Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 18 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Botánica, Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Ofrecer unha primeira aproximación ao estudo da evolución biolóxica e a biodiversidade.
Dar a coñecer os principios básicos das clasificacións biolóxicas.
Facer comprender os fundamentos da estrutura da organización vexetal e da organización animal, en relación cos seus principais aspectos funcionais.
Facer co alumnado saiba recoñecer os diferentes tipos de animais e vexetais a nivel de grandes grupos.
Facer co alumnado familiarícese con terminoloxía básica no ámbito da evolución biolóxica, a bioloxía vexetal e a bioloxía animal.
PROGRAMA DE TEORÍA (34 HORAS)
CONCEPTOS XERAIS
-A ciencia e o método científico. (0.5 h)
-Propiedades da vida. (0.5 h)
-Orixe da vida: teorías e episodios fundamentais na diversificación da vida. (0.5 h)
-A evolución biolóxica. Darwinismo: cambio perpetuo, orixe común, multiplicación
das especies, gradualismo, selección natural. A Teoría Sintética. (2 h)
-A clasificación biolóxica e a filoxenia. Tipos de relacións filoxenéticas. Homoloxía
e analoxía. Apomorfía e plesiomorfía. Sistemática evolutiva. Sistemática filoxenética. (2 h)
-Concepto de biodiversidade: tipos, importancia, servicios ecosistémicos, conservación.
(0.5h)
-Bioxeografía: a distribución dos ss.vv. e as súas causas. Biomas. Rexións bioxeográficas.
A distribución global da diversidade. (2 h)
FUNDAMENTOS DE BIOLOGÍA VEGETAL
-Concepto de vexetal e pranta. Clasificacións modernas dos vexetais. Organismos
estudados. Importancia dos vexetais nos ecosistemas. Secuestro de CO2 e
produción de oxíxeno. (1 h)
-Bases da Taxonomía Vexetal. Definicións de especie e hibridación en Prantas. Taxonomía
e Nomenclatura Botánica. Código de Nomenclatura Botánica.
Os nomes das prantas. (1 h)
-Niveis de organización en vexetais. Protófitos: tipos e exemplos. Talófitos: tipos e exemplos.
Cormófitos. Evolucion dos niveis. Vantaxes evolutivas. Funcións do esporofito e
do gametofito. (1 h)
-Reproducción en vexetais procariotas e eucariotas. Esporas e gametos. Reprodución
asexual e sexual nos diferentes grupos. (1 h)
-Ciclos biolóxicos de vexetais. Concepto. Xeración. Ciclos mono e dixenéticos.
Organismos monoicos e dioicos. Ciclos haplofásicos, diplofásicos e
diplohaplofásicos. (1 h)
-Crecemento e desenvolvemento en vexetais. Desenvolvemento modular en prantas.
Totipotencia e modularidade. Crecemento e diferenciación. Diferenciación celular nos
grupos vexetais. Programa de desenvolvemento en prantas. Embrioxénesis. Meristemas.
Disposición das follas. Ramificación. Floración e fructificación. Control. (2 h)
-Diversidade de organismos fotosintéticos. Grupos principais. Relacións evolutivas.
Características do Reino Planta. Vantaxes. Fases esporofítica e gametofítica en prantas.
Evolución. (3 horas)
-Plantas vasculares. Raíz, Talo e Follas. Funcións. Estrutura interna básica. Tipos.
Adaptacions. Ramificación. Formas biolóxicas. (1 h)
-Flores e inflorescencias. Significado das flores de Anxiospermas. Partes da flor. Posición e
soldadura de pezas. Inflorescencia. Tipos de froitos. (1 h)
-Ciclo de Anxiospermas. Polinización abiótica e biótica. Dispersión abiótica e biótica.
Evolución e importancia. (2 h)
FUNDAMENTOS DE BIOLOGÍA ANIMAL
-Concepto de animal. Taxonomía e nomenclatura animal. Código de
Nomenclatura Zoolóxica (1 h)
-Arquitectura animal. O tamaño. Promorfoloxía. Niveis de complexidade e de organización.
Simetría e polaridade. Blastodermos. Cavidades internas. Metamería. (2 h)
-Ontoxenia. A relación entre ontoxenia e filoxenia. Tipos de ovos e de segmentación.
Gastrulación. Os bilaterais protóstomos e deuteróstomos. Principais liñas filoxenéticas do
Reino Animal. Orixe e relacións filoxenéticas dos metazoos. (2 h)
-Reprodución. Modalidades de reprodución asexual. Reprodución sexual. Gonocorismo e
hermafroditismo. Tipos de fecundación. Partenoxénese. Tipos de desenvolvemento do
embrión. Determinación do sexo. Heterogonia e metaxénese. (2 h)
-Tegumento, sistemas esqueléticos y musculatura. (2 h)
-Homeostase, circulación e intercambio de gases (3 h)
PRÁCTICAS OBLIGATORIAS (8 HORAS)
Dependendo das circunstancias nas que se desenvolva o curso e da dispoñibilidade orzamentaria, as 8 horas de prácticas obrigatorias poden realizarse en forma de prácticas de laboratorio e/ou prácticas de campo. No caso das prácticas de laboratorio, estas estarán dedicadas á observación e recoñecemento das características diagnósticas e adaptacións morfolóxicas dos principais grupos de animais e plantas. No caso de prácticas de campo, realizaranse viaxes a zonas representativas de hábitats típicos de Galicia, durante as cales se observará in situ a súa flora e fauna, procedéndose á caracterización e identificación dos principais grupos de animais e plantas.
SEMINARIOS OBRIGATORIOS (2 H)
SEMINARIO 1: INTRODUCIÓN AO RECOÑECEMENTO DE VISU DE GRUPOS ANIMAIS
SEMINARIO 2: INTRODUCIÓN AO RECOÑECEMENTO DE VISU DE GRUPOS VEXETAIS
TITORÍAS OBRIGATORIAS (2 HORAS)
Titoría 1: resolución de dúbidas e proba de autoavaliación, de forma previa
á realización do exame final
Titoría 2: resolución de dúbidas e proba de autoavaliación, de forma previa
á realización do exame final
Básica
Hickman, C.P., Roberts, L.S., Keen, S.L., Larson, A., L’Anson, H. y Eisenhour, D.J., 2009. Principios integrales de zoología. 14ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
Nabors, M.W., 2005. Introducción a la botánica. Madrid: Pearson; Addison Wesley.
Complementaria
Díaz, J.A. y Santos, T., 2003. Zoología: aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Madrid: Síntesis.
Díaz, T.E., Fernández-Carvajal, M.C. y Fernández, J.A., 2004. Curso de botánica. Gijón: Trea.
Strasburger, E., Noll, F., Schenck, H. y Schimper, A.F.W., 2004. Tratado de botánica. 35ª ed. Barcelona: Omega.
Nesta materia, o estudante practicará unha serie de competencias básicas / xerais e transversais, desexables en calquera titulación universitaria, e competencias específicas, propias da licenciatura en Bioloxía e da materia en particular. En concreto, nesta materia trabállanse as seguintes competencias, de acordo coa Memoria do Grao en Bioloxía pola USC
BÁSICAS / XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CX1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía, incluíndo a perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CX2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía.
CX3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CX4 - Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado.
CX5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSAIS
CT2. Capacidade de razoar, argumentar e pensar críticamente.
CT6. Capacidade de reflectir adecuadamente as fontes de información utilizadas.
CT8. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade
ESPECÍFICAS
Bloque: Orixe e evolución dos seres vivos
CE4. Coñece a orixe da vida, os mecanismos da herdanza e a súa evolución.
Bloque: Biodiversidade e fililoxenia
CE5. Coñecer a diversidade dos sere vivos, ciclos biolóxicos, e desenvolver a capacidade de analizar e interpretar as súas adaptacións ao medio.
CE6. Desenvolver a capacidade de obter, manexar, conservar, identificar e clasificar especímenes biolóxicos, así como os seus restos e rastros.
Bloque: Estrutura e organización dos ser vivos
CE10. Coñecer e comprender o desenvolvemento, morfoloxía e anatomía dos ser vivos.
Escenario 1. Normalidade adaptada
A metodoloxía do ensino consta de clases expositivas, actividades interactivas de prácticas (laboratorio e/ou campo), seminarios e titorías en grupo reducido No escenario de normalidade adaptada as actividades son presenciais. Todas as actividades docentes apóianse na utilización de medios audiovisuais e no fomento dunha comunicación fluída entre profesorado e alumnado, ademais de na utilización do campus virtual.
As prácticas de laboratorio realizaranse de maneira presencial, cunha duración reducida ao 50% e a presentación dun informe do traballo realizado. As prácticas de campo impartiranse adaptándose a disponibilidades de medios materiais, e a situación sanitaria, si fora necesario con una reducción da presencialidade, pasando a ser do 50%, e complementándose ca presentación dun informe do traballo realizado.
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidad)
A metodoloxía de ensino no escenario 2 adaptarase, se fora necesario, mediante a realización das sesións expositivas, seminarios e titorías como actividades síncronas, presenciais en remoto a través de MS Teams ou mediante a plataforma Moodle. As prácticas serán de laboratorio e realizaranse de maneira presencial, cunha duración reducida ao 50% e a presentación dun informe do traballo realizado. As prácticas de campo adaptaranse a situación vixente, si fora necesario con una reducción da presencialidade, pasando a ser do 50%, e complementándose ca presentación dun informe do traballo realizado.
Escenario 3. Peche das instalacións
A metodoloxía de ensino adaptarase neste escenario mediante a realización das sesións expositivas, seminarios e titorías como actividades síncronas, presenciais en remoto a través de MS Teams ou mediante a plataforma Moodle. As prácticas de laboratorio serán substituídas por actividades virtuais, cunha duración reducida ao 50% e a presentación dun informe do traballo realizado , a través do Campus Virtual. Non se farán prácticas de campo que serán sustituidas por traballos bibliográficos relacionados con investigación e metodoloxía de traballo de campo.
Escenario 1. Normalidade adaptada
A cualificación global da/o alumna/ou na materia é unha media ponderada entre as cualificacións obtidas polo seu rendemento no exame final (70%), na proba sobre recoñecemento “de visu” (15%) e na participación e presentación dos traballos de prácticas e na participación e asistencia a os seminarios e titorias obrigatorias (15%). Todas as actividades son presenciais na situación de normalidade adaptada.
Estes instrumentos serán utilizados para avaliar as competencias da materia, segundo o seguinte esquema:
- Nos exames avalíanse as competencias: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CX1, CX2, CX3, CX4, CX5, CT2, CT6, CT8, CE4, CE5, CE10
- Nas prácticas, seminarios e titorías: CB1, CB2, CB5, CX3, CE5, CE6, CE10
Os criterios de avaliación atópanse detallados, en forma de táboa, na dirección: http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Os criterios de avaliación expostos na táboa aplicaranse individualmente a cada unha das dúas áreas de coñecemento da materia. A cualificación final obterase como a media aritmética das cualificacións obtidas polo estudante en cada área, a condición de que o estudante teña aprobada cada área individualmente. No caso de que o estudante teña só unha área aprobada, a súa cualificación final na convocatoria correspondente será como máximo de 4.5 (suspenso). O aprobado de só una das dúas áreas da materia na convocatoria ordinaria (xaneiro) consérvase ata a convocatoria de segunda oportunidade (xuño/xullo), pero en ningún caso dun curso para outro. Comunicaranse publicamente (taboleiros e/ou comunicación a móbiles) as cualificacións globais que figurarán nas actas oficiais correspondentes ás convocatorias de primeira e de segunda oportunidade. Para coñecer as cualificacións correspondentes ás restantes actividades avaliadas, os estudantes deberán dirixirse aos profesores da materia.
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidad)
Neste escenario o sistema de avaliación adaptarase mediante a realización dos exames teóricos e de visu de maneira non presencial (telemática, a través do Campus Virtual). A asistencia e participación en prácticas, seminarios e titorías será avaliada igual que no escenario 1, a través do Campus Virtual.
Escenario 3. Peche das instalacións
Neste escenario o sistema de avaliación adaptarase mediante a realización dos exames teóricos e de visu de maneira non presencial (telemática, a través do Campus Virtual). A asistencia e participación en prácticas, seminarios e titorías, aínda que impartidos de forma non presencial, sera avaliada igual que no escenario 1.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases maxistrais 34 h
Prácticas 8 h
Seminarios 2 h
Titorías 2 h
Realización de exames 4 h
Total traballo presencial na aula 50h
TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO
Estudo individual 100h
• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Utilizar a aula virtual
• Facer uso frecuente das tutorías para cualquier tipo de cuestión relacionada coa materia.
PLAN DE CONTINXENCIA:
En previsión de posibles continxencias derivadas da pandemia de covid-19, contémplanse as seguintes adaptacións:
Metodoloxía de ensino:
.- Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidad)
A metodoloxía de ensino adaptarase neste escenario mediante a realización das sesións expositivas, seminarios e titorías como actividades síncronas, presenciais en remoto a través de MS Teams ou plataforma Moodle. As prácticas serán de laboratorio e realizaranse de maneira presencial, cunha duración reducida ao 50% e a presentación dun informe do traballo realizado As prácticas de campo adaptaranse a situación vixente, si fora necesario con una reducción da presencialidade, pasando a ser do 50%, e complementándose ca presentación dun informe do traballo realizado.
.- Escenario 3. Peche das instalacións
A metodoloxía de ensino adaptarase neste escenario mediante a realización das sesións expositivas, seminarios e titorías como actividades síncronas, presenciais en remoto a través de MS Teams ou plataforma Moodle. . As prácticas de laboratorio serán substituídas por actividades virtuais, cunha duración reducida ao 50% e a presentación dun informe do traballo realizado , a través do Campus Virtual. Non se farán prácticas de campo que serán sustituidas por traballos bibliográficos relacionados con investigación e metodoloxía de traballo de campo.
Sistema de avaliación:
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidad)
Neste escenario o sistema de avaliación adaptarase mediante a realización dos exames teóricos e de visu de maneira non presencial (telemática, a través do Campus Virtual). A asistencia e participación en prácticas, informes de prácticas, seminarios e titorías será avaliada igual que no escenario 1 a través do Campus Virtual.
Escenario 3. Peche das instalacións
Neste escenario o sistema de avaliación adaptarase mediante a realización dos exames teóricos e de visu de maneira non presencial (telemática, a través do Campus Virtual). A asistencia e participación en prácticas, , informes de prácticas, seminarios e titorías, aínda que impartidos de forma non presencial, sera avaliada igual que no escenario 1.
Pablo Guitian Rivera
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814975
- Correo electrónico
- pablo.guitian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mª Del Carmen Lopez Rodriguez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881813372
- Correo electrónico
- mdelcarmen.lopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ramon Fco Mascato Garcia
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813276
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Javier Iglesias Piñeiro
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813359
- Correo electrónico
- fjavier.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
14.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
14.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
14.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
14.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
14.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
14.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
14.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
14.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
21.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
21.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
21.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
21.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |