Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Ecoloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
•Adquirir un conxunto de coñecementos ecolóxicos básicos, expoñendo os principios ecolóxicos relativos ás comunidades e aos ecosistemas (organismos e poboacións foron tratados en Ecoloxía I), que son a base para comprender os procesos que ocorren na biosfera.
•Aprender a manexar a terminoloxía ecolóxica con precisión, dominando o vocabulario básico da disciplina.
•Potenciar a capacidade de interrelación, practicamente imprescindible para interiorizar os conceptos propios da ecoloxía, poñendo de relevo a importancia das interconexións entre os compoñentes dos ecosistemas.
•Entender que os ecosistemas son sistemas complexos, que funcionan como unidades integradas, existindo múltiples causas que xeran a súa estrutura e funcionamento.
•Percibir o impacto humano na biosfera e fomentar a concienciación con respecto á problemática ecolóxica e ambiental actual.
Clases expositivas (26 + 7 h)
Indícase entre parénteses a duración aproximada de cada tema.
Todas as aulas serán presenciais. Indícase entre parénteses a duración aproximada de cada tema.
Bloque I. COMUNIDADES
1. Comunidade biolóxica: concepto e caracterización (4 h)
2. Patrones espaciales de diversidade biolóxica (4 h)
3. Dinámica temporal das comunidades (4 h)
4. Comunidades insulares. (3 h)
5. Perturbación (2 h)
Bloque II. FUNCIONAMENTO DO ECOSISTEMA
6. O ecosistema. Produción primaria. (4 h)
7. Produción secundaria. (2 h)
8. Fluxo de enerxía e estrutura trófica. (3 h)
9. Circulación de nutrientes. (4 h)
10. Descomposición. (3 h)
PRÁCTICAS DE CAMPO Y LABORATORIO (13 h)
O calendario de prácticas axustarase no posible ó desenvolvemento do programa teórico e tódalas aulas serán presenciais .
Laboratorio:
1. Estudo da competencia por alelopatía a nivel de comunidade en comunidades forestais (2h en duas sesións).
2. Estudo de comunidades de macroinvertebrados en ecosistemas terrestres e augas epicontinentais. (1.5 nunha sesión)
3. Determinación da Biomasa e PPN en comunidades terrestres. (1.5h nunha sesión)
Campo
1. Ecosistemasa terrestres: mostraxe das principais variables ecolóxicas de estudo da vexetación terrestre. (4h nunha sesión)
2. Ecosistemas acuáticos: mostraxe en ecosistemas acuáticos epicontinentais e ecosistemas terrestres de ribeira (en función de la disponibilidad económica). (4h nunha sesión)
SEMINARIOS (8 h)
Os seminarios serán presenciais e incluirán exercicios, problemas e obtención de parámetros obtidos a partir de datos recollidos nas prácticas de campo e laboratorio ou de datos bibliográficos. Tamén poderán incluir charlas e coloquios con expertos de otras universidades e centros de investigación, debates sobre temas de actualidade e otras actividades relacionadas coa materia.
1. Seminario 1, adicado a reforzar coñecementos do bloque I Comunidades.
2. Seminario 2, adicado a reforzar coñecementos do bloque I Comunidades.
3. Seminario 3, adicado a reforzar coñecementos do bloque I Comunidades.
4. Seminario 4, adicado a reforzar coñecementos do bloque I Comunidades.
5. Seminario 5, adicado a reforzar coñecementos do bloque II Ecosistemas.
6. Seminario 6, adicado a reforzar coñecementos do bloque II Ecosistemas.
7. Seminario 7, adicado a reforzar coñecementos do bloque II Ecosistemas.
8. Seminario 8, adicado a reforzar coñecementos do bloque II Ecosistemas.
TITORÍAS (2 h)
Estarán adicadas ao repaso de aspectos clave e dos exercicios dos seminarios e os encargados para realizar como traballo persoal.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Begon, M.; Harper, J.L. & Townsend, C.R. 1999. Ecología: individuos, poblaciones y comunidades. 3ª ed. Barcelona: Omega.
Cain, M.L.; Bowman, W.D & Hacker, S.D. 2008. Ecology. Sunderland, Massachusetts: Sinauer Associates, Inc.
Krebs, C.J. 2009. Ecology: the experimental analysis of distribution and abundance. 6th ed. San Francisco, California: Benjamin Cummings.
Molles, M.C. 2006. Ecología: conceptos y aplicaciones. 3ª ed. Madrid: McGraw-Hill/Interamericana.
Smith, R.L. & Smith, T.M. 2007. Ecología. 6ª ed. Madrid: Pearson Educación.
Stiling, P. 2012. Ecology. Global Insights & Investigations. Nueva York: McGraw-Hill.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Krebs, C.J. 1999. Ecological Methodology. 2nd ed. Menlo Park: Addison-Wesley.
Ricklefs, R.E. 1998. Invitación a la ecología. La economía de la naturaleza : libro de texto sobre economía básica. 4ª ed. Bogotá: Panamericana.
Townsend, C.R.; Begon, M. & Harper, J.L. 2008. Essentials of ecology. 3rd ed. Malden, Massachusetts: Blackwell.
Dentro das competencias nesta materia traballaranse de forma máis concreta as seguintes:
Transversais
• CT1. Capacidade de análise e síntese
• CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación
• CT7. Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demáis
• CT8. Habilidade no manexo das TIC
• CT9. Utilización da información bibliográfica e de internet
• CT10. Utilización de información en lingua extranxeira
• CT11. Capacidade para a resolución de problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Específicas
• CE1. Coñece-las bases científicas da teoría ecolóxica e a súa aplicación cara a sustentabilidade dos ecosistemas e a conservación da biodiversidade.
• CE2. Adquirir coñecementos sobre as comunidades e ecosistemas, incluíndo os procesos, ciclos e fluxos que interconectan as súas distintas compoñentes.
• CE3. Coñece-los métodos e as técnicas básicas de laboratorio e campo da ecoloxía.
• CE4. Ter un coñecemento global dos problemas ambientais e ecolóxicos.
• CE5. Identificar e formular problemas ecolóxicos.
• CE6. Aplicar modelos ecolóxicos.
• CE7. Interiorizar un compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
As competencias básicas e xerais son as que figuran na memoria do Grao.
As clases EXPOSITIVAS consistirán en leccións maxistrais nas que se introducirán os coñecementos básicos da ciencia ecolóxica (conceptos, procesos, hipóteses, modelos). Con frecuencia, farase referencia a conceptos, experimentos ou hipóteses xa vistos en temas anteriores. Isto é imprescindible dada a natureza integradora da materia. Tampouco será infrecuente a referencia a cuestións que se verán máis adiante, xa que a Ecoloxía non é unha materia que admita un desenvolvemento lineal, senón ramificado. Este exercicio de relacionar trazos e procesos diversos supón un certo esforzo, pero finalmente aporta unha capacidade de análise global que pode resultar moi útil, non só no estudo desta materia, senón como unha ferramenta de traballo xeral.
Os seminarios e as clases prácticas tamén constitúen parte esencial do curso.
Os clases interactivas de SEMINARIOS adicaranse á resolución, por parte do alumno, de cuestións e problemas relativos aos temas tratados, charlas con especialistas, debates, etc. Ao final de cada un deles haberá unha breve exposición, por parte do profesor, relativa á resolución das devanditas cuestións e problemas.
As clases interactivas de LABORATORIO OU CAMPO abordarán o manexo de métodos de laboratorio e campo que permitan familiarizarse coa forma de traballo habitual en Ecoloxía. Os guións facilitados ó comezo das prácticas inclúen a información necesaria para poder seguir de forma ordenada e clara o desenvolvemento da tarefa proposta. Enfrontarse coa resolución dun problema concreto, e o feito de que os grupos de prácticas son máis reducidos, soe favorecer unha maior interacción entre os alumnos e o profesor, e facilita a intervención e formulación de dúbidas. Cada práctica deberá de ir acompañada da entrega dunha tarefa que constituirá parte da avaliación continua.
TITORÍAS: Adicaranse básicamente á aclaración de dúbidas sobre a teoría e os seminarios, así como calquera outra consulta relativa á docencia da materia.
So será obrigatorio a asistencia as prácticas de campo e laboratorio, cun 70% de asistencia esixida
A avaliación será idéntica para os 3 escenarios contemplados e para as dúas oportunidades. A proba final é complementaria á avaliación continua. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estes instrumentos serán utilizados para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
- No exame avalíanse as competencias: CX1, CX2, CX3, CX4, CX5, CT1, CT2, CT7, CT8, CT9, CT10; CT11, CE1, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6 e CE7.
- Nos casos prácticos: CX1, CX2, CX3, CX4, CX5, CT1, CT2, CT9, CT10; CT11, CE1, CE2, CE3 e CE6.
A modo de resumo, como avaliación continua, os dous controis sobre os contidos tratados nos seminarios e prácticas supoñerán o 30% da cualificación final, as entregas do caderno de prácticas o 10%. As actividades obrigatorias son as prácticas de campo e laboratorio (cun 70% de asistencia esixida). A proba final que é complementaria á avaliación continua supoñerá en 60% da cualificación final. Os alumnos repetidores teñen o mesmo sistema de avaliación que os alumnos de primeira matrícula. Para os alumnos repetidores unicamente conservarase a cualificación da memoria dos resultados das prácticas, durante o mesmo período que a normativa desta universidade dispón para a asistencia ás prácticas.
Ademais da docencia presencial de diversos tipos, os alumnos han de precisar horas de estudo e de traballo persoal. En conxunto, as horas dedicadas son:
33 horas expositivas (clases e seminarios)
21 horas interactivas (prácticas, seminarios e prácticas de campo e laboratorio)
2 horas de titorías
92 horas de traballo persoal
2 horas de exame
150 horas de dedicación total
-Asistir habitualmente ás clases teóricas, seminarios e prácticas
-Estudar a materia ó día
-Consultar a bibliografía
-Consultar dúbidas en clase ou en horas de titoría.
Plan de Continxencia
Nos escenarios 2 e 3 adaptaranse os contidos da programación docente, respectando os obxectivos e as competencias que se deban acadar e mantendo o nivel de esixencia. Todos os contidos van a estar dispoñibles na aula virtual. A comunicación cos alumnos farase a través da aula virtual e de Teams.
Escenario 2
A docencia expositiva realizarse de xeito virtual a través de sesións síncronas en Teams. Si isto non fose posible, sustituiranse por sesións asíncronas con audio-presentacións.
Na docencia interactiva, dividiranse os grupos en dous coa metade de horas presenciais. As clases interactivas completaranse con vídeos e actividades feitas en remoto..
As titorías serán por vía telemática.
Escenario 3 (Peche das instalacións)
A docencia, tanto expositiva como interactiva, desenvolverase completamente de xeito virtual, con preferencia polos mecanismos síncronos.
Prácticas con modalidade completamente virtual, nos mesmos horarios programados.
As titorías serán exclusivamente por vía telemática.
As probas finais, de ser o caso, serán exclusivamente telemáticas
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación será idéntica para os 3 escenarios contemplados e para as dúas oportunidades a excepción do escenario 3, no que a proba final será telemática. A proba final é complementaria á avaliación continua.
o Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Otilia Reyes Ferreira
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813318
- Correo electrónico
- otilia.reyes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carola Gomez Rodriguez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- carola.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sheila Fernández Riveiro
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- sheila.fernandez.riveiro [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Pablo Giráldez Suárez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- pablo.giraldez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Antón Vázquez Arias
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- antonvazquez.arias [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 03. Carl Linneo |
24.05.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
24.05.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
24.05.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
24.05.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
24.05.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
24.05.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
08.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
08.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
08.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
08.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |