Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Proporcionarase ao alumnado unha visión detallada dos principais grupos de plantas non vasculares e os seus diferentes ciclos vitais. Preténdese que o alumnado coñeza a morfoloxía, estrutura e diversidade das criptógamas así como as formas de vida e modos de reprodución das mesmas. Farase especial incidencia na aprendizaxe e observación de caracteres de plantas frescas en laboratorio dos grupos de maior representatividade en Galicia e a súa importancia no medio natural. Por último tratarase de incrementar a súa sensibilidade cara aos temas ambientais e o respecto pola natureza. Os estudantes deberán ser capaces de: a) comprender e manexar terminoloxía científica básica relacionada coas plantas non vasculares, b) construír un texto escrito, desenvolto en grupo, comprensible e organizado cientificamente sobre un tema proposto polo profesorado e expresalo oralmente ante a clase, c) realizar traballos de recolección, preparación e conservación de mostras para o seu estudo e identificación mediante claves, d) O alumnado levará a cabo a presentación e discusión pública de temas curtos propostos polo profesorado e desenvolvidos en grupo.
As criptógamas e os sistemas de clasificación. Os fungos. Div. Acrasiomycota. Div. Myxomycota. Div. Labyrinthulomycota. Div. Oomycota. Div.
Eumycota. As algas procariotas. Div. Cyanophyta. Div. Prochlorophyta. As algas eucariotas. Div. Rhodophyta. Div. Cryptophyta. Div. Heterokontophyta. Div. Chlorophyta. Div. Euglenophyta. Div. Streptophyta. Embriófitos. As plantas non vasculares verdes terrestres. Div. Bryophyta.
CLASES TEÓRICAS EXPOSITIVAS
Os contidos das clases expositivas son iguais en todos os escenarios. Sistemas de clasificación dos seres vivos. Grupos de organismos que integran as plantas non vasculares. Fungos: Características vexetativas e reprodutivas, ciclos biolóxicos e clasificación. Asociacións fúngicas. Importancia e aplicacións. Algas: Características vexetativas e reprodutivas, ciclos biolóxicos e clasificación. Algas procariotas. Algas eucariotas. Importancia e aplicacións. Estratexias evolutivas dos vexetais para a conquista do medio terrestre.
Briófitos: Características vexetativas e reprodutoras, ciclos biolóxicos e clasificación. Importancia e aplicacións.
PROGRAMA DAS CLASES TEÓRICAS (42 h)
Os contidos das clases interactivas son iguais en todos os escenarios. Presentación da materia (1 h)
Tema 1. Botánica: definición e obxecto de estudo. Niveis de organización e propostas de clasificación. Biodiversidade e número de especies (1 h)
Tema 2. Características xerais dos fungos (morfoloxía, nutrición, reprodución e ecoloxía). Biodiversidade e Filogenia (2 h).
Tema 3. Fungos mucilaginosos. Caracteres xerais. Exemplos dos principais grupos (Acrasiomycota, Myxomycota e Plasmodiophoromycota). Pseudohongos. Caracteres xerais e exemplos de Oomycota (3 h)
Tema 4. Eumycota (fungos sensu stricto). Caracteres xerais. Clasificación e exemplos de Chytridiomycetes e Zygomycetes (4 h)
Tema 5. Eumycota. Ascomycetes de organización unicelular e miceliar. Grupos máis representativos. Importancia económica e utilidade (4 h)
Tema 6. Eumycota. Basidiomycetes. Grupos máis representativos. Importancia económica e utilidade (4 h).
Tema 7. Fungos liquenizados. Morfoloxía, estrutura e reprodución. Utilidade e aplicacións (2 h)
Tema 8. Características xerais das algas: Morfoloxía, reprodución e ecoloxía. Biodiversidade e Filogenia (2 h)
Tema 9. Algas procariotas: Cyanophyta. Caracteres xerais, hábitat e utilidades. Clasificación (2 h).
Tema 10. Algas eucariotas: Cryptophyta, Dinophyta, Euglenophyta e Haptophyta. Caracteres diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat, exemplos e utilidades. (2 h).
Tema 11. Ochrophyta: Phaeophyceae, Bacillariophyceae, Chrysophyceae e Xanthophyceae. Caracteres diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat, exemplos e utilidades (4 h).
Tema 12. Rhodophyta. Bangiophyceae e Florideophyceae. Caracteres diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat e utilidades (3 h).
Tema 13. Chlorophyta e Charophyta. Caracteres diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat e utilidades (4 h).
Tema 14. Conceptos e aspectos xerais de Briófitos. Adaptacións ao medio terrestre. Reprodución e ciclos biolóxicos. Principais grupos ( Anthoceropsida, Marchantiopsida e Bryopsida) (4 h).
CLASES PRÁCTICAS PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS (10 H)
Realizaranse tres prácticas en laboratorio (P1, P2, P3) e dúas prácticas virtuais (P4 e P5).
Modalidade: síncronas, presenciais en laboratorio
O alumnado dispoñerá de diferentes especies de plantas non vasculares e de preparacións microscópicas onde poderá observar estruturas vexetativas e reprodutoras.
Práctica 1. Micro e macromicetes (2 h)
Práctica 2. Fungos liquenizados (1 h)
Práctica 3. Algas macroscópicas (2 h)
Modalidade: asíncronas, virtuais
O alumnado dispoñerá na aula virtual de presentacións comentadas. Os contidos serán os seguintes:
Práctica 4. Algas microscópicas (2,5 h)
Práctica 5. Briófitos (2,5 h)
TITORÍA (1 h)
Os contidos da titoría son iguais en todos os escenarios. O obxectivo desta actividade é resolver as dúbidas do alumnado sobre os temas explicados durante as clases expositivas e orientalo para superar aquelas dificultades que atope na avaliación. Realizarase de forma virtual (sincrónica) a través de MS Teams en calquera dos escenarios.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Alexopoulos, C., Mims, C.W. & Blackwell, M., 1996. Introductory Mycology. New York: John Wiley & Sons.
- Sitte, P., Weiler, E.W., Kadereit, J.W., Bresinsky, A. & Körner, C., 2004. Strasburger. Tratado de Botánica. 35ª ed. Barcelona: Ediciones Omega.
- Van den Hoek, C., Mann, D. G. & Jahns, H.M., 1995. Algae: An Introduction to Phycology. Cambridge: Cambridge University Press.
- Vanderpoorten, A. & Goffinet, B., eds., 2009. Introduction to Bryophytes. Cambridge: Cambridge University Press.
- Webster, J. & Weber, R., 2007. Introduction to fungi (en línea). Cambridge: Cambridge University Press.
- Nawors, M.W. 2006. Introducción a la Botánica (en línea). Madrid: Pearson.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Aira, M. J., Vázquez, R. A. & Izco, J., eds., 2014. Manual de prácticas de Botánica: Laboratorio y campo. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
- Bárbara, I. & Cremades, J., 1993. Guía de las algas del litoral gallego. La Coruña: Casa de las Ciencias, Ayuntamiento.
- Castro, M.L., 2004. Cogomelos de Galicia e Norte de Portugal. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
- Pérez, C.; López, M.C. & López de Silanes, E., 2003. Guía dos liques de Galicia. Vigo: Baía Ediciones.
RECURSOS EN INTERNET
- Algas marinas de Asturias
http: www.Asturias.es/medioambiente/publicaciones/ficheros/algas%20 marinas%20de%Asturias.pdf
- Bárbara, I. 2009. Algas bentónicas marinas y salobres de Galicia: iconografías y claves de identificación. Facultad de Ciencias. Universidad de A Coruña.
http://es.scribd.com/doc/28418650/Guia-Fotografica-Algas-Marinas-Galici…
- British Bryological Society. 2012. www.britishbryologicalsociety.org.uk
- Guiry, M.D. 2012. Algaebase: Listing the World's Algae. http://www.algaebase.org/
- Catálogo de setas y hongos https://www.fungipedia.org/hongos.html
- Sociedad Epañola de Liquenología. http://www.ucm.es/seliquen/
Independentemente do escenario no que se desenvolva a docencia, o alumnado despois de cursar esta materia terá unha visión detallada dos principais grupos de plantas non vasculares, coñecerá a súa biodiversidade, ecoloxía, ademais das formas de reprodución das mesmas e as súas aplicacións.
Competencias específicas
a) Diferenciar os grupos de plantas non vasculares.
- CE4.d: Ámbito competencial (Biodiversidade). Diversidade de plantas e fungos.
- CE4. g: Ámbito competencial (Biodiversidade). Análise da biodiversidade.
b) Coñecer as principais liñas evolutivas
- CE4. b: Ámbito competencial (Biodiversidade). Evolución e filogenia.
c) Observar e recoñecer os caracteres anatómicos e morfolóxicos das plantas non vasculares.
- CE3. c: Ámbito competencial (Células, tecidos e órganos). Morfoloxía e anatomía de tecidos e órganos.
- CE3.e: Ámbito competencial (Células, tecidos e órganos). Adaptacións ao medio.
- CE4.a: Ámbito competencial (Biodiversidade). Tipos e niveis de organización e ciclos biolóxicos.
d) Usar as técnicas básicas de identificación dos grupos tratados.
- CE1. c: Ámbito competencial (Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades). Técnicas básicas en Bioloxía. Competencias básicas
- CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
- CB5: Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias Xerais
- CG2: Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía.
- CG3: Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
- CG4: Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado.
- CG5: Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Competencias Transversais
- CT1: Capacidade de análise e síntese.
- CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
- CT4: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
- CT7: Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
- CT8: Habilidade no manexo de TICs.
- CT9: Utilización de información bibliográfica e da internet.
- CT10: Utilización de información en lingua estranxeira.
- CT11: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Para o desenvolvemento da docencia presencial teórica utilizaranse presentacións e vídeos que axuden ao alumnado para coñecer os distintos grupos taxonómicos que se inclúen nas plantas non vasculares. Para a docencia práctica o alumnado contará cun guión específico para cada actividade. Para a docencia virtual, tanto teórica como práctica utilizarase o Campus Virtual con presentacións comentadas ou MS Teams. En calquera caso todos os contidos das distintas actividades da materia, incluíndo as presentacións presenciais, estarán dispoñibles na aula virtual da materia.
Escenario 1
Clases teóricas.- As clases de teoría serán presenciais e impartiranse con apoio de medios audiovisuais, potenciando a participación e intervención do alumnado. A duración da mesma será de 50 minutos.
Clases interactivas.- As tres primeiras prácticas (P1, P2, P3) impartiranse en laboratorio e as dous seguintes (P4, P5) realizaranse de forma virtual (asíncrona), con presentacións comentadas que estarán dispoñibles na aula virtual.
Titoría.- Realizarase de forma virtual síncrona a través de MS Teams.
Escenario 2
Clases teóricas.- As clases de teoría impartiranse de forma síncrona a través de MS Teams.

Escenario 3
Clases teóricas.- As clases de teoría impartiranse de forma síncrona a través de MS Teams.
Clases interactivas.- Todas as prácticas impartiranse de forma virtual. As tres primeiras (P1, P2 e P3) de forma síncrona a través de MS Teams e as restantes (P4 e P5) de forma asíncrona, en ambos os casos con presentacións comentadas que estarán dispoñibles na aula virtual.
Titoría.- Realizarase de forma virtual síncrona a través de MS Teams.
En todos os escenarios seguiranse as seguintes pautas:
- A asistencia ás actividades desta materia (expositivas, interactivas e titorías) non ten carácter obrigatorio.
- Non se conservará ningunha nota dun curso para outro, polo que os estudantes repetidores deben axustarse aos criterios de avaliación que figuren na guía docente de cada curso escolar.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Tamén queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
- Os coñecementos adquiridos e as competencias serán avaliadas mediante exames escritos presenciais, tanto dos contidos teóricos como prácticos.
Nos exames de teoría avaliaranse preferentemente as seguintes competencias: CE4. b, CE4.a, CG5, CT1, CT2, CT8 e CT10 e nos de prácticas avaliaranse preferentemente: CE4. g, CE4.d, CE3. c, CE3.e, CE1. c e CT11.
Escenario 1
Exame.-
A cualificación final será a suma dos resultados obtidos na proba teórica e práctica. Os contidos teóricos representarán o 60% (6 puntos sobre 10) e os das prácticas o 40% (4 puntos sobre 10). Cada unha das cinco prácticas terá unha valoración independente (0,8 puntos cada unha). Para superar a materia é imprescindible obter polo menos a metade da puntuación de cada parte (3 puntos en teoría e 2 en prácticas, é dicir un total de 5 puntos sobre 10).
Avaliación continua.-
Realizarase ao longo do curso e só da parte práctica, a través de 5 probas escritas non obrigatorias de cada unha das 5 prácticas. A data de cada exame será convenientemente anunciada (clases, aula virtual). O lugar dos devanditos exames será a aula na que se impartan as clases expositivas, utilizando 10 minutos aproximadamente das clases expositivas que correspondan. Dita avaliación servirá para avaliar tanto os coñecementos como as competencias adquiridas polo alumnado. Unha vez finalizadas as probas de avaliación continua o alumnado que obtivese polo menos 2 puntos sobre 4 non terá que presentarse ao exame práctico na proba final (é dicir, para a segunda convocatoria gardaranse as cualificacións obtidas na avaliación continua) e a cualificación obtida sumarase á parte teórica (sempre que nesta obtivesen polo menos 3 puntos). Unicamente aquelas persoas que non obtivesen polo menos 2 puntos na suma das probas prácticas poderán repetir o exame dunha ou máis prácticas durante a proba final, xunto co exame de teoría. O exame final ten carácter presencial e é obrigatorio para todo o alumnado. Constará dunha parte teórica (obrigatoria para todo o alumnado) e unha parte práctica que unicamente será obrigatoria para o alumnado que non superase a avaliación continua (2 puntos sobre 10).
Escenario 2
Seguiranse as mesmas pautas descritas anteriormente e manteranse os mesmos criterios de puntuación que se describiron para o Escenario 1, é dicir os contidos teóricos representarán o 60% (6 puntos sobre 10) e os das prácticas o 40% (4 puntos sobre 10). Cada unha das cinco prácticas terá unha valoración independente (0,8 puntos cada unha). Para superar a materia será imprescindible obter polo menos a metade da puntuación de cada parte (3 puntos en teoría e 2 en prácticas, é dicir un total de 5 puntos sobre 10). Todas as probas, incluíndo as da avaliación continua, serán virtuais asíncronas a través de exercicios que estarán dispoñibles para o alumnado na aula virtual. O exame final ten preferentemente carácter telemático e é obrigatorio para todo o alumnado. Constará dunha parte teórica (obrigatoria para todo o alumnado) e unha parte práctica que unicamente será obrigatoria para o alumnado que non superase a avaliación continua (2 puntos sobre 10).
Escenario 3
Seguiranse as mesmas pautas descritas anteriormente e manteranse os mesmos criterios de puntuación que se describiron para o Escenario 1, é dicir os contidos teóricos representarán o 60% (6 puntos sobre 10) e os das prácticas o 40% (4 puntos sobre 10). Cada unha das cinco prácticas terá unha valoración independente (0,8 puntos cada unha). Para superar a materia será imprescindible obter polo menos a metade da puntuación de cada parte (3 puntos en teoría e 2 en prácticas, é dicir un total de 5 puntos sobre 10). Todas as probas, incluíndo as da avaliación continua, serán virtuais asíncronas a través de exercicios que estarán dispoñibles para o alumnado na aula virtual. O exame final ten carácter telemático e é obrigatorio para todo o alumnado. Constará dunha parte teórica (obrigatoria para todo o alumnado) e unha parte práctica que unicamente será obrigatoria para o alumnado que non superase a avaliación continua (2 puntos sobre 10).
Os criterios de avaliación da materia están recollidos na táboa que aparece na seguinte ligazón: http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Traballo presencial en clase: - Clases maxistrais: 42 h.
- Prácticas de laboratorio (obrigatorias): 10 h.
- Titoría (obrigatoria): 1 h.
Exame: 3horas.
Total de horas de traballo presencial: 56 h.
Traballo persoal do estudante: 94 h
- Estudo individual:
Total horas de traballo presencial e persoal do alumno: 150 h.
- Asistencia á totalidade das actividades docentes e consulta da aula virtual.
- Revisión da bibliografía recomendada e complementaria. Nos escenarios 2 e 3 utilizaranse preferentemente os recursos virtuais.
- Consulta calquera dúbida relacionada coa materia a través do correo electrónico do profesorado, especialmente nos escenarios 2 e 3.
Non se autoriza a utilización do teléfono móbil con fins persoais en ningunha das actividades presenciais da materia.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía do ensino
Para o desenvolvemento da docencia presencial teórica utilizaranse presentacións e vídeos que axuden ao alumnado para coñecer os distintos grupos taxonómicos que se inclúen nas plantas non vasculares. Para a docencia práctica o alumnado contará cun guión específico para cada actividade. Para a docencia virtual, tanto teórica como práctica utilizarase o Campus Virtual con presentacións comentadas ou MS Teams. En calquera caso todos os contidos das distintas actividades da materia, incluíndo as presentacións presenciais, estarán dispoñibles na aula virtual da materia.
Escenario 1
Clases teóricas.- As clases de teoría serán presenciais e impartiranse con apoio de medios audiovisuais, potenciando a participación e intervención do alumnado. A duración da mesma será de 50 minutos.
Clases interactivas.- As tres primeiras prácticas ( P1, P2, P3) impartiranse en laboratorio e as dous seguintes ( P4, P5) realizaranse de forma virtual (asíncrona), con presentacións comentadas que estarán dispoñibles na aula virtual.
Titoría.- Realizarase de forma virtual síncrona a través de MS Teams.
Adaptacións para os Escenarios 2 e3
Escenario 2
Clases teóricas.- As clases de teoría impartiranse de forma síncrona a través de MS Teams.
Clases interactivas.- As tres primeiras prácticas (P1, P2, P3) impartiranse en laboratorio e as dous seguintes (P4, P5) realizaranse de forma virtual (asíncrona), con presentacións comentadas que estarán dispoñibles na aula virtual.
Titoría.- Realizarase de forma virtual síncrona a través de MS Teams.
Escenario 3
Clases teóricas.- As clases de teoría impartiranse de forma síncrona a través de MS Teams.
Clases interactivas.- Todas as prácticas impartiranse de forma virtual. As tres primeiras (P1, P2 e P3) de forma síncrona a través de MS Teams e as restantes (P4 e P5) de forma asíncrona, en ambos os casos con presentacións comentadas que estarán dispoñibles na aula virtual.
Titoría.- Realizarase de forma virtual síncrona a través de MS Teams.
Sistema de avaliación
En todos os escenarios seguiranse as seguintes pautas:
- A asistencia ás actividades desta materia (expositivas, interactivas e titorías) non ten carácter obrigatorio.
- Non se conservará ningunha nota dun curso para outro, polo que os estudantes repetidores deben axustarse aos criterios de avaliación que figuren na guía docente de cada curso escolar.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Tamén queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
- Os coñecementos adquiridos e as competencias serán avaliadas mediante exames escritos presenciais, tanto dos contidos teóricos como prácticos.
Nos exames de teoría avaliaranse preferentemente as seguintes competencias: CE4. b, CE4.a, CG5, CT1, CT2, CT8 e CT10 e nos de prácticas avaliaranse preferentemente: CE4. g, CE4.d, CE3. c, CE3.e, CE1. c e CT11.
Escenario 1
Exame.-
A cualificación final será a suma dos resultados obtidos na proba teórica e práctica. Os contidos teóricos representarán o 60% (6 puntos sobre 10) e os das prácticas o 40% (4 puntos sobre 10). Cada unha das cinco prácticas terá unha valoración independente (0,8 puntos cada unha). Para superar a materia é imprescindible obter polo menos a metade da puntuación de cada parte (3 puntos en teoría e 2 en prácticas, é dicir un total de 5 puntos sobre 10).
Avaliación continua.-
Realizarase ao longo do curso e só da parte práctica, a través de 5 probas escritas non obrigatorias de cada unha das 5 prácticas. A data de cada exame será convenientemente anunciada (clases, aula virtual). O lugar dos devanditos exames será a aula na que se impartan as clases expositivas, utilizando 10 minutos aproximadamente das clases expositivas que correspondan. Dita avaliación servirá para avaliar tanto os coñecementos como as competencias adquiridas polo alumnado. Unha vez finalizadas as probas de avaliación continua o alumnado que obtivese polo menos 2 puntos sobre 4 non terá que presentarse ao exame práctico na proba final (é dicir, para a segunda convocatoria gardaranse as cualificacións obtidas na avaliación continua) e a cualificación obtida sumarase á parte teórica (sempre que nesta obtivesen polo menos 3 puntos). Unicamente aquelas persoas que non obtivesen polo menos 2 puntos na suma das probas prácticas poderán repetir o exame dunha ou máis prácticas durante a proba final, xunto co exame de teoría. O exame final ten carácter presencial e é obrigatorio para todo o alumnado. Constará dunha parte teórica (obrigatoria para todo o alumnado) e unha parte práctica que unicamente será obrigatoria para o alumnado que non superase a avaliación continua (2 puntos sobre 10).
Adaptacións para os Escenarios 2 e3
Escenario 2
Seguiranse as mesmas pautas descritas anteriormente e manteranse os mesmos criterios de puntuación que se describiron para o Escenario 1, é dicir os contidos teóricos representarán o 60% (6 puntos sobre 10) e os das prácticas o 40% (4 puntos sobre 10). Cada unha das cinco prácticas terá unha valoración independente (0,8 puntos cada unha). Para superar a materia será imprescindible obter polo menos a metade da puntuación de cada parte (3 puntos en teoría e 2 en prácticas, é dicir un total de 5 puntos sobre 10). Todas as probas, incluíndo as da avaliación continua, serán virtuais asíncronas a través de exercicios que estarán dispoñibles para o alumnado na aula virtual. O exame final ten preferentemente carácter telemático e é obrigatorio para todo o alumnado. Constará dunha parte teórica (obrigatoria para todo o alumnado) e unha parte práctica que unicamente será obrigatoria para o alumnado que non superase a avaliación continua (2 puntos sobre 10).
Escenario 3
Seguiranse as mesmas pautas descritas anteriormente e manteranse os mesmos criterios de puntuación que se describiron para o Escenario 1, é dicir os contidos teóricos representarán o 60% (6 puntos sobre 10) e os das prácticas o 40% (4 puntos sobre 10). Cada unha das cinco prácticas terá unha valoración independente (0,8 puntos cada unha). Para superar a materia será imprescindible obter polo menos a metade da puntuación de cada parte (3 puntos en teoría e 2 en prácticas, é dicir un total de 5 puntos sobre 10). Todas as probas, incluíndo as da avaliación continua, serán virtuais asíncronas a través de exercicios que estarán dispoñibles para o alumnado na aula virtual. O exame final ten carácter telemático e é obrigatorio para todo o alumnado. Constará dunha parte teórica (obrigatoria para todo o alumnado) e unha parte práctica que unicamente será obrigatoria para o alumnado que non superase a avaliación continua (2 puntos sobre 10).
Os criterios de avaliación da materia están recollidos na táboa que aparece na seguinte ligazón: http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Mª Del Carmen Lopez Rodriguez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881813372
- Correo electrónico
- mdelcarmen.lopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mª Jesús Aira Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881813263
- Correo electrónico
- mariajesus.aira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
28.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
28.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
28.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
28.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
28.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
28.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
28.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
28.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
06.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
06.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
06.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
06.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |