Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 15 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
- Facilitar os coñecementos básicos de geobotánica e o seu terminología.
- Fornecer as bases para o estudo e a interpretación das paisaxes vegetales.
- Sensibilizar sobre a importancia da conservación das paisaxes e a diversidad vegetal.
- Crear as bases para desenvolver capacidade de crítica e síntese da información obtida, mediante a consulta de diversas fontes.
- Incentivar a capacidade de investigación en geobotánica.
Tema 1.- Xeobotánica ecolóxica e histórica. Evolución histórica da Xeobotánica. Métodos de estudo. (1hora)
Tema 2: Procesos: Especiación. Diversificación. Extinción. Dispersión. Rutas migratorias. (2 horas)
Tema 3.- Patróns de distribución: Áreas de distribución. Tipos de áreas. Endemismos. Disyunción. Vicariancia e dispersalismo. (2 horas)
Tema 4.- Xeobotánica histórica: Métodos de estudo. Rexistro fósil. Palinoloxía. Filoxeografía. (2 horas)
Tema 5.- Xeobotánica histórica. Evolución dos continentes. Floras arctoterciaria e paleotropical. Cambios climáticos. Glaciaciones. O NW ibérico. Refuxios glaciares. Recolonización posglaciar. (1 hora)
Tema 6. Plantas invasoras (1 hora)
Tema 7.- Xeobotánica ecolóxica. As plantas e o medio. Adaptacións. Formas biolóxicas. (2 horas)
Tema 8.- Métodos de análises e estudo da vegetación I: Formacions vexetais: Concepto e Clasificacións. Biomas. Concepto. Características. Distribución. (2 horas)
Tema 9.- Métodos de analise e estudo da vexetación II: Fitosocioloxia. Método, sistemática e aplicacións. Sucesión. Series de vegetación. (2 horas)
Tema 10.- Bioclimatoloxía. Índices e mapas bioclimáticos. Bioclimatoloxía de Galicia. (2 horas)
Tema 11.- Unidades bioxeográficas. Os Reinos florísticos. Unidades biogeográficas
de Europa e Galicia. (2 horas)
Tema 12.- Compoñentes da flora galega vías migratorias. Endemismos. Flora
vascular ameazada. (1 hora)
Tema 13.- Vegetación galega. Principais formacións boscosas. Influencias e vías migratorias. Características e distribución. (2 horas)
Tema 14.- Principais formacións de matorral. Influencias e vías migratorias. Características e distribución. (2 horas)
Tema 15.- Vexetación costera galega. Frontes de vexetación. Principais comunidades. Influencias e vías migratorias. (1 hora)
Tema 16.- Recopilación xeral da vexetación de Galicia e estado de conservación. Hábitats prioritarios. (1 hora).
Práctica de campo
Realizarase unha práctica de campo obligatoria que consistirá no estudo e identificación de diversas comunidades vexetais no seu medio natural. Esta práctica realizarase na Sierra de Ou Courel ou nas proximidades de Santiago de Compostela dependendo da disponibilidad de finanzamento.
Seminarios
Realízanse exercicios, con participación dos alumnos, de métodos de descrición e cartografía da vexetación.
Tutorías
Resolución de dúbidas
Bibliografía Básica
Alcaraz, F. 1999. Manual de Teoría y Práctica de Geobotánica. Editorial DM. Colección Texto – Guía. ICE. Univ. Murcia
Izco, J., Fitogeografía: origen y distribución de la flora gallega en X. Filgueira et al. (edit.), Galicia, Geografía General de Galicia, XVII: 202-227, Edit. Hércules, A Coruña, 1996.
Kent, M. & Coker,P. 1998. Vegetation, Description and analysis. A practical approach. .John Wiley & Sons,New York
Peinado, M. & Rivas Martínez (Eds.) 1987. La vegetación de España. Colección Aula Abierta, 3, Serv. Publ. Univ. Alcalá de Henares. Alcalá de Henares
Zunino, M. & Zullini, A. Biogeografía. La dimensión espacial de la evolución. Casa Editrice Ambrosiana. 2003.
Bibliografía Complementaria
Blanco, E. et al. 1996. Los Bosques ibéricos. Una interpretación geobotánica. Ed. Planeta, Barcelona
Carrión, J. S. 2003. Evolución Vegetal. Editorial DM. Murcia
Takhtajan, A 1986. Floristic regions of the World. University of California Press, Berkeley
Recursos on line:
https://www.um.es/docencia/geobotanica/
http://www.bosquesdegalicia.es/
https://www.globalbioclimatics.org/
https://www.researchgate.net/publication/233755631_Biogeografia_Capitul…
https://www.globalbioclimatics.org/book/bioc/global_bioclimatics_4.htm
O estudantado despois de cursar esta materia terá unha visión detallada dos principais grupos de comunidades vexetais, interpretando os seus patróns de distribución.
Deberá ser capaz de:
Específicas
CE1.c - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades Técnicas básicas en bioloxía
CE4.f - Ámbito competencial: Biodiversidade: Bioxeografía e conservación
CE4.g - Ámbito competencial: Biodiversidade: Análise da biodiversidade
CE5.b - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: Poboacións, comunidades e ecosistemas
CE5.d - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: Xestión e conservación
CE5.e - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: Diagnostico e solución de problemas ambientais
Básicas:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Xenerais:
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais
CG4 - Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT7 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais
CT8 - Habilidade no manexo de Tics
CT9 - Utilización de información bibliográfica e
Clases maxistrais e seminarios (asistencia non obrigatoria)
Prácticas de Campo
Seguimento mediante titorías
Exame escrito
Contidos en USC virtual
Práctica de campo
Realizarase unha práctica de campo obrigatoria que consistirá no estudo e identificación de diversas comunidades vexetáis no seu medio natural. Esta práctica realizarase na Serra de Ou Courel ou nas proximidades de Santiago de Compostela dependendo da dispoñibilidade de financiamento.
Seminarios
Para este tipo de clases interactivas empregarase a metodoloxía de seminarios, na que o profesor terá unha función de director e organizador e que requirirá dos estudantes unha participación activa para expor dúbidas sobre a elaboración dos traballos, a procura de información, etc.
Titorías
Metodoloxía tutorial.
Realizarase un exame escrito ao finalizar a materia e a cualificación final obterase segundo a seguinte ponderación:
- a nota do exame teórico representará o 80% da cualificación final.
- a asistencia e participación nas diferentes actividades docentes, especialmente nas que son de tipo práctico, representará un 20%
- Non se poderá aprobar a signatura se o alumno non consegue un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota do exame teórico.
Nas probas serán avaliadas a totalidade das competencias.
Os criterios de avaliación da materia atópanse recollidos na táboa que aparece na seguinte ligazón: http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Evaluación de competencias:
Exame, Prácticas e Seminarios: Específicas. básicas e xerais
Exame: CT1, CT2
Prácticas e seminarios: CT4, CT8, CT9
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Total horas traballo presencial: 43 h
Clases expositivas: 26
Prácticas:11h
Seminarios: 3h
Titorías: 1h
Examen: 2h
Total horas traballo persoal do alumno: 69,5h
Estudio individual: 59,5
Elaboración memoria de prácticas: 5
Elaboración de seminarios: 5
TOTAL DE HORAS: 25h x 4.5 ECTS = 112.5h
-Asistencia a todas as actividades docentes.
-Aprendizaxe diaria dos contidos impartidos nas clases.
-Consulta da bibliografía recomendada.
-Facer uso das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia
Fase 1: Expositivas Presenciais; Interactivas Non presenciais; Prácticas de campo Presenciais; Avaliación Presencial (Exame 8, Traballos seminario 2); Ferramentas USC Virtual; Metodoloxía Ver Guía.
Fase 2: Expositivas Non Presenciais; Interactivas Non presenciais; Prácticas de campo Presenciais; Avaliación Non presencial (Traballo final); Ferramentas USC Virtual, Team; Metodoloxía Contidos dispoñibles previamente en USC virtual. Dispoñibilidade on- line nas horas de clase.
Fase 3: Expositivas Non Presenciais; Interactivas Non presenciais; Prácticas de campo Non Presenciais; Avaliación Non presencial (Traballo final); Ferramentas USC Virtual, Team; Metodoloxía Contidos dispoñibles previamente en USC virtual. Dispoñibilidade on- line nas horas de clase.
Pablo Ramil Rego
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ramil.rego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mª Del Carmen Lopez Rodriguez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881813372
- Correo electrónico
- mdelcarmen.lopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Javier Angel Guitian Rivera
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814978
- Correo electrónico
- javier.guitian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
27.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
13.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
13.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |