Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 14 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
Coñecemento dos conceptos esenciais para a comprensión da estrutura, organización, expresión e evolución do xenoma humano. Coñecemento das metodoloxías fundamentais para a análise xenética do xenoma humano, integrando as metodoloxías tradicionais coas de última xeración capaces de analizar globalmente os xenomas. Coñecemento dos fundamentos das metodoloxías xenético-estatísticas utilizadas na investigación de vangarda para a identificación de xenes implicados en enfermidades humanas comúns cunha base xenética complexa. Perspectiva da relevancia da xenética humana para a comprensión da vida humana e a evolución das poboacións humanas. Perspectiva das aplicacións actuais e potenciais da xenética humana en biomedicina e o seu impacto na sociedade. A aprendizaxe obtida proporcionará ao estudante a capacidade para comprender publicacións científicas especializadas en xenética humana e a base necesaria para abordar problemáticas relacionadas coa xenética humana en contornas novas xa sexa no ámbito profesional ou a nivel de Máster e Doutoramento
- Clases teóricas (26 horas)
1. Introducción: Panorámica Xenética Humana (1h).
2. Modelos de herdanza mendeliana (3h).
3. Herdanza ligada ó sexo (3h).
4. Herdanza de caracteres complexos (4h).
5. Identificación de xenes asociados a enfermidades humanas (3h).
6. Xenética do cancro (2h)
7. Consello xenético (2h)
8. Células nai (2h)
9. Organismos modelo para o estudo de enfermidades humanas (3h).
10. A consanguinidade no home (3h)
- Seminarios (10 horas)
Realizaranse problemas da materia e casos prácticos ao longo do curso.
- Prácticas: casos prácticos de modelos de enfermidades raras monoxénicas (3 horas)
O uso ferramentas informáticas/ e outras no estudo de enfermidades raras humanas como as bases de datos de proteínas, xenomas ou de bases xenéticas de enfermidades (Uniprot, Ensembl ou OMIM).
- Tutorías (2h)
Realizaranse traballos en grupo (4 alumnos) que se presentarán en formato póster e oralmente en exposicións de 10 minutos por grupo, .
As temáticas serán de actualidade e propoñeranse 2-3 grandes temas para a realización dos traballos.
Convidarase a investigadores da Área de Biomedicina para impartir charlas
- Exame (2 horas)
Básica
- Brown, T.A., 2008. Genomas. 3ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
- Krebs, J.E., Goldstein, E.S. and Kilpatrick, S.T., 2012. Lewin Genes: fundamentos. 2ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
- Rosenberg L.E. and Rosenberg D.D., 2012. Human Genes and Genomes. Science, Health, Society. Amsterdam: Elsevier.
- Solari, A.J., 2011. Genética Humana: fundamentos y aplicaciones en medicina. 4ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
- Strachan, T. and Read, A.P., 2006. Genética Humana. 3ª ed. México: McGraw-Hill Interamericana.
Complementaria
-Schaaf, C. 2011. Human Genetics: From Molecules to Medicine. Wilkins & Williams.
- Vogel, F., Motulsky, A.G., Speicher, M.R. and Antonarakis, S.E. eds., 2010. Vogel and Motulsky’s human genetics: problems and approaches. 4th ed. Berlin: Springer.
Nesta materia traballaránse as seguintes competencias:
Básicas
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantesteñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Xeráis
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais
CG4 - Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica
Transversáis
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT6 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT7 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demáis
CT8 - Habilidade no manexo de TICs
CT9 - Utilización de información bibligráfica e da internet
CT10 - Utilización de información en lingua estranxeira
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Específicas
CE6.c - Ámbito competencial: Bioloxía humana, herdanza e evolución: O material hereditario
CE6.d - Ámbito competencial: Bioloxía humana, herdanza e evolución: Evolución e diversidade da especie humana
CE6.e - Ámbito competencial: Bioloxía humana, herdanza e evolución: Análise xenética e evolutiva
CE7.a - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina: Bases biolóxicas das enfermidades
CE7.g - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina: Métodos de análise clínica e molecular
A ensinanza desta materia se articula mediante a combinación de clases maxistrais e seminarios de pizarra.
La enseñanza de esta materia se articula mediante la combinación de clases magistrales y seminarios de pizarra.
La metodología se ajustará a los 3 escenarios aprobados por la Universidad y la Xunta de Facultad de Biología.
En las clases expositivas se tratarán los contenidos específicos del programa y para su desarrollo se hará uso de cualquier material que ayude y facilite la comprensión de los conceptos que se traten (presentaciones PowerPoint, transparencias, vídeos, animaciones, pizarra…).
Escenario 1: Normalidade adaptada
- Clases expositivas, seminarios e titorías: esta docencia será presencial e seguiranse as medidas hixiénico-sanitarias que sexan obrigatorias ( hidrogel, obrigatoriedade de máscara, …).
- Clases prácticas: Docencia tamén 100% presencial e coas mesmas medidas hixiénico-sanitarias, ademais os alumnos/ as deberán asistir obrigatoriamente con bata de laboratorio e luvas.
Escenario 2: Distanciamento
- Clases expositivas, seminarios e titorías: Toda esta a docencia pasará a ser telemática e utilizaranse as ferramentas institucionais proporcionadas pola USC, tanto o Campus Virtual como a plataforma MS Teams. Esta docencia manterá os mesmos horarios que a docencia presencial. Como ferramenta para a comunicación co estudantado (titorías, novidades ou consultas relacionadas coa materia) empregarase a ferramenta foro da USC Virtual. Excepcionalmente utilizarase o correo electrónico institucional.
- Clases prácticas: A práctica para realizar realizarase de forma presencial preparándose módulos dun máximo de 7 alumnos. Antes de ir ao laboratorio, os alumnos/ as deberán ver a sesión titorial relacionada que estará depositada na aula virtual.
Escenario 3: Peche das instalacións
- Clases expositivas, seminarios, titorías e clases prácticas: A totalidade da docencia abordarase de forma telemática aplicando a metodoloxía detallada para o Escenario 2 e mantendo tamén os horarios programados. Temos preparado un vídeo para a realización da práctica por vía telemática.
A cualificación será unha media ponderado entre o rendemento nas partes nas que se avalía o seu traballo: exame (70%), prácticas (5%) e traballo en grupo (25%). Os mesmos instrumentos serán utilizados para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
- No exame avalíanse as competencias: CB1, CB2, CG3, CG5, CT1, CT2, CT5, CT11, CE6.c, CE6.d, CE6.e, CE7.a, CE7.g
- Nas prácticas: CB5, CG2, CG5, CT8, CT9, CT10, CT11, CE7.g.
- Nos traballos en grupo: CB3, CB4, CG2, CG4, CG5, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8,CT9, CT10, CT11, CE7.a, CE7.g
Os criterios de cualificación detallados atópanse na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
NOTA:
BAREMO: As cualificacións obtidas en Prácticas e Titorías computaranse a condición de que se obtivo unha cualificación mínima de 5,0 (escala de 0 a 10) no exame final de teoría.
CLASES EXPOSITIVAS: Asistencia regular.
PRÁCTICAS E TUTORÍAS: Asistencia obrigatoria.
ESTUDANTES REPETIDORES: Non é obrigatorio repetir a Práctica, a condición de que a práctica impartida sexa a mesma, manténdose as cualificacións obtidas. Non se conservan as cualificacións das Titorías.
NON SE REALIZARÁN EXAMENES PARCIAIS
Horas presenciais: 43h
26 h Clases maxistrais
3h Prácticas
2h Realización de exame
10h Seminarios
2h Tutorías
Horas non presenciais: 69,5h
40h Estudo individual
23,5h Preparación de traballos en grupo,
6h Revisión bibliográfica
VOLUMEN TOTAL DE HORAS DE TRABALLO: 112,5h
Asistencia regular a tódalas actividades docentes.
Consulta da bibliografía seleccionada.
A USC aprobou uns directrices publicadas na web e na secretaria xeral e a facultade de bioloxía aprobou directrices depedendo da disponibilidad de espazos.
Escenario 1: Normalidade adaptada
- Clases expositivas, seminarios e titorías: esta docencia será presencial e seguiranse as medidas hixiénico-sanitarias que sexan obrigatorias ( hidrogel, obrigatoriedade de máscara, …).
- Clases prácticas: Docencia tamén 100% presencial e coas mesmas medidas hixiénico-sanitarias, ademais os alumnos/ as deberán asistir obrigatoriamente con bata de laboratorio e luvas.
Escenario 2: Distanciamento
- Clases expositivas, seminarios e titorías: Toda esta a docencia pasará a ser telemática e utilizaranse as ferramentas institucionais proporcionadas pola USC, tanto o Campus Virtual como a plataforma MS Teams. Esta docencia manterá os mesmos horarios que a docencia presencial. Como ferramenta para a comunicación co estudantado (titorías, novidades ou consultas relacionadas coa materia) empregarase a ferramenta foro da USC Virtual. Excepcionalmente utilizarase o correo electrónico institucional.
- Clases prácticas: A práctica para realizar realizarase de forma presencial preparándose módulos dun máximo de 7 alumnos. Antes de ir ao laboratorio, os alumnos/ as deberán ver a sesión titorial relacionada que estará depositada na aula virtual.
Escenario 3: Peche das instalacións
- Clases expositivas, seminarios, titorías e clases prácticas: A totalidade da docencia abordarase de forma telemática aplicando a metodoloxía detallada para o Escenario 2 e mantendo tamén os horarios programados. Temos preparado un vídeo para a realización da práctica por vía telemática.
Laura Elena Sánchez Piñón
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- lauraelena.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
María Belén Gómez Pardo
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 982822428
- Correo electrónico
- belen.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roman Vilas Peteiro
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- roman.vilas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Paula Otero Sanchez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- paulaotero.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Sonia Zumalave Duro
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- sonia.zumalave.duro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
08.06.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
08.06.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
16.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
16.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |