Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Estudo da información televisiva. Características específicas da redacción televisiva. Análise dos diferentes xeitos de construír a información. Análise e estudo dos diferentes tipos de programas informativos. Tipoloxía e características dos diferentes programas informativos de televisión. Técnicas de deseño, dirección, presentación, elaboración e realización de programas informativos.
Estudo e análise do proceso informativo en televisión en todos os seus ámbitos e fases: producción, redacción e presentación. Capacitar ao alumno para desenvolverse no eido da información televisiva. Coñecer como funciona unha redacción en televisión e cáles son os aspectos que inflúen e que condicionan o tratamento informativo. Coñecer as características da programación informativa de televisión, as peculiaridades de cada modelo de programa e os elementos necesarios para deseñar un informativo.
TEMA 1
1. A producción da información en televisión.
1.1.- A producción de noticias.
1.2.- Estructuras organizativas.
1.3.- Traballo e adscripción dos xornalistas na redacción de informativos. Seccións e programas.
1.3.- Modelos organizativos en España.
1.4.- Referentes públicos e privados
TEMA 2
2. Procedencia da información televisiva: as fontes
2.1.- O papel das fontes en televisión
2.2.- Clasificación e uso das fontes televisivas
2.3.- Fontes que buscan ao medio
2.4.- As axencias de noticias para televisión
2.5.- Filtración e desinformación. Gabinetes
2.6.- Os outros medios como fonte
2.7.- A axenda persoal
TEMA 3
3. A selección da información
3.1.-Proceso de selección.
3.2.-Pluralismo e manipulación
3.3.-Criterios de noticiabilidade e argumentacións
3.4.-O consello de redacción: as deliberacións e o tratamento das noticias. Criterios de ordenación. Interpretar e valorar.
3.5.-Opinión e información na televisión actual en España
TEMA 4
4. Contar noticias para televisión.
4.1.- Contar historias en imaxes, palabras e sons. As W nas noticias de TV.
4.2.- Estratexias narrativas.
4.3.- A información en directo.
4.4.- Transmisión e retransmisión informativa en televisión. Factores e medios
4.5.- A presencia ante a cámara. Credibilidade. Elementos e condicionantes.
TEMA 5
5. A montaxe das noticias.
5.1.- A relación entre a imaxe e a palabra
5.2.- A continuidade narrativa. O uso das transicións. Efectos
5.3.- Son e información televisiva. Características e utilización
TEMA 6
6. O soporte gráfico
6.1.- Grafismo: seccións e temática
6.2.- Tipoloxías
6.3.-Grafismo ubicativo. Posicionamento.
6.4.- Realidade virtual. Realidade aumentada.
TEMA 7
7. Os noticiarios en televisión.
7.1.- Características e principais modelos. Edicións diarias.
7.2.- A realización do noticiario.
7.3.- A escaleta. Elementos e modelos. O guión
7.4.- Os elementos identificativos dos noticiarios.
7.5.- Equipo técnico. Exteriores, plató e control de realización
TEMA 8
8. A producción nos informativos diarios.
8.1.- A producción como eixo central da consecución de noticias en televisión
8.2.- A asignación de equipos. A pre-producción
8.3.- Valoración. Desglose de producción.
8.4.- Analítica de medios na producción de informativos
TEMA 9
9.- Os programas informativos: formatos. Do Avance Informativo ás cadenas 24 horas.
9.1.- Concepto de programa e desenvolvemento
9.2.-.Tipoloxía de programas informativos.
9.3.- Os programas clasificados segundo a su periodicidade.
9.4.- Os programas segundo o seu formato
9.5.- A información como espectáculo televisivo
TEMA 10
10.- Os informativos como elementos na estructura de cadea.
10.1.-.Estructuras vertebrais. Estructuras complementarias.
10.2.- Introducción ás audiencias informativas
10.3.- Plantexamentos de futuro na información televisiva. Tenndencias e novos soportes.
Bibliografía básica:
CASTILLO, José María: Televisión, realización y lenguaje audiovisual. IORTV. Madrid, 2009.
CEBRIÁN HERREROS, M.: Información televisiva. Mediaciones, contenidos, expresión y programación. Síntesis. Madrid, 1998.
DIAZ ARIAS, Rafael: La información periodística en televisión. Síntesis. Madrid, 2017.
LARRAÑAGA ZUBIZARRETA, J.: Redacción y locución de la información audiovisual. UPV. Bilbao, 2006.
MARÍN LLADÓ, Carles: Reporterismo de Televisión. Guía de buenas prácticas del reportero audiovisual, Gedisa, Barcelona, 2017.
MARÍN LLADÓ, Carles: Periodismo audiovisual. Información, entretenimiento y tecnologías multimedia. Gedisa. Barcelona, 2006.
OLIVA, Llucía y SITJÀ, Xavier: Noticias en radio y televisión. Periodismo audiovisual en el siglo XXI. Ediciones Omega. Barcelona, 2007.
Bibliografía complementaria
AGUILAR, Manuel; LÓPEZ, Iris: "Nuevos modos de trabajo de una redacción digital integrada: el caso de los servicios informativos de TVE". El profesional de la información, vol. 19, núm. 4, p. 395-403. Madrid, 2010.
ÁLVAREZ MONZONCILLO, José María: La televisión etiquetada, nuevas audiencias, nuevos negocios. Fundación Telefónica. Barcelona, 2011.
BARROSO GARCÍA, J.: Proceso de la información de actualidad en televisión. IORTV. Madrid, 1992.
BUENO, Gustavo: Telebasura y democracia. Ediciones B. Barcelona, 2002.
CAMPOS FREIRE, Francisco (coord.): El nuevo escenario mediático. Comunicación Social, ediciones y publicaciones. Zamora, 2011.
CASTELLÓ MAYO, Enrique: La producción mediática de la realidad. Ed. Laberinto. Madrid, 2004.
CEBRIÁN HERREROS, Mariano: Modelos de televisión: generalista, temática y convergente con Internet. Paidós. Barcelona, 2004.
CEBRIÁN HERREROS, Mariano: Géneros informativos audiovisuales. Ciencia. Madrid, 2003.
CERVERA, Esther. El directo informativo en televisión. CEU Ediciones. Madrid, 2015.
LEÓN, Bienvenido (coord.): Informativos para la televisión del espectáculo. Comunicación Social Ediciones y Publicaciones. Salamanca, 2010.
LEÓN, Bienvenido (coord.): Detrás de las cámaras. Un manual para los profesionales de la televisión. Comunicación Social ediciones y publicaciones. Zamora, 2014.
MARTÍN, Carles: El lenguaje de los informativos de televisión. Calima Ediciones. Palma de Mallorca, 2004.
MARZAL FELICI, Javier y CASERO RIPOLLÉS, Andreu: Periodismo en televisión. Comunicación Social, ediciones y publicaciones. Salamanca, 2011.
PERALTA MAS, Miquel: La rotulación en la nueva televisión digital. Las noticias en televisión también se leen. Comunicaciones del IV Congreso Internacional sobre análisis fílmico celebrado en la Universitat Jaume I de Castellón 4,5 y 6 de mayo de 2011. Ediciones Ciencias Sociales. Madrid, 2011.
PESTANO, José: “Tendencias actuales en la estructura y contenidos de los informativos de televisión”. Revista Latina de Comunicación Social, núm. 63, p.453-462. Universidad de La Laguna. Tenerife, 2008.
SOENGAS PÉREZ, José: La importancia de la tecnología en el proceso informativo: ventajas y peligros. Ed. Universidad Fernando Pessoa. Porto, 2004.
SOENGAS PÉREZ, José: El enfoque informativo. Los puntos de vista de una noticia en televisión. Laberinto. Madrid, 2008.
SOENGAS PÉREZ, José: El tratamiento informativo del lenguaje audiovisual. Laberinto. Madrid, 2003.
- Coñecer o organigrama dunha redacción de televisión e analizar o seu funcionamento.
- Familiarizarse cos elementos que interveñen no proceso informativo televisivo, especialmente coa utilización e selección de fontes informativas, o tratamento da noticia e os seus elementos, a montaxe e a posta en antena.
- Coñecer os diferentes formatos informativos e a súa utilización, así como o seu proceso de creación e análise crítica.
Ademais, segundo a memoria do Grao de Xornalismo, son competencias:
BÁSICAS E XENERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE04 - Coñecer as técnicas para a correcta redacción de textos en medios de comunicación
CE05 - Coñecer os mecanismos para transmitir mensaxes informativas a través dos medios de comunicación audiovisuais.
CE06 - Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
CE07 - Coñecer as técnicas para a creación de produtos multimedia
CE08 - Aprender as técnicas narrativas do fotoperiodismo e do documental.
A metodoloxía aplicada para a comprensión da asignatura Información Televisiva está programada seguindo os criterios establecidos polo número de créditos teóricos e prácticos e tendo en conta que é unha asignatura cuatrimestral.
Nestas sesiones teóricas os alumnos adquirirán os fundamentos para a busca de información, da redacción para televisión e se iniciarán nos conceptos de linguaxe audiovisual en informativos, elementos necesarios para ter unha visión de conxunto de cómo se desenvolve o traballo diario dunha redacción de informativos nunha canle de televisión.
A través das clases prácticas, os alumnos percorrerán o proceso de elaboración de información: búsqueda, selección e contraste de noticias, elaboración dunha escaleta e realización en grupo dun informativo completo que se producirá co material técnico do centro (ordenadores e programas de edición. material de rexistro de imaxe e son, iluminación, tarxetas de memoria, etc. para a recollida das imaxes e testemuñas necesarias) e se realizará en "falso directo" íntegramente no plató de informativos do centro que precisa de constante actualización, compra e mantemento de equipos técnicos (cámaras, micros, trípodes, prompters, iluminación, misturadores de imaxe e son, servedores, etc...)
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
Ademáis, na medida en que as dotacións orzamentarias do centro o permitan, organizaranse durante o curso ata duas visitas profesionais tutorizadas a outras tantas localizacións exteriores, preferentemente platós de grabación, redaccións e dependencias de edición, postproducción e realización de productos televisivos. Tra-la realización das mencionadas visitas exteriores tutorizadas desenvolveranse por parte do alumnado debates temáticos e traballos analíticos encol dos esquemas profesionais relacionados con estas actividades.
A asignatura consta dunha parte teórica e doutra parte práctica. A avaliación será continua.
A avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre a través dos distintos traballos, teóricos e prácticos, realizados ao longo do curso nas sesións expositivas e de laboratorio.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
É unha asignatura cun valor de 6 créditos ECTS e unha carga de traballo para os alumnos de 150 horas (48 de traballo presencial e 102 persoal).
Os alumnos comezan as prácticas introducindose no proceso de selección das noticias e elaboración de escaletas, para continuar coa sua pre-producción de cara a realización do informativo final.
Realización e grabación, redacción e edición das informacións-
Elaboración dun informativo en directo en plató por parte de cada un dos grupos de traballo.
Durante o curso o profesor proporá outro tipo de traballos prácticos de cara a familiarizar ós alumnos coa estructura das noticias, os diferentes estilos e formatos informativos e a súa presencia en antena.
É recomendable que o alumno asista ás clases teóricas para lograr unha concepción global da asignatura. A realización das prácticas é obligatoria.
Sería interesante que o alumno fixese un seguemento dos distintos formatos que están actualmente en televisión, asesorado polo profesor, para realizar análises críticas ó respecto
Para un correcto aprendizaxe é recomendable que o alumno realice as lecturas bibliográficas recomendadas e a consulta destas Webs:
Webs relacionadas
www.rtve.es
www.antena3.com/noticias/
www.telecinco.es/informativos/
www.cuatro.com/noticias/
www.lasextanoticias.com/inicio
www.bbc.co.uk
www.formulatv.com
www.vertele.com
www.rtve.es/instituto
www.canalsur.es
www.vtelevision.es
www.aragontelevision.es
www.eitb.com
www.rtvcm.es
www.canalextremadura.es
www.rtpa.es
www.crtvg.es
www.rtvc.es
www.telemadrid.es
www.geomedios.com/
www.elprofesionaldelainformacion.com
www.televisiondigital.es
www.portalcomunicacion.com
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
Irene Sandra Lourido Loureiro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- irenesandra.lourido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
27.05.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
27.05.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
29.06.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |