Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
1.1. Descritor: Identificación e análise dos procesos de produción (recollida, escolma e edición) da comunicación xornalística a través de medios escritos, audiovisuais e electrónicos. Incidencia das rutinas produtivas no papel que desempeñan fontes e xornalistas no proceso de produción informativa dos medios de masas.
1.2. Obxectivos concretos da materia:
Identificación e análisis dos procesos de produción (recollida, escolma e edición) da comunicación e información periodística a través de medios escritos, audiovisuais e electrónicos. Incidencia das rutinas produtivas no papel que desempeñan fontes e xornalistas no proceso de produción informativa dos medios de masas.
Os contidos da materia realizan unha revisión de procesos e factores que determinan a recollida, exclusión e xerarquización dos contidos informativos. Realiza unha introdución ao proceso de construción do temario dos medios de comunicación, así como a identificación dos mecanismos de produción programada e busca de formas de estimulación da produción non homoxeneizada. Por mor da situación do xornalismo actual, cómpre adicar un apartado relevante dentro da materia ao tratamento das fontes informativas e ao uso que realizan estas das súas propias rutinas produtivas co fin de intervir activamente no procedemento de construción do temario informativo e de elaboración das informacións nos diferentes medios de comunicación.
2.1.-Contidos teóricos.
Os contidos da materia están distribuídos en tres grandes bloques. O primeiro deles, funciona como unha dobre introdución: á materia e ós contidos da mesma (tema 1). O segundo bloque, inclúe os elementos fundamentais da produción da información: os procedementos de realización de pezas informativas diarias ou non e as rutinas produtivas (temas 2-4). Finalmente, abordaranse as tendencias e os retos da produción da información na actualidade (tema 5).
Programa
1. Introdución aos conceptos básicos do xornalismo.
1.1. O sistema mediático e o rol do xornalista.
1.2. A importancia e responsabilidade do xornalismo na sociedade actual.
1.3. A construción social da realidade.
1.4. Introdución ás teorías da comunicación de masas.
2. A orixe da información xornalística.
2.1. Os temas informativos. Realidade, acontecemento e acontecemento xornalístico.
2.2. Os valores noticia.
2.3. Condicionantes de publicación.
2.4. As canles de acceso ao temario.
3. As fontes de información.
3.1. As fontes de información, instrumento básico do xornalista.
3.2. A importancia das fontes de información e a súa relación cos xornalistas.
3.3. As fontes institucionais e da súa influenza na información xornalística.
3.4. A cidadanía como fonte e como emisor de información.
4. A edición.
4. 1. Definición e función da edición.
4. 2. O lector como elemento da información
5. O xornalismo de calidade.
5.1. Pistas para un xornalismo de calidade.
5.2. A produción de información en situacións excepcionais.
5.3. Produción con internet e para os medios electrónicos
5.4. Tendencias: As redes sociais e os blogs na produción informativa
2.2.-Contidos prácticos.
Elaboraranse ao longo do curso unha serie de prácticas e seminarios nos que se traballarán os seguintes contidos:
1. Análise da realidade próxima e do seu tratamento nos medios de comunicación.
2. Análise dos diferentes procesos de produción da información.
3. As fontes de información institucionalizada: o seu traballo e as súas incidencia no temario.
4. A produción informativa das fontes de información. Planificación, implementación e avaliación.
5. A produción informativa en momentos excepcionais.
6. A influenza das novas tecnoloxías na produción da información.
7. Análise da produción de información actual nos medios de comunicación
(axencias de comunicación, prensa, radio, televisión e internet).
As prácticas estarán vinculadas á actualidade informativa e intentará que os alumnos cubran acontecementos programados e libres.
Básica.
FISHMAN, M. (1980), Manufacturing the news: the Social Organitation of Media News Production, Universidad de California, Santa Barbara. Traducción de Leandro
WOLF, M., La fabricación de la noticia, 1985, Buenos Aires, Ediciones Tres Tiempos.
GARCÍA OROSA, B. (2005), Los altavoces de la actualidad. Radiografía de los gabinetes de comunicación, A Coruña, Netbiblo.
RODRIGO ALSINA, M. (2005), La construcción de la noticia, Barcelona, Paidós.
SIGAL, L. V. (1973), Reporters and Officials:The Organization and Polítics of Newsmaking, Lexintong, Mass., D.C., Heat and Co.
TÚÑEZ, M. (1999), Producir noticias. Cómo se fabrica la realidad periodística, Santiago de Compostela, Tórculo.
VERÓN, E. (1995), Construir el acontecimiento: los medios de comunicación masiva y el accidente de la central nuclear de Three Mile Island. Barcelona, Gedisa.
Complementaria.
ARCEO VACAS, J.L., (2004), Las relaciones públicas en España, Madrid, McGrawHill.
BARQUERO CABRERO, J. D. (2005), Comunicación estratégica: relaciones públicas, publicidad y marketing, Madrid, McGrawHill.
BERNSTEIS, C.; WOODWARS, R. (1977), Todos los hombres del presidente. El escándalo Watergate, Argos Vergara S.A., Barcelona.
BORRAT, H. (1989), El periódico, actor político, Gustavo Gili S.A., Barcelona.
BREED, W. (1955), Social Control in the Newsroom: A Functional Analysis, en Social Forces, Vol. 33. Recogido por TRAQUINA, N. (1993) en Jornalismo: Questoes teorías e “estórias”, compilación.
CESAREO G., (1981), Fa notizia, Roma, Editori Riuniti.
GALTUNG, J.; RUGE, M.H. (1980), La struttura delle notizie dall’estereo, en P. Balchi (comp.) Il giornalismo come professione, Milán, Il Saggiatore.
GARBARINO, A (1985), Sociologia del Giornalismo. Professione, organizzazione e produzione di notizie, Torino (Italia), Edizioni RAI.
GOMIS, L. (1991), Teoría del periodismo. Como se forma el presente, Barcelona, Paidós.
GRUNIG, J. E.; HUNT, T., (2003), Dirección de las relaciones públicas, Barcelona, Gestión 2000.
HALL, S. et al.(1993), “The Social Production of News: Mugging in the Media”, publicado en COHEN, S. e YOUNG, J., The Manufacture of News, Beverly Hills, Ca: Sage Publications. Traducido íntegro en Traquina (1993), compilación.
LÓPEZ, M. (1995), Cómo se fabrican las noticias, Fuentes, selección y planificación, Barcelona, Paidos.
MARTIN SERRANO, M. (1986), La producción social de comunicación, Madrid.
MCCOMBS, M. E.;DONALD, Shaw (1972), “The Agenda-setting function of Mass media”, en The Public Opinion Quartely, vol 36, 2. Pags 176-187.
MOLOTCH, H.; LESTER, M. (1974), “News as Purposive Behaviour: On the Strategic Use of Routine Events, Accidents and Scandals”, en American Sociological Review, Vol 39.
RAMÍREZ, T. (1995), Gabinetes de Comunicación. Funciones, disfunciones e incidencia, Barcelona, Bosch Comunicación.
ROSITI, F. (1982), I modi dell’argomentazione e l’opinione pubblica, Turin, ERI.
RUSHKOFF, D. (2001), Coerción. Por qué hacemos caso a lo que nos dicen. Barcelona.
SCHLENSIGER, P. (1977), “Newsmen and Their Time Machine”, en British Journal of Sociology, vol. 28, Nº 3.
TÚÑEZ, M. (1996), Da teoría á práctica. Perfil do xornalista galego, Santiago, LEA.
Competencias específicas da materia:
CE09 - Coñecer os mecanismos de produción de información que existen nos medios de comunicación de masas.
CE10 - Capacitar para a xestión das empresas de medios de comunicación.
CE11 - Capacitar para a elaboración de informes no ámbito da comunicación.
CE12 - Coñocer os mecanismos e as técnicas necesarias para unha correcta organización da información.
A metodoloxía de ensino ten en conta dous escenarios e están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A) Docencia presencial. A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, clases de seminario prácticas, traballos individuais e grupais titorizados, estudos de caso, titorías), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. A distribución de horas en clases maxistrais, clases de seminario, traballo individual, titorías, etc. seguirá o indicado no plano de estudos.
B) Docencia online.A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, clases de seminario prácticas, traballos individuais e grupais titorizados, estudos de caso, titorías) que se realizarán de xeito telepática cando así o indique a USC. A distribución de horas en clases maxistrais, clases de seminario, traballo individual, titorías, etc. seguirá o indicado no plano de estudos. Neste suposto se empregarán os medios ofrecidos pola USC. As actividades serán variadas, combinando tarefas individuais con outras que fomenten o traballo colaborativo. Potenciarase a aprendizaxe autónoma do alumnado incluíndo elementos de retroalimentación ou autoavaliación a través a planificación das actividades que se publicará nos primeiros días do curso, así como o material necesario, as datas de entrega e o sistema de avaliación.
A metodoloxía de ensino ten en conta dous escenarios:
A) Docencia presencial. A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, clases de seminario prácticas, traballos individuais e grupais titorizados, estudos de caso, titorías), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. A distribución de horas en clases maxistrais, clases de seminario, traballo individual, titorías, etc. seguirá o indicado no plano de estudos da Licenciatura de Xornalismo da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
B) Docencia online.A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, clases de seminario prácticas, traballos individuais e grupais titorizados, estudos de caso, titorías) que se realizarán de xeito telepática cando así o indique a USC. A distribución de horas en clases maxistrais, clases de seminario, traballo individual, titorías, etc. seguirá o indicado no plano de estudos da Licenciatura de Xornalismo da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Neste suposto se empregarán os medios ofrecidos pola USC. As actividades serán variadas, combinando tarefas individuais con outras que fomenten o traballo colaborativo. Potenciarase a aprendizaxe autónoma do alumnado incluíndo elementos de retroalimentación ou autoavaliación a través a planificación das actividades que se publicará nos primeiros días do curso, así como o material necesario, as datas de entrega e o sistema de avaliación.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Os instrumentos de avaliación e contidos e actitudes serán basicamente:
a. Exame/s teórico/s.
b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas.
c. Participación activa e positiva nos seminarios.
d. Avaliación dos proxectos ou estudos de caso formulados ao longo do curso.
Será unha avaliación de carácter sumativo cos seguintes items:
a. Grao de coñecementos teóricos básicos sobre os temas do curso.
b. Capacidade para reflexionar criticamente sobre os sistemas de produción.
c. Demostrar coñecementos sobre a orixe da mensaxe informativa e as rutinas produtivas.
d. Capacidade de análise crítico das mensaxe informativas e das técnicas de escolma de información
e. Capacidade de elaboración de mensaxes como fontes de información para publicar en medios.
f. Capacidade de analizar criticamente as tendencias do xornalismo actual e a busca de alternativas.
Recoméndase o traballo continuo ao longo de todo o curso. Non soamente se trata da adquisición de coñecementos senón tamén de actitudes e habilidades que soamente se obterán cun seguimento continuo. Todas as aprendizaxes propostas requirirán, ademais do estudo dos coñecementos propostos, a lectura crítica de textos recomendados e a realización dunha proposta práctica.
Os alumnos que non realicen tódalas prácticas correctamente durante o primeiro cuadrimestre non poderán presentarse ao exame teórico en febreiro nin en xullo. Para a realización e avaliación das prácticas é imprescindible o coñecemento teórico previamente impartido.De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Do mesmo xeito, no caso do escenario 2 (e 3) é dicir, que a docencia sexa semi-presencial ou exclusivamente telemática, a avaliacion será continua e non haberá proba final. Será especialmente penalizado o plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
O alumno debe adicar 60 horas ao traballo en aulas presenciais e 90 horas de preparación e realización do programado.
A materia non persegue a memorización dos conceptos senón promover a reflexión do alumno sobre as formas de produción informativa, contrapoñéndoas ás achegas da teoría xornalística. Ademais dun seguimento continuado da materia, recoméndase a lectura crítica de diferentes medios de comunicación diariamente.
É importante para o bo funcionamento da materia que o alumno asista ás aulas cun coñecemento da actualidade informativa do día.
Na medida do posible, realizaranse saídas ao exterior como prácticas complementarias.
Plan de contixencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Berta Garcia Orosa
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816524
- Correo electrónico
- berta.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xurxo Salgado Tejido
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- xurxo.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Sara Perez Seijo
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816534
- Correo electrónico
- s.perez.seijo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
19.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Auditorio |
25.06.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |