Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 24 Total: 57
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Identificar e distinguir a estrutura, as propiedades e a función das biomoléculas.
- Identificar a relación entre a estrutura e a función das biomoléculas.
- Aplicar os principios da termodinámica aos sistemas biolóxicos.
- Distinguir as diferentes clases de enzimas e os seus mecanismos de catálise, así como os principios de regulación de encimas.
- Coñecer os distintos compoñentes das membranas biolóxicas e a súa funcionalidade.
- Saber como levar a cabo procesos de purificación e análise de biomoléculas.
- Saber medir as actividades enzimáticas.
CLASES EXPOSITIVAS (30 horas)
INTRODUCIÓN
• Unidade 1. A ciencia bioquímica. Deseño molecular da vida (2 h).
ESTRUTURA BIOLÓXICA E FUNCIÓN DE BIOMOLÉCULAS
• Unidade 2. Glícidos (3 h).
• Unidade 3. Lípidos (3 h).
• Unidade 4. Nucleótidos e ácidos nucleicos (2 h).
• Unidade 5. Aminoácidos, enlace peptídico e péptidos (2 h).
• Unidade 6. Estrutura tridimensional e funcionalidade das proteínas (2 h).
• Unidade 7. Función das proteínas. Mioglobina e hemoglobina (2 h).
ENCIMOLOXÍA
• Unidade 8. Encimas: estrutura e función (3 h).
• Unidade 9. Cinética da reacción encimática e inhibición (3 h).
• Unidade 10. Regulación da reacción encimática (3 h).
INTRODUCIÓN AO METABOLISMO E Á SÚA REGULACIÓN
• Unidade 11. Bioenerxética: intercambios de enerxía e compostos de alto nivel enerxético (2 h).
• Unidade 12. Membranas biolóxicas e transporte mediado no metabolismo (2 h).
• Unidade 13. Introdución ao metabolismo e á súa regulación (1 h).
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS / CLASES PRÁCTICAS (14 h)
• PRÁCTICA 1. Obtención de extracto de tecido animal (fígado de tenreira) e fraccionamento de orgánulos celulares. Preparación de reactivos (2 h).
• PRÁCTICA 2. Obtención e análise de DNA a partires de núcleos de células eucariotas. Análise electroforética en xeles de agarosa (3 h).
• PRÁCTICA 3. Determinación cuantitativa de proteínas. O método de Lowry (3 h).
• PRÁCTICA 4. Identificación de glúcidos (3 h).
• PRÁCTICA 5. Encimoloxía: cinética e inhibición encimática. (3 h)
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS / SEMINARIOS (10 h)
• Seminario 1: glícidos e lípidos. (2 h)
• Seminario 2: aminoácidos e proteínas. (2 h)
• Seminario 3: encimoloxía I, actividade encimática. (2h)
• Seminario 4: encimoloxía II, inhibición encimática. (2 h)
• Seminario 5: membranas biolóxicas e bioenerxética. (2 h)
TITORIAS (1 h). Actividade virtual síncrona
Sitúase ao comezo do curso para explicar o desenrolo da materia e o método de avaliación. Utilizarase a plataforma MS-Teams.
EXAME (2 h)
Exame escrito presencial obrigatorio dos contidos de expositivas e seminarios.
Básica
• Berg, J.M., Gatto Jr, G.J., Hines, J.K. Tymoczko, J.L. y Stryer L., 2023. Biochemistry. 10th ed. New York: Macmillan Learning.
• Mathews, C.K., Van Holde, K.E. e Anthony-Cahill, S.J., 2013. Bioquímica. [en liña] 4ª ed. Madrid: Pearson. Dispoñible en: https://www-ingebook-com.ezbusc.usc.gal/ib/NPcd/IB_BooksVis?cod_priñmaria=1000187&codigo_libro=3938
• Rodwell, V.W., Bender, D.A., Botham, K.M., Kennelly, P.J. e Weil, P.A., 2022. Harper Bioquímica ilustrada. [en liña] 32ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=32…
• Nelson, D.L. & Cox, M.M., 2021. Lehninger Principles of Biochemistry. 8th ed. New York: Macmillan International Higher Education.
• Voet, D., Voet, J. e Pratt, C., 2016. Fundamentos de bioquímica: la vida a nivel molecular. [en liña] 4ª ed. Buenos Aires: Ed. Médica Panamericana.
Dispoñible en: https://mieureka-medicapanamericana-com.ezbusc.usc.gal/viewer/fundament…
• McKee, T. e McKee, J.R., 2020. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida. [en liña] 7ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=29…
Complementaria
- Roca, P., Oliver, J. e Rodríguez, A.M., 2003. Bioquímica. Técnicas y Métodos. Madrid: Hélice.
- Alberts, B., et al., 2022. Molecular Biology of the Cell. 7th ed. New York: Norton and Company.-
- Lodish, H., et al., 2021. Molecular Cell Biology. 9th ed. New York: Macmillan Learning.
- Paniagua, R. et al., 2017. Biología celular y molecular. [en liña] 4ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=22…
Outros recursos
- http://biomodel.uah.es. Sitio web Universidade de Alcalá de Henares
- http://www.ncbi.nlm.nih.gov/guide/ (The National Center for Biotechnology Information, (NCBI) fonte principal de bases de datos (nucleótidos, xenes e xenomas, e ferramentas bioinformáticas.
- Recursos electrónicos da BUSC: Cell, Nature, Science, Sciencedirect, etc.
- http://www.sebbm.es/BioROM/indices/index.html (páxina web da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular, e dos seus recursos didácticos).
Coñecementos/contidos
Con01; Con02; Con03; Con05; Con06; Con09
Habilidades/destrezas
H/D01; H/D02; H/D03; H/D07; H/D08; H/D09; H/D10; H/D14
Competencias
Com01; Comp02; Comp03; Comp04; Comp05; Comp06
A materia está deseñada para mellorar a Aprendizaxe Activa dos/as estudantes. As clases expositivas concíbense como introducións xerais a cada tema, que se complementarán co resto das actividades propostas. Estas actividades son o estudo individual, a realización de actividades prácticas en laboratorio e dun caderno de prácticas, a resolución de preguntas en seminarios (ABP) e a resolución de dúbidas da materia en titorías.
A asistencia a tódalas actividades é OBRIGATORIA de acordo coa ficha da materia na Memoria de Grao, excepto para estudantes con dispensa oficial, pero só serán REQUISITO para aprobar a materia as especificadas no seguinte apartado.
O estudo individual levarase a cabo con información organizada e detallada proporcionada polos/as profesores/as. A base desta información será a bibliografía básica recomendada, que se complementará con información adicional.
Nas clases expositivas, o profesorado explicará os conceptos da materia co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Pode ter diferentes formatos (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, pautas xerais para o tema), promovendo a participación dos/as estudantes.
Haberá 5 seminarios de 2 horas cada un co obxectivo de levar a cabo, en pequenos grupos de traballo, preguntas prácticas (problemas, preguntas de razoamento ou ABP, etc.) relacionadas cos temas da materia, que servirán para afondar os seus coñecementos. Os seus contidos son materia de exame. Nestes seminarios o alumnado poderá levar notas, libros e todo o material didáctico que se necesite.
A asistencia e a realización dos seminarios serán voluntarias. Durante o seminario os/as alumnos/as poderán participar activamente na resolución dos problemas e cuestións propostos, o cal será avaliado. Ao finalizar cada seminario realizaranse cuestionarios individuais avaliables en formato electrónico por conexión ao Campus Virtual, Só serán válidos os cuestionarios feitos no aula. Pasarase listaxe de firmas.
As prácticas de laboratorio son clases prácticas nas que se aplican os contidos teóricos, a través da observación e manexo de material biolóxico, instrumentos, etc., seguindo os protocolos preparados para este propósito. O profesorado pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos. As prácticas de laboratorio organízanse en 5 sesións obrigatorias (a excepción de repetidores/as en certos casos) de 2 a 3 horas. Os/as estudantes deben realizar unha serie de probas experimentais, recompilar os resultados obtidos, revisar o contido presentado polos/as profesores/as e analizar todo adecuadamente para responder as preguntas e exercicios formulados no caderno de prácticas, para preparar un informe de prácticas individual e avaliable. A asistencia ás prácticas (pasarase listaxe de firmas) e a entrega do informe de prácticas son OBRIGATORIOS E REQUISITOS para aprobar a materia. A non asistencia ou non entrega suporán non ter dereito a avaliación no exame.
Todas as clases expositivas e interactivas (a excepción da titoría) serán presencias e realizaranse na aula seguindo o calendario oficial e o calendario da materia.
As titorías de dúbidas, a solicitude dos/as estudantes, poden ser en persoa ou por mecanismos electrónicos de acordo cos/as estudantes (Campus Virtual, correo electrónico ou MS-Teams).
Está expresamente prohibido que os/as estudantes distribúan o material de ensino (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual a persoas alleas ao curso.
Plaxio e mal uso de tecnoloxías na realización de tarefas ou probas:
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións.
1. Criterios xerais: Actividades obrigatorias non avaliables, Actividades obrigatorias avaliables y Actividades non obrigatorias avaliables.
A asistencia a tódalas actividades é OBRIGATORIA de acordo coa ficha da materia na Memoria de Grao agás para estudantes con dispensa oficial, aínda que non todas serán requisito obrigatorio. Si serán un REQUISITO OBRIGATORIO para aprobar a materia a PROBA FINAL (exame), a ASISTENCIA (100%) A PRÁCTICAS DE LABORATORIO (pasarase listaxe de firmas) e a entrega da AVALIACIÓN CONTINUA 1 (Informe de prácticas / Datos de laboratorio e elaboración das respostas). A non realización ou non entrega destas dúas últimas supoñen non ter dereito a presentarse á proba final.
A AVALIACIÓN CONTINUA só se realizará unha vez por curso e servirá para ambas oportunidades de avaliación. Polo tanto, na segunda oportunidade de avaliación só se repetirá a PROBA FINAL, manténdose a cualificación obtida na avaliación continua. A ponderación de cada parte de avaliación será a mesma en ambas oportunidades. Para aprobar a materia, a suma de exame e avaliación continua debe ser de polo menos 5/10 puntos en total, ademais de cumprirse os requirimentos específicos que se indican máis abaixo.
Non haberá mecanismos compensatorios ante a non asistencia e/ou realización dalgunha actividade obrigatoria e/ou avaliable. Non se realizarán exames parciais.
2. Criterios específicos de avaliación e Criterios de presentación.
Instrumento: PROBA FINAL
Realización / Criterios: o exame final PRESENCIAL escrita é un REQUISITO OBRIGATORIO (65% da cualificación final) que se contempla como unha proba complementaria obrigatoria á avaliación continua para todo o alumnado. A materia avaliada no exame inclúe os contidos das clases expositivas e os seminarios. O exame terá unha parte de proba tipo test (30% da nota) e unha sección de preguntas (con diferentes apartados) de desenrolo e problemas (70% da nota) que cubrirán tódolos aspectos relacionados co contido da materia (agás as prácticas). Para aprobalo, débese cualificar en todas as preguntas (non en tódolos apartados) de desenrolo do exame.
No exame final débese alcanzar unha nota mínima de 4/10 puntos, no caso contrario, non se sumará a avaliación continua (nin os mecanismos de avaliación alternativos, de ser o caso), de maneira que a cualificación final da materia será exclusivamente a ponderada do exame.
Ponderación: ata o 65% da cualificación total.
Competencias avaliadas: Con01, 02, 03, 05, 06, 09; H/D01, 03, 07, 08; Com01, 02, 05, 06.
Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 1
Finalización / Criterios: entrega do informe de prácticas / Datos de laboratorio e elaboración das respostas. Entrega de REQUISITO OBRIGATORIO a través do Campus Virtual ou correo electrónico institucional. Deben cumprimentarse as respostas das 5 prácticas, non se poden deixar prácticas en branco.
Ponderación: ata o 15% da cualificación final.
Só se agregará á cualificación final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias avaliadas: Con01, 02, 05, 09; H/D02, 08, 09, 10; Com01, 02, 03, 04, 05, 06.
Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 2
Finalización / Criterios: participación activa nas clases de seminarios. Actividades: resolución na aula de problemas e cuestións propostos por compañeiros/as ou profesores/as. A súa realización NON É UN REQUISITO OBRIGATORIO.
Ponderación: ata o 5% da cualificación final.
Só se agregará á cualificación final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias avaliadas: Con01, 02, 05, 06, 09; H/D01, 03, 07, 08, 10; Com01, 02, 03, 05, 06.
Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 3
Finalización / Criterios: traballo autónomo previo de estudo dos contidos e presencial durante os seminarios. Actividades: realización dos cuestionarios no Campus Virtual ao finalizar os seminarios. A súa realización NON É UN REQUISITO OBRIGATORIO. A nota destes cuestionarios só será válida se o/a alumno/a asiste ao seminario na data correspondente, para o cal pasarase folla de firmas no aula.
Ponderación: ata o 15% da cualificación final.
Só se agregará á cualificación final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias avaliadas: Con01, 02, 05, 06, 09; H/D03, 07, 08; Com01, 02, 03.
3. Avaliación de repetidores/as.
Como excepción para repetidores/as, estes/as poderán conservar a nota da AVALIACIÓN CONTÍNUA 1 se teñen obtido polo menos un 5 sobre 10 nalgún dos dous cursos anteriores e teñan cumprido os requisitos de asistencia ás prácticas de laboratorio. Se non se alcanza este mínimo de nota, os/as repetidores/as deberán facer novamente as prácticas de laboratorio e presentar o informe de prácticas.
A AVALIACIÓN CONTINUA 2 e 3, ao non ser a súa realización un requisito obrigatorio, poderá conservarse de dous cursos anteriores independentemente da súa nota.
Todo o alumnado repetidor deberá facer a PROBA FINAL. O peso de cada instrumento de avaliación será o mesmo que o indicado arriba.
4. Avaliación para alumnado con dispensa de asistencia.
Para aqueles/as alumnos/as aos/ás que se lles teña concedido oficialmente a dispensa de asistencia presencial, os requisitos de avaliación son os seguintes:
A. Realización de la PRUEBA FINAL OBLIGATORIA (exames oficiaiais) nas mesmas condicións e ponderación que se indican no apartado 2.
B. Realización dun EXAME DE PRÁCTICAS OBRIGATORIO de tipo test e/ou respostas curtas, que inclúe os protocolos de prácticas e outros contidos complementarios que estarán dispoñibles no curso virtual. Este exame farase unha soa vez por curso e terá unha valoración do 15% na nota final.
C. Entrega, polos mecanismos e cos prazos que indique o profesorado, de CUESTIONARIOS QUE INCLÚEN PROBLEMAS E CUESTIÓNS COA TEMÁTICA DE CADA UN DOS SEMINARIOS. A valoración media destes cuestionarios suporá un 20% da nota final. A súa entrega NON É OBRIGATORIA, pero si avaliable.
D. Na segunda oportunidade de avaliación SÓ SE REPETIRÁ A PROBA FINAL E O EXAME DE PRÁCTICAS (SÓ SE NON SE TEN REALIZADO XA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE). A nota C conservarase na segunda oportunidade. Polo demais, rexen as mesmas normas que as indicadas nos apartado 1 e 3 dos criterios de avaliación (Criterios Xerais e Avaliación de Repetidores/as).
ACTIVIDADE FORMATIVA
Horas presenciais: 57 horas
Clases expositivas: 30 horas; 100% asistencia
Clases interactivas-Seminario: 10 horas; 100% asistencia
Clases interactivas-Laboratorio: 14 horas; 100% asistencia
Clases interactivas-Titorías: 1 hora; 100% asistencia
Exame: 2 horas; 100% asistencia
Horas non presenciais : 93 horas
Dedicadas ao estudo individual para a preparación da materia e os seminarios a a elaboración da memorias de prácticas durante o curso, e para preparar o exame.
Volume total de traballo: 57 horas de clases presenciais e 93 horas de traballo persoal= 150 horas totais (25 horas/ECTS x 6 ECTS= 150h).
- Asistencia e participación activa en clase. Aínda que a asistencia e a realización dos seminarios no son requisitos obrigatorios, recoméndanse encarecidamente xa que: i) se revisa unha grande parte do material de expositivas; ii) tamén está suxeito a exame; iii) se avalía un cuestionario e se obtén unha porcentaxe significativa da cualificación final); iv) o tipo de preguntas abordadas son moi similares a algunhas que aparecerán no exame. Tamén é importante levar a cabo os problemas e as preguntas que non dea tempo a facer en cada sesión de seminario e que estarán dispoñibles para os/as estudantes.
- Para cada hora de clase dúas horas de estudo, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida en clase (é esencial que o tempo de estudo sexa o máis próximo posible ao momento da clase).
- Estudo e revisión semanal da materia impartida e/ou preparación dos seminarios propostos antes da súa presentación en clase.
- Aclaración co profesorado de posibles dúbidas.
- Revisión do exame final.
- Interese e atención nos novos avances desta disciplina que se estenden a través dos medios de comunicación.
De non ter os coñecementos previos de Bioloxía e Química do bacharelato, o alumnado deberá obtelos o antes posible durante o curso.
As contribucións para a avaliación continua (a excepción da AVALIACIÓN CONTINUA 2) realizaranse por medios telemáticos: Campus Virtual ou correo electrónico institucional.
As canles de comunicación directa non presencial cos/as estudantes, ademais do Campus Virtual operativo da materia dispoñible para o alumnado, e o correo electrónico, serán titorías, foros ou sesións virtuais mediante MS-Teams.
Está expresamente prohibido que os/as estudantes distribúan o material de ensino (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual a persoas alleas ao curso.
Plaxio e mal uso de tecnoloxías na realización de tarefas ou probas:
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións.
Cristina Diaz Jullien
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816932
- Correo electrónico
- cristina.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Guillermo Covelo Artos
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816930
- Correo electrónico
- guillermo.covelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Oscar Javier Cordero Santamaria
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816935
- Correo electrónico
- oscarj.cordero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ma Del Pilar Arias Crespo
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816933
- Correo electrónico
- pilar.arias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula virtual |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula virtual |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula virtual |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS14 | Castelán | Aula virtual |
03.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
03.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
03.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
08.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
08.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |