Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudo da información para novos soportes en Internet. Coñecer e comprender a realización de produtos xornalísticos con linguaxe multimedia.
Comprender a transformación no concepto, natureza e tipoloxía da información para a súa publicación xornalística en contornos dixitais. Elaborar estruturas hipertextuais complexas adaptadas ao perfil do consumidor. Conceptualizar e desenvolver produtos xornalísticos finais a partir de complexos pools de datos. Deseñar contidos orientados a multiplataforma.
1. Arquitectura da información e xornalismo
1.1. Orixes e definición da arquitectura da información.
1.2. Arquitectura da información e produción de contidos para Internet.
1.3. Bases de datos e xornalismo: unha aproximación.
1.4. Modelos de bases de datos para a produción de sitios web xornalísticos
2. Concepción e planificación de estruturas e fluxos dixitais de contido.
2.1. A linguaxe hipertextual.
2.2. Modelos de hipertexto.
2.3. Vocabularios visuais e terminoloxía de preprodución dixital.
2.4. Do vocabulario visual ao guión: integración de elementos de produción.
3. Xestión da complexidade dende o xornalismo
3.1. A complexidade de datos na sociedade da información.
3.2. Que son os Big Data e como xestionalos desde o xornalismo.
3.3. Visualización de grandes fluxos de datos.
3.4. Técnicas de interpretación e procesado de grandes fluxos de datos.
3.5. Deseño de asistentes documentais automáticos para o xornalismo.
4. Formatos e soportes narrativos no ciberxornalismo
4.1. Noticias e variantes de información de consumo breve.
4.2. Reportaxes e especiais multimedia.
4.3. Infoentretemento e produtos xornalísticos derivados.
4.4. Tempo real: da retransmisión á conversa informativa.
4.5. O transmedia como sistema de desenvolvement de contidos.
5. Content Management Systems: a xestión de contido xornalístico
5.1. CMS: aspectos teóricos de sistemas de publicación
5.2. CMS e organización de contidos.
5.3. Wordpress e Joomla.
5.4. CMSs avanzados.
6. Arquitectura da conversa e das redes sociais informativas
6.1. Arquitectura de información nas comunidades e redes sociais
6.2. O usuario: perfil e estrutura de datos
6.3. Conversa e diálogo: procesado e almacenamento de información
6.4. Redes sociais e xornalismo: distribución viral de contido.
7. Audiencia e público: metodoloxías de análise
7.1. Sistemas de almacenamento de datos de usuario.
7.2. Protocolos de protección de datos.
7.3. Estándares de medición de audiencia.
7.4. Audiencia de cibermedios en España.
7.5. Google Analytics como medidor de tráfico.
PRÁCTICA:
Coñecemento da estrutura de implementación de produtos dixitais e a súa aplicación á distribución de contidos xornalísticos: servidores e bases de datos con XAMPP.
Tratamento de big data e scraping: Google Drive, XML Editor.
Deseño e arquitectura de bases de datos: Microsoft Access e phpMyAdmin.
Bibliografía básica
López García, Xosé., et al. (2006), Sistemas digitales de información. Pearson, Madrid.
Garret, Jesse James (2002), “A visual vocabulary for describing information architecture and interaction design” in jjgarret.com.
Díaz Noci, Javier, & Salaverría, Ramón (Eds.). (2003). Manual de Redacción
Ciberperiodística. Madrid: Ariel.
Scolari, Carlos (2013), Narrativas transmedia: cuando todos los medios cuentan, 2013.
Yunquera, J. (2016). Revistas y diarios digitales en España. Historia de una evolución. Editorial UOC. Barcelona.
Witchsge, T; Anderson, C.W.; Domingo, D.; Hermida, A. (2016) The SAGE Handbook of Digital Journalism. Sage, Londres.
Bibliografía recomendada
Armentia Vizuete, José Ignacio, Pérez, Juan Carlos, & Elexgaray Arias, Jon. (1999).
Diseño y periodismo electrónico. Bilbao: Servicio Editorial, Universidad del País
Vasco.
Armentia Vizuete, José Ignacio, et al. (2000). El diario digital. Barcelona: Bosch.
Baofu, Paul. (2008). The Future of Information Architecture: A Preface to a New Theory of
Taxonomy, Network and Intelligence. Neal-Schuman Publishers.
Barbosa, Susana. (2007a). Jornalismo Digital em Base de Dados (JDBD) - Um
paradigma para produtos jornalísticos digitais dinâmicos. Salvador: Universidade
Federal da Bahia
Bastos, Helder (2006). Ciberjornalismo e narrativa hipermédia. Prisma. Recuperado a partir de
http://prisma.cetac.up.pt/artigos/ciberjornalismo_e_narrativa_hipermedi…
Batley, Sue (2007). Information Architecture for Information Professionals. Neal-Schuman
Publishers.
Battelle, John (2006). The Search: How Google and Its Rivals Rewrote the Rules of Business
and Transformed Our Culture. Portfolio Trade.
Coutín Domínguez, Adrián. (2002). Arquitectura da información para sitios web. Madrid:
Anaya Multimedia.
Cuerda Garcia, Xavier, & Minguillón Alfonso, Julià. (s.d.). Introducción a los Sistemas de Gestión de Contenidos (CMS) de código abierto. Mosaic.
Curtis, Hillman. (2002). MTIV: Process, Inspiration and Practice for the New Media Designer
(illustrated edition.). New Riders.
Larrondo, Ainara, & Serrano, Ana. (2007). Diseño periodístico en Internet. Leioa: Servicio
Editorial de la Universidad del País Vasco
Salaverría, Ramón, & Negredo, Samuel. (2008). Periodismo integrado: convergencia de
medios y reorganización de redacciones. Barcelona: Sol90Media
Salaverría, R. (2016): Ciberperiodismo en Iberoamérica. Fundación Telefónica (Madrid), Ariel. Barcelona.
Wodtke, Christina., & Govella, Austin (2009). Information Architecture: Blueprints for the Web (2nd Edition) (2º ed.). New Riders Press
Diseñar e planificar contidos, fluxos de contidos e medios de comunicación en sistemas dixitais multiplataforma. Amortizar e rendibilizar a produción de contido multimedia. Coñecer a infraestrutura de software que sostén as plataformas de publicación dixitais. Deseñar sistemas eficaces de recuperación de información e carga masiva de datos. Deseñar asistentes documentais dixitais para o traballo xornalístico.
BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE26 - Capacitar para o desenvolvemento profesional do deseño e organización de elementos nos medios de comunicación.
CE27 - Coñecer a dimensión do impacto das novas tecnoloxías no desenvolvemento profesional da comunicación.
CE28 - Capacitar para a elaboración narrativa de produtos infográficos.
O curso estrutúrase en leccións teóricas e en diferentes accións prácticas, tanto reflexivas como de creación, orientadas á asimilación progresiva dos conceptos necesarios para xestionar de forma eficiente procesos e fluxos relacionados coa sociedade da información. Os alumnos deben aprender a configurar servidores de desenvolvemento (XAMPP), e o uso de diferentes programas como XMLEditor e Microsoft Access.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación será continua.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
O sistema de avaliación consistirá na realización dun exame teórico (50%), a elaboración dun traballo práctico en grupo (20%) e a realización de prácticas individuais (30%). Para aprobar a materia é necesario superar tanto a parte teórica como a práctica.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
O tempo de estudo e de traballo persoal que o alumno deberá adicar á materia será de 51 horas presenciais e 99 de traballo individual do alumno.
Dominar alomenos a bibliografía básica.
Configurar un conxunto de fontes informativas de actualidade para coñecer a evolución do sector.
Analizar criticamente sitios web e aplicacións móbiles en termos de arquitectura da información.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Manuel Gago Mariño
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- manuel.gago.marino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Carlos Toural Bran
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816558
- Correo electrónico
- carlos.toural [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
18:00-19:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
19:00-20:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 0 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
23.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |