Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudo e análise dos órganos reguladores e dos sistemas de control de contidos nos medios de comunicación. Funcións e competencias. Códigos deontolóxicos.
Estudo e análise dos órganos reguladores e dos sistemas de responsabilidade sobre a xestión e os contidos dos medios de comunicación, funcións, competencias e códigos deontolóxicos.
Coñecemento das normas xurídicas que regulan o traballo do xornalista. Códigos deontolóxicos e/ou éticos da profesión. Estudio do ordenamento lexislativo sobre as liberdades de información e comunicación, en especial as que afectan ao exercicio profesional. Dereitos e deberes fundamentais relacionados coa información e a comunicación. Análise da gobernanza e dos mecanismos de formación da opinión pública, os seus límites e a súa relación coa comunicación.
Estudo das técnicas e procesos de materialización da información en soportes e medios de comunicación. Constantes gráficas e redaccionais para a edición de produtos informativos. Variables tecnolóxicas e expresivas en prensa, radio e televisión.
O estilo como recurso e técnica para a eficacia da comunicación. Información e práctica para a aplicación, nas empresas informativas, das directrices de estilo que caracterizan a oferta xornalística. Coñecemento e comprensión dos Libros de Estilo, avaliación da súa utilidade, repaso da práctica redaccional e comprensión crítica das diferentes factores que participan no proceso de comunicación.
O control da información e dos contados nos medios públicos e privados. Os consellos de administración. Os consellos audiovisuais. As liñas editoriais e os libros de estilo. A influencia dos grandes grupos de comunicación nos contidos dos medios. Os intereses políticos, económicos e sociais e a súa repercusión no tratamento informativo e na programación dos medios. Modalidades e graos de censura.
Tema 1.- Sistemas e órganos de regulación, autorregulación e corregulación da comunicación.
Tema 2.- Principios da profesión xornalística. Declaracións e principios. Normas xerais sobre os dereitos básicos da liberdade de expresión e da comunicación. Roles profesionais e percepción polos xornalistas.
Tema 3.- Ética e deontoloxía profesional. Significado de ética profesional. Fundamentos e concepto da ética na información e na comunicación. Significado da deontoloxía profesional. Fundamentos e concepto da deontoloxía da profesión xornalística. Orixe e evolución dos códigos deontolóxicos do xornalismo. Os códigos da Unesco e do Consello de Europa.
Tema 4.- Autorregulación profesional. Concepto e desenvolvemento da autorregulación. Os estatutos de redacción. O estatus profesional do comunicador.
Tema 5.-Libros de estilo. Orixe e evolución. Libros, manuais e decálogos. Academias, normas e consellos. O papel de Fundéu. Libros de estilo nos medios impresos, radio, televisión e internet. O estilo no xornalismo actual. Códigos e normas de estilo na comunicación científica.
Tema 6.-Organización e defensa da profesión. Estruturas profesionais de protección da profesión xornalística. As asociacións profesionais, os colexios e os consorcios internacionais. Os consellos de redacción/comités de redacción.
Tema 7.-Ferramentas e instrumentos ao servizo da verdade. Estratexia e medios anticalotes, fake news e da desinformación. A renovación das técnicas e instrumentos de verificación. Os fact-checkers e o fact-checking contra a posverdade. Etiquetas, selos e ferramentas ao servizo da profesión.
Tema 8.- Gobernanza e políticas europeas da comunicación. Sistemas e modelos mediáticos europeos comparados. Tipos de axudas e regulación dos sistemas de financiamento públicos dos medios de comunicación. Regulación, control e avaliación dos modelos de axudas directas e indirectas da prensa e do financiamento da comunicación audiovisual.
Tema 9.- Órganos de regulación e control das políticas de comunicación nos eidos internacional, nacional, sectorial e converxente, dos servizos públicos e privados, así como dos impactos sobre a competencia, o pluralismo e a diversidade. Órganos sectoriais independentes de control externo converxentes, sectoriais e mixtos. Sistemas de control da vinculación gobernamental e/ou parlamentario. Órganos e sistemas de corregulación. A proba de valor público dos servicios audiovisuais públicos en Europa.
Tema 10.- Órganos de autorregulación e mediación profesional e das audiencias. Sistemas M*A*R*S*. Consellos de prensa, radio, televisión e Internet. Historia e tradición dos Ombudsman, Defensores dos lectores, das audiencias e da ciberparticipación nos medios electrónicos. Fundacións e asociacións dos usuarios da comunicación e das audiencias audiovisuais.
Tema 11.- Órganos de control e autorregulación da gobernanza das empresas privadas de comunicación. Aplicación, desenvolvemento, auditoría e mellora da xestión da Responsabilidade Social Empresarial nos medios de comunicación. Concepto e identificación dos intereses das partes relacionadas. A guía ISO 26000 de implantación da RSE na empresa informativa e de comunicación, e as normas GRI para a elaboración dos informes de RSE relacionados coa comunicación. Auditorías e indicadores internacionais de referencia.
Tema 12.- A rendición de contas nas empresas de comunicación. A rendición de contas horizontal e vertical. Sistemas e órganos de rendición de contas das empresas de comunicación. A transparencia e as normas de aplicación nas empresas de capital público e das que cotizan nos mercados de valores financeiros.
Tema 13.- A gobernanza de Internet. Orixe e desenvolvemento da gobernanza de Internet. As partes representadas e o funcionamento do Foro de Gobernanza de Internet. Os debates do Foro de Gobernanza de Internet.
Tema 14.- Sistemas e órganos de autorregulación da comunicación publicitaria e corporativa. Creación e funcionamento de Autocontrol da Publicidade. Funcionamento e sistemas de seguranza e certificación da Confianza Online.
Bibliografía básica
Allcott, H. & Gentzkow, M. (2017): Social media and fake news in the 2016 election. Journal of Economic Perspectives 31(2): 211-36.
Aznar, H. (2005): Ética de la comunicación y nuevos retos sociales. Códigos y recomendaciones para los medios. Barcelona: Paidós.
Buckingham, D. (2019): Teaching media in a ‘post-truth’ age: fake news, media bias and the challenge for media/digital literacy education. Culture and Education 31(2): 213-231.
Bertrand, C.-J. (1999): L´Arsenal de la Démocratie. Médidas, déontologie et MARS. París: Económica.
Campos, F. (coord.) (2011): Gobernanza y comunicación en Europa. Madrid: Universitas.
Carrillo, M. (2001): O segredo profesional dos xornalistas. Santiago de Compostela: Laverde/Lea
Comisión Europea (2018): A multi-dimensional approach to disinformation: Report of the independent high level group on fake news and online disinformation. Luxemburgo: Publications Office of the European Union.
Comisión Europea (2020): Fighting disinformation.
Dice, M. (2017): The True Story of Fake News. San Diego, CA: Resistance Manifesto.
Fact Checking Network (2016): Code of Principles. https://ifcncodeofprinciples.poynter.org/
Fake News Challenge (2020): Exploring how artificial intelligence technologies could be leveraged to combat fake news.
García Castillejo, A. (2014): La televisión en España. Marco legal. Barcelona: UOC.
McBride, K. & Rosenstiel, T. (2014): The New Ethics of Journalism. Principles for the 21st Century. Los Ángeles: SAGE.
McDougall, J.; Brites M. J.; Couto, M.-J. & Lucas, C. (2019): Digital literacy, fake news and education. Culture and Education 31(2): 203-212.
Pérez, J. C. (2004): Ética Periodística. Códigos deontológicos y normas complementarias. Universidad del País Vasco.
Restrepo, J. D. (2011): Periodismo y pasión. Buenos Aires: La Crujía.
Sampedro, V. (2014): El cuarto poder en la red. Por un periodismo de código libre. Barcelona: Icaria ediciones
Savater, F. (2014): Ética para la empresa. Madrid: Conecta.
VVAA. (2014): Libro de Estilo de El País. Madrid: Aguilar.
Bibliografía complementaria
Allcott, H.; Gentzkow, M. & Yu, Ch. (2019): Trends in the diffusion of misinformation on social media. Research and Politics 1(8): online.
Alsius, S. (1998): Ètica i periodisme. Barcelona: Pòrtic.
Aznar, H. (1999): Comunicación responsable. Barcelona: Ariel.
Aznar, H. (1999): Ética y periodismo. Barcelona: Paidós.
Barroso, P. (1984): Códigos deontológicos de los medios de comunicación. Prensa, radio, televisión, cine, publiciad y relaciones públicas. Madrid: Paulinas.
Bel, I. (2004): Comunicar para crear valor. Pamplona: Eunsa.
Bonete, E., (ed). (1999): Ética de la comunicación audiovisual. Madrid: Tecnos.
Carrillo, M. (1987): Los límites a la libertad de prensa en la Constitución Española de 1978. Barcelona: PPU
Carrillo, M. (1993): La cláusula de conciencia y el secreto profesional de los periodistas. Barcelona: Generalitat de Catalunya.
Codina, M. (ed.) (2001): De la ética desprotegida. Ensayos sobre deontología de comunicación y de la información. Barcelona: Ariel.
Diezhandino, P.; Marinas, J.-M. & Watt, N. (2002): Ética de la comunicación: problemas y recursos. Madrid: Edipo.
Desantes, J. M. (2003): Derecho de la información. Barcelona: Ariel.
Derakhshan, H. (2017): Information disorder toward an interdisciplinary framework for research and policymaking. Estrasburgo: Consejo de Europa.
Coñecementos sobre os sistemas de regulación da información e os contidos nos medios públicos e privados. Consellos de administración. Consellos de redacción. Os consellos audiovisuais. As liñas editoriais e os libros de estilo. As políticas e influencias dos grandes grupos de comunicación no tratamento editorial dos medios. Os intereses políticos, económicos e sociais e a súa repercusión no tratamento informativo e na programación dos medios. Os dereitos e deberes dos profesionais da información, da comunicación e das audiencias. Sistemas de regulación, corregulación e autorregulación. Os problemas, impactos, modalidades e graos de censura.
O alumnado deberá completar as súas capacidades para desenvolver na práctica a actividade informativa coa elaboración de material segundo as normas básicas do Libro de Estilo e coa reflexión sobre as súas características.
Esíxense coñecemento e o uso correcto do galego e do castelán, ademais da adaptación do discurso informativo e da estilística aos distintos xéneros informativos segundo os medios (prensa, audiovisual e xornalismo electrónico).
BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e dispoñan de competencias a demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación.
CT2 - Capacidade de xestión da información.
CT3 - Traballo en equipo.
CT4 - Aprendizaxe autónomo.
CT5 – Creatividade.
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7 - Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
CE17 - Coñecer o marco xurídico no que se desenvolve o xornalismo na actualidade.
CE18 - Comprender e coñecer os organismos de regulación da comunicación e a información.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas: (1) desenvolvemento de clases expositivas con presentación e explicación dos temas en que se esixirá a implicación do alumnado; (2) clases de seminario de contido teórico-práctico en que se esixirá a participación activa do alumnado; (3) análise e debate de casos prácticos; (4) traballos documentais realizados tanto de xeito individual coma en grupo; (5) lectura e comentario de informes dos modelos dos órganos e sistemas de regulación e (6) titorías tanto individuais coma en grupo.
A metodoloxía da ensinanza contempla en todo caso o uso do campus virtual e a programación de actividades en remoto.
O documento Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021, aprobado polo Consello de Goberno o 19 de xuño de 2020, define na súa base terceira tres posibles escenarios para considerar e na súa base quinta recolle as medidas de adaptación da docencia a cada un dos escenarios definidos. A partir dese documento a adaptación da metodoloxía da ensinanza a cada un dos posibles escenarios realizarase dos xeitos que seguen:
a) Escenario 1: normalidade adaptada
Neste escenario a docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. Empregarase o campus virtual como reforzo da actividade presencial e para a programación de actividades interactivas de carácter asíncrono. O seguimento das tarefas en remoto realizarase mediante a programación de entregas.
b) Escenario 2: distanciamento
Neste escenario a docencia presencial convivirá coa virtual. A docencia virtual impartirase a través de MS Teams de xeito síncrono e respectando os horarios establecidos. Empregarase o campus virtual como reforzo da docencia presencial e para a programación de actividades de carácter tanto síncrono como asíncrono, combinando as tarefas individuais con outras que fomenten o traballo colaborativo. Preténdense potenciar a aprendizaxe autónoma do alumnado, polo que se prevé a inclusión de elementos de retroalimentación ou autoavaliación. O seguimento das tarefas en remoto realizarase mediante a programación de entregas.
c) Escenario 3: peche das instalacións
Neste escenario a docencia será exclusivamente virtual. Impartirase a través de MS Teams de xeito sincrónico e respectando os horarios establecidos. Tamén se empregará o campus virtual para a programación de actividades de carácter tanto síncrono como asíncrono, combinando as tarefas individuais con outras que fomenten o traballo colaborativo. Preténdense potenciar a aprendizaxe autónoma do alumnado, polo que se prevé a inclusión de elementos de retroalimentación ou autoavaliación. O seguimento das tarefas en remoto realizarase mediante a programación de entregas.
Asistencia e participación nas sesións expositivas e seminarios, realización dos traballos individuais e de grupo, participación na discusión dos casos prácticos e realización dun exame final. Se non é posible o examen presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
a) Escenario 1: normalidade adaptada
Neste escenario o 50% da cualificación corresponderá á avaliación continua e o 50% á proba final, que se realizará de xeito presencial. De non ser posible a proba presencial, a materia avaliarase mediante o sistema de avaliación continua.
b) Escenario 2: distanciamento
Neste escenario a materia avaliarase mediante o sistema de avaliación continua.
c) Escenario 3: peche das instalacións
Neste escenario a materia avaliarase mediante o sistema de avaliación continua.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de ‘Non Presentado’.
A detección de plaxios ou dun uso indebido das tecnoloxías para a realización das tarefas en remoto penalizarase coa cualificación de suspenso.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
Nos escenarios 2 e 3 aqueles alumnos ou alumnas aos que se lles concedese a exención de docencia deberán acordar un plan de traballo co profesor. No escenario 1, no caso de poder realizarse proba final presencial, deberán realizar unha proba práctica que se celebrará a continuación do exame teórico, seguindo as datas oficiais estipuladas para cada convocatoria.
A materia consta de seis créditos ECTS (150 horas). O alumnado deberá dedicar 48 horas de asistencia (presencial ou virtual, segundo as circunstancias) e 102 horas de traballo persoal e autónomo para a preparación e a realización das actividades programadas.
As recomendacións para o estudo da materia son comúns aos tres escenarios, pois a recomendación xeral para o aproveitamento da materia é realizar un traballo continuo ao longo de todo o curso, posto que non se trata só da adquisición de coñecementos, senón tamén de habilidades e actitudes que unicamente se poden alcanzar cun seguimento constante e permanente.
De igual xeito, é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos para poder aplicalos nas sesións de seminario, posto que, de non ser así, estas carecían de sentido e non cumprirían os obxectivos para os que foron planeadas e deseñadas.
Finalmente, recoméndase o seguimento da actualidade nos medios de comunicación, dominar as redes sociais e facer uso das horas de titorías.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Xose Lopez Garcia
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816536
- Correo electrónico
- xose.lopez.garcia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Sixto Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816540
- Correo electrónico
- jose.sixto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Cruz Negreira Rey
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Marta Rodríguez Castro
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816551
- Correo electrónico
- m.rodriguez.castro [at] usc.gal
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
21.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
21.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
05.07.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |