Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 18 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Aprendizaxe dos principais aspectos teóricos e prácticos dos fungos, algas e briófitos. Coñecementos básicos sobre a diversidade de plantas non vasculares, formas de vida e modos de reprodución das mesmas.
1. Estudar a morfoloxía, anatomía, reprodución e diversidade de fungos, algas e briófitos.
2. Recoñecer as principais liñas filoxenéticas.
3. Coñecer os taxa de especial importancia aplicada.
4. Comprender o papel nos ecosistemas.
5. Aprender as técnicas para o seu recoñecemento e conservación.
6. Empregar información bibliográfica e de internet adecuada á materia
CLASES TEÓRICAS EXPOSITIVAS
Sistemas de clasificación dos seres vivos. Grupos de organismos que forman as plantas non vasculares.
Fungos: características vexetativas e reprodutivas, ciclos biolóxicos e clasificación. Asociacións de fungos (liques, micorrizas). Importancia e aplicacións.
Algas: características vexetativas e reprodutivas, ciclos biolóxicos e clasificación. Procariotas y eucariotas. Importancia e aplicacións.
Briófitos: características vexetativas e reprodutivas, ciclos biolóxicos e clasificación. Importancia e aplicacións. Estratexias evolutivas das plantas para a conquista do medio terrestre.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS (34 h)
Presentación do tema (1h)
Bloque 1: Fungos (15h)
Tema 1. Botánica: definición e obxecto de estudo. Niveis de organización e propostas de clasificación. Biodiversidade e número de especies (1h)
Tema 2. Características xerais dos fungos (morfoloxía, nutrición, reprodución e ecoloxía). Biodiversidade e filoxenia (1h).
Tema 3. Os fungos mucilaxinosos. Caracteres xerais. Exemplos dos principais grupos (Acrasiomycota, Myxomycota e Plasmodiophoromycota). Pseudo-fungos. Caracteres xerais e exemplos de Oomycota (2 h).
Tema 4. Eumycota (fungos sensu stricto). Caracteres xerais. Clasificación e exemplos de Quitridiomicetos e Zigomicetos (2 h).
Tema 5. Eumycota. Ascomicetos de organización unicelular e micelial. Grupos máis representativos. Importancia económica e utilidade (3h).
Tema 6. Eumycota. Basidiomicetos. Grupos máis representativos. Importancia económica e utilidade (3h).
Tema 7. Fungos liquenizados. Morfoloxía, estrutura e reprodución. Utilidade e aplicacións (3h)
Bloque 2: Algas e briófitos (18h)
Tema 8. Características xerais das algas: morfoloxía, reprodución e ecoloxía. Biodiversidade e filoxenia (1h).
Tema 9. Procariotas: Cyanophyceae. Características xerais, hábitat e utilidades. Clasificación (1 h).
Tema 10. Algas eucariotas: Cryptophyta, Dinophyta, Euglenophyta e Haptophyta. Caracteres diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat, exemplos e utilidades (1 h).
Tema 11. Ochrophyta: Phaeophyceae, Bacillariophyceae, Chrysophyceae e Xanthophyceae. Caracteres diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat, exemplos e utilidades (4 h).
Tema 12. Rhodophyta. Bangiophyceae e Florideophyceae. Caracteres diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat e utilidades (4 h).
Tema 13. Chlorophyta e Charophyta. Caracteres diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat e utilidades (4 h).
Tema 14. Conceptos e aspectos xerais dos briófitos e afíns. Adaptacións ao medio terrestre. Reprodución e ciclos biolóxicos. Grupos principais (Anthoceropsida, Marchantiopsida e Briopsida) (3 h).
CLASES INTERACTIVAS
SEMINARIOS (4h)
Seminario 1. Introducción as prácticas 1 y 2: Fungos (1 h).
Seminario 2. Introducción as prácticas 3,4 e 5: Algas (1 h).
Seminario 3. Introducción a práctica 6: Briófitos (1 h).
Seminario 4. Recolección y conservación de material vegetal (1h)
PRÁCTICAS DE LABORATORIO (14h)
Práctica 1. Micro e macromicetos (2 h).
Práctica 2. Fungos liquenizados (2 h).
Práctica 3. Algas microscópicas (2 h).
Práctica 4. Algas macroscópicas-1 (2 h).
Práctica 5. Algas macroscópicas-2 (2 h).
Práctica 6. Briófitos e afíns (2 h).
Práctica 7. Visu de fungos, algas e briófitos (2 h).
TITORÍA (2h)
Utilizaranse para aclarar dúbidas, proporcionar información e orientar ao alumnado para acadar a adquisición de competencias.
EXAMENES (3h)
Serán presenciais e tipo test, tanto da parte teórica como práctica, na que tamén incluiráse unha proba de visu.
Todas as actividades son presenciais excepto as titorías que se realizarán a través de MS-Teams.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Díaz González, T.E., Fernández-Carvajal, M.C. & Fernández Prieto, J.A. 2004. Curso de Botánica. Madrid: Ediciones Trea.
- Sitte, P., Weiler, E.W., Kadereit, J.W., Bresinsky, A. & Körner, C., 2004. Strasburger. Tratado de Botánica. 35ª ed. Barcelona: Ediciones Omega.
- Van den Hoek, C., Mann, D. G. & Jahns, H.M., 1995. Algae: An Introduction to Phycology. Cambridge: Cambridge University Press.
- Vanderpoorten, A. & Goffinet, B., eds., 2009. Introduction to Bryophytes. Cambridge: Cambridge University Press.
- Webster, J. & Weber, R., 2007. Introduction to fungi (en línea). Cambridge: Cambridge University Press. http://deskuenvis.nic.in/pdf/WEBSTER30521807395.pdf
- Nabors, M.W. 2006. Introducción a la Botánica (en línea). Madrid: Pearson. https://bibliotecaia.ism.edu.ec/Varios/IntroduccionBotanica.pdf
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Aira, M. J., Vázquez, R. A. & Izco, J., eds., 2014. Manual de prácticas de Botánica: Laboratorio y campo. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
- Bárbara, I. & Cremades, J., 1993. Guía de las algas del litoral gallego. La Coruña: Casa de las Ciencias.
- Castro, M.L., 2004. Cogomelos de Galicia e Norte de Portugal. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
- Pérez, C.; López, M.C. & López de Silanes, E., 2003. Guía dos liques de Galicia. Vigo: Baía Ediciones.
RECURSOS EN INTERNET
- Algas marinas de Asturias
http: www.Asturias.es/medioambiente/publicaciones/ficheros/algas%20 marinas%20de%Asturias.pdf
- Bárbara, I. 2009. Algas bentónicas marinas y salobres de Galicia: iconografías y claves de identificación. Facultad de Ciencias. Universidad de A Coruña.
http://es.scribd.com/doc/28418650/Guia-Fotografica-Algas-Marinas-Galici…
- British Bryological Society. 2012. www.britishbryologicalsociety.org.uk
- Guiry, M.D. 2012. Algaebase: Listing the World's Algae. http://www.algaebase.org/
- Catálogo de setas y hongos https://www.fungipedia.org/hongos.html
- Sociedad Española de Liquenología. http://www.ucm.es/seliquen/
XERAIS
Correspóndense coas que aparecen na memoria do Grao en Bioloxía (2a edición)
BÁSICAS
CB1 - Que os estudantes demostren poseer e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e encontrase nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén nalguns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información de varias fontes.
CT2 - Capacidade de razoamento, argumentación e pensamento crítico.
CT6 - Capacidade para reflectir adecuadamente as fontes de información empregadas.
CT7 - Capacidade para aplicar as TIC no campo da Bioloxía.
ESPECÍFICAS
CE5 - Coñecer a diversidade dos seres vivos e os ciclos biolóxicos, así como desenvolver a capacidade de analizar e interpretar as súas adaptacións ao medio.
CE6 - Desenvolver a capacidade de obter, manipular, conservar, identificar e clasificar exemplares biolóxicos, así como os seus restos e vestixios
CE10 - Coñecer e comprender o desenvolvemento, a morfoloxía e a anatomía dos seres vivos.
O ensino expositivo e interactivo (incluídas as prácticas) será presencial. Os contidos de todas as actividades da materia estarán dispoñibles na aula virtual, como presentacións en power point ou guións para as prácticas. As tutorías realizaránse de forma virtual a través da plataforma MS-Teams.
- Clases expositivas, explicarase a materia (lección maxistral) co apoio de medios audiovisuais. A asistencia non é obrigatoria.
- Clases interactivas de seminario, utilizaránse para explicar as características dos fungos, algas e briofitos que se analizarán durante as prácticas, a explicación dos guións e os métodos de preparación das mostras para a súa correcta observación. A asistencia non é obligatoria.
- Clases interactivas de laboratorio, nas seis primeiras analizaranse as estruturas de morfoloxía, vexetativa e reprodutiva de especies de fungos, algas e briófitos e na práctica final proporcionaráselles aos estudantes un conxunto diverso de exemplares para o seu recoñecemento de visu. Os estudantes deben asistir a estas sesións cos guións dispoñibles na aula virtual. A asistencia non se considera obrigatoria.
- As titorías dedicaranse a resolver calquera cuestión relacionada coa actividade docente, xa sexa a parte teórica ou práctica. Ademais, a través da aula virtual, proporcionaráselle aos alumnos unha serie de cuestionarios que lles permitan autoavaliar o seu progreso na adquisición de habilidades. A asistencia non se considera obrigatoria.
- Os exames serán presenciales e tipo test, tanto da parte teórica como práctica, na que tamén incluiráse unha proba de visu.
A asistencia ás actividades desta materia non é obrigatoria nin será avaliable. Os instrumentos para avaliar os coñecementos e competencias adquiridos pólo alumnando serán exames presenciais, escritos, tanto dos contidos teóricos como prácticos. A parte teórica será avaliada cun máximo de 6 puntos sobre 10 e a parte práctica cun máximo de 4 puntos sobre 10. A nota final será a suma dos resultados obtidos nas devanditas probas, fixando o aprobado en 5 sobre 10, coas seguintes especificacións.
Avaliación continua
Realizarase tanto da parte teórica como da práctica. As datas das probas serán anunciadas previamente na aula virtual. Son probas avaliables de realización voluntaria e presencial.
Parte teórica.- Ao final da explicación dos temas do primeiro bloque (temas 1 a 7), realizarase unha proba escrita tipo test para avaliar coñecementos e competencias. A nota máxima é de 3 puntos sobre 10. O estudantado que iguale ou supere a cualificación de 1,5 puntos, poderá realizar únicamente o exame de contidos do bloque 2 na proba final. Polo tanto, a calificación obtida por avaliación continua conservaráse nas dúas oportunidades da proba final.
Parte práctica.- Ao finalizar a práctica 7 haberá unha proba escrita tipo test das seis primeiras prácticas (P1-P6) e un exercicio de visu da práctica 7. A puntuación máxima do test é de 2 puntos sobre 10, ao igual que a do exercicio de visu (2 puntos sobre 10). Para aprobar a parte práctica é necesario obter alo menos 1 punto no exame test e 1 punto na proba de visu. O alumnado que non alcancen dita puntuación deberá repetir a totalidade das probas do exame (test e visu) no exame final. E decir, non se considera aprobada únicamente a parte do test ou a proba visu, debendo repetir ambas en calquera das dúas oportunidades da proba final.
As/os alumnas/os que por calquera motivo non asistan á proba teórica e/ou práctica de avaliación continua na data na que se convoca, renuncian a este sistema de avaliación, debendo examinarse dos temas 1-14 e da parte práctica. En ambas partes (teoría e prácticas) deben obter a puntuación minima sinalada en cada bloque de teoría e prácticas, coas especificacións anteriormente sinaladas.
Proba final.- Será obrigatoria para todo o alumnado xa que é complementaria á avaliación continua, aínda que as probas superadas por esta modalidade non terán que repetirse na proba final, que permanecerán coas mesmas características en ambas oportunidades.
O exame de contidos das clases maxistrais será tipo test e constará de dous bloques. O bloque 1 (temas 1 a 7 incluídos ambos) terá unha puntuación máxima de 3 puntos sobre 10 (aprobado 1,5 puntos), así como o bloque 2 (temas 8 a 14 ambos incluídos, máximo 3 puntos, aprobados en 1,5). O estudantado que non alcance a puntuación mínima en cada bloque deberá repetir esa parte na segunda oportunidade. Ademáis das competencias xerais (CG1, CG2, CG3, CG4 y CG5) e básicas (CB1, CB5), avaliaránse as competencias transversais (CT1, CT6) e específicas (CE5, CE10).
O exame de clases prácticas consistirá nunha proba test e un exercicio de visu que terá unha puntuación máxima de 4 sobre 10. Ao mesmo que na avaliación continua, para superar esta parte da materia é necesario obter polo menos 1 punto no exame test e 1 punto na proba de visu. O alumnado que non alcance a puntuación mínima deberá repetir o exame na segunda oportunidade, coas mesmas condicións. Avaliaránse preferentemente as competencias transversaes (CT1, CT2, CT7) e específicas (CE6)
O alumnado repetidor deberá cumprir os criterios de avaliación que aparecen na guía docente de cada curso escolar, xa que non se conserva ningunha calificación de cursos precedentes. Os contidos expostos nas clases interactivas do seminario non serán avaliables.
Traballo presencial en clase
- Clases maxistraes: 34h.
- Prácticas de laboratorio: 14h.
- Seminarios: 4h
- Titoría: 2 h.
- Exame: 3 h.
Total de horas de traballo presencial: 57h.
Traballo persoal do estudiante: 93 h.
- Asistencia a todas as actividades docentes.
- Aprendizaxe diaria dos contidos impartidos nas clases.
- Consulta da bibliografía recomendada e complementaria.
- Uso da aula virtual
- Consulta co profesorado calquera dúbida relacionada coa materia
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido no "Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións". Esta materia terá a disposición do alumnado un aula virtual na plataforma Moodle e os canais de comunicación directa a través da aplicación MS-teams.
Mª Del Carmen Lopez Rodriguez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881813372
- Correo electrónico
- mdelcarmen.lopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mª Jesús Aira Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881813263
- Correo electrónico
- mariajesus.aira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
18.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
18.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
18.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
18.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
18.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
18.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
27.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
27.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
27.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
27.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |