Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Información, interpretación e opinión, tres actitudes, para informar.
Evolución histórica dos xéneros interpretativos.
Estudo en profundidade das tipoloxías e das estruturas, técnicas en
profundidade, a entrevista e a crónica. Teoría, técnica e tipoloxía do
repertorio de formas de construír a opinión na prensa.
Esta materia ten como obxectivo proporcionar coñecementos sobre os distintos xéneros interpretativos e de opinión na escrita, contribuíndo a que o alumnado adquira e asimile as técnicas de cada un dos xéneros, tanto desde o punto de vista teórico como na vertente práctica, tendo en conta as especificidades de cada un deles e procurando a reflexión sobre a presentación que dos xéneros se fai na prensa.
Contidos
2.1 Contidos teóricos
1.-Xéneros interpretativos e de opinión na escrita
Definición dos xéneros interpretativos e de opinión; características diferenciais dos xéneros; clasificación dos xéneros; os estilos
2. A reportaxe interpretativa
Definición e clasificación; as partes da reportaxe; técnicas de elaboración da reportaxe; tipos de reportaxe; a reportaxe na prensa actual; reporteirismo en Galicia
3. A crónica interpretativa
Definición e clasificación; as partes da crónica; técnicas de elaboración da crónica; tipos de crónicas; a crónica na prensa actual; cronistas galegos
4. A entrevista interpretativa
Definición e clasificación; proceso e técnicas de elaboración da entrevista; a distribución dos roles: entrevistador e entrevistado; tipos de entrevistas; a entrevista na prensa actual; presenza da entrevista na prensa galega
5. A opinión
Definición e clasificación dos subxéneros de opinión; a páxina aberta; a participación do lector na opinión; as cartas ao director e ao defensor do lector; a opinión na prensa actual; a situación da opinión na prensa galega
6. O editorial
Definición, funcións e características; os editorialistas e o consello editorial; a figura do editor; a influencia do editorial; o editorial na prensa actual; o editorial na prensa de Galicia
7. O artigo
Definición do artigo e doutros xéneros de opinión; o ensaio e o artigo de fondo; o artigo costumista; articulistas: épocas e xeracións; o artigo na prensa actual; o artigo galego
8. O comentario e a columna
Definición e características do comentario; trazos definitorios da columna; estilo e estrutura das columnas; o comentario e a columna na prensa actual; as sinaturas da prensa galega
9. A crítica
A crítica e o seu espazo; a tensión crítica e a formación cultural do público; a crítica e a súa técnica de elaboración; a crítica na prensa actual; a crítica na prensa galega
10. O humor
O lugar do humor na prensa; tiras cómicas, caricaturas e viñetas; ironía, sátira e opinión; función crítica do sorriso; humorismo e censura; función editorializante da ilustración; o humor na prensa actual; caricaturistas, debuxantes e humoristas galegos
11. Xornalismo e literatura: novas formas para os xéneros
Relacións entre xornalismo e literatura. Estilo xornalístico e estilo literario. Espazos abertos para a creación na prensa; a prensa que tamén poden ler os lectores máis novos; novos e novísimos xornalismos; os novos xéneros na prensa actual; relacións entre novela negra e xornalismo; literatura e xornalismo en Galicia
12. Os xéneros nos novos soportes da información
Presenza e desenvolvemento dos xéneros interpretativos e de opinión nos novos soportes da información; novos estilos e novas formas de redacción na chamada terceira revolución da lectura; o aproveitamento para os xéneros dos recursos que ofrecen as novas tecnoloxías
2.2 Contidos prácticos
1. Leitura e redacción dos xéneros interpretativos e de opinión na escrita
Definición dos xéneros interpretativos e de opinión; características diferenciais dos xéneros; clasificación dos xéneros; os estilos
2. Leitura e redacción da reportaxe interpretativa
Definición e clasificación; as partes da reportaxe; técnicas de elaboración da reportaxe; tipos de reportaxe; a reportaxe na prensa actual; reporteirismo en Galicia
3. Leitura e redacción da crónica interpretatiuva
Definición e clasificación; as partes da crónica; técnicas de elaboración da crónica; tipos de crónicas; a crónica na prensa actual; cronistas galegos
4. Leitura, visionado e redacción da entrevista interpretativa
Definición e clasificación; proceso e técnicas de elaboración da entrevista; a distribución dos roles: entrevistador e entrevistado; tipos de entrevistas; a entrevista na prensa actual; presenza da entrevista na prensa galega
5. Leitura e descripción analítica das paxinas de opinión
Definición e clasificación dos subxéneros de opinión; a páxina aberta; a participación do lector na opinión; as cartas ao director e ao defensor do lector; a opinión na prensa actual; a situación da opinión na prensa galega
6. Leitura e redacción de editoriais
Definición, funcións e características; os editorialistas e o consello editorial; a figura do editor; a influencia do editorial; o editorial na prensa actual; o editorial na prensa de Galicia
7. Leitura e redacción do artigo
Definición do artigo e doutros xéneros de opinión; o ensaio e o artigo de fondo; o artigo costumista; articulistas: épocas e xeracións; o artigo na prensa actual; o artigo galego
8. Leitura e redacción de comentarios e columnas
Definición e características do comentario; trazos definitorios da columna; estilo e estrutura das columnas; o comentario e a columna na prensa actual; as sinaturas da prensa galega
9. Leitura e redacción de críticas
A crítica e o seu espazo; a tensión crítica e a formación cultural do público; a crítica e a súa técnica de elaboración; a crítica na prensa actual; a crítica na prensa galega
10. Leitura e descripción analítica dos xéneros humorísticos
O lugar do humor na prensa; tiras cómicas, caricaturas e viñetas; ironía, sátira e opinión; función crítica do sorriso; humorismo e censura; función editorializante da ilustración; o humor na prensa actual; caricaturistas, debuxantes e humoristas galegos
11. Leitura e descripción analítica das novas formas dos xéneros
Relacións entre xornalismo e literatura. Estilo xornalístico e estilo literario. Espazos abertos para a creación na prensa; a prensa que tamén poden ler os lectores máis novos; novos e novísimos xornalismos; os novos xéneros na prensa actual; relacións entre novela negra e xornalismo; literatura e xornalismo en Galicia
12. Exercicios de redacción nos novos soportes da información
Presenza e desenvolvemento dos xéneros interpretativos e de opinión nos novos soportes da información; novos estilos e novas formas de redacción na chamada terceira revolución da lectura; o aproveitamento para os xéneros dos recursos que ofrecen as novas tecnoloxías
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica:
Abril, N. (1999) Periodismo de opinión: claves de la retórica periodística. Madrid: Síntesis
Armañanzas, E. e Díaz Noci, J. (1996) Géneros de opinión. Bilbao: Universidad del País Vasco
Bernal, S. e Chillón, L. A. (1985) Periodismo informativo de creación. Barcelona: Mitre
Casasús, J. M. e Núñez Ladevéze, L. (1991) Estilo y géneros periodísticos. Barcelona: Ariel
Echevarría, B. (1998) Las w’s del reportaje. Valencia: Fundación Universitaria San Pablo CEU
Galindo, F. (2000) Guía de los géneros periodísticos. Santiago: Tórculo.
León Gross, T. e Gómez Calderón (2010) Diez articulistas para la historia de la literatura española. Madrid: Fragua
Bibliografía complementaria:
Blanco Amor, E. (2004) Crónicas en La Nación. Vigo: Galaxia
Casares, C. (1994) Na marxe de cada día. A Coruña: Biblioteca Gallega
Edo, C. (2003) Periodismo informativo e interpretativo. El impacto de Internet en las noticias, las fuentes y los géneros. Sevilla: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones
García Márquez, G. (1997) Notas de prensa. Madrid: Mondadori
Grijelmo, A. (2001) El estilo del periodista. Madrid: Taurus
Hernández Les, J.A. (2010) Dramas y debates del periodismo. Santiago: Andavira
López, X. (1998) A reportaxe de prensa en Galicia. Santiago: Lea
López Hidalgo, A. (1997) La entrevista periodística. Entre la información y la creatividad. Madrid: Libertarias
López Pan, F. (1996) La columna periodística: teoría y práctica. Pamplona: EUNSA
Parrat, S. (2003) Introducción al reportaje. Antecedentes, actualidad y perspectivas. Santiago: USC
Van Dijk, T. A. (1999) Discurso y literatura: nuevos planteamientos sobre el análisis de los géneros literarios. Madrid: Visor Libros
Vilamor, J. R. (2001) Cómo escribir en Internet. Madrid: Universitas
BÁSICAS E XERAI
Que os estudantes sepan aplicar os coñecementos o seu traballo o vocación de maneira profesional é posean as competencias que soen demostrar na elaboración e defensa dos argumentos na resolución dos problemas dentro de sua área de estudo
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de sua área de estudo) para emitir xuicios reflexivos sobre teimas relevantes de índole social, científica o ética
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a o público tanto especializado como non especializado
Que os estudantes desenrolen aquelas habilidades da aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grado de autonomía
Competencia contextual básica do orden transdisciplinar
Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
Competencia para exercer a profesión coa ética profesional é compromiso cívico
TRANSVERSAIS
Capacidade de organización e planificación
Capacidade de xestión da información
Traballo na equipa
Aprendizaxe autónomo
Creatividade
Iniciativa mais espíritu emprendedor
Coñecentos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
Coñecer as técnicas para a correcta redacción dos textos nos medios de comunicación
Coñecer os mecanismos para transmitir as mesaxes informativas a través dos medios de comunicación audiovisuais.
Coñecer os modelos de creación da información nos medios de comunicación de masas.
Coñecer as técnicas para a creación de productos multimedia
Aprender as técnicas narrativas do fotoxornalismo e do documental.
Metodoloxía da ensinanza
Explicación teórica do programa, lecturas obrigatorias e realización de traballos prácticos dos xéneros propostos no programa e contarase co apoyo de material informático e audiovisual.
O alumnado realizará as prácticas relacionadas con cada un dos xéneros interpretativos e de opinión que lles presente o profesor. O profesor presentará e desenvolverá os presupostos correspondentes en relación con este apartado, atendendo á realización do máximo número posible dos xéneros traballados desde o punto de vista teórica, é dicir: reportaxe, entrevista, crónica, artigo de opinión e crítica. A realización dos traballos prácticos ten que facerse dentro do prazo establecido polos profesor da materia. Para poder superar a parte práctica da asignatura cada alumno/a debe ter entregado en prazo as prácticas da mesma. Están previstas activades en remoto a través do campus virtual.
Sistema de avaliación continua. A cualificación da parte práctica será nota final.
Segunda oportunidade. Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Traballo presencial do profesor 51horas.
Traballo xeral do alumno entre sesións presenciais, sesións non presenciais e traballos complementarios, 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materia
Lectura da bibliografía recomendada.
Seguimento habitual na prensa diaria do desenvolvemento dos xéneros interpretativos e de opinión.
Realización de todos os traballos prácticos propostos, tendo en conta a especificidade de cada un dos xéneros interpretativos e de opinión.
Observacións
Os traballos prácticos versarán sobre actualidade informativa do momento, a orden de exposición do temario e da materia pode verse modificada por esta circunstancias.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Fermin Galindo Arranz
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816528
- Correo electrónico
- fermin.galindo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rocio Ovalle Fernandez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
02.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
02.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
05.07.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |