Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 25 Total: 56
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecemento da importancia dos niveles de organización celular, tisular e orgánico dentro das disciplinas biolóxicas.
- Familiarizarse con os distintos tipos de tecidos animais e vexetais, a súa organización e a súa función.
- Coñecer a estrutura anatómica básica de plantas e animais.
- Aprender a identificar os tecidos en preparacións de diversos órganos mediante microscopía óptica.
- Adestrarse no manexo de bibliografía xeral e especializada, así como no uso de Internet para preparar a materia.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
Bioloxía dos tecidos vexetais (A duración aproximada de cada tema e de 1,5 a 2 horas)
TEMA 1.- Plan corporal das plantas cormófitas. Os tecidos vexetais. Bioloxía dos meristemos.
TEMA 2.- Bioloxía do parénquima, colénquima e esclerénquima.
TEMA 3.- Bioloxía dos tecidos vasculares I. Xilema.
TEMA 4.- Tecidos vasculares II. Floema.
TEMA 5.- Bioloxía dos tecidos protectores.
TEMA 6.- Bioloxía dos tecidos glandulares.
TEMA 7.- Tecido esporóxeno e gametófitos.
Bioloxía dos tecidos animais (A duración aproximada de cada tema e de 1,5 a 2 horas)
TEMA 8.- Orixe dos tecidos animais. Bioloxía dos epitelios: Epitelios de revestimento e glandulares.
TEMA 9.- Bioloxía do tecido conxuntivo. Tecido adiposo. Tecido pigmentario.
TEMA 10.- Bioloxía da cartilaxe. Notocorda.
TEMA 11.- Bioloxía do tecido óseo. Tecidos dentarios.
TEMA 12.- Bioloxía da sangre. Hematopoiese.
TEMA 13.- Bioloxía do tecido muscular. Órganos eléctricos.
TEMA 14.- Bioloxía do tecido nervioso. Sistema nervioso central e periférico.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS (A duración aproximada de cada práctica é de dúas horas e media).As catro primeiras clases prácticas se realizarán de xeito presencial no laboratorio de prácticas (a duración aproximada de cada práctica é de dúas horas e media), e as prácticas 5-8 terán lugar de maneira non presencial asíncrona.
PRÁCTICA 1.- Raíz primaria. Raíz secundaria. Folla de anxiosperma e ximnosperma.
PRÁCTICA 2.- Tallo monocotiledónea. Tallo primario de dicotiledónea. Tallo secundario de dicotiledónea. Flor.
PRÁCTICA 3.- Tegumento e glándulas exocrinas. Aparato dixestivo I
PRÁCTICA 4.- Aparato dixestivo II.
PRÁCTICA 5.- Aparato dixestivo III e aparato respiratorio.
PRÁCTICA 6.- Órganos linfoides.
PRÁCTICA 7.- Aparato excretor: Ril e glándula suprarrenal.
PRÁCTICA 8.- Sistema nervioso. Órganos dos sentidos.
Bibliografía Básica:
PANIAGUA, R.; NISTAL, M.; SESMA, P., ÁLVAREZ-URÍA, M.; FRAILE, B.; ANADÓN, R.; SÁEZ, F.J. Citología e Histología Vegetal y Animal. 4ª ed. Vol 2. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana, 2007.
ALONSO PEÑA, J.R. Manual de Histología vegetal. Madríd: Ediciones Mundi-Prensa. 2011
EVERT, R. Esau Anatomía vegetal: meristemas, células y tejidos de las plantas : su estructura, función y desarrollo. 3ª ed. Barcelona: Omega, 2008.
GARTNER, L. P.; HIATT, J. L. Texto Atlas de Histología. 3ª ed. México: McGraw-Hill Interamericana, 2008.
JUNQUEIRA, L.C.; CARNEIRO, J. Histología básica. Texto y Atlas, 12ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana, 2015.
Bibliografía Complementaria:
HISTOLOXÍA E ORGANOGRAFÍA ANIMAL
FAWCETT, D. W.; JENSH, R. P. Compendio de Histología. Madrid: McGraw Hill- Interamericana, 1999.
ROSS. M. H.; PAWLINA, W. Histología. Texto y atlas: correlación con biología celular y molecular., 7ª ed. Barcelona: Wolters Kluwer, 2015.
YOUNG, B.; O’DOWD, G.; WOODFORD, P. Wheater Histología Funcional. Texto y Atlas en Color. 6ª ed. Barcelona: Elsevier, 2014.
WELSCH, U.; STORCH, V. Estudio Comparado de la Citología e Histología Animal. Bilbao: Urmo, 1976.
BRUSCA, R.C.; BRUSCA, G.J. Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw- Hill/Interamericana, 2005.
HICKMAN, C.P.; ROBERTS, L.S.; LARSON, A.; L´ANSON, H.; EISENHOUR, D. Principios Integrales de Zoología. 7ª ed. Madrid: McGraw. Hill/Interamericana, 2009.
HISTOLOXÍA VEXETAL
CRANG, R.; LYONS-SOBASKI, S.; WISE, R. Plant Anatomy: a concept-based approach to the structure of seed plants. Cham: Springer Nature Switzerland, 2018.
FAHN, A. Anatomía Vegetal. 3ª ed. Madrid: Pirámide, 1985.
MAUSETH, J.D. Botany : an introduction to plant biology. 4ªed. Massachusetts: Jones and Bartlett, 2009.
RAVEN, P. H.; EVERT, R. F.; EICHHORN, S. E. Biología de las Plantas. Barcelona: Reverté, 1991.
Competencias xerais e básicas:
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía
CG4 - Ser capaz de transmitir información por escrito e oralmente e discutir ideas, problemas e solucións relacionadas coa Bioloxía, ante un público xeral ou especializado
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, coa organización do tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Bioloxía.
CB1 - Que os estudantes demostraron posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que impliquen coñecementos á vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de xeito profesional e posúen as competencias que normalmente se demostran mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para formular xuízos que inclúan reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións tanto a un público especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolveron aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para realizar estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais.
CT1 - Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información de varias fontes.
CT2 - Capacidade de razoar, argumentar e pensar críticamente CT3 - Capacidade de traballar en grupo e cubrir colectivamente situacións problemáticas.
CT4 - Capacidade para preparar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT8 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade
CT9 - Capacidade para organizar e planificar o traballo.
CT10 - Capacidade para interpretar resultados experimentais
Competencias específicas
CE3 - Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas adecuadas relacionadas coa seguridade, hixiene, xestión de residuos e calidade.
CE9 - Coñecer e comprender a estrutura e función dos virus, células procariotas e eucariotas
E10 - Coñecer e comprender o desenvolvemento, morfoloxía e anatomía dos seres vivos.
Clases expositivas. O profesorado impartirá as clases expositivas referentes aos contidos teóricos da materia na aula con apoio de medios audiovisuais. O profesorado potenciará a participación e intervención dos alumnos durante o transcurso da clase. A duración de cada sesión expositiva será de 55 minutos.
No escenario 1 (normalidade adaptada) as clases expositivas impartiranse de xeito presencial síncrono na aula.
No escenario 2, as clases expositivas impartiranse de xeito presencial síncrono con quendas alternas na aula, atendendo ás directrices marcadas polo equipo decanal da Facultade de Bioloxía en termos de número de alumnos que poden estar presentes na aula.
No escenario 3, as clases expositivas impartiranse de xeito non presencial síncrono.
En todos os escenarios o profesorado da materia empregará o campus virtual da USC para proporcionar ao alumnado material docente co obxectivo de facilitar a comprensión dos contidos impartidos nas clases expositivas. Nos escenarios 2 e 3, para impartir as clases expositivas non presenciais síncronas o profesorado utilizará a ferramenta Microsoft Teams.
Seminarios. Os seminarios consistirán na realización de actividades docentes de diferente índole por parte do profesorado coa participación activa dos alumnos co obxectivo de afondar nos contidos impartidos nas clases expositivas.
No escenario 1 (normalidade adaptada) os seminarios impartiranse de xeito presencial síncrono na aula.
No escenario 2, os seminarios impartiranse de xeito presencial síncrono con quendas alternas na aula, atendendo as directrices marcadas polo equipo decanal da Facultade de Bioloxía en termos de número de alumnos que poden estar presentes na aula.
No escenario 3, os seminarios impartiranse de xeito non presencial síncrono.
Nos escenarios 2 e 3, para impartir os seminarios non presenciais síncronos o profesorado utilizará a ferramenta Microsoft Teams.
Durante os seminarios, solicitarase aos estudantes que realicen exercicios similares aos que se poden incluír no exame de contido práctico así como no exame de contido teórico.
Prácticas de laboratorio. Cada clase práctica presencial no laboratorio terá unha duración de dúas horas e media. O profesorado fará unha breve introdución sobre o tema a tratar ao inicio de cada clase práctica. Os alumnos estudarán ao microscopio óptico de campo claro varias preparacións histolóxicas en cada práctica, onde deberán identificar os diferentes tipos celulares e tecidos vexetais e animais e comprender a estrutura xeral e función dos órganos vexetais ou animais obxecto de estudo. Os alumnos disporán dun microscopio óptico de campo claro cada un, ademais de contar coa axuda do profesorado, dun guion de prácticas que estará previamente dispoñible na aula virtual da materia e dunha presentación powerpoint que se proxectara durante cada clase práctica.
A realización das prácticas non presenciais asíncronas se solaparán coas prácticas presenciais no laboratorio. O profesorado da materia proporcionará ao alumnado a través do campus virtual da USC un exercicio referido a cada unha das clases prácticas xunto cun guion da práctica. O alumnado deberá resolver o exercicio no que terán que identificar en imaxes de diferentes órganos animais de que órgano se trata e diferenciar diferentes estruturas en cada unha das imaxes. O profesorado da materia poderá programar unha o dúas sesións non presenciais co fin de aclarar as dúbidas que lle poida xurdir ao alumnado durante a realización dos exercicios.
Nos escenarios 1 (normalidade adaptada) e 2 o 50% das prácticas terán lugar de xeito presencial síncrono no laboratorio de prácticas, e o 50% restante terá lugar de maneira non presencial asíncrona. ios .
Na impartición das clases prácticas non presenciais, tanto síncronas coma asíncronas, o profesorado utilizará a ferramenta Microsoft Teams.
A cualificación obtida por cada alumno/a será unha media ponderada do seu rendemento nas partes da materia onde o seu traballo é valorado:
- Exame de contidos impartidos nas clases expositivas (65% da cualificación global).
Consistirá nunha proba tipo test que tamén poderá incluír preguntas de resposta curta e preguntas con imaxes e esquemas.
- Exame de contidos impartidos nas clases prácticas (35% da cualificación global).
Constará de dúas partes:
1ª parte- Recoñecemento de órganos animais e vexetais. O alumnado terá que identificar órganos animais e vexetais en imaxes utilizadas nas prácticas presenciais e non presenciais e as estruturas que se indiquen en cada un. Unha porcentaxe das imaxes a recoñecer no exame polo alumnado poderá non corresponderse coas imaxes utilizadas nas clases prácticas e proceder de libros de texto e atlas de histoloxía e organografía vexetal e animal.
2ª parte: Consistirá nunha proba tipo test sobre os contidos dos guións de prácticas.
A cualificación final do alumno na materia resultará do sumatorio da cualificación obtida no exame de contidos impartidos nas clases expositivas (65%) e a cualificación obtida no exame de contidos impartidos nas clases prácticas (35%). Este sumatorio só se levará a cabo cando o alumno alcance en cada un dos exames unha cualificación igual ou superior a 5. En caso de non acadar unha cualificación igual ou superior a 5 en ambos exames, non se realizará o sumatorio e a cualificación que constará na acta será a mais alta das dúas.
Os criterios de avaliación serán os mesmos no escenario 1, 2 ou 3.
No escenario 1 a realización das probas será síncronas e presenciais na aula.
Nos escenarios 2 e 3 todas as probas de avaliación serán síncronas e se levarán a cabo a través do campus virtual da USC. En ambos escenarios durante a realización das probas de avaliación haberá un seguimento do alumnado, que deberá conectarse durante toda a duración das probas a través da ferramenta Microsoft Teams, coa cámara e o micrófono en aberto. No caso de que se deran impedimentos técnicos e/ou persoais que impidan ao alumnado realizar as probas, a avaliación levarase a cabo mediante a realización de examenes orais.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase ou recordarase na Norma de avaliación do rendemento académico, dos estudantes e revisión das cualificacións ”.
Estes instrumentos utilizaranse para avaliar as competencias indicadas anteriormente.
Criterios de avaliación pódense atopar no seguinte enlace:
http://www.usc.es/gl/centros/bioloxía/criteriosavaliacion.html
- Teoría: 30 horas presenciais e 60 horas de traballo persoal (horas totais: 90)
- Seminarios: 5 horas.
- Prácticas: 20 horas presenciais e 20 horas de traballo persoal do estudante (horas totais: 40)
- Lecturas recomendadas 10 h
- Exames: 5 horas presenciais
- Asistencia e participación activa en clase e nas actividades plantexadas nos seminarios.
- Estudo e revisión semanal da materia impartida, empregando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase.
- Aclaración co profesor de posibles dúbidas.
Plan de continxencia.
Seguindo as directrices da USC para unha docencia presencial segura no curso 2020-21, e en función de cómo evolucione a pandemia Covid-19, no apartado de metodoloxía do ensino e avaliación da aprendizaxe, adoptaranse as seguintes medidas dependendo do escenario
Metodoloxía do ensino:
Clases expositivas. O profesorado impartirá as clases expositivas referentes aos contidos teóricos da materia na aula con apoio de medios audiovisuais. O profesorado potenciará a participación e intervención dos alumnos durante o transcurso da clase. A duración de cada sesión expositiva será de 55 minutos. No escenario 2, as clases expositivas impartiranse de maneira presencial síncrono con quendas alternas na aula, atendendo ás directrices marcadas polo equipo decanal da Facultade de Bioloxía en termos de número de alumnos que poden estar presentes na aula. No escenario 3, as clases expositivas impartiranse de maneira non presencial síncrono.
En todos os escenarios o profesorado da materia empregará o campus virtual da USC para proporcionar ao alumnado material docente co obxectivo de facilitar a comprensión dos contidos impartidos nas clases expositivas. Nos escenarios 2 e 3, para impartir as clases expositivas non presenciais síncronas o profesorado utilizará a ferramenta Microsoft Teams. Seminarios.
Os seminarios no escenario 2 e 3 consistirán na realización das mesmas actividades que no escenario 1 coa participación activa dos alumnos co obxectivo de profundar nos contidos impartidos nas clases expositivas e orientar ao alumnado de cara a realización dos exames. No escenario 2, os seminarios impartiranse de maneira presencial síncrono con quendas alternas na aula, atendendo as directrices marcadas polo equipo decanal da Facultade de Bioloxía en termos de número de alumnos que poden estar presentes na aula. No escenario 3, os seminarios impartiranse de maneira non presencial síncrono. Nos escenarios 2 e 3, para impartir os seminarios non presenciais síncronos o profesorado utilizará a ferramenta Microsoft Teams.
Prácticas de laboratorio. Cada clase práctica presencial no laboratorio terá unha duración de dúas horas e media. O profesorado fará unha breve introdución sobre o tema para tratar ao comezo de cada clase práctica. Os alumnos estudarán ao microscopio óptico de campo claro varias preparacións histolóxicas en cada práctica, onde deberán identificar os diferentes tipos celulares e tecidos vexetais e animais e comprender a estrutura xeral e función dos órganos vexetais ou animais obxecto de estudo. Os alumnos dispoñerán dun microscopio óptico de campo claro cada un, ademais de contar coa axuda do profesorado, dun guion de prácticas que estará previamente dispoñible na aula virtual da materia e dunha presentación powerpoint que se proxectou durante cada clase práctica. A realización das prácticas non presenciais asíncronas se solaparán coas prácticas presenciais no laboratorio. O profesorado da materia proporcionará ao alumnado a través do campus virtual da USC un exercicio referido a cada unha das clases prácticas xunto cun guion da práctica. O alumnado deberá resolver o exercicio no que terán que identificar en imaxes de diferentes órganos animais de que órgano se trata e diferenciar diferentes estruturas en cada unha das imaxes. O profesorado da materia poderá programar una as dúas sesións non presenciais co fin de aclarar as dúbidas que lle poida xurdir ao alumnado durante a realización dos exercicios .
Nos escenario 2 o 50% das prácticas terán lugar de maneira presencial síncrono no laboratorio de prácticas, e o 50% restante terá lugar de maneira non presencial asíncrona. No escenario 3 o 50% das prácticas impartirase de maneira non presencial síncrono, e o outro 50% terá lugar de maneira non presencial asíncrono. Na impartición das clases prácticas non presenciais, tanto síncronas como asíncronas, o profesorado utilizará a ferramenta Microsoft Teams.
Avaliación da materia:
Tanto os criterios de avaliación como o formato dos exames dos escenarios 2 e 3 será o mesmo que no escenario 1. Nos escenarios 2 e 3 todas as probas de avaliación serán síncronas e levarán a cabo a través do campus virtual da USC. En ambos os escenarios durante a realización das probas de avaliación haberá un seguimento do alumnado, que deberá conectarse durante toda a duración das probas a través da ferramenta Microsoft Teams, coa cámara e o micrófono en aberto. No caso de que se deron impedimentos técnicos e/ou persoais que impidan ao alumnado realizar as probas, a avaliación levará a cabo mediante a realización de examenes orais.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase ou recordarase na Norma de avaliación do rendemento académico, dos estudantes e revisión das cualificacións ”
Maria Fatima Adrio Fondevila
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816943
- Correo electrónico
- fatima.adrio.fondevila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Noia Guldrís
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816948
- Correo electrónico
- manuel.guldris [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Angel Rodriguez Diaz
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816942
- Correo electrónico
- miguelangel.rodriguez.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
María Celina Rodicio Rodicio
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816946
- Correo electrónico
- mcelina.rodicio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
21.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
21.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
21.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
21.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
21.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
21.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
13.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
13.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
13.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
13.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |