Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia Novos formatos e produtos para a rede sitúa o estudantado no escenario contemporáneo da comunicación dixital, tendo en conta a evolución dos medios e das tecnoloxías, así como o proceso de converxencia, as transformacións nos medios xornalísticos e os efectos da participación do usuario. Estúdanse e analízanse os novos formatos audiovisuais e multimedia xurdidos como consecuencia da evolución dos medios, xunto aos novos produtos para a rede derivados.
O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos arredor dos novos formatos e produtos para a rede e que entenda o papel e as características da construción das pezas informativas para os cibermedios.
O alumno analizará as características dos cibermedios, do contexto e da súa produción. Novos formatos e produtos para a rede debe capacitar ao alumno para entender os ámbitos de experimentación e produción de pezas innovadoras para a rede, e debe introducilo na elaboración desas pezas. O obxectivo principal, polo tanto, inclúe:
a) Entender as características dos novos formatos e produtos para a rede.
b) Analizar modelos e formatos de cibermedios.
c) Elaborar pezas informativas con linguaxe hipertextual, multimedia e interactiva.
d) Explorar as posibilidades das novas modalidades expresivas na construción de mensaxes xornalísticas.
Temas do programa
Tema 1: Orixe e evolución dos formatos e produtos para a rede
1.1. Nacemento da rede como soporte de comunicación
1.2. Inicios da produción cultural dixital: fitos e pioneiros
1.3. Evolución da rede
1.4. Ciberxornalismo: definición, orixe e evolución
1.5. Características dos produtos para a rede
1.6. Xéneros, formatos e produtos
Tema 2: A multiplicación de canles, formatos e produtos
2.1. Evolución das tecnoloxías para a comunicación
2.2. Emerxencia e consolidación de plataformas dixitais e móbiles
2.3. Evolución das narrativas xornalísticas
2.4. Perfil do usuario dixital
Tema 3: Da converxencia á autonomía das redaccións: innovación e desenvolvemento en cibermedios
3.1. Converxencia no campo xornalístico
3.2. Cibermedios: modelos, características e perfís profesionais
3.3. Xornalismo emerxentes
3.4. Laboratorios de innovación
3.5. Transmedia como estratexia editorial
Tema 4: A participación nos produtos xornalísticos
4.1. Participación: definicións e perspectivas
4.2. Mecánicas participativas e contido xerado polo usuario
4.3. Valor do territorio e da comunidade
4.4. Xornalismo cidadán: cuestión de debate
Tema 5: Canles, formatos e produtos actuais
5.1. Multiplicidade e complexidade no escenario actual
5.2. Reportaxe multimedia
5.3. Visualización e infografía
5.4. Narrativas interactivas e personalizadas
5.5. Narrativas inmersivas
5.6. Gamificación
5.7. Redes sociais e microformatos
5.8. Dispositivos móbiles e medios locativos
5.9. Automatización e big data
5.10. Audio e podcast
5.11. Verificación da información
5.12. Tendencias e desafíos xornalísticos para os novos formatos e produtos
Contidos prácticos
Análise e produción en redes sociais: Gephi, Tweetdeck.
Virtualización do mundo físico para a súa aplicación en narrativas xornalísticas (Maps, Google Earth, etc.)
Automatización de contidos.
Búsqueda avanzada de información. Metadatos.
Análise e planificación de social media.
Análise de audiencia de medios interactivos.
Produción e desenvolvemento de contidos multimedia para diferente soportes.
Apps informativas.
3D aplicado ao xornalismo.
Bibliografía básica
Canavilhas, J. (2014). Webjornalismo: 7 características que marcam a diferença. Covilhã: Livros LabcCom.
Costa-Sánchez, C., López-García, X. (2019). Comunicación móvil. Barcelona: Editorial UOC.
Domínguez, E. (2013). Periodismo inmersivo: la influencia de la realidad virtual y del videojuego en los contenidos informativos. Barcelona: Editorial UOC.
Gitner, S. (2015). Multimedia storytelling for digital communicators in a multiplatform world. Londres: Routledge.
López, X., Pereira, X. (2010). Convergencia digital. Reconfiguración de los Medios de Comunicación en España. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago.
Miller, C. H. (2014). Digital storytelling : a creator’s guide to interactive entertainment. Burlington: Focal Press.
Salaverría, R. (2019). Digital journalism: 25 years of research. Review article. El profesional de la información, 28(1). DOI: 10.3145/epi.2019.ene.01
Scolari, C. (2013). Narrativas transmedia: cuando todos los medios cuentan. Bilbao: Deusto.
Toural-Bran, C., López-García, X. (2019). Ecosistema de cibermedios en España. Tipologías, iniciativas, tendencias narrativas y desafíos. Salamanca: Comunicación Social.
Bibliografía complementaria
Aston, J., Gaudenzi, S., Rose, M. (2017). i-Docs: The evolving practices of interactive documentary. Londres, Nueva York: Columbia University Press.
Acera, M. (2014). Analítica web 2.0. Madrid: Anaya Multimedia
Cavaller, V., Vila, A., Ollé, C., Roca, M. (2013). Análisis de audiencia y estrategias de visibilidad. Barcelona: UOC.
Dunford, M., Jenkins, T. (2017). Digital Storytelling: Form and Content. Basingstoke: Palgrave Macmillan.
Flores Vivar, J. M., Esteve Ramírez, F. (2009). Periodismo Web 2.0. Madrid: Fragua.
García Galindo, J. A., Vasallo, M. I., Vera Balanza, M.T. (2009). Construir la Sociedad de la Comunicación. Madrid: Tecnos.
Gifreu, A. (2013). El documental interactivo : evolución, caracterización y perspectivas de desarrollo. Barcelona: Editorial UOC.
Gorostiza, I., Barainca, A. (2016). Google Analytics. Mide y vencerás. Madrid: Social Business
Morville, P., Rosenfeld, L., Arango, J. (2015). Information Architecture for the Web and Beyond. Sebastopol: O’Reilly Media Inc.
Rodríguez Fernández, Ó. (2017). Tráfico, tráfico, tráfico. Las claves del éxito en internet. Madrid: Social Business
Saavedra Llamas, M., Rodríguez Fernández, L. (coord.) (2016). Audiencia social. Estrategias de comunicación para medios y marcas. Madrid: Síntesis
Sádaba Chalezquer, C., García Avilés, J., Martínez-Costa, M. (coord.) (2016). Innovación y desarrollo de los cibermedios en España. Pamplona: EUNSA
Scharmarzo, B. (2014). Big data. El poder de los datos. Madrid: Anaya Multimedia
Witchsge, T., Anderson, C. W., Domingo, D., Hermida, A. (2016). The SAGE Handbook of Digital Journalism. Londres: Sage.
Publicacións complementarias en aberto (llistaxe completa no campus virtual debido a restricións de extensión na guía docente).
Informes do sector: Digital News Report, Digital In, The State of Technology in Global Newsrooms, Trend Report for Journalism, Media & Technology, etc.
A materia debe contribuír a que o alumno teña coñecementos e habilidades para a análise, o deseño e a construción de pezas con diferentes formatos para os cibermedios e os múltiples dispositivos, así como debe favorecer actitudes que faciliten o seu desenvolvemento persoal e profesional.
Básicas e xerais
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
Transversais
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
Específicas
CE09 - Coñecer os mecanismos de produción de información que existen nos medios de comunicación de masas.
CE10 - Capacitar para a xestión das empresas de medios de comunicación.
CE11 - Capacitar para a elaboración de informes no ámbito da comunicación.
CE12 - Coñecer os mecanismos e as técnicas necesarias para unha correcta organización da información.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teórico-prácticas, traballos individuais e grupais titorizados, estudos de caso…), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. A docencia presencial complementarase con recursos e actividades programadas a través do campus virtual (Moodle) e das ferramentas dispostas pola universidade (principalmente Microsoft Teams para actividades síncronas).
Ademais, o estudante realizará prácticas de laboratorio en salas de redacción, utilizando distintas ferramentas informáticas e bases de datos de información, sexa traballando en equipo ou de xeito individual.
No caso de non ser posible a docencia presencial por causas sobrevidas, adaptarase a unha modalidade semipresencial ou virtual en función da situación sanitaria, o que implica que as clases se desenvolverán por videoconferencia ou con materiais preparados para dar continuidade á programación do curso de forma asíncrona. Facilitarase unha planificación de contidos, tarefas e canles de comunicación abertas para continuar coa docencia e a atención do alumnado. Isto tamén afecta ás sesións interactivas, que se realizarán de maneira virtual, de tal forma que o alumnado poida realizar as prácticas previstas adaptadas á situación de ensino remoto.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno, ben a través de entregas programadas ou de participación en actividades na aula ou no campus virtual. A docencia expositiva terá un peso do 50% na avaliación final e a docencia interactiva ocupará o 50% restante. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
a. Exame teórico (de non ser posible o exame presencial, substituirase por unha actividade e a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre) – ata o 30% da cualificación final
b. Actividades de seguimento (exercicios de aplicación teórica, debates e breves exposicións)
c. Prácticas realizadas durante as sesións interactivas e seminarios
d. Participación activa e positiva
e. Avaliación dos proxectos ou estudos de caso formulados ao longo do curso
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co/s profesor/es da materia.
O alumno terá que dedicar 48 horas de traballo presencial e 102 horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, das actividades programadas e do material que se actualiza no campus virtual da USC.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual) e Microsoft Teams.
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Luis Dario Janeiro Pereira
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- luisdario.janeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Jorge Vázquez Herrero
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816526
- Correo electrónico
- jorge.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Martes | |||
18:00-19:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
31.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
31.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
06.07.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |