Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Aspectos técnicos e teóricos da función do programador/a en radio e televisión, con profundización e fixación de conceptos, revisión de estruturas e sistemas, interpretación e análise de grellas, así como da súa contextualización en función das cadeas e das estacións, de tipoloxías de mercados, de periodos programáticos, de definición de públicos obxectivos e potenciais, e de sistemas de deseño na aportación de contidos para a súa emisión. Análise de audiencias en prensa, radio, televisión e Internet.
Os obxectivos da materia pasan por fixar no alumnado unha práctica de análise profesional dos distintos elementos que concorren no proceso de traslación aos públicos de produtos audiovisuais presentados na coherencia dunha oferta conxunta; así como os contextos de política de organización de contidos e os seus efectos na conformación dunha cultura radiotelevisiva. Polo tanto, é obxectivo desta materia o estudio das políticas e técnicas de programación, e dos diversos tipos de audiencias, así como a análise dos fenómenos comunicativos desde o punto de vista da recepción, concepto de público e investigación de audiencias. Enténdense, pois, obxectivos de cara ao alumnado:
a) Coñecemento das técnicas e os modelos de programación
b) Coñecemento das tendencias e a evolución dos contidos (oferta de formatos)
c) Coñecemento dos públicos obxectivos e potenciais, así como dos deseños na oferta dos contidos.
d) Coñecemento das teorías de recepción.
e) Coñecemento das técnicas de análise e investigación das audiencias.
Contidos teóricos
Tema 1: Introducción. Contextualización do interese informativo na oferta mediática.
- Análise do peso estratéxico da información no conxunto da oferta.
- Participación e interactividade: as redes sociais e as comunidades virtuais no contexto informativo.
- Debates sobre a calidade informativa e os datos de audiencia.
Tema 2: Nocións básicas sobre a programación.
- Definición da acción de programar.
- A programación como discurso: a lóxica da programación.
- A grella de programación: cara a grella ideal.
- O programa como unidade básica da programación. Catalogación dos programas. Test de viabilidade dos formatos.
Tema 3: Ciclos na programación. Da TV lineal ao Over-The-Top (OTT).
- A temporada (season)
- A semana
- O día: franxas horarias e tramos de competencia
- Os ámbitos ou territorios
- Adaptación aos novos escearios de consumo: pantallas conectadas e en mobilidade.
Tema 4: Construción da oferta programática.
- Equipo de programación: a toma de decisións.
- Modelos de programación.
- As leises da programación.
- Técnicas e estratexias de programación: a “enxeñería da emisión”.
- O "xogo das órbitas".
Tema 5: A audiencia. Punto de partida e de retorno na toma de decisións en programación.
- Definicións dos públicos.
- Evolución dos públicos: tipoloxías / targets.
- Públicos conectados: audiencias sociais e comunidades virtuais.
Tema 6: Investigación de audiencias. Valores cuantitativos e cualitativos.
- Principais estudos de audiencias nos distintos soportes.
- Tendencias na análise dos públicos máis aló das cifras.
Contidos prácticos
O temario teórico compleméntase coas sesións prácticas estuturadas nun laboratorio de programación e audiencias que servirán para conectar aos alumnos coa actividade laboral. Coñeceranse as claves prácticas na toma de decisións de programación e manexaranse as principais ferramentas profesionais de investigación dos públicos (software e bases de datos específicas para a planificación estratéxica da oferta en función dos obxectivos de demanda). A parte práctica atenderá especialmente ao enfoque da materia no grao de Xornalismo, polo que se fará un especial seguemento dos produtos informativos.
As actividades prácticas do laboratorio de programación e audiencias estruturaranse do seguinte xeito:
- Práctica 1 (contextualización-arranque): elaboración de grellas de programación sobre as que se estudiarán as claves referenciadas nos temas 1 ao 3 da parte teórica. Servirán para que os estudantes tomen decisións.
- Práctica 2: creación dunha comunidade virtual específica para aplicar técnicas cualitativas. Seguindo o modelo de comunidades empregadas por consultoras españolas e internacionais na investigación de mercados, crearase cos alumnos unha comunidade a xeito de grupo de discusión acotado/pechado, sobre un target previamente definido e identificado e durante un periodo determinado para explorar actitudes de consumo, gustos e preferencias dos públicos, facer "pretest" ou "postest" de programas e estratexias, elaborar enquisas e detectar posibles novas tendencias. A través desta ferramenta canalizarase unha parte importante da actividade práctica da materia.
- Prácticas 3, 4, 5 e 6 manexo doutras ferramentas imprescindibles para o coñecemento das actitudes de consumo dos públicos. Traballarase de xeito práctico con algúns instrumentos profesionais empregados polo sector (software e bases de datos). O obxectivo é que os estudiantes se familiaricen co uso e interpretación de informes e datos precisos para seguir tomando decisións en programación. Farase un seguemento diario e mensual dos consumos lineais, en diferido-VoD e conversacionais (audiencia social) durante o cuadrimestre (xaneiro-maio).
- Práctica 7 (final): aplicación dos test de viabilidade e modelos de construción da programación, para rematar a toma de decisións e construir unha programación. Preténdese que o alumnado conecte coas claves do risco e do medo que envolve a actividade profesional á hora de apostar e decidir que produtos ofertar e como poñelos a circular no mercado actual, con especial atención ao enfoque xeral da materia no grao de Xornalismo.
Déixase aberta a posibilidade de incorporar unha práctica de campo (visita a unha canle de TV), en caso de haber orzamento para desenvolvela.
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, o alumnado poderá facer estas prácticas a distancia (online), tanto de maneira individual como en grupo, reforzándose tamén os exercicios de análise.
Básica:
- Arana, E. (2011). Estategias de programación televisiva. Madrid: Síntesis
- Contreras, J.M. & Palacio, M. (2001). La programación de televisión. Madrid: Síntesis
Complementaria:
- Aguilera-Moyano, M.; Meere, M. (coord.) (2009). Una tele en el bolsillo. La televisión en el teléfono móvil: contenidos, formatos, audiencias. Málaga: Círculo de Estudios Visuales Ad Hoc
- Albújar-Villarrubia, M. (2016). Las plataformas OTT para la distribución de contenidos audiovisuales: ¿una amenaza para el duopolio de la televisión en abierto en España?. Quaderns del CAC, vol. XIX, 42, 21-28.
- Álvarez-Monzoncillo, J.M (2011). La televisión etiquetada: nuevas audiencias, nuevos negocios. Barcelona: Ariel
- Berrocal-Gonzalo, S., Redondo-García, M. & Campos-Domínguez, E. (2014). La presencia del infoentretenimiento en los canales generalistas de la TDT española. Revista Latina de Comunicación Social, 69, pp. 85-103.
- Bruun, H. (2019). Re-scheduling Television in the Digital Era. Routledge.
- Bustamante, E. (coord.) (2002). Comunicación y cultura en la era digital. Industrias, mercados y diversidad en España. Barcelona: Gedisa
- Callejo, J. (2001). Investigar las audiencias. Un análisis cualitativo. Barcelona: Paidós
- Cebrián-Herreros, M. (2004). Modelos de televisión: Generalista, temática y convergente con Internet. Barcelona: Paidós
- Cebrián-Herreros, M. (2001). Información radiofónica. Mediación técnica, tratamiento y programación. Madrid: Síntesis
- Cubells, M. (2006). ¿Quién cocina la televisión que comemos? La dieta televisiva y sus cocineros. Barcelona: Ed. Carroggio
- Elías-Pérez, C (2004). Telebasura y periodismo. Madrid: Ediciones Libertarias
- Gallardo-Camacho, J. & Sierra Sánchez, J. (2017). La importancia de la audiencia en diferido en el reparto del poder entre las cadenas generalistas y temáticas en España. Prisma Social, 18, 172-191.
- García-García, A.; Vinader-Segura, R. & Galiano-Sansegundo, R. (2009). Televisión personal: propuesta metodológica para una medición de audiencias adaptada a los nuevos formatos. En Trípodos Extra, nº 9, 497-505
- Gómez-Escalonilla, G. (2003). Programación en televisión. Análisis de los primeros cuarenta años de programación televisiva en España. Madrid: Dykinson
- Hartley, J. (2000). Los usos de la televisión. Barcelona: Paidós
- Huertas, A. (2015). Yo soy audiencia. Ciudadanía, Público y Mercado. Barcelona: UOC.
- Igartua, J.J. & Badillo, A. (Eds.) (2003). Audiencias y medios de comunicación. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca
- Izquierdo Castillo, J. (2016). Teoría de programación de radio y televisión. Castellón: Publicacións de la Universitat Jaume I.
- Matellanes-Lazo, M. (2014). Nuevos formatos televisivos para no perder audiencias. Mhcj-Miguel Hernández Communication Journal, nº 5, 293-325.
- Martí-Martí, J. M. (1990). Modelos de programación radiofónica. Barcelona: Feed-back Edic
- Medina, M. (coord.) (2015). La audiencia en la era digital. Madrid: Fragua
- Medina, M. & Portilla, I. (2016): Televisión multipantalla y la medición de su audiencia: el caso de las televisiones autonómicas,
Icono 14, volumen 14 (2), pp. 377-403.
- Moreno Delgado, A.; Repiso, R. & Montero-Díaz, J. (2020). Análisis de redes sociales de la producción científica sobre programación televisiva. Icono 14, 18(1).
- Pérez de Silva, J. (2000). La televisión ha muerto. La nueva producción audiovisual en la era de Internet: la tercera revolución industrial. Barcelona: Gedisa
A materia de Programación e audiencias aproxima ao alumno/a a unhas técnicas de interpretación, avaliación e análise dos instrumentos que se empregan tanto na elaboración das programacións como nos estudos de audiencias e na fixación dos obxectivos previos de público.
- Preténdese capacitar ao alumnado para a xestión da programación dun medio audiovisual.
- Facilítase a aprendizaxe no manexo de determinadas ferramentas profesionais e de prospección de gran utilidade tanto no ámbito laboral como na investigación.
- Dinamiza a visión analítica e crítica dos fenómenos das programacións e das audiencias nos medios actuais.
- Introduce ao alumno nos novos camiños de futuro das dúas disciplinas nunha contorna dixitalizada e multimedia.
- Fomenta o emprego de técnicas de investigación evolutivas ("análise de longo alcance").
- Emprega as técnicas dos debates (focus group) e a estimulación intelectual do grupo e do alumno, especialmente nas clases prácticas que requiren dunha maior participación do alumnado.
- Utiliza o traballo en grupo como instrumento para amplificar a comunicación interpersoal.
- Potencia a constancia e rigorosidade no traballo mediante o emprego de técnicas de seguimento e análise crítica diaria de datos.
- Fomenta o emprego de ferramentas informáticas, a consulta bibliográfica e hemerográfica, e a navegación por internet combinando a procura de datos históricos cos actuais que permitan obter unha visión evolutiva dos fenómenos da programación e do estudo das audiencias.
Ademáis, e como figura na memoria do Grao de Xornalismo, son tamén competencias:
• Básicas e xerais:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
• Transversais:
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
• Específicas:
CE19 - Comprender os modelos de comunicación existentes para a súa aplicación na actualidade.
CE20 - Capacitar para poder desenvolver investigacións científicas dentro da área de ciencias sociais, especialmente no ámbito da comunicación.
CE21 - Capacitar para a xestión da programación dun medio de comunicación audiovisual.
CE22 - Capacitar para a redacción, organización e xestión de información nos cibermedios
- Clases teóricas para a explicación de conceptos ao redor da programación e as audiencias.
- Laboratorio práctico de creación de programacións e test de valoración de produtos. Aplicación práctica do uso de ferramentas para medir a resposta dos públicos ante a oferta programática nos distintos soportes.
- Apoio do docente na elaboración por parte dos alumnos dos traballos requeridos para a superación da parte práctica da materia que os alumnos deberán defender en público (exposición) nas últimas clases do curso.
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, reforzaranse as aulas a través do Campus Virtual da USC, tanto na parte teórica como práctica. Combinaranse os exercicios individuais cos grupais, e o sistema de entrega será a través da aula virtual. Ademáis, empregaranse o OneDrive, para a realización de prácticas colaborativas; o MS Forms, para elaborar cuestionarios; e a plataforma MS Teams para as conexións síncronas co alumnado (aulas expositivas, interactivas ou titorías), entre outras. Adaptarase o cronograma de entrega das prácticas ao escenario online, comunicándoselle oportunamente ao alumnado a través da aula virtual.
- Ensino presencial: O sistema de avaliación baséase na avaliación continua dos contidos teóricos e dos traballos prácticos. Os criterios xerais de avaliación contemplan, pois, un exame teórico (50% da nota final), presentación dos traballos propostos nas prácticas correspondentes e fixados no temario (40%) e asistencia e participación en clase e nas aulas/comunidade virtual (10%). Para poder acudir ao exame é obrigatorio ter presentados todos os traballos (o que non implica o aprobado da parte práctica que terá que someterse aos criterios de avaliación fixados polo docente), segundo as pautas estipuladas nas clases e demostrando un seguimento continuado da materia a través, tamén, da asistencia ás sesións expositivas (en virtude do regulado na Normativa de Asistencia a Clase nas Ensinanzas adaptadas ao EEES aprobada en Consello de Goberno dá USC o 25 de marzo de 2010). O docente só permitirá a realización de traballos con pautas distintas das marcadas en clase (tanto no que se refire aos contidos como na organización en grupos ou individuais) en casos moi específicos e debidamente xustificados.
- No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, adoptarase un sistema de avaliación continua sen proba específica. Polo tanto, valoraranse únicamente os exercicios prácticos que se propoñan ao longo do curso. Cada un dos exercicios será cualificado cunha nota e xuntos suporán o total da nota final da materia.
Segunda oportunidade:
-Ensino presencial: En caso de non superar a materia, o alumno só deberá reforzar aqueles aspectos da avaliación que fosen deficitarios (a teoría ou traballos prácticos, ou ambos no caso de non superar nin o exame nin os exercicios), seguindo as recomendacións do docente atendendo aos criterios de avaliación fixados. De non superarse a materia nas convocatorias do curso académico (maio e xullo), o alumno/a deberá cursar de novo a totalidade da materia.
- No caso de trasladarse a docencia a un esceario online ou combinado (presencial e online), na segunda oportunidade avaliarase da mesma forma que se propuxo: valoraranse os exercicios prácticos que se propoñan ao longo do curso e o alumnado só deberá recuperar aqueles que non teña superados na convocatoria anterior.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
O tempo de traballo presencial do alumno é de 48 horas; o tempo de estudo e traballo persoal estimado por cada alumno -participación no laboratorio de programación e audiencias, estudo e lecturas, documentación e elaboración de informes, atención á comunidade virtual, etc.- é de 102 horas.
Analizando os requisitos básicos que conforman os criterios de avaliación da materia, e de facer a un mellor aproveitamento dos recursos e os esforzos, recoméndase ao alumnado:
- No caso dos conceptos teóricos da materia: expor todas as dúbidas existentes ao docente durante as clases ou a través das tutorías (presenciais ou virtuais) e consultar a bibliografía recomendada en cada tema (especialmente aqueles materiais de apoio que, á marxe da bibliografía presentada, poida entregar directamente o docente debido ao seu interese para a mellor comprensión da materia). Tamén se aconsella a asistencia e a participación nos debates organizados en clase.
- Para a elaboración dos traballos prácticos: recoméndase ao alumnado a asistencia ás clases prácticas na aula onde se presentarán as pautas e os materiais precisos para a posterior utilización nos traballos; a recollida dos materiais de apoio que se porán a disposición do alumnado en distintos soportes e que, maioritariamente, correspóndense con instrumentos de traballo profesional que se deberán de manexar e incorporar ás prácticas; e a constante e rigorosa consulta e extracción de datos (logo reflectidos nos traballos) das páxinas web que o docente recomende no curso, entre elas as seguintes de obrigado seguemento diario:
formulatv.com
vertele.com
aimc.es
kantarmedia.es
comScore
TNS Connected Life
Barlovento Comunicación
Plan de Continxencia:
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, proporanse prácticas que o alumnado poderá facer a distancia (online), tanto de maneira individual como en grupo, reforzándose tamén os exercicios de análise. Reforzaranse as aulas a través do Campus Virtual da USC, tanto na parte teórica como práctica. Combinaranse os exercicios individuais cos grupais, e o sistema de entrega será a través da aula virtual. Ademáis, empregaranse o OneDrive, para a realización de prácticas colaborativas; o MS Forms, para elaborar cuestionarios; e a plataforma MS Teams para as conexións síncronas co alumnado (aulas expositivas, interactivas ou titorías), entre outras. Adaptarase o cronograma de entrega das prácticas ao escenario online, comunicándoselle oportunamente ao alumnado a través da aula virtual. Adoptarase un sistema de avaliación continua sen proba específica. Polo tanto, valoraranse únicamente os exercicios prácticos que se propoñan ao longo do curso. Cada un dos exercicios será cualificado cunha nota e xuntos suporán o total da nota final da materia.
Na segunda oportunidade avaliarase da mesma forma que se propuxo: valoraranse os exercicios prácticos que se propoñan ao longo do curso e o alumnado só deberá recuperar aqueles que non teña superados na convocatoria anterior.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Ana Isabel Rodriguez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816542
- Correo electrónico
- anaisabel.rodriguez.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Manuel Ildefonso Villar Bascoy
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- manuel.villar.bascoy [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Carlos Fernandez Amado
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- carlos.fernandez.amado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
20.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
20.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
30.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
30.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |