Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 17 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
Proporcionarase aos alumnos unha visión pormenorizada dos principais grupos de plantas vasculares e os seus diferentes ciclos vitais. Pretendese que o alumno coñeza a morfoloxía, estrutura e diversidade das plantas con semente, así como as súas formas de vida e tipos de reproducción das mesmas.
Farase especial fincapé na aprendizaxe e observación no laboratorio de caracteres de plantas frescas dos grupos de maior representatividade en Galicia e a súa importancia no medio natural. Tamén se tratará de incrementar a sensibilidade do alumnado face aos temas medioambientais e o respecto pola natureza.
O estudante deberá ser capaz de: a) comprender e manexar terminoloxía científica básica relacionada coas plantas vasculares, b) construir un texto escrito, comprensible e organizado científicamente sobre un tema e expresalo oralmente na clase, c) realizar traballos de recolección, preparación e conservación de mostras para o seu estudo e identificación mediante chaves.
Programa Teórico (42 h)
Tema 1. Div. Pteridophyta. (8 h)
Tema 2. Introducción ás plantas con semente. División Spermatophyta. (2 h)
Tema 3. As Ximnospermas, filoxenia e evolución. (3 h)
Tema 4. Clase Cycadopsida.Clase Ginkgoopsida. (3 h)
Tema 5. Clase Coniferopsida.Clase Gnetopsida. (4 h)
Tema 6. As Anxiospermas, filoxenia e evolución. (4 h)
Tema 7. Clase Magnoliopsida. A flor. Raiz, caule e follas. (6 h)
Tema 8. Polinización. O froito. (3 h)
Tema 9. Subclase Magnoliidae. Subclase Liliidae. (3 h)
Tema 10. Subclase Rosidae. Eurrósidas I. Eurrósidas II. (3 h)
Tema 11. Euastéridas I. Euastéridas II. (3 h)
Programa Práctico (Laboratorio) (6 h)
Práctica 1. Identificación de Pteridófitos e Anxiospermas. (2h)
Práctica 2. Identificación de Anxiospermas. (2h)
Práctica 3. Identificación de Anxiospermas. (2h)
Práctica de campo (4 h)
Realizarase unha práctica de campo obrigatoria de 4 horas de duración que consistirá no estudo e identificación de diversas plantas vasculares no seu medio natural. Esta práctica realizarase no Parque Natural das Fragas do Eume ou nas próximidades de Santiago de Compostela dependendo da disponibilidade de financiamento.
No escenario 1 as titorías serán fundamentalmente presenciais.
No escenario 2 as titorías poderán ser on line a traves de Teams ou da aula virtual.
No escenario 3 as titorías serán on line a traves de Teams ou da aula virtual.
Bibliografía básica
-Angiosperm Phylogeny Website, version 13: http://www.mobot.org/MOBOT/research/APweb/
- APG III. 2009. An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III. Bot. J. Soc. Linn. 161: 105-121.
- Bonnier G.& De Layens, G. 1993. Claves para la determinación de plantas vasculares. Barcelona: Omega .
- Font Quer, P. 1982. Diccionario de Botánica. Barcelona: Labor.
- Simpson, M. G. 2010. Plant Systematics. 2nd. ed. Amsterdam, Boston, etc: Academic Press.
- Strasburger, E. et al. 2004 .Tratado de Botánica.9ª ed. Barcelona: Omega.
Bibliografía complementaria
- García Martínez, X.R. 2008. Guía das plantas de Galicia. Vigo: Xerais de Galicia.
- Heywood, V.H. et al. 2007. Flowering Plant Families of the world. Kew: Royal Botanic Gardens.
- Judd, W.S. et al. 2008. Plant Systematics. A phylogenetic aproach. 3rd ed. Sunderland: Ed. Sinauer Associates.
- Merino, B. 1905-1909. Flora descriptiva e ilustrada de Galicia. Santiago de Compostela: Tipografía Galaica. 3 vols.
O estudantado despois de cursar esta materia terá unha visión detallada dos principais grupos de plantas vasculares, recoñecendo deste xeito a súa estructura e diversidade ademais das formas de vida e os seus modos de reprodución.
Deberá ser capaz de:
Competencias específicas
CE4.d - Ámbito competencial: Biodiversidade: Diversidade das plantas e fungos
CE4.g – Ámbito competencial: Biodiversidade: Análise da biodiversidade
CE4.b – Ámbito competencial: Biodiversidade: Evolución e filoxenia
CE3.c – Ámbito competencial: Células, tecidos e órganos: Morfoloxía e anatomía de tecidos e órganos.
CE3.e – Ámbito competencial: Células, tecidos e órganos: Adaptación ao medio
CE3.f – Ámbito competencial: Células, tecidos e órganos: Análise microscópica
CE4.a – Ámbito competencial: Biodiversidade: Tipos e niveis de organización e ciclos biolóxicos
d) usar as técnicas básicas de recoñocemento dos grupos tratados
CE1.c – Ámbito competencial: O coñecemento instrumental, habilidades e técnicas básicas en bioloxía.
CE1.e – Ámbito competencial: Coñecemento instrumental, destrezas e habilidades: Rexistro das actividades no laboratorio biolóxico.
Competencias básicas e xerais:
Básicas:
CB2 – Que os alumnos poidan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e que posúan as competencias que normalmente se amosan mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu campo de estudo
CB3 – Que os estudantes teñan capacidade para recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu campo de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes no eido social, científico ou ético.
CB4 – Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 – Que os estudantes desenvolvan as destrezas de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
Xerais:
CG2 – Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía
CG3 – Aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e plantexamento de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais
CG4 – Comunicar, tanto como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado
CG5 – Estudar e aprender de forma autónoma, con organización do tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica
Competencias transversais:
CT1 – Capacidade de análise e síntese
CT2 – Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT4 – Capacidade de obter información acaida, diversa e actualizada
CT8 - Habilidade no manexo de TICs
CT9 - Utilización de información bibliografica e de Internet
CT10 – Utilización de información en lingua extranxeira
CT11 – Capacidade de resolver problemas mediante a aplicación integrada
dos seus coñecementos.
- Aulas maxistrais
No escenario 1 as aulas serán presenciais.
No escenario 2, reducirase á mitade o número de alunos por aula. O alumnado non presencial seguirá as aulas polos mecanismos que habilite a Facultade.
No escenario 3 as aulas maxistrais serán substituidas por aulas impartidas de xeito virtual mediante o programa Teams.
- Prácticas de laboratorio: Realizaranse en 3 sesións de 2 horas de duración. Aprendizaxe do uso de chaves para a identificación de plantas. Estudo da morfoloxía, estructuras vexetativas e reproductoras das especies vasculares mais características.
Nos escenarios 1 e 2 reducirase á mitade o número de alunos por aula. Polo tanto deberá tamén ser reducido á mitade o tempo adicado a cada práctica.
No escenario 3 o programa de prácticas de laboratorio sería inviable. Paliarase esa ausencia facilitando aos alunos documentación específica accesible on line ou a través da aula virtual
- Práctica de campo, de 4 horas de duración
Nos escenarios 1 e 2 a práctica de campo inicialmente prevista para desenvolver no Parque Natural das Fragas do Eume sería substituida por un percurso nas inmediacións do Monte Pedroso de Compostela coa conseguinte reducción da mitade de alunos e horas por práctica.
No escenario 3 a práctica de campo sería inviable e como alternativa se lle facilitaría aos alunos documentación específica accesible on line ou a través da aula virtual.
- Titoría de 1 hora de duración. Nela complementarase o labor a desenvolver nas prácticas de laboratorio facilitando ao alumno os coñecementos esenciais que ten que manexar para a identificación de plantas vasculares con chaves.
Nos escenarios 1 e 2, reducirase á mitade o número de alunos por titoría. Polo tanto deberá tamén ser reducido á mitade o número de tempo adicado a cada titoría. Poren ao tratarse de grupos reducidos podería ser factible a realización de cada titoría sen a referida redución á mitade.
No escenario 3 a titoría será impartida de xeito virtual mediante o programa Teams.
- Exame final escrito.
- Exame teórico final
Realizarase un exame escrito ao finalizar a asignatura e a cualificación final obterase segundo a seguinte ponderación:
A cualificación do examen teórico representará o 90% da cualificación final. Neste exame amais das preguntas sobre o temario teórico que serán maioritarias incluiranse preguntas relacionadas cos contidos e actividades desenvolvidas nas prácticas de campo ou coa documentación específica relacionada coas prácticas de campo accesible on line ou fornecida aos alunos a través da aula virtual.
Para o exame de segunda oportunidade as condicións en canto ao tipo de exame e sistema de cualificación será igual ao de primeira oportunidade conservandose a cualificación do exame de prácticas de laboratorio.
No escenario 1 o exame será presencial
No escenario 2 previsiblemente se utilizará até o duplo de aulas do habitual na normalidade para a realización do exame. Se isto non fora posible realizariase a través da aula virtual de xeito sincrono.
No escenario 3 o exame debera ser realizado a través da aula virtual de xeito sincrono.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Exame das prácticas de laboratorio
Ao rematar as prácticas de laboratorio realizarase un control escrito consistente nun exame de tipo test sobre os contidos impartidos en ditas prácticas. A cualificación obtida en dito control representará un 10% da cualificación final obtida polo aluno.
No escenario 1 este control escrito será presencial.
No escenario 2 realizarase prioritariamente de xeito similar ao escenario 1 tendo presentes as limitacións espaciais inherentes a este escenario. Se non fora posible fariase a través da aula virtual de xeito sincrónico.
No escenario 3 este control escrito realizarase a través da aula virtual de xeito sincrono sobre a documentación específica relacionada coas prácticas de laboratorio, fornecida aos alunos; tanto de tipo on line como a que terán accesible a través da aula virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Non se poderá aprobar a asignatura se o alumno non consegue un mínimo de 5 puntos sobre 10 na cualificación do exame teórico.
- Entre convocatorias do mesmo curso académico unicamente se conserva a cualificación do exame de prácticas de laboratorio. Os alumnos repetidores deberán realizar as prácticas de laboratorio e de campo e asistir á titoría.
Nas probas oficiais serán avaliadas as competencias:
CE4.d; CE4.g; CE4.b; CE3.c; CE3.e; CE3.f; CE4.a; CE1.c; CE1.e; CB2; CB3; CB5; CG2; CG3; CG4; CG5; CT1; CT2; CT4; CT8; CT9; CT10; CT11.
Os criterios de avaliación da asignatura estan recollidos na taboa que aparece no seguinte enlace:
http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Traballo presencial na aula:
.- Aulas maxistrais 42h
.- Prácticas de laboratorio 6h
.- Prácticas de campo 4h
.- Titorías 1h
.- Exames 4h
.- Total horas de traballo presencial 57h
Traballo persoal do estudante:
.- Total horas de traballo personal do estudante 93h
Total horas de traballo presencial e persoal do alumno: 150 horas
• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Estudo diario dos contidos impartidos nas aulas.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Facer uso das titorías para cualquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
No escenario 1 as titorías serán fundamentalmente presenciais.
No escenario 2 as titorías poderán ser on line a traves de Teams ou da aula virtual.
No escenario 3 as titorías serán on line a traves de Teams ou da aula virtual.
- Estudar regularmente a materia, evitando acumular as horas de estudo nos últimos dias do curso.
- Haberá unha aula virtual operativa da materia a disposición do alumnado.
- Canles de comunicación directa co alumnado:
Escenario 1: comunicación presencial , pola aula virtual e correo electrónico.
Escenario2: comunicación presencial (se é posible), pola aula virtual, correo electrónico ou mediante Teams..
Escenario3: comunicación a través da aula virtual, do correo electrónico ou mediante Teams.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Plan de Continxencia:
Metodoloxía da ensinanza
- Aulas maxistrais
No escenario 2, reducirase á mitade o número de alunos por aula. O alumnado non presencial seguirá as aulas polos mecanismos que habilite a Facultade.
No escenario 3 as aulas maxistrais serán substituidas por aulas impartidas de xeito virtual mediante o programa Teams.
- Prácticas de laboratorio:
Nos escenarios 1 e 2 reducirase á mitade o número de alunos por aula. Polo tanto deberá tamén ser reducido á mitade o tempo adicado a cada práctica.
No escenario 3 o programa de prácticas de laboratorio sería inviable. Paliarase esa ausencia facilitando aos alunos documentación específica accesible on line ou a través da aula virtual
- Práctica de campo:
Nos escenarios 1 e 2 a práctica de campo inicialmente prevista para desenvolver no Parque Natural das Fragas do Eume sería substituida por un percurso nas inmediacións do Monte Pedroso de Compostela coa conseguinte reducción da mitade de alunos e horas por práctica.
No escenario 3 a práctica de campo sería inviable e como alternativa se lle facilitaría aos alunos documentación específica accesible on line ou a través da aula virtual.
- Titoría:
Nos escenarios 1 e 2, reducirase á mitade o número de alunos por titoría. Polo tanto deberá tamén ser reducido á mitade o número de tempo adicado a cada titoría. Poren ao tratarse de grupos reducidos podería ser factible a realización de cada titoría sen a referida redución á mitade.
No escenario 3 as titoría serán impartidas de xeito virtual mediante o programa Teams.
Sistema de avaliación
- Exame teórico final
No escenario 2 previsiblemente se utilizará até o duplo de aulas do habitual na normalidade para a realización do exame. Se isto non fora posible realizariase a través da aula virtual de xeito sincrono.
No escenario 3 o exame debera ser realizado a través da aula virtual de xeito sincrono.
- Exame de prácticas de laboratorio
No escenario 2 realizarase prioritariamente de xeito similar ao escenario 1 tendo presentes as limitacións espaciais inherentes a este escenario. Se non fora posible fariase a través da aula virtual de xeito sincrono.
No escenario 3 este control escrito realizarase a través da aula virtual de xeito sincrono sobre a documentación específica relacionada coas prácticas de laboratorio, fornecida aos alunos; tanto de tipo on line como a que terán accesible a través da aula virtual.
Para o exame de segunda oportunidade as condicións en canto ao tipo de exame e sistema de cualificación será igual ao de primeira oportunidade conservandose a cualificación do exame de prácticas de laboratorio. Entre convocatorias do mesmo curso académico unicamente se conserva a cualificación do exame de prácticas de laboratorio.
Os alumnos repetidores deberán realizar as prácticas de laboratorio e de campo e asistir á titoría.
Santiago Ortiz Nuñez
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814976
- Correo electrónico
- santiago.ortiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula virtual |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula virtual |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula virtual |
28.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
28.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
28.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
28.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
28.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
28.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
15.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
15.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |