Ir o contido principal

Dobre Grao en Química e en Bioloxía

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Facultade de Bioloxía
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813245 (Conserxaría)
881813308 (Decanato)
facultade.bioloxia.decanato [at] usc.gal
Facultade de Química
Avda. das Ciencias, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881814229 (Conserxaría)
881814256 (Decanato)
facultade.quimica.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela

Esta dobre titulación ten por obxectivo formar graduados que cubran as múltiples áreas onde os profesionais de ambas ramas se necesitan mutuamente, máis alá da conexión entre Química e Bioloxía que implica á Bioquímica.

Número de ECTS: 366
Número prazas: 20

Decano/a ou director/a do centro:
Jesus Sanmartin Matalobos
jesus.sanmartin [at] usc.es

Nivel MECES: 2

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Os Graos en Química e Bioloxía posúen a suficiente complementariedade para facer viábel o deseño dun itinerario para a obtención do dobre grao. A proposta deste Dobre Itinerario baséase nos requirimentos multidisciplinares que se precisan para respostar á meirande parte dos retos científicos da actualidade, moitos dos cales residen xustamente no solapamento destas dúas disciplinas.

As áreas implicadas nesta aposta estratéxica da Universidade de Santiago de Compostela dispoñen dos recursos materiais e humanos que se precisan para poñela en marcha.

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

O estudantado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 72 créditos.
Continuación de estudios : libre con un máximo de 90 créditos.

A USC ten un programa de estudantes titores para as titulacións de grao, de forma que o estudantado de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos/ás estudantes que inician os estudos.
Información programa estudantes titores:
Programa estudantes titores

Cando se produza a suspensión dun Título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que houberan iniciado os seu estudantes ata a súa finalización. Para elo, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que facilitan a os/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalenzas entre as materias dun e doutro plan.

Os requisitos xerais de acceso aos estudos de grao son os recollidos no artigo 15 do Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade. Pódese atopar máis información na seguinte ligazón:
Acceso a Grados
Ademáis, a USC dispón dunha Oficina de Información Universitaria (OIU) https://www.usc.gal/gl/ao-teu-servizo/oiu , a través da cal se resposta a consultas específicas.

Ver a información de cada titulación.

Ver a información de cada titulación.

Ver a información de cada titulación.

Ver a información de cada titulación.

Mobilidade

A mobilidade dos estudantes propios e de acollida está regulada na USC polo Regulamento de Intercambios Interuniversitarios de Estudantes, aprobado polo Consello de Goberno do 26.10.2012, e modificado en 2019, cuio contido pode consultarse na seguinte dirección:
https://www.usc.gal/es/institucional/goberno/area/normativa/alumnado

Considerase que a formación básica ofertada neste dobre itinerario, xunto coa ampla formación obrigatoria en ámbalas dúas disciplinas, formará egresados altamente competitivos e preparados para poder orientarse por unha ou outra rama, ou idealmente por vías colaborativas de investigación. Aínda que as conexións entre Química e Bioloxía que se establecen de xeito obvio son as que implican á Bioquímica, existen ademáis múltiples áreas onde os actuais profesionais de ambas ramas se necesitan mutuamente; esta proposta pretende formar graduados que cubran ese espazo.

Con fin de acreditar que o estudantado adquiriu as competencias estabelecidas nos dous graos, realizaranse dous traballos fin de grao, que se rexerán pola normativa xeral e pola propia de cada centro. Procurarase que exista unha relación entre a temática dos dous TFGs con vistas a unha maior integración dos estudos.
Ademais, procurarase ofertar temas que impliquen liñas de investigación colaborativas entre ambas as dúas titulacións e serán codirixidas, sempre que sexa posíbel, por profesores de Química e Bioloxía; co cal preténdese garantir a iniciación en investigación desde a perspectiva complementaria das dúas disciplinas.

Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.05.2025.