coas linguaxes periodístico, iconográfico e hipermedia. Coñecemento dos principios básicos da comunicación da mensaxe informativa a través da infografía. Deseño, ordenación e plasmación da actualidade a través de texto, imaxe, audio, vídeo e técnicas de animación en 2D. Tratamento e análise da información de actualidade a través da linguaxe textual e audiovisual e interactividade. Análise, uso e produción de unidades infográficas. Definición dos procesos de investigación, selección, creación e realización da narrativa periodística iconográfica. Tratamento e realización de infografías informativas estáticas e dinámicas. Comprensión do proceso creativo e de construción da mensaxe en infografía (Memoria tituluación, apartado resultados de aprendizaxe).
Definir as liñas mestras, as características e os condicionantes da imaxe infográfica, entendida como unha nova forma de presentar a información.
Observar a distinción entre as perspectivas decorativa e informativa na preparación, presentación e función dos infográficos.
Indagar e establecer a relación entre infografía e o deseño gráfico, entre infografía e proposta estética, entre infografía e datos no camiño da estrutura da información e a súa visualización, así como a procura dunha síntese entre a percepción visual e a textual.
Identificar os elementos diferenciadores e cada fase do proceso de elaboración desde a ideación, a recollida de datos, o esquema narrativo e a produción.
Estudar os elementos e funcións do relato infográfico interactivo e multimedia.
2.1. Contidos teóricos
Tema 1. A imaxe sintética: a infografía
1.1 Introdución: o universo icónico e a infografía
1.2 Definición e perspectivas
1.3 Orixe e evolución
1.4 Aplicacións e usos.
Tema 2. A infografía informativa
2.1 Definición e relevancia nos medios
2.2. Características e funcións
2.3 Precursores do infografismo informativo
2.4 Situación actual.
Tema 3. Tratamento gráfico da información
3.1 Infografía e deseño gráfico.
3.2 Características do texto e da imaxe
3.3 A concepción semántica e formal da infografía no proceso comunicativo.
3.4 Deseño da información. A imaxe e o texto na procura dun obxectivo informativo.
Tema 4. Os infogramas no xornalismo impreso
4.1 Estrutura e elementos básicos dun infograma.
4.2 Tipos, técnicas e estilos.
4.3 Orientacións sobre o uso dos infográficos.
4.4 A ética e os infográficos.
Tema 5. Xornalismo de datos e investigación
5.1 Datos, información e coñecemento
5.2 Grandes volumes de datos. Open Data. Significado e función. Ferramentas.
5.3 Recompilación, filtrado, contextualización e combinación
5.4 Presentación do relato infográfico.
Tema 6. Visualización e texto infográfico
6.1 Definición e obxectivos
6.2 Breve percorrido histórico
6.3 Dimensións do proceso de visualización. Ferramentas.
6.4 Diversidade de pantallas para a presentación infográfica.
Tema 7. A infografía interactiva
7.1 Características e usos da infografía na WWW
7.2 Hipertexto, hipermedia, interactividade
7.3 Cuarta revolución industrial. Robots, automatización e infografía.
7.4 Calidade, cantidade, facilidade de uso e experiencia de usuario.
Tema 8. Imaxe cartográfica
8.1 Definición e utilidade
8.2 Tipoloxías
8.3 Aspecto cartográfico e tratamento
8.4 Documentación e fontes.
Tema 9. A infografía nos soportes audiovisuais
9.1 Características, usos e función
9.2 A infografía e a televisión
9.3 A infografía e o cine
9.4 A infografía e a publicidade.
Tema 10. Infografía e especialización
10.1 Concepto e identificación
10.2 Trazos e función
10.3 Evolución e divulgación
10.4 Grafismo funcional e didáctico.
Tema 11. A infografía na estrutura dos medios
11.1 O departamento de infografía
11.2 Gráficos de axencia.
11.3 Eclosión da infografía en España
11.4 Perfil do infografista.
2.2. Contidos prácticos
As prácticas contemplarán distintos tipos de traballos.
- Un das prácticas centrarase na planificación de infográficos a partir de teletipos e noticias de axencias e xornais, e de bases de datos nacionais e internacionais de acceso libre. Os traballos entregaranse cada día ao remate da clase, o que significa que ao longo do cuadrimestre cada persoa matriculada na disciplina acumulará ao redor de 16 bosquexos prácticos.
- O outro apartado práctico dedicarase á elaboración de infográficos a partir de distintas propostas informativas. O alumnado, ao remate do cuadrimestre, deberá ter entregado, partindo dos bosquexos realizados, entre seis e nove infográficos, e un final cun asunto de actualidade elixido polo alumno, e dos que dous teñen que ser animados e interactivos. En total, serían dez traballos publicables.
- Cada quince días, o alumnado recollerá e presentará na clase entre tres e seis infográficos, analizando e explicando a súa selección e a materialización.
- Ademais abordarán a análise da infografía en distintos medios de comunicación, tanto analóxicos como dixitais, có obxectivo de recoñecer o labor que están a desenvolver os profesionais da infografía e identificar as formas de plasmar a actualidade. Neste caso tamén haberá exposición dos contidos na clase.
Recursos
Para o desenvolvemento das devanditas propostas de traballo, o alumnado precisará dunha sa de ordenadores e usará instrumentos e ferramentas de acceso libre: buscadores xeneralistas, buscadores especializados, metabuscadores ou buscadores semánticos, así como bases de datos especializadas, académicas, catálogos de bibliotecas ou os datos abertos dos gobernos para a recollida da información. E para a súa materialización, tamén se utilizarán aplicacións de acceso libre que permitan traballar a linguaxe visual e gráfica, hipermedia e interactiva, programas como Inkscape ou Gimp e ferramentas para a creación de diagramas ou relatos fixos e animados.
Bibliografía Básica
• CAIRO, Alberto. Nerd Journalism: How Data and Digital Technology Transformed News Graphics. Universitat Oberta de Catalunya, tese de doutoramento, 2017. Dispoñible en: https://www.dropbox.com/s/umr3r11v8dc088x/nerdJournalismDISSERTATION.pd…
• COATES, Kathryn e Andy ELLISON. Introducción al diseño de información. Badalona: Parramón, 2014.
• COSTA, Joan. Diseñar para los ojos. Barcelona: Costa Punto Com Editor, 2007.
• GRAY, Jonathan; Liliana BOUNEGRU e Lucy CHAMBERS, eds. Manual Periodismo de Datos. lanacion.com.ar . Dispoñible en: http://interactivos.lanacion.com.ar/manual-data/
• HIDALGO, David e Fabiola TORRES. La navaja suiza del reportero. Herramientas de investigación en la era de los datos masivos. Asociación de Periodismo de Investigación Ojo Público, febreiro 2016. Dispoñible en: https://navaja-suiza.ojo-publico.com/static/Manual_OjoPublico.pdf
• LANKOW, Jason; Josh RITCHIE, e Ross CROOKS. Infografías. El poder del storytelling visual. Barcelona: Centro Libros PAPF, S.L.FU., 2013.
• MCCANDLESS, David. La información es bella. Barcelona: Integral, 2010.
• MEIRELLES, Isabel. La información en el diseño. Barcelona: Parramón, 2014
• MOLES, Abraham y Joan COSTA. La imagen didáctica. Barcelona: Editorial CEAC, 1991.
• Pérez-Montoro, Mario e Xaquín González Veira. Information Visualization in Digital News Media. En: Pérez-Montoro, Mario, ed. Interaction in digital news media: from principles to practice. London: Palgrave Macmillan, Springer, 2018.
• VALERO SANCHO, José Luis. Infografía ditigal: la visualización sintética. Barcelona: Bosch, 2012.
Algunhas URL
• Cairo, Alberto. Recommended resources for my infographics and visualization courses
http://www.thefunctionalart.com/2012/10/recommended-readings-for-infogr…
• MEDIUM. 100 tools for investigative journalists
https://medium.com/@Journalism2ls/75-tools-for-investigative-journalist…
• MEDIUM. Journalism Tools. Páxina principal
https://medium.com/@Journalism2ls
• GUARDIAN, The. Data visualisation DIY: our top tools
• https://www.theguardian.com/news/datablog/2012/mar/28/data-visualisatio…
• EXPOVIZ. La boîte à outils
https://outils-expoviz.tumblr.com/
• Manual de periodismo de datos iberoamericano
http://manual.periodismodedatos.org/libro.php
• A periodic table of visualization methods
http://www.visual-literacy.org/periodic_table/periodic_table.html
Bibliografía Complementaria
• CAIRO, Alberto. El arte funcional. Infografía y visualización de información. Madrid: Alamut, 2010.
• ― Infografía 2.0, visualización interactiva de información en prensa. Madrid: Alamut, 2008.
• BERTIN, Jacques : Semiologie Graphique. Les diagrammes, les réseaux, les cartes. París: Gauthier-Villars, 1973.
• ― La gráfica y el tratamiento gráfico de la información. Madrid: Taurus, 1988.
• COSTA Joan. La esquemática Visualizar la información. Barcelona: Paidós, 1998.
• LETURIA, Elio, e outros. Recopilatorio de artículos científicos sobre Infografía-Infoperiodismo. La Laguna (Tenerife): Sociedad Latina de Comunicación Social, 2013, 2 vol.
• MARTÍNEZ ARIAS, Santiago María. Color e infografía en el diseño periodístico actual. Madrid: Fragua, 2013.
• MONTEAGUDO LÓPEZ-MENCHERO, Jesús e Jesús JIMÉNEZ PELAYO, coords. La Documentación cartográfica: tratamiento, gestión y uso. Huelva: Servicio de Publicaciones Universidad de Huelva, 2001. http://dialnet.unirioja.es/servlet/libro?codigo=10667.
• MALOFIEJ, Premios. Edición anual.
Básicas e xerais (Memoria titulación)
• Que o estudiantado saiba aplicar os seus coñecementos ao traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
• Que o estudiantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Que o estudiantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
• Que o estudiantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
• Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
• Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
Transversais (Memoria titulación)
• Capacidade de organización e planificación
• Capacidade de xestión da información
• Traballo en equipo
• Aprendizaxe autónomo
• Creatividade
• Iniciativa e espírito emprendedor
• Coñecementos básicos da profesión
Específicas (Memoria titulación)
• Capacitar para o desenvolvemento profesional do deseño e organización de elementos nos medios de comunicación.
• Coñecer a dimensión do impacto das novas tecnoloxías no desenvolvemento profesional da comunicación.
• Capacitar para a elaboración narrativa de produtos infográficos.
Outras
Capacitación para o desenvolvemento, organización e deseño dos elementos que interveñen na infografía informativa.
Identificación da dimensión do impacto das ferramentas tecnolóxicas na construción de infografías.
De acordo coa memoria da titulación, neste apartado inclúense a lección maxistral, o estudo de casos e a aprendizaxe orientada a proxectos.
En todo caso, o programa comprende clases cunha carga teórica que se baseará en exposicións/debates, previa revisión de textos necesarios para situar o traballo infográfico, así como de clases prácticas que se desenvolverán en salas de ordenadores.
No apartado teórico, irase facilitando ao alumnado a documentación básica que deberá revisar para logo consultar dúbidas, formular ideas e debater. A tarefa, polo tanto, será a lectura dos textos para despois analizar e discutir criticamente os contidos da mesma, aportar novos materiais que completen o recurso básico. É dicir, a lección maxistral introducirase tras esa revisión crítica dos documentos, buscando a aprendizaxe autónoma a partir dunhas claves xerais, que deberían desembocar na ampliación de recursos con outras achegas e o debate continuado que faciliten facer un uso efectivo da información para a creación de coñecemento. O alumnado formará pequenos grupos para expor debates sobre aspectos relacionados co programa.
O alumnado deberá te unha participación activa no desenvolvemento das clases, así como nos espazos como blogs, wikis ou medios sociais que se creen para complementar o traballo nas clases.
Están previstas actividades en remoto, a través do Campus Virtual.
A avaliación será continua.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
Ata un 50 % da materia valorarase nun exame final, que inclúe teoría e lectura de textos, e completarase coa avaliación das prácticas (Memoria titulación).
A proba teórica consistirá en 10 preguntas curtas sobre os contidos do programa. Cada pregunta correcta será valorada cun punto. Se na resposta aparece algo incorrecto, será invalidada. Ou se podería optar por un cuestionario, cun número de preguntas que oscilará entre 45 e 55.
Á nota do exame, engadirase as avaliacións obtidas nos debates e nas explicacións dos infográficos recompilados ao longo do cuadrimestre. En todo caso, o exame podería suprimirse, para todo ou parte do alumnado, si se cumpren as actividades propostas no ámbito teórico.
A nota da parte práctica recollerá as puntuacións obtidas polo alumnado tanto nos guións / bosquexos dos infográficos como no propio infográfico xa elaborado no ordenador. Terase en conta a idea, a estrutura, a distribución dos elementos, a claridade expositiva, a falta de erros e a facilidade de uso. A avaliación das prácticas farase de forma continuada para poder solucionar os problemas que poidan xurdir no proceso de realización.
O alumnado terá que realizar todas as actividades teóricas/interactivas que se propoñan.
A parte práctica e a parte teórica teñen que estar aprobadas para superar a materia.
No caso de detectarse algunha sinal de plaxio, a tarefa proposta será anulada na súa totalidade.
Segunda oportunidade
O alumnado que non supere a materia, na convocatoria ordinaria, deberá realizar o mesmo número de prácticas desenvolvidas nas clases de seminario así como o exame coa mesma estrutura, e gardarase a nota da parte, de ser o caso, que estea aprobada ata ese momento.
Dispensa asistencia
Nesta situación, profesorado e alumnado fixarán un plano de traballo personalizado ás circunstancias de esa exención.
o tempo de estudos presencial do alumno é de 48 ou 51 horas, e de traballo persoal é de 102 ou 99, segundo se incorporen no resultado final as 3 horas tutorizadas.
Revisión continuada dos relatos infográficos que se publican nos medios de comunicación e nas publicacións dixitais.
O alumnado que curse esta materia deberá ter uns mínimos coñecementos de programas de ilustración, tratamento de imaxe e de animación.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Carlos Toural Bran
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816558
- Correo electrónico
- carlos.toural [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ángel Antonio Vizoso García
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816544
- Correo electrónico
- angel.vizoso [at] usc.gal
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Jorge Vázquez Herrero
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816526
- Correo electrónico
- jorge.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
21.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
21.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
30.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |