Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 24 Total: 55
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
O estudante deberá dispoñer dunha aproximación comprensible aos procesos básicos do desenvolvemento a nivel anatómico, celular e molecular, a través da análise dos resultados dos experimentos que foron cruciais para o avance da Bioloxía do Desenvolvemento. Tamén deberá ser quen de identificar e describir as etapas do desenvolvemento embrionario e características dos principais organismos modelo, e coñecer os métodos de estudo na investigación do desenvolvemento e a súa aplicación na resolución de problemas específicos. O estudo desta materia implicará o manexo de fontes de información e da bibliografía especializada, e da terminoloxía específica da materia.
Programa de teoría [27h de Clases Expositivas (cl. maxistrais)
INTRODUCIÓN
TEMA 1.- Antecedentes históricos. Principais conceptos e procesos en Bioloxía do Desenvolvemento. Principais métodos de estudo. Ciclos vitais dos principais organismos modelo en estudos de desenvolvemento: Etapas do desenvolvemento. 2h
BLOQUE I: DESENVOLVEMENTO EN PLANTAS
- TEMA 2.- Produción de gametos. Fecundación. Desenvolvemento embrionario. Meristemas. A transición vexetativa a reprodutiva: xenes da identidade de meristemas florais. 1h
BLOQUE II: DETERMINACIÓN DO SEXO, GAMETOXÉNESE E FECUNDACIÓN
- TEMA 3.- Reprodución asexual e sexual. Determinación cromosómica do sexo. Influencia de factores ambientais na determinación do sexo. Determinación dos carácteres sexuais primarios e secundarios en mamíferos. Orixe das células xerminais. 1h
- TEMA 4.- GAMETOXÉNESE. Espermatoxénese. Ovoxénese. Viteloxénese e maduración do ovo. 2h
- TEMA 5.- FECUNDACIÓN. Fases. Mecanismos implicados na fecundación. Significado biolóxico. Fecundación externa en ourizo de mar. Fecundación interna en mamíferos. PARTENOXÉNESE. Tipos e significado. 2h
BLOQUE III: DESENVOLVEMENTO TEMPERÁN.
- TEMA 6.- SEGMENTACIÓN. Patrón de segmentación e organización da blástula. Propiedades do embrión durante a segmentación: embrións reguladores e de desenvolvemento en mosaico. 2h
- TEMA 7.- GASTRULACIÓN. Mapas de destino. Movementos morfoxenéticos durante a gastrulación. Gastrulación nos principais organismos modelo: ourizo de mar, Xenopus, peixe cebra, polo e rato. 2h
- TEMA 8.- DESENVOLVEMENTO TEMPERÁN EN VERTEBRADOS. Neurulación. Especificación da placa neural e dos seus derivados. Especificación e diferenciación dos derivados do mesoderma e do endoderma. 1h
- TEMA 9.- ENVOLTAS EXTRAEMBRIONARIAS E PLACENTA. Formación do amnios e alantoides en amniotas. Adaptacións ó viviparismo. Implantación do blastocisto nos mamíferos e formación das envoltas extraembrionarias e da placenta.1h
BLOQUE IV: FORMACIÓN DO PLAN CORPORAL BÁSICO E ORGANOXÉNESE. EFECTOS DE AXENTES MEDIOAMBIENTAIS NO DESENVOLVEMENTO
- TEMA 10.- ORGANOXÉNESE EN VERTEBRADOS. Derivados ectodérmicos: sistema nervioso, órganos sensoriais e derivados cutáneos. Derivados do mesoderma paraxial: somitas. Derivados do mesodermo intermedio: aparato uroxenital. Derivados do mesodermo das láminas laterais: corazón e sistema circulatorio. Derivados endodérmicos: tubos e órganos para a dixestión e respiración. Desenvolvemento das extremidades de tetrápodos. 4h
- TEMA 11.- DESENVOLVEMENTO DO PATRÓN CORPORAL EN Drosophila. Especificación dos eixos corporais no embrión. Xenes do desenvolvemento implicados e súas interaccións: xenes maternos e embrionarios. Interaccións moleculares. Conservación do patrón xénico no desenvolvemento. 2h
- TEMA 12.- DESENVOLVEMENTO DO PATRÓN CORPORAL BÁSICO EN VERTEBRADOS. Establecemento dos eixes corporais en anfibios: o concepto de Organizador de Spemann-Mangold e a indución embrionaria. O Centro organizador de Nieuwkoop. Xenes do desenvolvemento e os organizadores de anfibios. Determinación celular e a súa regulación. A regulación en peixes, aves e mamíferos: xenes implicados. Xeración da asimetría corporal. 2h
- TEMA 13.- PLASTICIDADE DO DESENVOLVEMENTO. Epixénese. Defensas embrionarias para a supervivencia. 1h.
BLOQUE V: DESENVOLVEMENTO POSTEMBRIONARIO
- TEMA 114.- METAMORFOSE. Modelos de crecemento. Formas larvarias e o seu significado. Control da metamorfose en insectos e en anfibios. 1h
- TEMA 15.- REXENERACIÓN. Modelos experimentais de rexeneración. Rexeneración nerviosa. ENVELLECEMENTO. Modelos biolóxicos de envellecemento. Marcadores de envellecemento. 1h
- TEMA 16.- DESENVOLVEMENTO E ENFERMIDADE. Inmortalidade celular e cancro. Células tronco embrionarias e o seu papel no desenvolvemento. Teratocarcinoma, un modelo de cancro embrionario. Células tronco nos tecidos adultos. 1h
SÍNTESE
-TEMA 17.- EVOLUCIÓN E DESENVOLVEMENTO (EVO-DEVO). Unha síntese. 1h
Programa de Seminarios (13h)
Discusión dirixida e resolución de problemas e cuestións relacionadas cos contidos especificados no Programa de Teoría.
Seminario 1.- Presentación da metodoloxía de traballo e do sistema de avaliación (continua) dos seminarios. 1h
Seminario 2.- CONTEXTO HISTÓRICO DOS EXPERIMENTOS CRUCIAIS NA BIOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO. 2h
Seminario 3.- APLICACIÓNS DOS DESCUBRIMENTOS CLAVES SOBRE O PROCESO DE FECUNDACIÓN. 2h
Seminario 4.- ANÁLISE DAS PROPIEDADES DOS EMBRIÓNS TEMPERÁNS. 2h
Seminario 5.- O QUE NOS DI O DESENVOLVEMENTO DE Drosophila SOBRE O DESENVOLVEMENTO DE VERTEBRADOS. 2h
Seminario 6.- COMO TESTAR HIPÓTESES. ESTRATEXIA “encóntrao, pérdeo, móveo” 2h
Seminario 7.- INTERPRETANDO A ORIXE DE MALFORMACIÓNS. 2h
Titorías obrigatorias (1h)
Exporanse as normas para o desenvolvemento das actividades dos seminarios e prácticas.
Programa de prácticas (12h)
PRÁCTICA 1.- Estudo da gametoxénese en mamíferos. 2h
PRÁCTICA 2.- Estudo do desenvolvemento en mexilón e ourizo de mar. 2h
PRÁCTICA 3.- Estudo do desenvolvemento do nematodo Ascaris megalocephala. 2h
PRÁCTICA 4.- Estudo do desenvolvemento en anfibios. 2h
PRÁCTICA 5.- Estudo do desenvolvemento de polo. 2h
PRÁCTICA 6.- Envoltas extraembrionarias e organoxénese no rato. 2h
Bibliografía Básica
Teoría
- Carlson, B.M., 2014. Embriología humana y Biología del Desarrollo. 5ª ed. Barcelona: Elsevier.
- Gilbert, S.F., Barresi. M.J.F. 2019. Developmental Biology, 12th ed., Sinauer. (A edición do 2000, 6ª ed., está dispoñible en aberto https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK9983/?term=)
- Wolpert. L., Tickle, C., Martínez Arias, A. 2019. Principles of Development, 6th ed., Oxford UP.
Prácticas
-Bellairs, R. and Osmond, M., 2014. The atlas of chick development. 3nd ed. Amsterdam: Elsevier.
-Conn, David. 1991. Atlas of Invertebrate Reproduction and Development. New York : Wiley-Liss. https://www.researchgate.net/publication/234054273_Atlas_of_Invertebrat…-- Kaufman, M.H., 1992. The atlas of mouse development. London: Academic Press.
http://www.emouseatlas.org/emap/eHistology/kaufman/index.php?plate=38&i…
- Mathews, W.W., 1986. Atlas of descriptive embryology, 4th ed. Englewoods Cliffs: Prentice Hall.
RECURSOS WEB
- Color Images of Histological Sections http://www1.udel.edu/biology/Wags/histopage/colorpage/colorpage.htm
- Society for Developmental Biology: https://www.sdbonline.org/organism_links
-Eurexpress Anatomy Atlas
http://iip.eurexpress.org/eAtlasViewer/php/eurexpressAnatomyAtlas.php
Dev Tutorials https://sophia.smith.edu/blog/barresilab/devidetorials/
-The latest movies from the journal Development
https://www.youtube.com/playlist?list=PLGebknWfAAYbGJkMP5jhWuZwDVk8OdWIn
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Carlson, B.M., 1990. Embriología Básica de Patten. Interamericana. (5ª ed.).
- Gilbert, S.F., Epel, D. 2009. Ecological developmental biology: integrating epigenetics, medicine, and evolution. Sunderland, Massachutsetts: Sinauer
- Gilbert, S.F., Epel, D. 2015. Ecological developmental biology: the environmental regulation of development, health, and evolution. Sunderland, Massachusetts, U.S.A.: Sinauer Associates, Inc. Publishers,
- Martínez Arias, L 2002. Molecular Principles of Animal Development. Oxford
Competencias básicas e xerais:
Das persoas que cursen a materia espérase:
CB1 - Que demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e se atopa xeralmente nun nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 – Que teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa area de estudo) para emitir
xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 – Que poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 – Que teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
As persoas que cursen a materia deberán:
CG1 – Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía, incluíndo a perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 – Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía.
CG3 – Aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 – Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público
especializado como non especializado.
CG5 – Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempos e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT6 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT7 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT8 - Habilidade no manexo de TICs.
CT9 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT10 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CE1.c - Técnicas básicas en bioloxía.
CE3.c - Morfoloxía e anatomía de tecidos e órganos.
CE3.d - Regulación e integración de funcións orgánicas.
CE3.f - Análise microscópica.
CE3.g - Embrioloxía.
CE4.a - Tipos e niveis de organización e ciclos biolóxicos.
CE4.b - Evolución e filoxenia.
En ESCENARIO 1 (situación de normalidade adaptada), utilizaranse:
- Clases maxistrais presenciais síncronas en aula (asistencia non obrigatoria, non avaliable). 27 sesións de 1 hora. Leccións sobre os temas recollidos no apartado Programa de Teoría, impartidas polas profesoras con apoio de encerado, de medios audiovisuais e de cuestionarios relacionados co programa, que se facilitarán ao alumnado a través do Campus Virtual da USC. Os alumnos/as deberán realizar obrigatoriamente todos os cuestionarios, e entregalos resoltos a través do Campus Virtual, dentro do prazo habilitado. A cualificación destes cuestionarios contribúe á da avaliación continua.
- Seminarios presenciais síncronos en aula (asistencia non obrigatoria, non avaliable). 1 seminario de 1 hora e 6 seminarios de 2h de duración cada un. Seminarios sobre os temas recollidos no apartado Programa de Seminarios, impartidos polas profesoras co apoio de encerado, de medios audiovisuais e de cuestionarios relacionados co programa, que se facilitarán ao alumnado a través do Campus Virtual. Os alumnos/as poderán realizar voluntariamente estes cuestionarios e entregalos resoltos a través do Campus Virtual, dentro do prazo habilitado. A cualificación destes cuestionarios contribúe á da avaliación continua.
- Prácticas de laboratorio, semipresenciais. 6 prácticas de laboratorio de 2 h de duración cada unha. As profesoras poñerán a disposición do alumnado medios audiovisuais e cuestionarios relacionados cos contidos do Programa de Prácticas, a través do Campus Virtual. Cada práctica constará de dúas partes de 1 h. A primeira parte de cada práctica será non presencial e asíncrona a través do Campus Virtual (asistencia voluntaria, non avaliable). Nesta parte o alumnado terá que revisar os contidos correspondentes á práctica, previamente a realización da segunda parte. A segunda parte será presencial e síncrona no laboratorio (asistencia obrigatoria con control de asistencia mediante lista, non avaliable). Nesta parte o alumnado fará observacións en microscopio óptico de preparacións de seccións histolóxicas de varios modelos animais nas que se identificarán e describirán distintas etapas de desenvolvemento embrionario. Os alumnos/as deberán realizar obrigatoriamente todos os cuestionarios, e entregalos resoltos a través do Campus Virtual, dentro do prazo habilitado. A cualificación destes cuestionarios contribúe á da avaliación continua.
- Titorías presenciais síncronas en aula (asistencia non obrigatoria, non avaliable). 1 titoría de 1 h. Orientación e apoio para explicar as tarefas do alumnado (estudo, preparación dos seminarios, resolución de problemas, prácticas...).
- Campus Virtual. Proporciona unha vía de comunicación directa e continua co alumnado para facilitar medios audiovisuais sobre os contidos de teoría, seminarios e prácticas, para a proposta e recollida de cuestionarios, resolución de dúbidas e difusión de calquera outra información que resulte de interese para o alumnado.
En ESCENARIO 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física), utilizaranse:
- Clases maxistrais, seminarios e titoría. Realizaranse quendas alternas de docencia presencial síncrona en aula con docencia virtual síncrona en remoto (asistencia non obrigatoria, non avaliable, en ambos casos), polos mecanismos que habilite a USC para a transmisión, sempre que a súa organización sexa compatible coa adopción das medidas establecidas nos protocolos de protección da saúde da Universidade de Santiago de Compostela vixentes en cada momento. Proporcionaranse os mesmos medios audiovisuais e cuestionarios que no escenario 1, a través do Campus Virtual. Os alumnos/as deberán realizar obrigatoriamente todos os cuestionarios de teoría, e voluntariamente os cuestionarios de seminarios, e entregalos resoltos a través do Campus Virtual, dentro do prazo habilitado. A cualificación destes cuestionarios contribúe á da avaliación continua.
- Prácticas de laboratorio. Realizaranse igual que no caso do escenario 1.
- Campus Virtual. Igual que no caso do escenario 1.
En ESCENARIO 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física), utilizaranse:
- Clases maxistrais, seminarios e titoría: a docencia presencial síncrona en aula substituirase por docencia virtual síncrona en remoto (asistencia non obrigatoria, non avaliable), a través de MS Teams. Proporcionaranse os mesmos medios audiovisuais e cuestionarios que no escenario 1, a través do Campus Virtual. Os alumnos/as deberán realizar obrigatoriamente todos os cuestionarios de teoría, e voluntariamente os cuestionarios de seminarios, e entregalos resoltos a través do Campus Virtual, dentro do prazo habilitado. A cualificación destes cuestionarios contribúe á da avaliación continua.
- Prácticas de laboratorio. As profesoras poñerán a disposición do alumnado medios audiovisuais e cuestionarios relacionados cos contidos do Programa de Prácticas, a través do Campus Virtual. Cada práctica constará de dúas partes de 1 h. A primeira parte será igual que no escenario 1. A segunda parte substituirase por unha práctica virtual e síncrona en remoto, a través de MS Teams (asistencia obrigatoria con control da asistencia rexistrada na plataforma, non avaliable). Os alumnos/as deberán realizar obrigatoriamente todos os cuestionarios, e entregalos resoltos a través do Campus Virtual, dentro do prazo habilitado. A cualificación destes cuestionarios contribúe á da avaliación continua.
- Campus Virtual. Igual que no caso do escenario 1.
Os criterios de cualificación detallados atópanse no seguinte enlace:
http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
En ESCENARIO 1:
O alumnado será obrigatoriamente cualificado mediante avaliación continua combinada con proba final.
Na primeira oportunidade:
A proba final obrigatoria será complementaria á avaliación continua. Terá carácter presencial en aula. Suporá o 60% da cualificación final (6 puntos). Superarase cunha puntuación de 2,4 sobre 6 puntos (4 sobre 10).
A avaliación continua será non presencial, asíncrona. Consistirá na resolución e entrega, a través do Campus Virtual e dentro dos prazos habilitados, de 20 cuestionarios: 8 sobre os contidos do programa de teoría, 6 sobre os contidos do programa de seminarios e 6 sobre os contidos do programa de prácticas. A cualificación de cada cuestionario suporá o 2% da cualificación final, polo que a suma das cualificacións da avaliación continua suporá o 40% da cualificación final (4 puntos). Supérase cunha puntuación de 0,6 puntos nos cuestionarios de prácticas, e de 1,4 puntos no conxunto de cuestionarios de teoría e seminarios (2 puntos sobre 4 en total). É obrigatorio entregar todos os cuestionarios correspondentes ao programa de teoría e ao de prácticas. De non entregar estes cuestionarios, o alumno/a será cualificado con 0 puntos na parte correspondente á avaliación continua, independentemente das cualificacións obtidas nos cuestionarios entregados.
Na segunda oportunidade realizarase unha proba final presencial en aula, coas mesmas características que na primeira oportunidade. Conservarase a cualificación da avaliación continua en caso de estar superada. Aqueles alumnos/as que non teñan superada a avaliación continua correspondente aos contidos das prácticas terán que realizar unha proba final de visu que se será virtual e síncrona a través do Campus Virtual. Aqueles que non teñan superada a avaliación continua correspondente a teoría e seminarios terán que realizar un cuestionario que será virtual e síncrono a través do Campus Virtual.
En ESCENARIOS 2 e 3:
Na primeira oportunidade:
A proba final obrigatoria será complementaria á avaliación continua. Terá carácter virtual síncrono a través do Campus Virtual. Suporá o 60% da cualificación final (6 puntos). Superarase cunha puntuación de 2,4 sobre 6 puntos (4 sobre 10).
A avaliación continua realizarase igual que no escenario 1.
Na segunda oportunidade: realizarase unha proba final virtual síncrona, a través do Campus Virtual. Conservarase a cualificación da avaliación continua en caso de estar superada. Para o caso de alumnos/as que non teñan superada a avaliación continua procederase igual que no escenario 1.
Alumnado repetidor
A metodoloxía da ensinanza e sistema de avaliación da aprendizaxe indicados nos apartados anteriores será de aplicación no caso de alumnos/as repetidores, pero non terán obriga de asistir á segunda parte (presencial e síncrona, non avaliable) de cada práctica.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas por plaxio ou uso indebido das tecnoloxías, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
Avaliación de competencias
Os instrumentos de avaliación sinalados arriba serán utilizados para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
- No exame de contidos teóricos avalíanse as competencias: CB1, CB2, CB5, CG1, CG2, CG5, CT2, CT11, CE3.d, CE3.g, CE4.a, CE4.b.
- Na resolución de cuestionarios de teoría e seminarios avalíanse as competencias: CB1, CB2, CB3, CB4, CG3, CG4, CT1, CT2, CT4, CT5, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11
- Na resolución de cuestionarios de prácticas avalíanse as competencias: B5, G5, CE1.c, CE3.c, CE3.f, CE3.g
Horas presenciais: 56h
- Teoría: 27 horas
- Seminarios: 13 horas
- Prácticas de laboratorio: 12 horas
- Titoría: 1 hora
- Realización de exames: 3 horas
Horas de traballo persoal: 94 h
- Estudo: 54 horas
- Preparación de seminarios: 26 horas
- Prácticas de laboratorio: 12 horas
- Titoría : 2 horas
- Asistencia e participación activa nas clases, teñan estas lugar tanto en aula como en remoto en calquera dos escenarios.
- Consulta da bibliografía recomendada nesta guía e nos enlaces de internet que serán proporcionados coas presentacións dos distintos temas, prácticas e seminarios.
- Facer uso frecuente das titorías voluntarias para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia utilizando ben o correo electrónico, a aula virtual ou de xeito presencial ben en despacho (escenario 1) ou en remoto (escenarios 2 e 3).
Plan de Continxencia. No caso de que a docencia se desenvolva nos escenarios 2 e 3, realizaranse as seguintes adaptacións:
Metodoloxía da ensinanza:
En ESCENARIO 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física), utilizaranse:
- Clases maxistrais, seminarios e titoría. Realizaranse quendas alternas de docencia presencial síncrona en aula con docencia virtual síncrona en remoto (asistencia non obrigatoria, non avaliable, en ambos casos), polos mecanismos que habilite a USC para a transmisión, sempre que a súa organización sexa compatible coa adopción das medidas establecidas nos protocolos de protección da saúde da Universidade de Santiago de Compostela vixentes en cada momento. Proporcionaranse os mesmos medios audiovisuais e cuestionarios que no escenario 1, a través do Campus Virtual. Os alumnos/as deberán realizar obrigatoriamente todos os cuestionarios de teoría, e voluntariamente os cuestionarios de seminarios, e entregalos resoltos a través do Campus Virtual, dentro do prazo habilitado. A cualificación destes cuestionarios contribúe á da avaliación continua.
- Prácticas de laboratorio. Realizaranse igual que no caso do escenario 1.
- Campus Virtual. Igual que no caso do escenario 1.
En ESCENARIO 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física), utilizaranse:
- Clases maxistrais, seminarios e titoría: a docencia presencial síncrona en aula substituirase por docencia virtual síncrona en remoto (asistencia non obrigatoria, non avaliable), a través de MS Teams. Proporcionaranse os mesmos medios audiovisuais e cuestionarios que no escenario 1, a través do Campus Virtual. Os alumnos/as deberán realizar obrigatoriamente todos os cuestionarios de teoría, e voluntariamente os cuestionarios de seminarios, e entregalos resoltos a través do Campus Virtual, dentro do prazo habilitado. A cualificación destes cuestionarios contribúe á da avaliación continua.
- Prácticas de laboratorio. As profesoras poñerán a disposición do alumnado medios audiovisuais e cuestionarios relacionados cos contidos do Programa de Prácticas, a través do Campus Virtual. Cada práctica constará de dúas partes de 1 h. A primeira parte será igual que no escenario 1. A segunda parte substituirase por unha práctica virtual e síncrona en remoto, a través de MS Teams (asistencia obrigatoria con control da asistencia rexistrada na plataforma, non avaliable). Os alumnos/as deberán realizar obrigatoriamente todos os cuestionarios, e entregalos resoltos a través do Campus Virtual, dentro do prazo habilitado. A cualificación destes cuestionarios contribúe á da avaliación continua.
- Campus Virtual. Igual que no caso do escenario 1.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
En ESCENARIOS 2 e 3:
Na primeira oportunidade:
A proba final obrigatoria será complementaria á avaliación continua. Terá carácter virtual síncrono a través do Campus Virtual. Suporá o 60% da cualificación final (6 puntos). Superarase cunha puntuación de 2,4 sobre 6 puntos (4 sobre 10).
A avaliación continua realizarase igual que no escenario 1.
Na segunda oportunidade: realizarase unha proba final virtual síncrona, a través do Campus Virtual. Conservarase a cualificación da avaliación continua en caso de estar superada. Para o caso de alumnos/as que non teñan superada a avaliación continua procederase igual que no escenario 1.
Alumnado repetidor
A metodoloxía da ensinanza e sistema de avaliación da aprendizaxe indicados nos apartados anteriores será de aplicación no caso de alumnos/as repetidores, pero non terán obriga de asistir á segunda parte (presencial e síncrona, non avaliable) de cada práctica.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas por plaxio ou uso indebido das tecnoloxías, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
Maria Isabel Rodriguez-Moldes Rey
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816950
- Correo electrónico
- isabel.rodriguez-moldes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eva Maria Candal Suarez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816947
- Correo electrónico
- eva.candal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ismael Hernandez Nuñez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- ismael.hernandez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula virtual |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula virtual |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula virtual |
16:00-17:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula virtual |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula virtual |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula virtual |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula virtual |
25.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
25.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
25.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
25.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
25.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
25.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
25.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
25.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
01.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
01.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
01.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
01.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |