Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Estudo en profundidade dos xéneros radiofónicos e televisivos, tanto monologais como dialogais. Estrutura, características e tipoloxía. Técnicas de interrogación e control da dinámica de grupo. Técnicas de investigación e de documentación. Teoría da controversia e do intercambio de información. Técnicas de realización e de produción.
Os obxectivos da materia céntranse no coñecemento das características dos diferentes xéneros radiofónicos e televisivos, particularmente a estrutura e o estilo de cada modalidade. Coñecemento das técnicas de redacción, de diálogo e de interrogación propias destas modalidades informativas. Coñecemento da evolución dos diferentes formatos informativos en radio e televisión. Aplicación das técnicas de deseño, produción, realización e presentación propias dos diferentes xéneros informativos.
Xéneros Radiofónicos e Televisivos é unha materia incorporada como obrigatoria ao programa de estudos de 3º curso do Grao en Xornalismo, e ten como obxectivo, tamén, achegarlles aos alumnos as chaves teórico-prácticas necesarias para a análise e o exercicio práctico destes xéneros nos distintos produtos/formatos radiofónicos e televisivos. No caso da radio faise unha énfase especial naqueles xéneros de máis emprego na información diaria (reportaxe, entrevista...). No apartado do programa específico de televisión trabállase ao redor, fundamentalmente, dos xéneros dialogais en relación coas funcións básicas da televisión.
Atendendo ao estipulado nos descritores da materia, nos que se dá a entender esta como un estudo en profundidade dos xéneros radiofónicos e televisivos, definimos os obxectivos da materia. Pasan por:
• Saber analizar os xéneros radiofónicos e televisivos nos medios de comunicación e información, tendo en conta que forman parte dunha unidade de acción (programación).
• Aprender a aplicar as técnicas dos xéneros (redacción, deseño, condución...) a través da elaboración dos distintos tipos.
• Ser capaz de integrar os xéneros na realidade radiofónica e televisiva.
• Coñecer os fundamentos dos xéneros sen esquecer que son unha realidade viva que precisa unha revisión constante.
Contidos teóricos
Tema 1: Os xéneros radiofónicos. Definición. Características. Tipoloxía. Os xéneros nas grellas radiofónicas. Os xéneros informativos.
Tema 2: A crónica e a reportaxe. Definición. Características. Tipoloxía. Técnicas de elaboración. A crónica e da reportaxe nas grellas radiofónicas.
Tema 3: A entrevista. Definición. Características. Tipoloxía. Técnicas de elaboración. A entrevista nas grellas radiofónicas.
Tema 4: O comentario e o editorial radiofónicos. Definición. Características. Tipoloxía. Técnicas de elaboración. Os xéneros de opinión nas grellas radiofónicas.
Tema 5: A tertulia, o debate e a mesa redonda na radio. Definición. Características. Técnicas de elaboración.
Tema 6: Os xéneros televisivos. Introdución. Definicións. Xéneros para xornalistas: os xéneros informativos en televisión. Evolución e hibridación: xéneros clásicos e emergentes nas grellas televisivas e ante o desafío de internet.
Tema 7: Os xéneros dialóxicos en TV. Retórica dialóxica e discurso televisivo. A intensidade e o interese informativo na lóxica da conversa. Técnicas de interrogación. O fondo e a forma da conversa: linguaxe oral e linguaxe xestual.
Tema 8: A entrevista informativa en televisión. Tipoloxía segundo a temática, según o obxectivo informativo, segundo o formato e segundo os sistemas de produción e realización. A entrevista de actualidade, a entrevista de carácter, as entrevistas magazine, talk show e diálogo en roda ascendente. Aplicación dos distintos tratamentos informativos ao formato da entrevista en roda informativa en plató.
Tema 9: Os xéneros coloquiais en televisión. O faladoiro, o coloquio e o debate: criterios de selección, confrontación, presentación, condución e peche.
Contidos prácticos: impartiranse nas sesións de laboratorio que terán lugar, principalmente, nos estudos de radio e de televisión da Facultade. Requírese a constante actualización do equipamento técnico preciso para que os alumnos podan executar as prácticas, tanto materiais funxibles como equipos de gravación en interiores e exteriores para a realización dos contidos informativos que se especifican neste programa. Os alumnos precisan traballar con equipos propios do funcionamento integral dos controis e estudos de gravación en radio e TV, incluíndo software de control de audio en radio e imaxe en TV, equipos de son -microfonía, mesas de mesturas...-, cámaras de plató e de exteriores, mobiliario de set de informativos en TV, etc.). Os alumnos elaborarán produtos informativos relacionados con contidos teóricos, atendendo á seguinte planificación:
No estudo de radio (xéneros radiofónicos):
1) Elaboración dunha crónica, práctica individual. Audición e análise de crónicas, práctica en grupo.
2) Elaboración dunha reportaxe. Audición e análise de reportaxes. Prácticas en grupo.
3) Elaboración dunha entrevista informativa. Audición e análise de entrevistas informativas e de carácter. Prácticas en grupo.
4) Elaboración dun comentario radiofónico, práctica individual. Audición e análise de comentarios e editoriais, práctica en grupo.
5) Elaboración dunha tertulia radiofónica. Audición e análise de tertulias, debates e mesas redondas. Práctica en grupo.
No plató de TV (xéneros televisivos):
1) Ensaio e análise dos contidos dialóxicos en televisión: aproximación aos conceptos básicos sobre os xéneros a traballar nas prácticas 2, 3, 4 e 5. Traballo individualizado dentro de grupos integrados por 3-4 persoas.
2) Realización dunha entrevista en rolda informativa, de actualidade, priorizando a temática política (guión, produción, realización e comunicación integral). Gravación no plató. En grupos de 3-4 persoas.
3) Realización dunha entrevista de carácter. En grupos de 3-4 persoas.
4) Realización dunha entrevista en formato magazine a dúas fontes (guión, produción, realización e comunicación integral). Gravación no plató. En grupos de 3-4 persoas.
5) Realización dun contido informativo audiovisual para a súa distribución online: adaptación dos xéneros dialóxicos ao esceario online. En grupos de 3-4 persoas.
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, proporanse prácticas que o alumnado poda facer a distancia (online), tanto de xeito individual como en grupo, empregando as técnicas e tecnoloxías de produción da información audiovisual aplicadas a Internet, e reforzándose tamén os exercicios de análise.
BÁSICA
- Balsebre, A. & Mateu, M. (1998). La entrevista en radio, televisión y prensa. Madrid: Editorial Cátedra
- Karhunen, P. (2017). Closer to the story? Accesibility and mobile journalism. Reuters Institute.
- Martínez Costa, P. & Herrera, S. (2005). Qué son los géneros radiofónicos y por qué deberían importarnos. In Global Media Journal, vol.2, nº3.
- Martínez-Vallvey, F. & Irla Uriarte, V. (2017). El entrevistador en televisión: actitudes y estilos. Estudios sobre el Mensaje Periodístico, 23(2), 1247-1263.
- Ordway, D.-M. & Wihbey, J. (2016). Presidential debates and their effects: Research roundup. Journalist’s Resource-Harvard Kennedy School.
- VV.AA. (2020). Televisión: programas, audiencias y debates. El profesional de la información. http://www.elprofesionaldelainformacion.com/contenidos/2020/mar/index.h…
COMPLEMENTARIA
- Casero Ripollés, A. & Marcial Felici, J. (eds.) (2011). Periodismo en televisión. Nuevos horizontes, nuevas tendencias. Salamanca: Comunicación Social
- Cebrián Herreros, M. (2004). La información en televisión. Obsesión mercantil y política. Barcelona: Gedisa
- Cebrián Herreros, M. (1992): Géneros informativos audiovisuales. Madrid: Ciencia 3
- Echevarría LLombart, B. (2002). Las w´s de la entrevista. Valencia: Fundación Universitaria San Pablo CEU
- Frattini, Eric; Quesada, Montse & Ordás, Nacho (1994). La entrevista. El arte y la ciencia. Madrid: Eudema. Imagen y Comunicación.
- Gabilondo, Iñaki (2006). Testigo de la historia. Barcelona: Santillana
- García Jiménez, J. (1999). Información audiovisual. Vol. I-II. Madrid: Paraninfo
- León, B. (2012). La televisión ante el desafío de Internet. Salamanca: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones
- Marín, C. (2006). Periodismo audiovisual. Barcelona: Gedisa
- Martínez Costa, P. & Herrera, S. (2008). La crónica radiofónica. Madrid: RTVE Instituto
- Martínez Costa, P. & Díez, J.R. (2005). Lenguaje, géneros y programas de radio. Pamplona: Ediciones Universidad de Navarra
- Merayo, A. (1992). Para entender la radio. Salamanca: Ediciones Universidad Pontificia de Salamanca
- Morán Torres, E. (1990). La tertulia, un nuevo género del periodismo. Jornadas Internacionales de CC de la Información. Pamplona: Universidad de Navarra
- Munsó Cabús, M. (2003). Joaquín Soler Serrano. A fondo. Barcelona: Planeta
- Puentes, I.; Fernández, A.B, & Vázquez, M. (Coords.) (2020). Debate sobre los debates electorales y nuevas formas de comunicación política. Cuadernos Artesanos de Comunicación, cac171. La Laguna (Tenerife): Latina.
- Roca-Cuberes, C. (2013). Desarrollo histórico y actualidad de la entrevista política televisada en España. En Historia y Comunicación Social, 18, 437-447.
- Rodero, E. (2001). Manual práctico para la realización de entrevista y reportajes en la radio. Salamanca: Editorial Cervantes
- Rodríguez Borges, R.F. (2006): Radio e información. Elementos para el análisis de los mensajes radiofónicos. Tenerife: Universidad de La Laguna
- Sánchez Cobarro, P. del H. (2012). La inteligencia emocional en el entrevistador periodístico.Tesis doctoral. Murcia: UCAM
- Santamaría, L. (1990). El comentario periodístico. Los géneros persuasivos. Madrid: Paraninfo
- Schoaus, B., Broersma, M. & Wijfjes, H. (2017). Netotiation Games. En Journalism Practice, 11:8, 925-941.
- Soengas Pérez, X. (2009). Los límites de la información en los debates pactados. RLCS.
- Tapia-Fernández, J. (1986). Formatos para noticias en radio. Barcelona: IORTVE
Como competencias da materia establécense as seguintes: Coñecemento das características dos diferentes xéneros radiofónicos e televisivos, particularmente a estrutura e o estilo de cada modalidade. Coñecemento das técnicas de redacción, de diálogo, documentación e de consulta propias destas modalidades informativas. Coñecemento da evolución dos diferentes formatos informativos en radio e televisión. Aplicación das técnicas de deseño, produción, realización e presentación propias dos diferentes xéneros informativos.
Recollendo o que figura na memoria do Grao de Xornalismo, son competencias desta materia:
• Básicas e xerais:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
• Transversais:
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
• Específicas:
CE04 - Coñecer as técnicas para a correcta redacción de textos en medios de comunicación
CE05 - Coñecer os mecanismos para transmitir mensaxes informativas a través dos medios de comunicación audiovisuais.
CE06 - Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
CE07 - Coñecer as técnicas para a creación de produtos multimedia
CE08 - Aprender as técnicas narrativas do fotoperiodismo e do documental.
Na primeira parte da materia achegaranse claves teóricas sobre os xéneros radiofónicos e televisivos. Explicaráselle ao alumno en que consisten cada un dos xéneros, as súas características, as tipoloxías… e sempre procurando contextualizalos na realidade radiofónica ou televisiva actual, é dicir, que se lles achegarán exemplos e casos reais sobre os conceptos teóricos explicados. A segunda parte da materia afondará na práctica dos xéneros. A partir dos conceptos teóricos explicados previamente proporanse unha serie de traballos de execución de xéneros e análises que os alumnos deberán realizar individualmente ou en grupo dependendo do caso. O propósito desta parte práctica é que os alumnos adquiran coñecementos sobre as técnicas de investigación, documentación, realización, produción… e que, ó mesmo tempo, naza neles un espirito crítico cara ós xéneros informativos audiovisuais.
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, reforzaranse as aulas a través do Campus Virtual da USC, tanto na parte teórica como práctica. Combinaranse os exercicios individuais cos grupais, e o sistema de entrega será a través da aula virtual. Ademáis, empregaranse o OneDrive, para a realización de prácticas colaborativas; o MS Forms, en caso de ser preciso elaborar cuestionarios; e a plataforma MS Teams para as conexións síncronas co alumnado (aulas expositivas, interactivas ou titorías), entre outras. Adaptarase o cronograma de entrega das prácticas ao escenario online, comunicándoselle oportunamente ao alumnado a través da aula virtual.
- Ensino presencial: Á hora de avalia-la materia teranse en conta tanto os coñecementos teóricos como os prácticos. Os teóricos hanse ter que demostrar nun exame final que suporá o cincuenta por cento da nota final, os prácticos hanse avaliar a través de tódolos traballos que se vaian facendo ó longo do curso, cada un deles será cualificado cunha nota e xuntos suporán o outro cincuenta por cento da cualificación final da materia. A parte referida á radio e a referida á da televisión serán avaliadas independentemente por cada un dos profesores que imparten a asignatura: as súas notas finais sumaranse e farase unha media, ó cincuenta por cento. É necesario ter aprobadas as catro partes de xeito independente para poder facer esta media (é dicir, o alumno debe ter aprobadas as prácticas e a teoría -tanto en radio como en televisión- para poder facer a nota media e superar a totalidade da materia).
Tamén é preciso ter feitas todas as prácticas para poder presentarse ao exame teórico da asignatura, tanto na primeira como nas seguintes convocatorias.
- No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, adoptarase un sistema de avaliación continua sen proba específica. Polo tanto, valoraranse únicamente os exercicios prácticos que se propoñan ao longo do curso, tanto as prácticas de análise como a entrega de micro-produtos radiofónicos e televisivos. Cada un dos exercicios será cualificado cunha nota e xuntos suporán o total da nota final da materia. A parte de radio e de televisión avaliaranse independentemente por cada un dos profesores que imparten a materia e as notas finais sumaranse e farase unha media ao 50%. Será necesario ter aprobadas as prácticas das dúas partes da materia (radio e televisión) para facer a nota media e superar a totalidade da materia.
Segunda oportunidade
- Ensino presencial: na segunda oportunidade avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
- No caso de trasladarse a docencia a un esceario online ou combinado (presencial e online), na segunda oportunidade avaliarase da mesma forma que se propuxo: os exercicios prácticos de radio e televisión, ao 50%, sumarán o 100% da nota final. Se o alumno ten aprobada unha parte (as prácticas de radio ou de televisión), gardaráselle a nota da parte superada ata a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesorado da materia.
O traballo dos alumnos nesta materia é en parte presencial e en parte persoal, cálculase que necesitará ó redor de 150 horas para poder superala. As horas de traballo presencial (48) consistirán en clases expositivas nas que se presentarán e explicarán os temas, traballos con textos para analizar e discutir, prácticas de laboratorio, titorías, actividades de avaliación e exame final. As horas de traballo persoal do alumno (102) consistirán no estudo individual ou en grupo, lecturas recomendadas, preparación de exposicións e debates, preparación de material de apoio e planificación e execución da práctica.
Para optimiza-lo rendemento do alumno na superación desta materia recoméndase, ademais da asistencia ás clases teóricas e prácticas, o seguimento dos xéneros nas producións audiovisuais actuais e das que propoñan os docentes. É preciso escoitar radio e ver televisión cun afán crítico que mesmo dea pé a comentarios e novas liñas de traballo nas clases. O mesmo á hora de le-la bibliografía recomendada.
Os xéneros radiofónicos e televisivos son unha realidade viva, cambiante, e por iso é preciso ter un ollo sempre posto na actualidade mediática. Os casos reais, os exemplos prácticos, serán a clave desta materia e tentarase implica-lo alumno nesta observación e crítica continua.
Plan de continxencia:
No caso de ter que afrontar un esceario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, reforzarase a docencia a través da aula virtual (Campus Virtual da USC), tanto na parte teórica como práctica. Combinaranse os exercicios individuais cos grupais, e o sistema de entrega será a través da aula virtual. Ademáis, empregaranse o OneDrive, para a realización de prácticas colaborativas; o MS Forms, en caso de ser preciso elaborar cuestionarios; e a plataforma MS Teams para as conexións síncronas co alumnado (aulas expositivas, interactivas ou titorías), entre outras. Adaptarase o cronograma de entrega das prácticas ao esceario online, comunicándoselle oportunamente ao alumnado a través da aula virtual. Adoptarase un sistema de avaliación continua sen proba específica. Polo tanto, valoraranse únicamente os exercicios prácticos que se propoñan ao longo do curso, tanto as prácticas de análise como a entrega de micro-produtos radiofónicos e televisivos. Cada un dos exercicios será cualificado cunha nota e xuntos suporán o total da nota final da materia. A parte de radio e de televisión avaliaranse independentemente por cada un dos profesores que imparten a materia e as notas finais sumaranse e farase unha media ao 50%. Será necesario ter aprobadas as prácticas das dúas partes da materia (radio e televisión) para facer a nota media e superar a totalidade da materia. Na segunda oportunidade avaliarase da mesma forma que se propuxo: os exercicios prácticos de radio e televisión, ao 50%, sumarán o 100% da nota final. Se o alumno xa ten aprobada unha parte (as prácticas de radio ou de televisión), gardaráselle a nota da parte superada ata a segunda oportunidade.
Jose Ramon Pousa Estevez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816537
- Correo electrónico
- xoseramon.pousa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Isabel Rodriguez Vazquez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816542
- Correo electrónico
- anaisabel.rodriguez.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Marcos Sanluis Lopez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- marcos.sanluis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Raul Rios Rodriguez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- raul.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martin Vaz Alvarez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- martin.vaz.alvarez [at] usc.gal
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Martes | |||
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
20.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
29.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |