Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 15 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Facilitar os coñecementos básicos da xeobotánica e o súa terminoloxía.
- Crear as bases para desenvolver capacidade de crítica e síntese da información obtida, mediante a consulta de diversas fontes.
- Incentivar a capacidade de investigación en xeobotánic
Clases teóricas, duración aproximada: (25 horas) (Docencia presencial)
Bloque Temático 1 (8 horas. Temas 1-5): Desenvolvemento histórico da xeobotánica ou bioxeografía vexetal. Elementos conceptuais clave para comprender a distribución das especies no espazo e o tempo. O nicho ecolóxico.
Tema 1: Introdución á xeobotánica. O nicho ecolóxico ou ambiental (2 horas)
Tema 2: Subdisciplinas da xeobotánica: Coroloxía, areografía, fitocenoloxía e fitoecoloxía (2 horas)
Tema 3: Xeobotánica histórica e ecolóxica: Bioxeografía evolutiva das plantas (1 hora)
Tema 4: Desenvolvemento histórico da xeobotánica. Principais escolas e debates (1 hora) Tema 5: Bioxeografía. Novos desenvolvementos: filoxeografía, macroecoloxía, ecoloxía da paisaxe (1 hora)
Bloque Temático 2 (10 horas. Temas: 6-10): Padróns de distribución, diversificación e procesos bioxeográficos. Tipos de áreas, factores relacionados coa endemicidade e procesos bioxeográficos e evolutivos que dan orixe aos padróns. Disxuncións e vías de dispersión.
Tema 6: Tipos de áreas. Áreas naturais e non naturais. *Arqueofitos *vs. *neófitos (2 horas)
Tema 7: Área endémica e padróns de biodiversidade (2 horas)
Tema 8: O Hotspot mediterráneo de biodiversidade e aproximacións bioxeográficas. Endemismo filoxenético e diversidade filoxenética. Tipos de endemismos. Procesos evolutivos (2 horas)
Tema 9: O endemismo vexetal ibérico. Factores promotores ambientais e padróns espaciais (2 horas)
Tema 10: Padróns bioxeográficos disxuntos. Procesos explicativos: extinción, adaptación, migración. Dispersión e vicarianza (2 horas).
Bloque Temático 3 (8 horas. Temas: 11-14): A influencia do clima pasado e presente na configuración das floras actuais. Clasificacións bioclimatolóxicas e biomas. Fitoclimatoloxía, Unidades bioxeográficas ibéricas e vexetación ibérica e galega.
Tema 11: Bioclimatoloxía. A influencia do clima. Evolución da vexetación e mudanza climática no Terciario e Cuaternario. Último máximo glaciar e procesos tardiglares. O Holoceno (2 horas)
Tema 12: Padróns climáticos globais. Clasificacións bioclimáticas e biomas (2 horas)
Tema 13: Fitoclimatoloxía e xeobotánica. A escola de Salvador Rivas Martínez. Bioclimas, termotipos, ombrotipos e series de vexetación (1 hora)
Tema 14: Rexionalización fitoxeográfica e principais unidades de vexetación galegas (3 horas)
Saída interactiva de campo (11 horas) (Presencial): Será realizada unha práctica de campo dun día completo, con saída pola mañá e regreso pola tarde, á zona oriental galega para analizar comunidades vexetais de montaña temperada (contorna do Cebreiro e Caurel) e zonas ecolóxicas de influencia climática mediterránea (Serra da Enciña da Lastra).
Interactivas de aula (4 horas) (Presenciais): Realización dun proxecto dentro dunha ferramenta de ciencia cidadá de inventariado da biodiversidade. Traballase en grupos de forma cooperativa, escollendo especies da flora galega suxeridos polo profesor, preferentemente relacionadas coas comunidades vexetais que se visitarán moi posteriormente na Saída interactiva de Campo. No traballo serán desenvolvidos aspectos bioxeográficos, ecolóxicos e evolutivos e establecendo comparacións con elementos doutras áreas bioxeográficas. Ensínase a realizar unha modelización de idoneidade de hábitat sobre unha das especies escollidas, empregando paquetes específicos do entorno estatístico R, co obxectivo de entender a relación íntima entre as variábeis ambientais e a distribución xeográfica dunha especie a través do concepto de nicho ecolóxico.
Titorías (1 hora) (Presencial) Resolución de dúbidas
Exame (3 horas).
Bibliografía Básica
Alcaraz, F. 1999. Manual de Teoría y Práctica de Geobotánica. Editorial DM. Colección Texto – Guía. ICE. Univ. Murcia.
Barry Cox, C., Moore, P.D., Ladle, R.J. 2016. Biogeography: An Ecological and Evolutionary Approach. 9th Edition. Wiley-Blackwell. ISBN: 978-1-118-96857-4.
Peinado, M. & Rivas Martínez (Eds.) 1987. La vegetación de España. Colección Aula Abierta, 3, Serv. Publ. Univ. Alcalá de Henares. Alcalá de Henares.
Bibliografía Complementaria
Blanco, E. et al. 1996. Los Bosques ibéricos. Una interpretación geobotánica. Ed. Planeta, Barcelona
Loidi, J. 2017. The vegetation of the Iberian Peninsula. Vol. 1 & 2 Plant and Vegetation, Springer Nature.
Thompson, J.D. (2007) Plant Evolution in the Mediterranean. Oxford Scholarship Online. ISBN-13: 9780198515340. Rull, V. 2020. Quaternary Ecology, Evolution, and Biogeography. Academic Press. ISBN 978-0-12-820473-3
Recursos online:
http://www.biodiversidade.eu
http://www.bosquesdegalicia.es/
https://www.researchgate.net/publication/233755631_ Biogeografia_ Capitulo_45
Coñecementos: Con03, Con04
Habilidades/Destrezas: H/D01, H/D06, H/D07, H/D10
Competencias: Com01, Comp03, Comp05, Comp06
a) Programa teórico. A metodoloxía será de clase maxistral, onde o profesor ou profesora exporá a materia con presentacións audiovisuais, que estarán dispoñíbeis no Campus Virtual unha vez sexan presentadas na aula. Nas aulas será fomentada a participación do alumnado, con preguntas frecuentes e o establecemento ocasional de debates de curta duración sobre aspectos da materia.
(Docencia presencial. Asistencia non obrigatoria)
Poderá realizarse un control dos contidos teóricos unha vez impartidos dous terzos da materia, cun formato semellante ao do exame final. O seu propósito é familiarizar o alumnado co devandito formato e avaliar se existen carencias de coñecemento que é necesario repasar, e constitúe en si propio un elemento pedagóxico. A participación no control é voluntaria. A nota obtida non formará parte da avaliación da materia.
b) Interactiva con saída de campo de 11 horas. Asistencia moi recomendábel, mais non obrigatoria. A visita ás distintas realidades xeobotánicas da transición Atlántico-Mediterránea irá acompañada de explicacións e caracterizacións da flora e as súas comunidades en relación ao bioclima, á litoloxía e ás afinidades bioxeográficas.
(Docencia presencial. Asistencia non obrigatoria)
c) Interactivas de aula e campo. Metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos e de aprendizaxe cooperativa.
O alumnado traballará en grupos de arredor de 4 persoas. A principios do cuadrimestre o profesor suxerirá especies de interese bioxeográfico, preferentemente das áreas que se visitarán máis adiante na saída de campo aos territorios orientais galegos. Cada grupo escollera entre unha e catro especies dunha comunidade vexetal e irá realizando un proxecto nunha plataforma de ciencia cidadá (como biodiversidade.eu) onde tamén poderá xeolocalizar observacións destas especies. Con feedback constante do profesor ao longo do cuadrimestre, os grupos irán desenvolvendo aspectos bioxeográficos, ecolóxicos, evolutivos, etnobotánicos, ... para construír o seu proxecto. Este proceso incluíra a aprendizaxe do uso de observacións xeográficas dunha especie para a realización dunha modelización de nicho ecolóxico no entorno estatístico R. En conxunto, os diferentes aspectos que se necesita abordar son parte dos contidos teórico-prácticos de materia, sendo integrados de forma crítica no estudo dun caso. O resultado será avaliábel.
(Docencia presencial. Asistencia non obrigatoria)
Titoría: Estará orientada á resolución de dúbidas relativas a contidos ou outros aspectos relacionados coa materia.
(Docencia presencial. Asistencia non obrigatoria)
Exame. Presencial e obrigatorio.
A avaliación será igual para repetidores e non repetidores.
A avaliación será igual na primeira e a segunda oportunidade.
O exame final valórase co 60% da nota. A avaliación continua é complementaria ao exame, e representa en conxunto un 40% da nota. Dentro da avaliación continua, o 50% da nota da avaliación continua (20% da nota global) corresponde á actividade relacionada co traballo cooperativo e o outro 50% (20% da nota global) corresponde á participación do alumnado na aula.
A avaliación continua será valorada en base á participación e resultados nas actividades interactivas, tanto individuais como grupais.
Avaliación de competencias:
Exame teórico: Con3, Con4, H/D01, Com01, Comp03, Comp05, Comp06
Actividades interactivas: Con3, Con4, H/D01, H/D05, HD07, HD10, Comp03, Com05, Comp06
Aulas expositivas: 25 h
Aulas interactivas: 15 h
Titoría: 1h
Exame: 3 h
Traballo personal do alumnado (estudo, realización de traballos individuais e grupais): 68,5 h
Recomendacións para o estudo da materia
Recoméndase asistir á totalidade das clases expositivas e ás actividades interactivas. Con frecuencia, as presentacións teóricas estarán acompañadas de citas bibliográficas que apoian os contidos teóricos, co fin de que o alumnado máis interesado poida acudir á fonte orixinal. Se existiren dificultades para localizar ou obter esta bibliografía recoméndase contactar co profesor da materia para posibilitar o acceso á mesma. Encoráxase a participación oral en clase, exercitando a capacidade de responder ou mesmo formular hipóteses nun cadro conceptual evolutivo e bioxeográfico relativo á flora. Recoméndase intervir nas clases cando algún aspecto teórico ou práctico non teña ficado claro, solicitando o seu esclarecemento e, con carácter xeral, manter un espírito crítico e non dogmático ante os contidos teóricos que se expoñan.
Francisco Javier Amigo Vazquez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814977
- Correo electrónico
- javier.amigo.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Miguel Serrano Perez
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814972
- Correo electrónico
- miguel.serrano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
18.05.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
02.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |