Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 53
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
- Manexar a terminoloxía científica propia da Bioxeoquímica e doutras disciplinas relacionadas.
- Manexar bibliografía especializada.
- Ser capaz de observar e interpretar os principais procesos bioxeoquímicos superficiais.
- Desenvolver a capacidade crítica para a interpretación da información sobre procesos de degradación ambiental relacionados coas actividades humanas.
- Diagnosticar problemas ambientais.
Orixe dos elementos, o Sistema Solar, a Terra e a Vida. Principais procesos en Bioxeoquímica e os seus métodos de estudo. Distribución dos elementos químicos nos sistemas superficiais: atmosfera, litosfera, hidrosfera e biosfera. Estrutura e dinámica dos sistemas superficiais. Procesos de degradación actual dos mesmos. Ciclos bioxeoquímicos dos elementos.
Non se prevén cambios substanciais dos contidos nos distintos escenarios
PROGRAMA DE EXPOSITIVAS (38 h)
CONCEPTOS FUNDAMENTAIS. Concepto e fontes da Bioxeoquímica. A Terra como sistema bioxeoquímico. Formación e distribución dos elementos químicos no universo e na Terra. Diferenciación bioxeoquímica: primaria, secundaria, e terciaria. Orixe dos subsistemas terrestres: litosfera, atmosfera, hidrosfera e biosfera. 4 horas
PRINCIPAIS PARÁMETROS DOS SISTEMAS BIOXEOQUÍMICOS. A auga como medio e vehículo da reactividade bioxeoquímica. Concentración e actividade. Forza iónica. Potencial iónico e mobilidade dos elementos. O pH: medidas, variabilidade nos sistemas naturais. Potencial redox (Eh). Diagramas Eh-pH e principais ambientes xeoquímicos da Terra. Coloides: tipos, natureza e propiedades. 4 horas
A ATMOSFERA. Composición: gases e aerosois. Estrutura: capas de atmosfera. Dinámica da atmosfera (circulación atmosférica). Reaccións bioxeoquímicas atmosféricas e acoplamentos. Principais procesos de degradación da atmosfera: destrucción de ozono estratosférico, formación de ozono troposférico, chuvia ácida, cambio climático inducido. 9 horas.
A HIDROSFERA. Composición da hidrosfera e ciclo da auga. Composición, estructura e dinámica (criculación oceánica) da hidrosfera oceánica. Composición, estructura e dinámica da hidrosfera continental. Principais procesos de degradación da hidrosfera. 9 horas
A LITOSFERA. Composición, estrutura e dinámica da litosfera. O ciclo xeolóxico. Meteorización da litosfera: tipos, procesos principais, estimación da intesidade de meteorización química. Os solos: formación, organización, tipos e funcións ambientais. Principais procesos de degradación dos solos. 9 horas
CCICLOS BIOXEOQUÍMICOS DOS ELEMENTOS. Conceptos esenciais sobre ciclos (sumidoiros, fontes, especies químicas, retroalimentación, etc.). A Terra como sistema bioxeoquímico. Papel dos microorganismos nos ciclos dos elementos químicos. O ciclo do carbono. O ciclo do nitróxeno. O ciclo do xofre. 3 horas
PRÁCTICAS (8 h)
Procesos bioxeoquímicos implicados na meteorización das rochas
1. Traballo de campo: excursión para visitar o dolmen de Regoelle. Descrición do dolmen (situación xeográfica, composición xeolóxica). Estudo da distribución de líquens e briofitos. Caracterización dos factores ambientais que afectan as interaccións biota-rocha (luminosidade, temperatura do ar e da rocha, humidade relativa). Amostraxe de sales na superficie da rocha. 4 horas
2. Traballo de laboratorio. Presenza e procedencia dos sales nas mostras recollidas in situ sobre a rocha do dolmen (cloruros e nitratos). Determinación da capacidade alterante de compostos segregados polos líquens: ensaio de extracción con ácido oxálico e determinación da liberación de catións. Estimación da fertilidade potencial dun sistema de alteración: determinación do pH de abrasión. 4 horas
SEMINARIOS (4h):
Dous seminarios cunha duración de 2 horas cada un. Desenvolveranse temas de aplicación da investigación bioxeoquímica ( p.e. evolución da contaminación atmosférica por metais traza, emprego de sinais isotópicas para determinar dieta e procedencia, calidade das augas, etc.)
TUTORÍAS (3h):
Tres titorías dunha hora de duración cada unha. Levaráse a cabo o seguimento da aprendizaxe, orientación e avaliación do traballo de curso e resolución de dúbidas.
Traballo de curso:
Os alumnos elaborarán ao longo do curso un traballo en equipo relacionado cos contidos teóricos da materia. Este traballo poderá axustarse a diversos formatos (noticia de prensa, folleto informativo, curtametraxe, reportaxe fotográfica, presentación, poster,...).
Bibliografía Básica
- Butcher S.S., et al. 1992. Global biogeochemical cycles. London: Academic Press.
- Ernst W.G. (ed). 2000. Earth Systems. Cambridge: Cambridge University Press.
- Schlesinger, W.H. 2000. Biogeoquímica: un análisis del cambio global. Barcelona: Ariel.
- Sierra Rodríguez, M. Á., 2010. Principios de química medioambiental [en liña]. 1ª ed. Madrid: Sintesis. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-519
Bibliografía Complementaria
- Andrews, J. E., Brimblecombe, P., Jickells, T. D., Liss, P. S., & Reid, B. 2009. An introduction to environmental chemistry. John Wiley & Sons.
- Contreras López, A., 2012. Ciencia y tecnología del medioambiente [en liña]. Madrid: UNED. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-1419
- Díaz de Mera Morales, Y., & Martínez Ataz, E., 2004. Contaminación atmosférica [en liña]. 1ª ed. electrónica. Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-1730
- Jacobson M.Z. 2002. Atmospheric pollution. History, Science, and Regulation. Cambridge: Cambridge University Press.
- Muñoz Andrés, V., 2019. Gestión y conservación de aguas y suelos [en liña]. Madrid: UNED. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-5220
- Stevenson F.J, Coels M.A. 1999. Cycles of soil: carbon, nitrogen, phosphorus, sulfur, micronutrients. 2nd ed . New York: John Wiley & Sons
Básicas/Xerais
As especificadas nas memoria do grao para o conxunto das materias
Transversais
•CT1: Capacidade de análise e síntese
•CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación
•CT3: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de xeito colectivo
•CT9: Uso da información bibliográfica e da internet
•CT10: Uso de información en lingua estranxeira
•CT11: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Específicas
•CE1.c - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades Técnicas básicas en bioloxía
•CE5.a - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: O medio físico, fluxos de enerxía e ciclos biogeoquímicos
•CE5.c - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: Biomonitorización e biocontrol
•CE5.d - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: Xestión e conservación
•CE5.e - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: Diagnostico e solución de problemas ambientais
Escenario 1 (sin restriccóns á presencialidade física)
Clases expositivas:
Alternancia de clases maxistrais, que ofrecen a posibilidade de incidir no máis importante de cada tema, con debates e cuestións, promovendo a participación. Estas clases centraranse na comprensión dos conceptos propios da materia e ofrecerán unha visión global do tema tratado. Actividades apoiadas en medios audiovisuais e informáticos, empregando diferentes formatos. Este proceso de aprendizaxe reforzarase intercalando probas de seguimento que forman parte da avaliación continua. Dedicaranse a esta actividade 38 horas no curso.
Clases interactivas
Nos tres escenarios usarase a aula Virtual da USC a través da aplicación Moodle, como ferramenta de comunicación co alumnado, ofrecéndolle información da programación docente ao longo do curso na aula e materiais complementarios para o estudo da materia (guía docente, presentacións de clase, artigos científicos de referencia, ligazóns a páxinas web con contido de interese, boletíns de cuestións, etc), fomentando o estudo autónomo do estudante e o manexo de fontes bibliográficas en inglés. Así mesmo, a entrega do material necesario para realizar os seminarios e as prácticas, así como a entrega de tarefas realizadas polo alumnado, realizarase empregando a plataforma Moodle. Crearanse foros para a resolución de dúbidas e ampliación de información.
Se o número de estudantes matriculados na materia e as aulas dispoñibles permíteno, as actividades expositivas e de seminarios serán presenciais e, pola contra, pasarase á docencia no escenario 2: docencia síncrona, presencial con quendas alternas en aula.
As prácticas de campo e laboratorio serán presenciais, aínda que a duración da práctica de laboratorio redúcese ao 50% do tempo e compleméntase coa realización de actividades prácticas asíncronas e virtuais, utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (ferramentas en Office 365, Moodle, etc).
As titorías faranse de forma virtual utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (ferramentas en Office 365, Moodle, etc).
A asistencia ás clases non é obrigatoria, pero a realización das actividades propostas forman parte da avaliación continua. O prazo para a realización/entrega das tarefas será indicado ao comezo de curso.
Escenario 2 (restriccóns parciais á presencialidade física)
As actividades expositivas e de seminarios desenvolveranse de forma síncrona e presencial, pero en quendas alternas en aula, a través do método que habilite a USC para tal efecto e, sempre que a súa organización sexa compatible coa adopción das medidas establecidas nos protocolos de protección da saúde da Universidade de Santiago de Compostela vixentes en cada momento.
As prácticas de campo e laboratorio serán na súa totalidade presenciais. A práctica de laboratorio terá unha redución da duración presencial do 50 %, e compleméntase coa realización de actividades prácticas asíncronas e virtuais, utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (ferramentas en Office 365, Moodle, etc).

Escenario 3 (peche das instalacóns)
As actividades expositivas e de seminarios desenvolveranse de forma virtual, síncrona e siguendo o calendario establecido. Utilizaranse as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (ferramentas en Office 365, Moodle, etc).
As prácticas de campo e laboratorio serán virtuais (50% síncronas e 50% asíncronas). Para a súa realización deseñaranse actividades virtuais que permitan ao alumno alcanzar as competencias esperadas, utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (ferramentas en Office 365, Moodle, etc.)
As titorías faranse de forma virtual utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (ferramentas en Office 365, Moodle, etc).
A asistencia ás clases non é obrigatoria, pero a realización das actividades propostas forman parte da avaliación continua. O prazo para a realización/entrega das tarefas será indicado ao comezo de curso.
Escenario 1 (sin restriccóns á presencialidade física)
Os coñecementos, competencias e destrezas adquiridos avaliaranse mediante un conxunto de actividades que comprenden un exame final (presencial, obrigatorio) e unha avaliación continua. A avaliación continua levará a cabo a través de: a) probas de seguimento dos contidos tratados, mediante test, cuestións e/ou preguntas curtas a desenvolver presencialmente na aula ou a través da aula virtual, b) clases interactivas (prácticas e seminarios, e c) traballo de curso. Nas actividades interactivas (prácticas e seminarios) valorarase a asistencia/realización das actividades (lista) e a entrega dun informe a través da aula virtual.
A cualificación será unha media do seu rendemento nas distintas partes nas que se avalía o seu traballo: exame final de teoría (60%), probas de seguimento (10%), asistencia/realización de tarefas encargadas nas clases interactivas (prácticas e seminarios 20%) e traballo de curso (10%) .
O exame final é presencial e obrigatorio. Para aprobar a materia o alumnado terá que obter, polo menos, a metade da cualificación numérica do exame final de teoría (5 de 10). Unha vez superado o exame, á súa cualificación sumaránselle as obtidas nas restantes actividades (probas de seguimento, interactivas e traballo de curso). En caso de non superar o exame final, a cualificación será a obtida no exame.
Aos que teñan que acudir á segunda oportunidade conservaráselles as cualificacións obtidas pola avaliación continua, debendo repetir o exame final.
Para os alumnos repetidores: consérvaselles as cualificacións das prácticas e seminarios realizadas nos dous cursos anteriores. Non se lles conserva a cualificación do traballo de equipo realizado en cursos anteriores.
Escenario 2 (restriccóns parciais á presencialidade física)
Neste escenario contémplase as mesmas actividades que no escenario 1 e as actividades terán a mesma obrigatoriedade e ponderación sobre a cualificación final da materia. Procurarase conservar nun escenario presencial exame final (obrigatorio). De non ser posible, realizarase de forma virtual síncrona utilizando as ferramentas virtuais que poña a disposición a USC. A avaliación continua (probas de seguimento, entrega de informes de prácticas e seminarios e traballo de curso) realizarase de forma virtual asíncrona utilizando a aula virtual.
Escenario 3 (peche das instalacóns)
Neste escenario contémplanse as mesmas actividades que no escenario 1 e as actividades terán a mesma obrigatoriedade e ponderación sobre a cualificación final da materia. O exame final (obrigatorio) realizarase de forma virtual síncrona utilizando as ferramentas virtuais que poña a disposición a USC. A avaliación continua (probas de seguimento, entrega de informes de prácticas e seminarios e traballo de curso) realizarase de forma virtual asíncrona utilizando a aula virtual.
Os detalles da avaliación (peso de cada apartado, obrigatoriedade, normas para alumnos repetidores, etc.) poden verse na ligazón:
http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na " Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións"
Tamén queda terminantemente prohibido a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web) e sen consentimento do profesorado, de calquera material docente colgado na aula virtual.
Evaluación das competencias
Los mismos instrumentos serán utilizados para evaluar las competencias según el siguiente esquema:
-Nos cuestionarios de seguimento e no examen avalíanse as competencias: CG1, CG3, CG5, CT1, CT2, CT11, CE1c, CE5 (a, c, d, e)
-Nas clases interactivas: CB3, CG1, CG2, CG3, CT1, CT2, CT10, CT 11, CE1c, CE5 (a, c, e)
-Na realización do traballo: CB3, CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT9, CT10, CT11, CE1c, CE5e
Estímase que os alumnos necesitarán entre 1,5 e 2 horas de estudo e traballo persoal por cada hora de docencia presencial. Desta forma, o tempo adicado sería:
Traballo presencial na aula:
Clases expositivas: 38 horas
Clases interactivas:
Prácticas: 8 horas (4 h campo, 4 h laboratorio)
Seminarios: 4 horas
Titorías: 3 horas
Realización de examen: 2 horas
Total horas de traballo presencial: 55 horas
Traballo persoal
Estudio individual: 65 horas
Elaboración de la memoria de prácticas y seminarios: 15 horas
Lecturas recomendadas, preparación do traballo de curso: 15 horas
Total horas de traballo persoal: 95
Tempo total de adicación: 150 h
- Asistencia regular e participación ás clases expositivas e interactivas
- Realización de todas as tarefas encargadas
- Utilización das titorías
- Utilización da bibliografía recomendada
- Estudo continuo e baseado na comprensión dos conceptos
- Uso do campus virtual ao longo do curso
- Consultar con antelación os documentos que se vaian sinalando para facilitar a interacción alumnado-profesorado
Plan de continxencia
Metodoloxía de la enseñanza
Escenario 2 (restriccóns parciais á presencialidade física)
As actividades expositivas e de seminarios desenvolveranse de forma síncrona e presencial, pero en quendas alternas en aula, a través do método que habilite a USC para tal efecto e, sempre que a súa organización sexa compatible coa adopción das medidas establecidas nos protocolos de protección da saúde da Universidade de Santiago de Compostela vixentes en cada momento.
As prácticas de campo e laboratorio serán na súa totalidade presenciais. A práctica de laboratorio terá unha redución da duración presencial do 50 %, e compleméntase coa realización de actividades prácticas asíncronas e virtuais, utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (ferramentas en Office 365, Moodle, etc).
As titorías faranse de forma virtual utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (ferramentas en Office 365, Moodle, etc).
A asistencia ás clases non é obrigatoria, pero a realización das actividades propostas forman parte da avaliación continua. O prazo para a realización/entrega das tarefas será indicado ao comezo de curso.
Escenario 3 (peche das instalacóns)
As actividades expositivas e de seminarios desenvolveranse de forma virtual, síncrona e siguendo o calendario establecido. Utilizaranse as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (ferramentas en Office 365, Moodle, etc).
As prácticas de campo e laboratorio serán virtuais (50% síncronas e 50% asíncronas). Para a súa realización deseñaranse actividades virtuais que permitan ao alumno alcanzar as competencias esperadas, utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (ferramentas en Office 365, Moodle, etc.)
As titorías faranse de forma virtual utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (ferramentas en Office 365, Moodle, etc).
A asistencia ás clases non é obrigatoria, pero a realización das actividades propostas forman parte da avaliación continua. O prazo para a realización/entrega das tarefas será indicado ao comezo de curso.
Sistema de evaluación
Escenario 2 (restriccóns parciais á presencialidade física)
Neste escenario contémplase as mesmas actividades que no escenario 1 e as actividades terán a mesma obrigatoriedade e ponderación sobre a cualificación final da materia. Procurarase conservar nun escenario presencial exame final (obrigatorio). De non ser posible, realizarase de forma virtual síncrona utilizando as ferramentas virtuais que poña a disposición a USC. A avaliación continua (probas de seguimento, entrega de informes de prácticas e seminarios e traballo de curso) realizarase de forma virtual asíncrona utilizando a aula virtual.
Escenario 3 (peche das instalacóns)
Neste escenario contémplanse as mesmas actividades que no escenario 1 e as actividades terán a mesma obrigatoriedade e ponderación sobre a cualificación final da materia. O exame final (obrigatorio) realizarase de forma virtual síncrona utilizando as ferramentas virtuais que poña a disposición a USC. A avaliación continua (probas de seguimento, entrega de informes de prácticas e seminarios e traballo de curso) realizarase de forma virtual asíncrona utilizando a aula virtual.
Os detalles da avaliación (peso de cada apartado, obrigatoriedade, normas para alumnos repetidores, etc.) poden verse na ligazón:
http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na " Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións"
Tamén queda terminantemente prohibido a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web) e sen consentimento do profesorado, de calquera material docente colgado na aula virtual.
También queda terminantemente prohibido la distribución por distintos medios (por ejemplo, páginas web) y sin consentimiento del profesorado, de cualquiera material docente colgado en el aula virtual.
Canales de comunicación con el alumnado
MS Teams: en las clases virtuales de la da materia y en tutorías de grupo e individuales.
Aula Virtual da materia (plataforma Moodle): se aportará al alumno la información de la programación docente a lo largo del curso y materiales complementarios para el estudio de la materia y la realización de las tareas solicitadas, fomentando el estudio autónomo del estudiante. Las tareas realizadas por los alumnos serán entregadas a través de esta plataforma. Se crearán foros para la resolución de dudas.
Correo electrónico (exclusivamente o institucional da USC).
Canles de comunicación co alumnado
MS Teams: nas clases virtuais da materia e nas titorías.
Aula Virtual dá materia (plataforma Moodle): achegarase ao alumno a información da programación docente ao longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia e a realización das tarefas solicitadas, fomentando o estudo autónomo do estudante. As tarefas realizadas polos alumnos serán entregadas a través desta plataforma. Crearanse foros para a resolución de dúbidas.
Correo electrónico: exclusivamente o institucional dá USC. Para comunicacións persoais.
Teresa Maria Taboada Rodriguez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813289
- Correo electrónico
- teresa.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Beatriz Loreto Prieto Lamas
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881814594
- Correo electrónico
- beatriz.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Monterroso Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813288
- Correo electrónico
- carmela.monterroso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Xabier Pontevedra Pombal
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813238
- Correo electrónico
- xabier.pombal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elsa Fuentes Alonso
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- elsa.fuentes.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
07.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
07.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
07.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
07.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
07.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
07.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
22.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
22.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
22.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
22.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |