Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 17 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
Desenvolvemento da capacidade de enxergar hipóteses xenéticas sinxelas. Deducción dos diferentes xeitos de herdanza dos xenes. Introducción o conhecimento da dinámica dos xenes nas povoacions naturais. Conhecimento básico da función xénica. Resolución de casos prácticos. Fomentar o traballo en equipo a través da realización de unha serie de proxectos en grupo ao longo do curso. Adquisición de destrezas na procura e emprego da información científica.
PROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS (38 H)
Presentación da materia (1h)
TEMA 1: IDENTIFICACIÓN DO MATERIAL HEREDITARIO (2,5 h)
TEMA 2: COMPOSICIÓN, ESTRUCTURA E PROPIEDADES DOS ÁCIDOS NUCLEICOS (2,5 h)
TEMA 3: ORGANIZACIÓN DO ADN NOS CROMOSOMAS (2,5 h)
TEMA 4: ORGANIZACIÓN DAS SECUENCIAS DO ADN NO XENOMA (2,5 h)
TEMA 5: REPLICACIÓN DO ADN.I. PROCARIOTAS E VIRUS (3 h)
TEMA 6: REPLICACIÓN DO ADN.II.EUCARIOTAS (3 h)
TEMA 7: TRANSCRIPCIÓN E MADURACIÓN DO ARN (4 h)
TEMA 8: A TRADUCCIÓN E O CÓDIGO XENÉTICO (2 h)
TEMA 9: DIVISIONS CELULARES (1 h)
TEMA 10: LEYES DA HERDANZA: MENDELISMO (2,5 h)
TEMA 11: EXTENSIONS DO MENDELISMO (2,5 h)
TEMA 12: BASE CROMOSÓMICA DA HERDANZA E LIGAMENTO AO SEXO (2,5 h)
TEMA 13: LIGAMIENTO E RECOMBINACIÓN (4 h)
TEMA 14: HERDANZA EXTRANUCLEAR (2,5 h)
PROGRAMA DE SEMINARIOS (10 H)
SEMINARIO 1: ESTRUCTURA E PROPIEDADES DOS ACIDOS NUCLEICOS (1h)
SEMINARIO 2: ESTRUCTURA DE ACIDOS NUCLEICOS E CROMATINA (1h)
SEMINARIO 3: ESTRUCTURA E SECUENCIAS DE ACIDOS NUCLEICOS (1h)
SEMINARIO 4: ESTRUCTURA CROMOSOMICA (1h)
SEMINARIO 5:REPLICación E TRANSCRIPCION (1h)
SEMINARIO 6: Herdanza DE CARACTERES SINXELOS (1h)
SEMINARIO 7: LIGAMIENTO O SEXO (1h)
SEMINARIO 8: COMPLEMENTación XENETICA (1h)
SEMINARIO 9: SISTEMAS DE DOUS LOCI (1h)
SEMINARIO 10: EPISTASIA (1h)
PROGRAMA DE PRÁCTICAS (3 H)
A Práctica, co título “Análise da herdanza dos caracteres morfolóxicos no millo e elaboración de un cariotipo en humáns”, impartirase nunha sesión de 3h de duración que se dividirá en duas seccións. Na primeira analizarase a herdanza de caracteres morfolóxicos no millo. O alumnado deberá realizar unha serie de recollidas de dados e analizalos de xeito que poidan respostar cuestións e facer exercicios propostos no guion de prácticas. Na segunda, os estudantes realizarán un cariotipo humán para identificar diferentes castes de anomalías cromosómicas. Apos o análise do cariotipo deberán responder as preguntas prantexadas nise guión.
PROGRAMA DE TITORÍAS (2 H)
Os/as alumnos/as de cada grupo realizarán de xeito conxunto un experimento virtual para analizares a pauta de herdanza de un carácter. Os resultados obtidos en cada xeira do experimento serán discutidos e interpretados xunto co profesor/a, para decidires as actuacións na xeira siguiente. Exercitarán de iste xeito a sua capacidade de exploración e análise para proponher un modelo teórico para un fenómeno biolóxico, niste caso de herdanza sinxela, compatibel cas sucesivas observacións experimentais. A Titoría realizarase nunha única sesión.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• Benito, C. e Espino, F.J. eds., 2012. Genética: conceptos esenciales. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
• Klug, W.S. ed., 2013. Conceptos de Genética. 10ª ed. Madrid: Pearson Educación.
Klug, W.S. et al., 2019. Concepts of genetics.12th ed. New York. Pearson.
• Pierce, B.A., 2015. Genética: un enfoque conceptual. 5ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
• Pierce, B.A., 2019. Genetics: a conceptual approach. 7ª ed. New York: Freeman and Company.
Os/as estudantes poderían ter acceso a plataforma da Editorial Medica Panamericana, onde poderán consultar en aberto os textos mencionados anteriormente: Benito e Espino, 2012. xenética, conceptos esenciais, e Pierce, B.A., 2015. xenética: un enfoque conceptual. https://www.medicapanamericana.com/es/
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA.
· Krebs, J.E., Goldstein, E.S. e Kilpatrick, S.T., 2012. Lewin Genes: fundamentos. 2ª ed. Buenos Aires: Médica Panamericana.
· Balding, D.J. et al., 2007 Handbook of Statistical Genetics [en liña] 3rd Edition. John Wiley & Sons. Dispoñible en: https://onlinelibrary-wiley-com.ezbusc.usc.gal/doi/book/10.1002/9780470…
LIBROS DE PROBLEMAS
A meirande parte dos textos de Xenética incluen en cada capítulo unha serie de problemas. Preséntase de seguido unha relación de algúns libros específicos de problemas:
• Benito, C., 2015. 141 problemas de genética: resueltos paso a paso. Madrid: Síntesis.
• Jiménez, A., 2008. Problemas de genética: para un curso general. 3ª ed. Cáceres: Universidad de Extremadura.
• Ménsua, J.L., 2003. Genética: problemas e ejercicios resueltos. Madrid: Prentice Hall.
Nista materia o/a alumno/a adquirirá ou practicará unha serie de competencias básicas/xerais e transversais, desexables en cualquerar titulación universitaria, e específicas, proprias da Xenética I en particular e/ou o Grao de Bioloxía en xeral.
Dentro das competencias nista materia traballaranse de xeito mais concreto as seguintes:
Básicas
CB1 - Que os/as estudantes adquiran e comprendan conhecimentos en Xenética que parten da base da educación secundaria xeral para acadares un nivel que, malia que se sustenta en libros de texto avanzados, inclúe tamén alguns aspectos que implican conhecimentos procedentes da vangarda de iste eido de estudo.
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus conhecimentos o seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e mais a resolución de problemas dentro do seu eido de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes tenhan a capacidade de reunir e interpretar dados relevantes (normalmente dentro do seu eido de estudo) para emitires xuizos que incluan unha reflexión encol de temas relevantes de natureza social, científica ou ética.
Xerais
CG2 - Reunir e interpretar dados, información e resultados relevantes, obteres conclusions e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía.
CG3 - Aplicar tanto os conhecimentos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e abstracción na definición e plantexamiento de problemas e mais na procura das suas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG5 - Estudar e aprender de xeito autónomo, con organización de tempo e recursos, novos conhecimentos e técnicas en cualquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Transversais
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razonamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de xeito colectivo.
CT4 - Capacidade para obteneres información axeitada, diversa e actualizada.
CT5 - Capacidade para enxergar e presentar un texto organizado e comprensibel.
CT9 - Emprego de información bibliográfica e de Internet.
CT10 - Emprego de información en lingua extranxeira.
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus conhecimentos.
Específicas
CE1.c - Ámbito competencial: Conhecimentos instrumentais, destrezas e habilidades Técnicas básicas en Bioloxía.
CE6.a - Ámbito competencial: Bioloxía humana, herdanza e evolución: Mecanismos da herdanza.
CE6.c - Ámbito competencial: Bioloxía humana, herdanza e evolución: O material da herdanza.
CE6.e - Ámbito competencial: Bioloxía humana, herdanza e evolución: Análise xenético e evolutivo.
CE6.f - Ámbito competencial: Bioloxía humana, herdanza e evolución: O fluxo da información xenética.
CE7.a - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina: Bases biolóxicas das doenzas.
• Clases expositivas (38h)
Van a ser o pilar fundamental da metodoloxía docente de ista asignatura. Impartiranse ao grupo completo e nelas se tratarán os contidos específicos de cada uno dos temas do programa. O desenvolvemento dos contidos farase ca axuda dunha presentación PowerPoint, específica para cada tema, xunto con transparencias, vídeos, animacións, lousa (nas clases presenciais) e cualquera outro material que axude e faga mais doada a comprensión dos conceptos que se estuden. A asistencia non será obligatoria.
Escenario 1: Docencia síncrona presencial na aula. Escenarios 2 e 3: Docencia síncrona virtual en remoto, mediante a plataforma MS Teams.
• Seminarios (10h)
En cada seminario o profesor plantexará e resolverá problemas e cuestións vencelladas a materia. Os contidos de estes seminarios van ser:
SEMINARIO 1: ESTRUCTURA E PROPIEDADES DOS ACIDOS NUCLEICOS (1h)
SEMINARIO 2: ESTRUCTURA DE ACIDOS NUCLEICOS E CROMATINA (1h)
SEMINARIO 3: ESTRUCTURA E SECUENCIAS DE ACIDOS NUCLEICOS (1h)
SEMINARIO 4: ESTRUCTURA CROMOSOMICA (1h)
SEMINARIO 5:REPLICación E TRANSCRIPCION (1h)
SEMINARIO 6: Herdanza DE CARACTERES SINXELOS (1h)
SEMINARIO 7: LIGAMIENTO O SEXO (1h)
SEMINARIO 8: COMPLEMENTación XENETICA (1h)
SEMINARIO 9: SISTEMAS DE DOUS LOCI (1h)
SEMINARIO 10: EPISTASIA (1h)
Asistencia non obligatoria.
Escenarios 1 e 2: Docencia síncrona presencial na aula. Escenario 3: Docencia síncrona virtual en remoto mediante a plataforma MS Teams.
• Práctica (3h)
Escenarios 1, 2 e 3: Docencia síncrona virtual non obligatoria en remoto mediante a plataforma MS Teams.
• Titorías (2h)
Escenarios 1, 2 e 3: Docencia síncrona virtual non obligatoria en remoto mediante a plataforma MS Teams.
A cualificación final será una media ponderada do rendimiento nas partes nas que se avalía o traballo dos alumnos/as: exame (50%), cuestionarios de avaliación continua (30%), prácticas (10%) e titorías en grupo (10%). os mesmos instrumentos serán empregados para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
- No exame avaláinse as competencias: CB1, CB2, CG3, CG5, CT1, CT2, CT11, CE6.a, CE6.c, CE6.e, CE6.f, CE7.a.
- Nos cuestionarios de avaliación continua: CB2, CG3, CT4, CT9, CT10, CE6.a, CE6.c, CE6.f.
- Nas prácticas: CT2, CT3, CT11, CE1.c, CE6.c, CE6.e, CE7.a.
- Nas titorías en grupo: CB3, CG2, CT3, CT4, CT5, CT9, CT10, CE6.a, CE6.c, CE6.f.
Exame final, obligatorio e complementario a avaliación continua: Escenario 1: presencial; escenarios 2 e 3: virtual en remoto síncrono mediante a ferramenta “Cuestionario” da plataforma Moodle do Campus Virtual.
Avaliación continua, non obligatoria: Escenarios 1, 2 e 3: Virtual asíncrona mediante cuestionarios periódicos da plataforma MS Forms, relacionados cos contidos das clases expositivas e os seminarios. Os alumnos seran avaliados segundo as suas respostas a eses cuestionarios periódicos.
Prácticas, non obligatorias: Escenarios 1, 2 e 3: os alumnos entregarán de xeito síncrono unha memoria de prácticas, que será empregada par a sua avaliación, a través da plataforma Moodle do Campus Virtual.
Titorías, non obligatorias: Escenarios 1, 2 e 3: Avaliarase a asistencia, participación activa (ambalasduas seguidas de xeito virtual) e un cuestionario cuberto de xeito síncrono a través da plataforma Moodle do Campus Virtual.
NOTAS:
PROCEDIMIENTO de avaliación: As cualificacións obtidas nas Prácticas, Titorías e Avaliación continua computaranse sempre e cando se obtivera unha cualificación mínima de 5,0 (escala de 0 a 10) no exame final. Aqueles estudantes que no superen a primeira convocatoria de avaliación do curso deberán realizar unha nova avaliación na segunda convocatoria, para a que realizarán un novo exame final e conservarán as cualificacións obtidas nas Avaliacións continua, de Prácticas e de Titorías no mesmo curso.
Os criterios de calificación detallados atopanse no siguiente enlace:
http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
HORAS PRESENCIAIS (56 h):
38 horas maxistrais
3 horas de práctica de laboratorio
10 horas de seminarios
2 horas de titoría en grupo
3 horas realización do exame
HORAS NON PRESENCIAIS (94 h):
60 horas estudo individual
29 horas resolución de problemas e outros traballos
5 horas revisión bibliográfica
VOLUME TOTAL DE TRABALLO:
56 h de clases presenciais e 94 h de traballo persoal= 150 h totais.
• Seguir todas as actividades docentes e consultar as dubidas que xurdan no seu desenvolvemento (Escenario 1 para clases expositivas e seminarios: seguimento e consultas presenciais e síncronas; Escenario 3 para seminarios e Escenarios 2 e 3 para clases expositivas, e todos os escenarios para as restantes actividades: seguimento e consultas virtuais asíncronas).
• Seguir o curso con continuidade.
• Empregar as titorías de despacho (presenciais síncronas no Escenario 1 e virtuales síncronas mediante MS Teams ou asíncronas por correo electrónico nos escenarios 2 e 3) para resolver dubidas e cuestións relacionadas ca materia.
• Recomendase o/a estudante consultar fontes de información científica (bases de dados, libros, revistas, páxinas web,…) para profundizar e personalizar a sua formación na materia.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Un Aula Virtual da materia manterase operativa e a disposición do alumnado o longo de todo o curso. Os profesores serán accesibeis de xeito directo a través do seu enderezo de correo electrónico. Os/as alumnos/as poderán concertar titorías de despacho, presenciais no Escenario 1, ou virtuales síncronas, nos escenarios 2 e 3, o longo de todo o curso.
Toda a docencia será virtual en remoto e síncrona e impartirase mediante a plataforma MS Teams, agás as clases expositivas e os seminarios no Escenario 1 e os seminarios no Escenario 2, que serán presenciais síncronos.
En todolos escenarios (agás o exame presencial no Escenario 1) todas as formas de avaliación serán virtuais, ben mediante a entrega de memorias ou guións, ou mediante cuestionarios ou tarefas das plataformas Moodle e MS Teams.
ESTUDANTES REPETIDORES: Poderán manter a cualificación obtida nas prácticas da materia de cursos anteriores, sempre e cando os contidos da práctica impartida neses cursos foran iguaies aos da impartida no curso actual. Tamén poderán optar por realizar a práctica no curso actual. No caso de mudanza nos contidos da práctica, informarase os/as alumnos/as mediante o Campus Virtual. Non se manterán as cualificacións dos cuestionarios de avaliación continua nin das Titorías.
CALENDARIO DE EXAMES: Non se realizarán exames parciais, nin exames finais en datas distintas das da convocatoria oficial.
COMPOSICIÓN DOS GRUPOS: Non se admitirán alumnos/as nas clases de Prácticas, Titorías e Seminarios impartidas a grupos que no lles correspondan. No caso de incompatibilidades horarias, os alumnos/as deberán obter un cambio de grupo. Porén, aceptaranse intercambios de grupo entre alumnos/as, o entre alumnos e alumnas, de xeito que o tamaño dos grupos non resulte alterado. Eses intercambios deberán ser comunicados a, e aprobados previamente por, o profesor/a responsabel da actividade.
Non se poderá facer distribución a terceiros dos contidos depositados polo profesor no Campus Virtual, ou na plataforma MS Teams.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Ana Maria Viñas Diaz
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 881816918
- Correo electrónico
- anamaria.vinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Garcia Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 881816903
- Correo electrónico
- carlos.garcia.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alicia Lopez Bruzos
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- alicia.lopez.bruzos [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Eva Garcia Alvarez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- eva.garcia.alvarez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
20.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
20.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
20.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
20.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
20.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
20.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
20.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
20.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
20.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
20.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
29.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
29.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
29.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
29.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
29.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
29.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |