Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia son:
A redacción para os medios de comunicación. O valor da actualidade como elemento central do discurso informativo. Estudo e capacitación na tecnoloxía, a análise e a expresión de formas en medios impresos e electrónicos. Teoría e técnica do tratamento da mensaxe xornalística. Elementos do estilo xornalístico. Aproximacións á realidade dos xornalistas galegos e doutros xornalistas de referencia. A construción integral da mensaxe xornalística e as variantes por soporte e por modalidade expresiva.
O obxectivo prioritario da materia é, polo tanto, que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender como se producen os acontecementos e os “seudo-acontecementos” na sociedade, como se converten en noticia e que pasos debe dar para a construción das mensaxes e para que estas acaden a eficiencia comunicativa. A materia fomentará no alumno a curiosidade por coñecer os o funcionamento da complexa sociedade actual, a necesidade de buscar aqueles acontecementos que teñen maior interese para os cidadáns, os criterios de valoración e as técnicas de elaboración das mensaxes.
Os contidos inclúen: A redacción para os medios de comunicación. O valor da actualidade como elemento central do discurso informativo. Estudo e capacitación na tecnoloxía, a análise e a expresión de formas en medios impresos e electrónicos. Teoría e técnica do tratamento da mensaxe periodística. Elementos do estilo xornalístico. Aproximacións á realidade dos xornalistas galegos e doutros xornalistas de referencia. A construcción integral da mensaxe xornalística e as variantes por soporte e por modalidade expresiva.
Os contidos do curso xirarán, por tanto, arredor do estudio e capacitación na tecnoloxía, a análise e a expresión de formas e medios impresos e electrónicos. O programa inclúe cuestións relativas a teoría e a técnica do tratamento da mensaxe periodística.
Contidos teóricos
Os contidos teóricos centrais xirarán arredor dos conceptos básicos arredor da preceptiva xornalística e das cuestións relativas a teoría e a técnica para redacción nos medios de comunicación. O descritor da materia inclúe os seguintes aspectos: O valor da actualidade como elemento central do discurso informativo. Estudo e capacitación na tecnoloxía, na análise e na expresión de formas en medios impresos e electrónicos. Teoría e técnica do tratamento da mensaxe periodística. Elementos do estilo xornalístico. Aproximacións á realidade dos xornalistas galegos e doutros xornalistas de referencia. A construción integral da mensaxe xornalística e das variables de xénero e modelos.
Contidos prácticos
Os contidos prácticos centrais xirarán arredor da redacción de noticias para os medios de comunicación. O alumno elaborará pezas informativas para tódolos soportes, para o que deberá contar con materiais funxibles e produtos de apoio para elaborar pezas multimedia, de realidade virtual e de xestión é procesado de datos. Traballará con software para produtos multimedia e con hardware existente nas aulas de informática para producir textos, sons, imaxes e vídeos. Pode precisar apoio para algunha peza de plató. A peza final editarase e difundirase. Estes contidos prácticos están relacionados cos contidos teóricos.
Temas do programa
Tema 1: Elementos da cultura xornalística: o sistema comunicativo e a industria cultural.
1.1. Como funciona a sociedade. Quen é quen. O papel dos medios de comunicación
1.2. O ecosistema informativo galego. Prensa, axencias, radio, televisión e novos medios.
1.3. O ecosistema informativo europeo. Prensa, axencias, radio, televisión e novos medios.
1.4.Teorías do discurso: dos medios e dos medios como construtores do .
Tema 2: A redacción periodística hoxe.
2.1. Os periodistas e a súa actividade.
2.2. Ética e deontoloxía xornalística.
2.3. O segredo profesional..
2.4. Normas de obrigado cumprimento: os libros de estilo.
Tema 3: A noticia: en busca dunha definición actual.
3.1. Como nacen as noticias.
3.2. Valores noticia ou criterios de noticiabilidade.
3.3. Tipos de noticias.
3.4. Información e propaganda
Tema 4: Compoñentes da noticia.
4.1. Os "topoi" e a "lei do interese decrecente".
4.2. Estructura das noticias.
4.3. A redacción do texto por parte do profesional.
4.4. O texto, o contexto e o usuario.
Tema 5: O lid.
5.1. Funcións e definición.
5.2. Orixe histórica e proxección actual.
5.3. Tipoloxías.
5.4. Normas para redactar un bo lid.
5.5. Claves para diferenciar o lid da entradiña.
Tema 6: O corpo da noticia.
6.1. A articulación de cada unidade informativa
6.2. A noticia tipo: comezo-desenvolvemento ou explicación-contextualización ou background.
6.3. Unicidade e multiplicidade na noticia: a cuestión dos subtemas.
6.4. Modelos segundo as tipoloxías das noticias.
Tema 7: A titulación.
7.1. Orixe e funcións.
7.2. A cabeza de titulación e os seus elementos.
7.3. Clasificación, estilos e técnicas de titulación.
7.4. Consellos para unha boa titulación.
Tema 8: As fontes informativas no relato.
8.1. Definición e clasificación.
8.2. Localización, usos e atribución.
8.3. Recollida, selección e verificación: o paradigma das tres fontes.
8.4. A súa función na construción das mensaxes.
Tema 9: Valoración das noticias.
9.1. Proceso de selección e axenda temática.
9.2. Práctica profesional e sedimentación de rutinas.
9.3. Organización redaccional e produción da información.
9.4. Elementos para unha elección e xerarquización actual na planificación informativa dos productos.
Tema 10: Presentación gráfica da noticia.
10.1. A páxina e os seus elementos.
10.2. Recursos tipográficos.
10.3. A nova identidade da prensa.
10.4. A identidade da información en cada un dos soportes.
Tema 11: A trama entre información, interpretación e opinión.
11.1. Tipoloxía dos textos informativos.
11.2. Diferencias entre e : os exemplos do breve e do billet.
11.3. O tratamento dos materiais nos medios informativos.
11.4. O papel dos principios editoriais.
Tema 12: A influenza das tecnoloxías actuais na construción das mensaxes.
12.1. Características das ferramentas actuais e aplicación na industria dos medios de comunicación.
12.2. O impacto social da innovación tecnolóxica nas redaccións.
12.3. Os cibermedios e os novos modelos de organización das redaccións.
12.4. Tecnoloxías actuais e participación dos usuarios na construcción das mensaxes.
Tema 13: A influenza das técnicas e estilos literarios no xornalismo escrito.
13.1. Novo xornalismo e narración de non-ficción.
13.2. O retorno da subxectividade aos medio.
13.3. A figura dos escritores nos medios.
13.4. Tendencias nos territorios fronteirizos de xornalismo e literatura.
Tema 14: O papel do xornalista na sociedade actual.
14.1. Informar, interpretar o que pasa e mediar.
14.2. A especialización, a investigación e a polivalencia.
14.3. Divulgar coñecemento na Sociedade da Información.
14.4. Retos dos xornalistas na Sociedade da Información.
Tema 15: A influencia dos diversos soportes na mensaxe. O risco da manipulación.
15.1. A mensaxe adaptada aos diferentes soportes de comunicación.
15.2. A especificidade da comunicación audiovisual.
15.3. A manipulación a través da xerarquización e ordenación.
15.4. Desviacións da comunicación: o amarillismo.
Tema 16.-Prácticas de campo (o programa presentarase durante o curso, segundo disponibilidade económica).
Bibliografía básica
ARMENTIA, J.I./CAMINOS, J.M. (2003). Fundamentos de periodismo impreso. Barcelona: Ariel.
DIEZHANDINO, M.P. (2009): El quehacer periodístico ante el desafío digital. Criterio noticioso. Madrid: Pearson.
FONTCUBERTA, M. (2011). La noticia. Pistas para percibir el mundo. Madrid: Ediciones Paidós. (Nova edición revisada e ampliada).
LÓPEZ, X./GARCÍA, B. (2009): Construíndo a realidade. Santiago: Edicións Lea.
LYON, W. (2014): La escritura transparente. Cómo contar historias. Madrid: Libros del K.O.
NÚÑEZ LADEVÉZE, L. -coordinador- (2015): Periodismo en la red: Géneros, estilos y normas. Madrid: Editorial Universitas.
Bibliografía complementaria
DÍAZ NOCI, J./SALAVERRÍA, R. (2003). Manual de Redacción Ciberperiodística. Barcelona: Ariel.
DIEZHANDINO, P. -Coord.- (2012): El periodista en la encrucijada. Barcelona: Ariel. Colección Telefónica.
MARTÍNEZ ALBERTOS, J.L. (2002). Curso general de redacción periodística. Madrid: Editorial Paraninfo.
ROITBERG, G; PICCATO, F. -Comps.- (2015): Periodismo disruptivo. Buenos Aires: La Crujía Ediciones.
SAMPEDRO, V. (2014). El cuarto poder en red. Barcelona: Icaria
O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender como se producen os acontecementos e os “seudo-acontecementos” na sociedade, como se converten en noticia e que pasos debe dar para a construción das mensaxes e para que estas acaden a eficiencia comunicativa. A materia fomentará no alumno a curiosidade por coñecer o funcionamento da complexa sociedade actual, a necesidade de buscar aqueles acontecementos que teñen maior interese para os cidadáns, os criterios de valoración e as técnicas de elaboración dos mensaxes.
A materia debe contribuír a que o alumno teña competencias e habilidades para a redacción de noticias e a construción de pezas informativas a partir de feitos de actualidade.
As competencias básicas e xerais son:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
As competencias transversais son:
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 ? Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
As competencias específicas son:
CE04 - Coñecer as técnicas para a correcta redacción de textos en medios de comunicación
CE05 - Coñecer os mecanismos para transmitir mensaxes informativas a través dos medios de comunicación audiovisuais.
CE06 - Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
CE07 - Coñecer as técnicas para a creación de produtos multimedia
CE08 - Aprender as técnicas narrativas do fotoperiodismo e do documental.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, clases de seminario prácticas, traballos individuais e grupais tutorizados, estudos de caso…), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Ademais, o estudante realizará prácticas de laboratorio en salas de redacción. E, se hai financiamento, unha práctica de campo.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
a. Exame/s teórico/s
b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas.
c. Participación activa e positiva nos seminarios.
d. Avaliación dos proxectos ou estudios de caso formulados ao longo do curso.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
O alumno terá que dedicar 51 horas de traballo presencial e 99 horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará na páxina da materia (www.novosmedios.org/xornalismo) e na plataforma do campus virtual da USC.
A planificación de exposicións e debates organizarase nas dúas primeiras semanas de clase.
Plan de continxencia
A vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Xose Lopez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816536
- Correo electrónico
- xose.lopez.garcia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Hermenegildo José Casas García
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- j.casas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Ángel Antonio Vizoso García
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816544
- Correo electrónico
- angel.vizoso [at] usc.gal
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
18.05.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
18.05.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
29.06.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |