Esta dobre titulación ten por obxectivo formar graduados que cubran as múltiples áreas onde os profesionais de ambas ramas se necesitan mutuamente, máis alá da conexión entre Química e Bioloxía que implica á Bioquímica.

Duración:
6 anos académicos
Código RUCT: 7001184
Número prazas: 20
Decano/a ou director/a do centro:
Jesus Sanmartin Matalobos
jesus.sanmartin [at] usc.es
Linguas de uso:
Castelán, Galego
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):

A Química é unha ciencia ampla que abarca desde o mundo submicroscópico dos átomos e as moléculas ata o ámbito dos materiais que utilizamos de xeito cotián, constituíndo unha parte esencial da formación de moitos científicos e enxeñeiros.
A ciencia da Bioloxía estuda a vida desde o nivel molecular ata o ecosistema, incluído todo o relacionado coa especie humana, a biotecnoloxía e a conservación e xestión do medio ambiente constitúe un dos eixes fundamentais da investigación básica e aplicada a nivel mundial.
Non se contemplan
Non se contempla
1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 72 créditos.
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 90 créditos.
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Poden acceder a estudos de Grao aqueles estudantes que posúan os títulos, diplomas ou estudos seguintes ou otros declarados equivalentes ou homologados a estes:
A.1. Bacharelato do Sistema Educativo Español, Bacharelato Europeo o Bacharelato Internacional.
A.2. Bacharelato procedente de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou de otros Estados cos que se teñan subscrito acordos internacionais.
A.3. Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Superior de Artes Plásticas e Diseño ou Técnico Deportivo Superior pertencente ao Sistema Educativo Español.
A.4. Outros estudos que, nun Estado membro da Unión Europea ou noutros Estados cos que se teñan subscrito acordos internacionais en réxime de reciprocidade, acrediten os requisitos académicos esixidos en ditos Estados para acceder aos seus estudos universitarios.
A.5. Títulos universitarios oficiais de Diplomado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, Graduado ou Máster Universitario.
A.6. Estudos universitarios parciais, estranxeiros ou españois.
Tamén poderán acceder a estudios de Grao:
B.1. Persoas maiores de vintecinco anos que superen unha proba de acceso específica.
B.2. Persoas maiores de corenta anos con experiencia laboral ou profesional en relación cunha ensinanza universitaria.
B.3. Persoas maiores de corenta e cinco anos que superen unha proba de acceso específica.
Do mesmo xeito, poderán acceder a estudos de Grao:
C.1. Persoas que estiveran en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións do Sistema Educativo Español anteriores á Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro.
A facultade de Química conta con 12 aulas de docencia de distinta capacidade, 2 aulas de seminario e 2 aulas de informática con equipamento docente. Para a formación práctica, conta con varios laboratorios.
Existen tamén espazos habilitados para o alumnado:
A facultade de Bioloxía conta con 10 aulas de propósito xeral de distinta capacidade. Para a formación práctica, conta con 4 laboratorios de prácticas dotados de infraestrutura con capacidade para 24 persoas, 8 laboratorios de prácticas con equipamento específico para realización de prácticas nas distintas materias, con capacidade para 20 alumnos cada un e un laboratorio con equipamento e infraestrutura para a docencia práctica, con capacidade para 24 alumnos. Así mesmo, dispón de tres aulas de informática para a docencia.

Ambos centros dispoñen de biblioteca con fondos específicos e postos de lectura.
Tamén hai que destacar que desde calquera punto das dúas Facultades é posible a conexión sen fíos a Internet.
Ver a información de cada titulación
Ver a información de cada titulación
Ver a información de cada titulación
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Dentro das materias optativas da titulación, ofértase a materia de prácticas externas do Grao en Bioloxía. O obxectivo fundamental é que o alumnado desenvolva as competencias adquiridas en materias do grao a través da súa inmersión nun contorno laboral representativo do seu contexto profesional futuro.
Con fin de acreditar que o alumnado adquiriu as competencias estabelecidas nos dous graos, realizaranse dous traballos fin de grao, que se rexerán pola normativa xeral e pola propia de cada centro. Procurarase que exista unha relación entre a temática dos dous TFGs con vistas a unha maior integración dos estudos.
Ademais, procurarase ofertar temas que impliquen liñas de investigación colaborativas entre amba as dúas titulacións e serán codirixidas, sempre que sexa posíbel, por profesores de Química e Bioloxía; co cal preténdese garantir a iniciación en investigación desde a perspectiva complementaria das dúas disciplinas.