Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Estudo dos elementos, formas, procesos e estruturas da comunicación e da información. Evolución histórica.
1. A comunicación de masas e as disciplinas académicas.
Disciplinas que estudan a comunicación de masas. Definicións de comunicación de masas. A comunicación e o discurso social.
2. Comunicación, sociedade e “teorías dos medios”.
As sociedades orais. Os procesos de alfabetización. As sociedades orais modernas. As comunicacións electrónicas. A comunicación electrónica oral. Joshua Meyrowitz e a noción de “interacción parasocial”. Comunicación e comunidade segundo Kenneth Burke.
3. Masa, público e audiencia.
Multitude a masa. Público e racionalidade. O concepto de opinión pública.
Atracción da atención e organización grupal. Tipos de audiencias.
4. Modelos para o estudio da comunicación.
Conceptos fundamentais da teoría da comunicación. Comunicación e información. Canle, medio e códigos. Retroinformación.
O modelo de Shannon e Weaver. O paradigma de Lasswell. O modelo de Newcomb. O modelo de Westley e McLean. O modelo de Gerbrner. O modelo de Jakobson. O Modelo de Maletzke.
Modelos para o estudio da difusión gradual da información. O fluxo en dous banzos.
5. Evolución das investigacións.
A análise funcional da comunicación e as teorías de rango intermedio. Funcionalismo e investigacións sobre comunicación. Nocións de función e disfunón.
Estrutura e función segundo Lasswell. O desenvolvemento da análise funcional: P. F.
Lazarsfeld, R. K. Merton e Ch. Wright. A “conexión canadense”: do determinismo técnico á ironía nihilista: H. A. Innis e Marshall McLuhan.
A investigación sobre comunicacións en Europa. Os estudos de publicística e periodística. A escola de Francfort e a teoría crítica: discusión das análises funcionais. O concepto de “industria cultural”. A investigación despois da segunda guerra mundial. Os analistas pluridisciplinarios franceses. A escola semiótica italiana.
6. Medios e audiencias.
Relacións sociais e creación de significado. Investigacións sobre os efectos dos medios
de comunicación. Estudos sobre usos e gratificacións. As investigacións sobre “configuración de axendas”. A teoría da espiral de silencio. Fragmentación da audiencia e novas teorías da recepción. Teorías sobre os efectos culturais dos medios. Abraham Moles e o concepto de “cultura mosaico”. O concepto de “sociedade da información” e o novo discurso conservador estadouidense: Daniel Bell e a retórica das “contradicións culturais do capitalismo”. Medios de comunicación e cambio social.
7. Comunicación de masas e análise semiótica.
As tradicións do pensamento semiótico en Estados Unidos e Europa. Conceptos fundamentais da análise semiótica. As formacións significantes. Sintaxe, semántica e
pragmática. Denotación e connotación. Problemas do obxectivismo abstracto. Crítica
da concepción estática dos signos. O signo e o trazo.
8. Ideoloxía e significado.
Significado e grupos sociais. Definicións de ideoloxía. Suxeición, mediación cultural e ideoloxía. Raymond Williams e a noción de “estructuras do sentir”. A tradición
británica de análises culturais: Richard Hoggart e o CCCS, Raymond Williams e E. P. Thompson.
Evolución dos conceptos “cultura popular” e “cultura de masas”. Hall e Whannel e
o concepto de “artes populares”. Frederic Jameson e a crítica das imaxes. A análise feminista dos medios.
9. Os fluxos da comunicación.
Comunicación e dominio. As funcións das axencias internacionais e as estratexias de contención social. Exportación e importación de productos audiovisuais. O informe McBride. As directivas sobre comunicación da Comunidade Europea. Conglomerados multinacionais de información
e diversión. Comunicación e colonialismo.
O xornalismo e a Declaración universal dos dereitos humanos. A “Declaración dos dereitos e obrigas dos xornalistas” de Munich. Os xornalistas e a factura das noticias. Tres tópicos actuais: sociedade postindustrial, globalización e socidedade rede.
- Contidos prácticos
É requisito escribir dous comentarios sobre dous textos da bibliografía básica e tamén un ensaio breve sobre algúns dos temas da materia. Cómpre participar nos coloquios e debates sobre os textos da materia que se han desenvolver nas aulas prácticas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA.
Adorno, T. W. “A teoría freudiana e o modelo da propaganda fascista”,
A trabe de ouro, nº 34, pp. 11-28.
Adorno, T. W. “Resumo sobre a industria culttural”, A trabe de ouro, nº
34, pp. 63-68.
Anderson, C. W.; Downie, L. e Schudson, M., The News Media, Oxford, Oxford Univ. Press, 2016.
Bennett, T. “Media, “reality” and signification” en T. Bennett et al.,
Media, Culture and Society. Londres, Routledge, 1992.
Bennet, T. “Theories of Media, Theories of Society” en T. Bennett et al.,
Media, Culture and Society. Londres, Routledge, 1992.
Briggs, M. JournalismNext. A Practical Guide to Digital Reporting and Publishing. Londres, Sage, 2013. (2ª ed., ampliada).
Bruhn Jensen, K. (ed.) La comunicación y los medios. México, F. C. E. 2014.
Cagé, J., Salvar los medios de comunicación. Barcelona, Anagrama, 2016.
Castro Rey, I., Lluvia oblicua. Opinión y verdad en la sociedad delc onocimiento. Valencia, Pre-textos, 2019.
Couldry, N. e Hepp, A., The Mediated Construction of Reality. Cambirdge, Polity, 2017.
Deery, J. e Press, A. (eds.) Media and Class. TV, Film, and Digital Culture. N. York, Routledge, 2017.
Dijk, T. A. van “Discurso, poder e acceso”, A trabe de Ouro, n. 16., 1993,
pp. 11-34.
Durham Peters, J. Hablar al aire. Una historia de la idea de comunicación. México, F.C.E., 2014.
Escarpit, R. Teoría general de la información y la comunicación. Barcelona, Icaria, 1977, pp. 23-83.
Freedman, D. The Contradictions of Media Power. Londres, Bloomsburt, 2014.
Freedman, D. e Goblot, V. (eds.) A Future for Public Service Television. Londres, Goldsmiths, 2018.
Gil Calvo, E., Comunicación política. Caja de herramientas. Madrid, Catarata, 2018.
Goggin, G. e McLelland, M. (eds.) The Routledge Companion to Global Internet Histories. N.Y., Routledge, 2017.
Otero Pedrayo, R. “A masa neutral e indefrente” en R. O. P.,
Prosa Miúda. Sada, Edicións do Castro, 1988, pp. 69-70.
Peters, B. (ed.) Digital Keywords. Princeton, Princeton Univ. Press, 2016.
Peirce, Ch. S., Semiótica. Textos selectos. Santiago, USC, 2014.
Pellerey, R. Comunicación. Historia, usos e interpretaciones. Barcelona, UOC, 2015.
Poster, M. “O concepto de sociedade postindustrial: Daniel Bell e o
Problema de retórica”, A trabe de ouro nº 31, pp. 33- 54.
Price, V., La opinión pública. Barcelona, Paidós, 1996, caps. 1-3.
Tranche, Rafael R., La máscara sobre la realidad. La información en la era digital. Madrid, Alianza, 2019.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Floridi, L., Information. A very Short Introduction. Oxford, Oxford University Press, 2010.
Giddens, A. e Sutton, Ph. W., Sociology. Cambridge, Polity Press, 2013.
Outeiriño, M. (comp.) Globalización e imperialismo cultural. Vigo, Galaxia, 2011.
BÁSICAS E XERAIS
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e intepretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriors cun alto grao de autonomía.
Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
Competencia para exercer a profesión con ética prfesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
Capacidade de organización e planificación.
Capacidade de xestión da información.
Traballo en equipo.
Traballo autónomo.
Creatividade.
Iniciativa e espírito emprendedor.
ESPECÍFICAS
Comprender os modelos de comunicación existentes para a súa aplicación na actualidade.
Capacitar para poder desenvolver invstigacións científicas dentro da área de ciencias sociais,
especialmente no ámbito da comunicación.
Capacitar para a xestión da programación dun medio de comunicación audiovisual.
Capacitar para a redacción, organización e xestión de información nos cibermedios.
A materia vai desenvolverse seguindo unha planificación secuencial. Na primeira fase, haberá aulas teóricas nas que se presentarán os conceptos fundamentais das teorías da comunicación de masas, con especial atención a algúns textos das bibliografía básica, dos que se facilitarán traducións. Na segunda fase, combinaranse aulas explicativas con aulas de debate sobre algúns textos da bibliografía básica, por mor de facilita-la elaboración dos comentarios e ensaios que formarán parte da avaliación.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación será continua. Porén os alumnos terán a posibilidade de escribir unha proba final complementaria. De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
De ser posible, a avaliación ha facerse segundo tres notas, correspondentes ó exame final, ós escritos de avaliación continua do alumnado e á participación activa nos debates e discusións quer na aula, quer telemáticos.
O exame final achega o 50% dos puntos. Os traballos escritos de avaliación continua achegan o 40% da puntuación; a participación nos coloquios e discusións quer na aula, quer telemáticos achegan o 10% da nota.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Velaí a distribución de traballo persoal e traballo na aula:
Traballo na aula
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas.
Traballos con documentos: análises, sínteses e exposicións: 15 horas.
Exame final: 3 horas.
Total: 48 horas.
Traballo persoal
Estudo 60 horas.
Busca, rexistro e preparación de material de apoio 12 horas.
Tempo para as lecturas recomendadas 25 horas.
Preparación de presentacións orais e debates 5 horas.
Total: 102 horas.
Tempo total da materia: 150 horas.
É importante consultar todo tipo de dúbidas segundo se vaian expondo os conceptos e textos no traballo de aula. Convén moito participar nos debates e advertir tanto as interpretacións atinadas coma as erróneas que se xeren nos comentarios e discusións dos textos fundamentais
Para a escritura dos comentarios de artigos e do ensaio, convén examinar previamente tódolos materiais que se propoñen por mor de optar conscientemente por traballar sobre o tema e autores que se queiran comentar. O alumnado poderá propor comentarios de textos académicos que non aparezan no programa sempre que acheguen información sobre o programa da materia. Na escritura de ensaios e comentarios non deben evitarse nin simplificarse cuestións contorvertidas.
O contraste de interpretacións teóricas sobre as funcións dos medios de comunicación nas sociedades contemporáneas é un dos obxectivos principais da materia.
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía do ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presenciais e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
Xose Manuel Outeiriño Gallego
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816565
- Correo electrónico
- xosemanuel.outeirino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
15.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
15.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
23.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |