Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 17 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
Transmitir ó alumno conceptos básicos de xenética de poboacións, de evolución molecular, especiación e outros aspectos da teoría evolutiva, conceptos que se pretende integren un corpo de coñecementos fundamental que permita ó alumno abordar con rigor la perspectiva histórica na resolución de calquera problemática biolóxicas. Que o alumno coñeza conceptos, métodos e resultados empíricos provenientes do estudio do proceso evolutivo, ademais do propio devenir histórico da disciplina, é un obxectivo específico de primeira orde. Finalmente, o desenrolo da actividade docente en interacción construtiva co alumno proporcionará novas oportunidades ó titor para descubrir dificultades asociadas coa aprendizaxe da xenética evolutiva.
Ademais, son destacables los seguintes obxectivos adicionais:
1) Presentar controversias asociadas a diferentes teorías dende unha perspectiva histórica y dende el respeto polos logros dos seus principais artífices. No obstante, o recoñecemento da controversia no supoñerá deterioro algún da comprensión de los conceptos básicos e menos aínda a renuncia á idea de que interesarse pola obxectividade da verdade resulta algo digno de mérito.
2) Favorecer el espírito crítico a través de la busca de espazos de debate onde los alumnos podan compartir ideas orixinais sobre temas relacionados coa materia.
3) Favorecer o traballo cooperativo. Estimular la discusión de ideas con obxectivo de que os alumnos comprendan o diálogo como unha actividade construtiva na que o prexuízo recomendable sexa a ausencia de prexuízos, pois todo diálogo tolerante e honesto entre posturas diferentes ofrece una oportunidade para a aparición de novos elementos de interese. Experimentar este descubrimento supón tomar conciencia de que la aproximación á verdade é en realidade asintótica e responde a un esforzo colectivo. Así aprendemos que a lealdade inquebrantable as nosas crenzas ten menos que ver ca busca da verdade que co dogmatismo.
CONTIDOS
Os contidos teóricos recollidos no seguinte temario complementaranse con clases interactivas (seminarios de problemas e unha actividade de titorías consistente na análise e discusión de bibliografía especializada). As horas sinaladas representan unha aproximación.
Tema 1. Introducción: de Darwin á Síntese Moderna (3h)
1.1. Concepcións pre-darwinianas da herdanza
1.2. A teoría da evolución de Darwin
1.3. Teorías da herdanza
1.4. Biométricos frente a mendelianos
1.5. La síntese entre o neodarwinismo e o mendelismo
1.6. A Síntese Moderna
Tema 2. Variación xenética poboacional: natureza e orixe (3h)
2.1. A descrición xenética dunha poboación
2.2. Variación xenética e variación ambiental
2.3. Variación discreta e variación continua
2.4. Polimorfismos visibles
2.5. Variación molecular: as hipóteses clásica e equilibrada
2.6. A revolución electroforética e a variación alozímica
2.7. Microsatélites e SNPs na análise xenética poboacional
2.8. A mutación: tipos, modelos e o seu papel como factor evolutivo
Tema 3. Variación xenética poboacional: equilibrio e cuantificación (3h)
3.1. O principio de Hardy-Weinberg e a poboación ideal
3.2. Demostracións do principio Hardy-Weinberg
3.3. Relación entre las frecuencias alélicas e xenotípicas no equilibrio Hardy-Weinberg
3.4. O equilibrio Hardy-Weinberg nos casos de dominancia e multialelismo
3.5. A desviación das proporcións Hardy-Weinberg nunha poboación
3.6. A cuantificación da variabilidade xenética poboacional
Tema 4. Selección natural: conceptos básicos (6h)
4.1. O concepto de selección natural
4.2. O concepto de aptitude darwiniana
4.3. O modelo básico de viabilidade e o equilibrio mutación-selección
4.4. Selección natural en acción
4.5. Modos complexos de selección
4.6. Selección dependente da frecuencia e selección sexual
4.7. Cuantificación do efecto de selección natural
Tema 5. Selección natural: complexidade e adaptación (3h)
5.1. Selección sobre carácteres cuantitativos
5.2. Selección de parentesco
5.3. Selección de grupo
5.5. O conceptos de adaptación, exaptación e carácter adaptativo
5.6. A crítica do programa adaptacionista
5.7. A imperfección do deseño natural
Tema 6. Consanguinidade e apareamento non aleatorio (3h)
6.1. O concepto de consanguinidade
6.2. Alelos idénticos por estado e alelos idénticos por ascendencia
6.3. Los coeficientes de parentesco, consanguinidade y coascendencia
6.4. Cálculo do coeficiente de consanguinidade a partires de cadeas de ascendencia
6.5. Efecto da consanguinidade sistemática sobre el acervo xénico poboacional
6.6. Depresión consanguínea
6.7. Apareamento asociativo e disociativo
Tema 7. Xenética de poboacións finitas (6h)
7.1. O concepto de deriva xenética e o modelo Wright-Fisher
7.2. Efectos da deriva sobre a variabilidade xenética intra e inter-poboacional
7.3. Consanguinidade panmíctica
7.4. Tamaño eficaz de poboación
7.5. Os efectos fundador e colo de botella
7.6. O equilibrio mutación-deriva
7.7. Deriva xenética e selección natural
7.8. O destino de mutantes solitarios
7.9. A teoría neutral de Kimura
7.10. A teoría aproximadamente neutral de Ohta
7.11. Os test de neutralidade e a pegada molecular de selección
Tema 8. Estrutura xenética poboacional e fluxo xénico (3h)
8.1. Apareamento non aleatorio baseado na xeografía e o efecto Wahlund
8.2. Os estatísticos F de Wright e a distancia xenética de Nei
8.3. Árbores de poboacións baseados na variación das frecuencias alélicas
8.4. Os conceptos de fluxo xénico e migración
8.5. Modelos de fluxo xénico
8.6. O equilibrio migración-deriva
8.7. Fluxo xénico e selección natural
8.8. A teoría dos equilibrios en movemento de Wright
Tema 9. Xenética da especiación e filoxenética (5h)
9.1. Conceptos de especie e criterios para a delimitación específica
9.2. Barreiras de illamento reprodutivo
9.3. La regra de Haldane e a xenética da especiación
9.4. Zonas híbridas primarias e secundarias
9.5. Mecanismos de especiación gradual
9.6. Homoloxía molecular y el alineamento de secuencias de ADN
9.7. Estimación de taxas evolutivas e modelos de sustitución nucleotídica
9.8. Árbores filoxenéticas, árbores xénicas y árbores de especies
9.9. Métodos de construción de árbores filoxenéticas
9.10. O procedemento de Bootstrap na análise filoxenética
Tema 10. A macroevolución e a extensión da Síntese Moderna (3h)
10.1. Os conceptos de microevolución e macroevolución
10.2. A teoría do equilibrio puntuado
10.3. A selección de especies e a selección multinivel
10.4. Herencia extendida
10.5. Teoría de construción de nicho
10.6. Eco-Evo-Devo
Respecto os contidos de seminarios, na maioría consistirán na resolución de problemas nos que se apliquen os coñecementos teóricos, problemas estreitamente asociados ao temario exposto antes. Ademáis, incluiranse novos contidos de índole máis concreta e aplicable que os tratados nas clases expositivas. Respecto a tutorías, básicamente consistirá nunha actividade colectiva que implique a discusión de bibliografía especializada, sin perxuízo da posibilidade de que se demande algún tipo de tarea a título individual relacionada con ela.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Futuyma D, Kirkpatrick M. 2017. Evolution. 4th ed. Sinauer.
Halliburton R. 2004. Introduction to Population Genetics. Pearson.
Hartl DL, Clark AG. 2006. Principles of Population Genetics 4th ed. Sinauer.
Hedrick PW. 2011. Genetics of Populations 5th ed. Jones & Bartlett.
Nei M, Kumar S. 2000. Molecular Evolution and Phylogenetics. Oxford University Press.
Page RDM, Holmes EC. 2002. Molecular Evolution. Blackwell.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Charlesworth B, Charlesworth D. 2010. Elements of Evolutionary Genetics. Roberts & Co.
Cutter AD. 2019. A primer of Molecular Population Genetics. Oxford University Press.
Hahn, MW. 2018. Molecular Population Genetics. Oxford University Press.
Hartl DL. 2020. A primer of Population Genetics and Genomics. Oxford University Press.
Templeton AR. 2019. Human Population Genetics and Genomics. Academic Press.
Saetre G, Ravinet M. 2019. Evolutionary Genetics. Oxford University Press.
Walsh B, Lynch M. 2018. Evolution and selection of quantitative traits. Oxford University Press.
Básicas/Xerais
• CB3. Capacidade para reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión en temas de índole social, científica ou ética.
• CG2. Estudar e aprender de forma autónoma, con organización do tempo e dos recursos.
Transversais
• CT1. Capacidade de análise e síntese
• CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación
• CT4. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
• CT5. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
• CT9. Utilización da información bibliográfica e de internet
• CT11. Capacidade para a resolución de problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Específicas
CE1. Capacidade para desenvolver modelos matemáticos e aplicar métodos estadísticos na análise de poboacións.
Escenario 1 (normalidade adaptada): Clases maxistrais expositivas e interactivas, así como titorías, con carácter presencial nas que se faría uso de recursos informáticos para la ilustración gráfica de contidos e se discutirían artigos científicos publicados en revistas especializadas.
Escenario 2 (distanciamento): Clases expositivas presenciais. Clases de seminarios en maiormente presenciais pero puntualmente virtuais. As titorías colectivas impartiríanse de xeito telemático a través de Microsoft Teams. Las titorías personalizadas poderán realizarse a través de skype. As clases virtuais impartiríanse de xeito síncrono, habendo a posibilidade de levar a cabo actividades de modo asíncrono, tales como la entrega de tarefas ou anotacións no Campus Virtual.
Escenario 3 (docencia virtual): Clases expositivas e interactivas integramente impartidas de xeito virtual a través de Microsoft Teams e a realización de tarefas y outros recursos no Campus Virtual. Las clases impartiríanse tanto de xeito síncrono como asíncrono. Las titorías personalizadas poderán realizarse a través de skype.
Avaliaranse tanto os contidos teóricos da materia como a capacidade de resolución de problemas e cuestións de índole aplicada relacionados coa mesma. Los criterios básicos de avaliación consistirán na demostración dunha comprensión crítica dos conceptos básicos, a súa claridade expositiva e aplicación.
A avaliación de conceptos e a súa aplicación na resolución de problemas presentados nos seminarios levarase a cabo mediante exame escrito (proba final). A asistencia e aproveitamento dos seminarios, que poderá ser avaliada mediante a entrega de exercicios realizados e/ou participación en clase, se avaliarase cunha nota que representa o 10% da nota final. As actividades desenroladas en titorías avaliaranse cunha nota que representa o 15% da la nota final. Isto significa que o 25% da cualificación final corresponde a actividades de avaliación continua.
Véase o enlace http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Con respecto aos alumnos repetidores, conservarase a parte proporcional da súa avaliación en titorías, non así na asistencia a seminarios, correspondinte ó curso anterior 2019/2020, sen que isto impida a posibilidade de renunciar a dicha avaliación no caso de que decidan realizalas de novo.
A proba final, será presencial nos escenarios 1 y 2. Terá carácter telemática no escenario 3. Neste último caso, poderá realizarse de xeito síncrono o asíncrono.
Ante igualdade de circunstancias, non haberá diferencias na avaliación en primeira e segunda oportunidade. A realización das actividades de seminarios, tutorías e exame non son obrigatorias.
En relación co plaxio: "para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
Posto que a asistencia ás clases no Grado é obrigatoria e de acordo coa presunción de cumprimento razoable da normativa, a asistencia a clase non é un criterio de avaliación da materia.
As competencias que se avaliarán serán CT1, CT2, CT4, CT5, CT11 y CE1 en el exame e CT1, CT2, CT11 y CE1 nos seminarios.
O tempo de estudio e traballo persoal é o mesmo para os tres escenarios en relación coas directrices definidas para garantir unha docencia presencial razoablemente segura.
Clases maxistrais: 38 horas presenciais; 67,5 horas de traballo persoal; 105,5 horas totais
Seminarios: 13 horas; 13,5 horas de traballo; 26,5 horas totais
Titorías en grupos reducidos: 2; 3 horas de traballo; 5 horas totais
Exames: 3 horas
Asistencia a clase y traballo continuado fora de clase
Uso da bibliografía especializada
Uso de titorías personalizadas
Plan de continxencia
Escenario 1: A docencia expositiva será de tipo presencial, sen que isto supoña menoscabo da posibilidade de realizar tarefas y outras actividades no Campus Virtual. Os seminarios serán maiormente presenciais. As titorías serán virtuais. A proba final será proba escrita presencial. As titorías personalizadas terán lugar no despacho do profesor. Poderanse facer consultas sobre as actividades de avaliación continua, particularmente respecto a titorías, a través de MS Teams e do correo electrónico do profesor correspondinte.
Escenario 2: A docencia expositiva de teoría será presencial coas restricións precisas para garantir un prudente distanciamento entre persoas. Os seminarios serán na súa maioría presenciais, pero aqueles que non esixan a resolución de problemas no encerado poderán impartirse de forma telemática. Las titorías levaranse a cabo de xeito telemática. Las titorías individualizadas relacionadas coa docencia expositiva terán lugar no despacho do profesor en condiciones seguras de distanciamento. A proba final, que inclúe contidos de seminarios, será proba escrita presencial en condicións razoables de seguridade. As tutorías avaliaranse mediante actividade en MS Teams e/ou no Campus Virtual.
Escenario 3: A docencia expositiva e interactiva, incluíndo seminarios e titorías, terá lugar mediante a plataforma Microsoft Teams e o Campus Virtual, que incluirá un aula virtual operativa a disposición del alumnado. Outros canais de comunicación serán o correo electrónico e skype, pero en ningún caso resolveranse dúbidas sobre a materia por correo electrónico. Tanto a proba final como a avaliación das tutorías farase de modo telemático síncrono ou asíncrono mediante MS Teams e/ou Campus Virtual.
María Belén Gómez Pardo
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 982822428
- Correo electrónico
- belen.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roman Vilas Peteiro
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- roman.vilas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martín Santamarina García
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- martin.santamarina.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
21.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
21.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
21.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
21.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
21.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
21.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
21.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
21.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
21.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
21.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
29.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
29.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
29.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
29.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |