Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Descritor: Análise e estudo das características da linguaxe multimedia. Escribir para multimedia. Interactividade e instantaneidad. Sistemas informativos e sistemas narrativos na simulación. A opción e a acción do usuario: as condicións tecnolóxicas e culturais. As novas modalidades expresivas. Técnicas de desenvolvemento, concepción e desenvolvemento de proxectos. Narrativa hipertextual e narrativa multimedia. Orixes das narrativas hipertextuais. Lóxicas computacionales aplicadas á narrativa. Modelos e formatos de narrativas multimedia. Converxencia multimedia nos medios de comunicación. Xestión de proxectos comunicativos multimedia.
Multimedia: Teoría, Técnica e Aplicacións é unha materia incluída nos contidos básicos da titulación de grao de Xornalismo, que no plano de estudos figura no terceiro curso, e que se imparte no primeiro cuadrimestre.
O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos arredor da orixe e desenvolvemento das características da linguaxe multimedia informativa e que entenda o papel da interactividade nas narrativas hipertextuais e multimedia nos contextos informativos.
Contidos teóricos
TEMA 1: O CIBERXORNALISMO. PANORAMA E PERSPECTIVAS.
1.1. Novo nome para unha nova forma de facer xornalismo
1.2. Características da linguaxe ciberxornalística
1.3. O impacto das ferramentas tecnolóxicas
TEMA 2: A DIMENSIÓN MULTIMEDIA
2.1.A linguaxe multimedia. Elementos definitorios.
2.2. Elementos definitorios do produto informativo multimedia.
2.3. Teoría e técnica da multimedialidade. Unha visión a partir dos autores.
2.4.-A construción das mensaxes en clave multimedia: a reportaxe multimedia.
TEMA 3: A NARRATIVA DIXITAL: DA MAN DA NARRATIVA HIPERTEXTUAL E DA NARRATIVA MULTIMEDIA
3.1. O valor da interactividade
3.2. Orixe e evolución da narrativa hipertextual e multimedia.
3.3. Tendencias actuais: modelos e formatos de narrativas multimedia.
TEMA 4: O DESAFÍO DAS NARRATIVAS MÓBILES
4.1. Introdución ao xornalismo móbil
4.2. Adaptación de contidos a novos soportes dixitais
4.3. Redes sociais e uso do vídeo
4.4. Audiencia social e xornalismo móbil
TEMA 5: CONDICIÓNS TECNOLÓXICAS E CULTURAIS ACTUAIS
5.1. Novas competencias tecnolóxicas para os xornalistas
5.2. A verificación de feitos e o fact checking
5.3. O xornalismo cidadán e o contido xerado polo usuario (UGC)
Contidos prácticos
Impartiranse nas sesións de laboratorio que terán lugar, principalmente, na aula de informática i5 da facultade. Os alumnos realizarán unha práctica grupal (4/5 persoas) que consistirá na realización dunha reportaxe multimedia de tema libre.
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, proporanse prácticas que o alumnado poda facer a distancia (online), tanto de xeito individual como en grupo, empregando as
técnicas e tecnoloxías multimedia, e reforzando tamén os exercicios de análise crítica arredor destes conceptos.
Bibliografía básica
BERNAL, A. (2015). Herramientas digitales para periodistas. Barcelona: UOC.
CANAVILHAS, J. e SATUF, I. (2015). Jornalismo para Dispositivos Móveis: Produção, Distribuição e Consumo. Covilhã: Labcom.
CASTELLS, M. (2010). Comunicación y Poder. Madrid, Alianza.
CRAIG, R. (2005). Online Journalism. Boston: Thomson.
CEBRIÁN, M. e FLORES, J.M. (2012). Periodismo en la telefonía móvil. Madrid: Editorial Fragua.
LÓPEZ,X./PEREIRA, X. (2010). Convergencia digital : reconfiguración de los medios de comunicación en España. Santiago de Compostela: USC
SALAVERRIA R. (2005). Redacción periodística en Internet. Navarra: Eunsa.
Bibliografía Complementaria
MORENO, P. (2016). Comunicación, ciberperiodismo y nuevos formatos multimedia interactivos. Sevilla: Universidad de Sevilla.
SALAVERRÍA, R. (2016). Ciberperiodismo en Iberoamérica. Madrid: Fundación Telefónica and Editorial Ariel
NEWMAN, N./ FLETCHER, R. (2016). Reuters Institute Digital News Report . Oxford: Reuters
ALBALADEJO, T. (2015). Accesibilidad y recepción en el discurso digital. La galaxia de discursos desde el análisis interdiscursivo. Un nuevo léxico en la red, 4, 15.
ALIAGA, R. S. (2015). Los labs como fórmula de innovación en los medios. El profesional de la información, 24(4), 397-404.
AMADOR, J. C. (2015). Aprendizaje transmedia en la era de la convergencia cultural interactiva. Educación y ciudad, (25), 11-24.
ISO 690
ASTRO GIL, M.A. (2002). Diseño y desarrollo multimedia: Sistemas, imagen, sonido y vídeo. Madrid: Ra-Ma.
BEGINES, C. T. (2015). Novelas en Twitter:: el fenómeno de la narrativa en 140 caracteres. Espéculo: Revista de Estudios Literarios, (54), 208-220.
CASTELLS, M. (2001). La galaxia Internet. Barcelona: Plaza&Janes.
CENTENO, A. M. G. E. (2015). La promesa del hipertexto narrativo en “Continuidad de los parques” de Julio Cortázar. Espéculo: Revista de Estudios Literarios, (54), 40-46.
COUNTS, E.L. (2004). Multimedia design and production for students and teachers. Boston: Pearson/Allyn and Bacon.
DAVIES, T/GANGADHARAN, S.P. (2009). Online Deliberation: Design, Research, and Practice. Stanford, California: CSLI.
DÍAZ NOCI, J. (2001). La escritura digital. Hipertexto y construcción del discurso informativo en el periodismo electrónico. Bilbao: Universidad del País Vasco.
DÍAZ NOCI, J./SALAVERRRÍA, R. –Coods.-. (2003). Manual de Redacción Ciberperiodística. Barcelona: Ariel.
FLORES VIVAR, J.M./ESTEVE RAMÍREZ, F. -Editores- (2009): Periodismo Web 2.0. Madrid: Fragua.
GARCÍA GALINDO, J.A./VASALLO, M.I./VERA BALANZA, M.T. –Coord.- (2009). Construir la Sociedad de la Comunicación. Madrid: Tecnos.
GARRAND, T. (2008): Escribir para multimedia y la web: una guía práctica para el desarrollo de contenido en los medios interactivos. Andoain: Escuela de Cine y Vídeo.
GUALLAR, J. (2015). Prensa digital en 2013-2014. Anuario ThinkEPI, 9, 153-160.
HANDLER MILLER, C. (2008). Digital storytelling. A creator’s guide to interactive entertainment. Londres: Focal Press.
LÓPEZ, X./GAGO, M./PEREIRA, X. (2002). Novas tendencias do xornalismo electrónico. Santiago de Compostela: Edicións Lea.
LÓPEZ, X./OTERO, M.L. (2005). Las herramientas tecnológicas de la nueva información periodística. Sada (A Coruña): Netbiblo.
MESQUITA, M. (2007). El cuarto equívoco. El poder de los media en la sociedad contemporánea. Fragua: Madrid.
ROSENFELD, L., & MORVILLE, P. (2006). Information Architecture for the World Wide Web (3ª ed.). Cambridge [etc.]: O’Reilly.
BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os alumnos poidan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teñan competencias tipicamente necesiarias para defender argumentos e resolver problemas dentro do seu campo de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu campo de estudo) para emitir xuízos que inclúan reflexión sobre temas relevantes de tipo social, científico ou ético
CB4 - Que os alumnos poidan comunicar información, ideas, problemas e solucións a públicos especializados e non especializados
CB5 - Que os alumnos desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender de xeito posterior estudos cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para a práctica da profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestionar da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe independente
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE04 - Coñecer as técnicas axeitadas para escribir textos nos medios
CE05 - Coñecer os mecanismos de transmisión de mensaxes de información a través dos medios de comunicación audiovisuais
CE06 - Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
CE07 - Coñecer as técnicas para a creación de produtos multimedia
CE08 - Aprender as técnicas narrativas de fotoxornalismo e do documental
COMPETENCIAS PARTICULARES:
1.-Coñecementos ou habilidades
O alumno analizará as características da linguaxe multimedia e a aplicación das novas modalidades expresivas nos cibermedios.
Multimedia: Teoría, Técnica e Aplicacións debe capacitar ao alumno para a redacción de mensaxes periodísticas con linguaxe multimedia, nos diferentes modelos e formativos de narrativas multimedia.
O noso obxectivo, polo tanto, inclúe:
a)Entender as características da linguaxe multimedia.
b)Analizar modelos e formatos de narrativas multimedia.
c)Elaborar pezas informativas con linguaxe multimedia.
d)Explorar as posibilidades das novas modalidades expresivas na construción de mensaxes xornalísticas.
2.-Ferramentas de aprendizaxe
A elaboración das modalidades expresivas con linguaxe multimedia e con renovadas técnicas precisa dunha fase previa de busca, recollida e valoración da información. Ese traballo de análise dos acontecementos implica unha reflexión sobre quen o promove, que actores interveñen, con que finalidade o fan e o interese dese acontecemento para a sociedade e para os cidadáns, que son os suxeitos da información. É por iso que se dará continuidade ao traballo feito noutras materias arredor da reflexión e o debate sobre o coñecemento do estado do mundo actual e a súa evolución recente, en particular nas sociedades do noso entorno. Deste xeito, como competencia xeral, estimularase a capacidade de análise, a reflexión, o debate, o respecto aos puntos de vista plurais, a tolerancia, a creatividade, a participación e unha visión crítica arredor do funcionamento da sociedade.
O noso obxectivo, polo tanto, inclúe:
a)Capacidade de argumentación, reflexión e debate arredor dun acontecemento
b)Fomento da tolerancia e a visión crítica arredor do que acontecemento.
c)Fomento da creatividade, o espírito emprendedor e a toma de decisións.
d)Fomento e aplicación da participación cidadán na elaboración das modalidades expresivas con linguaxe multimedia.
3.-Valores e actitudes
O traballo xornalístico ten que estar presidido sempre por unha conduta ética que asegure a veracidade e a honestidade da información. O xornalista ten un compromiso cívico na medida en que a información é un ben público, o que implica o cumprimento dunhas obrigas básicas na súa actividade que están recollidas nos códigos deontolóxicos da profesión xornalística. A aplicación destes códigos constitúe supón unha garantía para os cidadáns, que teñen dereito a recibir unha información veraz e precisa.
O noso obxectivo, polo tanto, inclúe:
a)Fomentar un sentido ético da actividade profesional.
b)Fomentar a honestidade profesional.
c)Comprender a dimensión social do xornalismo a través das novas plataformas
A metodoloxía para as clases expositivas conformarase a través de clases maxistrais.
Nas clases interactivas realizaranse exercicios de grupo que permitan debater e reflexionar de xeito colectivo e individual.
Nas clases interactivas de laboratorio, ademais de promover a reflexión, realizaranse exercicios que lle permitan ao estudantado coñecer de xeito práctico os contidos teóricos da materia.
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, reforzaranse as aulas a través do Campus Virtual da USC, tanto na parte teórica como na práctica. Combinaranse os exercicios individuais cos grupais, e o sistema de entrega será a través da aula virtual. Ademáis, empregarase o OneDrive para a realización de prácticas colaborativas; o MS Forms, en caso de ser preciso elaborar cuestionarios; e a plataforma MS Teams para as conexións síncronas co alumnado (aulas expositivas, interactivas ou titorías), entre outras. Adaptarase o cronograma de entrega das prácticas ao escenario online, comunicándoselle oportunamente ao alumnado a través da aula virtual.
Ensino presencial:
Criterios básicos de avaliación.
Será unha avaliación de caracter sumativo cos seguintes apartados:
a. grao de coñecementos teóricos básicos sobre os temas do curso
b. capacidade para reflexionar criticamente sobre o concepto e o nacemento da técnica e das aplicacións multimedia ao mundo da información.
c. demostración de coñecementos sobre os modelos de produtos multimedia
d. capacidade de análise crítica das mensaxes informativas construídas con linguaxe multimedia.
e. capacidade de elaboración de noticias e demais xéneros informativos, interpretativos e de opinión con linguaxe multimedia.
f. capacidade de analizar criticamente o xornalismo actual e o papel do xornalista que constrúe pezas multimedia.
Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán básicamente:
a. Exame/s teórico/s (50% da nota final)
b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas e traballo final (reportaxe multimedia de tema libre) (50%)
Para poder acudir ao exame é obrigatorio ter presentado o traballo final da materia. O docente so permitirá a realización de traballos con pautas diferentes ás sinaladas na clase en casos moi específicos e debidamente xustificados.
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, adoptarase un sistema de avaliación continua sen proba específica. Polo tanto, valoraranse únicamente os exercicios prácticos que se propoñan ao longo do curso. Cada un dos exercicios será cualificado cunha nota e xuntos suporán o total da nota final da materia.
Segunda oportunidade
Ensino presencial:
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
No caso de trasladarse a docencia a un escenario online ou combinado (presencial e online), na segunda oportunidade avaliarase da mesma maneira que se indicou anteriormente.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
A materia divídese en clases expositivas, interactivas e titorizadas, que deberán ser reforzadas co traballo individual e en grupo do estudante
As 48 horas lectivas terán a seguinte distribución ao longo do curso:
Clases maxistrais: 24 horas
Clases interactivas: 24 horas
Ás horas lectivas é preciso engadirlle o traballo individual e as clases titorizadas
Traballo individual/grupo: 100 horas
Clases titorizadas: 3 horas
Deste xeito cúmprense as 150 horas de esforzo do estudante, necesarias para superar a materia (6 créditos ECTS)
Recoméndase o traballo continuo ao longo de todo o curso. Non soamente se trata da adquisición de coñecementos. Son importantes tamén as actitudes e habilidades que soamente se obterán cun seguimento continuo.
Plan de continxencia:
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Alba Silva Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alba.silva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ángel Antonio Vizoso García
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816544
- Correo electrónico
- angel.vizoso [at] usc.gal
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Jorge Vázquez Herrero
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816526
- Correo electrónico
- jorge.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
11.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
11.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
22.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |