Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 29 Total: 58
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Bioloxía Funcional
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Ecoloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Os estudantes deben saber describir, analizar e interpretar variables do medio físico que condicionan as adaptacións, a distribución e a abundancia de seres vivos e os seus cambios ao longo do tempo.
Os obxectivos específicos; cognitivos, procedimentais e actitudinais son:
- Conseguir que acaden coñecementos básicos e plurais de diferentes ámbitos da bioloxía, relacionando a física e composición do universo, coa formación e estruturación do medio físico da Terra e as súas interaccións cos seres vivos (hábitats).
- Familiarizar ó alumnado coa metodoloxía científica.
- Proporcionar ó alumnado as ferramentas básicas de análise de textos científicos.
- Desenvolver no alumnado a capacidade de interpretar o medio físico.
- Fomentar no alumnado unha actitude crítica que lle permita entender e asimilar a orixe do coñecemento do medio natural.
Introdución ao estudo do medio físico para biólogos. Escala e resolución. Sistema atmosférico, acuático e edáfico: métodos de medida, fontes de datos, unidades, cálculos, índices, representación e interpretación de diferentes variables. Caracterización das formas do relevo e a distribución dos solos. Mapas e representacións cartográficas. Medición e interpretación de diferentes parámetros. Cuncas hidrográficas. Procesos morfoxenéticos. Sistemas morfodinámicos. Augas subterráneas, procesos gravitacionais, inundacións e procesos costeiros.
Programa específico da parte da exposición
- Tema 1.- Introdución o estudo do medio físico para biólogos. Elementos do medio físico, representación do medio físico, escala e resolución. (1hora)
- Tema 2.- Sistema atmosférico. Métodos de medida, fontes de datos, unidades, cálculos, índices, representación e interpretación das variables: radiación, luz, temperatura, humidade, precipitación e vento. Climogramas e índices w clasificacións climáticas. Clima do solo: réxime de temperatura e réxime de humidade. (9 horas)
- Tema 3.- Sistema acuático. Métodos de medida, fontes de datos, unidades, cálculos, índices, representación e interpretación das variables: salinidade, luz, temperatura, oxíxeno, velocidade da corrente. Cálculo de caudais. (3 horas)
- Tema 4.- Caracterización das formas do relevo. Control estrutural e litolóxico. Tipos de mapas e representacións cartográficas. Fontes de datos cartográficos. Medida, e interpretación de parámetros que caracterizan o medio físico (orientación, altitude, pendente). Caracterización dunha cunca hidrográfica. (6 horas)
- Tema 5.- Procesos morfoxenéticos e edafoxenéticos. Sistemas morfodinámicos. Análise das formas da paisaxe. Mapas de formacións superficiais e de usos do terreo. Distribución de solos (4 horas)
- Tema 6.- Recursos e riscos do sistema Terra. Augas subterráneas: acuíferos. Procesos gravitacionais, inundacións e procesos costeiros. (3 horas)
Prácticas de campo e laboratorio
1. Práctica informática: introdución os sistemas de información xeográfica mediante software libre. 1 h
2. Práctica de laboratorio: caracterización de propiedades físico-químicas básicas de solos e sedimentos (cor, pH, tamaño de partícula, etc ...). 1 h
3. Práctica de campo: caracterización dun medio acuático e outro continental. 5 h
Seminarios
1. Percepción sobre o ambiente e conceptos básicos do medio físico 2h
2. Como presentar graficamente información do medio físico. 2h
3. Caracterización básica de parámetros físicos e químicos do medio físico. 2h
4. Caracterización de parámetros climáticos e clima do solo. 2h
5. Lectura crítica dun traballo cientifico sobre medio físico. 2h
6. Conceptos de cartografía e uso de mapas I. 2h
7. Conceptos de cartografía e uso de mapas II. 2h
8. Uso dun sistema de información xeográfica. 2h
9. Cambios na paisaxe: paleoecoloxía. 2h
10. Impactos na atmosfera debido ás actividades humanas. 2h
Traballo de curso
Ao longo do curso levarase a cabo un traballo no que se reflectirán algúns dos conceptos e técnicas introducidos na exposición e nos seminarios. Elixirase unha área pequena e nela realizarase un estudo cartográfico de caracterización do medio físico. Este traballo será presentado en forma de cartel.
Titoría
Titoría dunha hora na que se levará a cabo un seguimento da aprendizaxe da materia e resolverase calquera dúbida que poida xurdir en relación con contidos tanto teóricos como prácticos.
BÁSICA
Aramburu Maqua, M.P., Escribano Bombín, R. (dir-coord). 2014. Guía para la elaboración de estudios del medio físico. Fundación Conde del Valle de Salazar, ESTSI Montes UPM, Ministero de Agricultura Alimentación y Medio Ambiente. Madrid. http://oa.upm.es/55224/1/Guia_para_la_elaboracion_de_estudios_del_medio…
Craig, J.R., Vaughan, D.J., Skinner, B.J. 2102. Recursos de la Tierra y el medio ambiente. Pearson, 4 edición.
Ernst, W.G. (ed) 2000. Earth systems, processes and issues. Cambridge University Press
MacKenzie, W.S., Adams, A.E. 1994. A color atlas of rocks and minerals in thin section. Wiley & Halsted Press.
Musk, L.F. 1991. Weather systems. Cambridge University Press. Third Edition
Pérez Navarro, A., Botella Plana, A., Muñoz Bollas, A., Olivella González, R., Olmedillas Hernández, J.C,
Rodríguez Lloret, J. 2011. Introducción a los sistemas de información geográfica. Editorial UOC.
Schaetzel, R., Anderson, S. 2005. Soils, genesis and geomorphology. Cambridge University Press.
Strahler A., Strahler A.H. 1997. Geografía Física. Omega.
COMPLEMENTARIA
Comins, N.F. What if the Earth had two moons? Macmillan.
Lavigne, D.M. 2006. Gaining Ground: in pursuit of ecological sustainability. IFAW.
Porta, J., López-Acevedo, M., Roquero, C. 1994. Edafología para la agricultura y el medio ambiente. Ediciones Mundi-Prensa.
Cartografía y SIG, Ministerio para la transición ecológica: https://www.miteco.gob.es/es/cartografia-y-sig/
QGis: https://www.qgis.org/es/site/
ESPECÍFICAS
CE3 - Coñecer e saber aplicar técnicas instrumentais e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas adecuadas relacionadas coa seguridade, hixiene, xestión de residuos e calidade
CE13 - Saber describir, analizar e interpretar o medio físico e a súa relación cos seres vivos
TRANSVERSAIS
CT1: Capacidade de análise e síntese
CT2: Capacidade de razoar e argumentar
CT3: Capacidade para traballar en grupo e cubrir situacións problemáticas de forma colectiva
CT5: Capacidade para facer unha presentación pública dun xeito claro, conciso e coherente
CT7: Capacidade para aplicar as TIC no campo da Bioloxía
CT8: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade
CT9: Uso de información bibliográfica e de internet
CT10: Uso de información nunha lingua estranxeira
CLASES EXPOSITIVAS. Nelas introduciremos os coñecementos básicos necesarios para caracterizar, interpretar e entender o medio físico, incluíndo a súa evolución temporal e os principais factores que gobernan o cambio. Un dos principais obxectivos e dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para progresar no grao, aportando un coñecemento de base sobre o medio físico que será necesario para materias dos seguintes anos do gra (como Ecoloxía I, Bioxeoquímica, etc.). Utilizaranse ferramentas TIC (presentacións, Aula Virtual da USC, sistemas similares) tanto nas clases como na presentación do traballo do curso. Proporcionaranse traballos e referencias de publicacións de referencia científica, gráficos, táboas, datos a empregar polos estudantes. Tamén se empregarán recursos dispoñibles na rede (vídeos, animacións, etc.).
SEMINARIOS. Teñen como obxectivo esencial adquirir destrezas prácticas, saber como facer cálculos, aprender a describir, interpretar, e representar resultados das variables do medio físico (de clima, augas e solos), empregar ferramentas TIC (sistemas de información xeográfica), así como afondar na comprensión da evolución/transformacións do medio físico e do papel das actividades humanas nas mesmas.
PRÁCTICAS DE ORDENADOR. A súa finalidade é o emprego práctico dun sistema de información xeográfica, con programas de licencia libre, para a introdución de información espacial e a elaboración dunha cartografía preliminar.
PRÁCTICAS LABORATORIO E CAMPO. No laboratorio abordaremos o manexo de equipamento básico (pH-metro, colorímetro de sólido, peneiras, etc..) para a caracterización dalgunhas propiedades físicoquímicas dos solos e sedimentos, realizaranse cálculos e representacións gráficas sinxelas (diagramas ternarios, etc.). Na práctica de campo faremos a caracterización dun medio acuático (perfil do cauce, medida da velocidade da auga, estimación do caudal, pH, condutividade, temperatura, oxíxeno en disolución, etc.), e dun medio terrestre (emprego do GPS para determinación de coordenadas, selección e delimitación dunha parcela de estudio, análise da pendente e orientación, análise da cobertura, etc.).
A nota final será unha combinación de avaliación continua, valorando a asistencia, participación e rendemento dos estudantes nas diferentes actividades e a avaliación dos coñecementos teóricos: prácticas 15%, seminarios 15%, traballo do curso 20%, exame dos contidos teóricos 50%
Os mesmos instrumentos utilizaranse para avaliar as competencias segundo o esquema:
- O exame teórico avalía as habilidades: CE13, CT1, CT2, CT8
- A realización e presentación do traballo avalía: CT1, CT2, CT3, CT5, CT7, CT9, CT10, CE3, CE13
- As clases interactivas avalían: CT1, CT2, CT3, CT7, CT8, CE3, CE13
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Calcúlase que os estudantes necesitarán entre 1,5 e 2 horas de estudo e traballo persoal por cada hora de clase. Deste xeito, o tempo de dedicación será:
Traballo presencial:
27 horas de exposición
20 horas interactivas de seminario
1horas interactivas de laboratorio
5 horas interactivas de campo
1 horas interactivas na aula de informática
1 hora de titoría
Traballo sen contacto:
92 horas de traballo persoal
2 horas de exame da parte expositiva
As canles de comunicación directa do profesorado co alumnado serán: as titorías presencias e en liña (no seu caso), o Campus Virtual e o correo electrónico.
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 2: Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física).
As actividades interactivas impartiranse a través de medios virtuais, con seminarios e titorías en equipos e vídeos curtos nos que se explicarán os conceptos básicos e como se realizarán as tarefas correspondentes ás prácticas e seminarios. Avaliación continua formativa (30%), que comprenderá tanto a participación nas clases expositivas, interactivas, prácticas, así como outras actividades específicas que tamén garantan a avaliación obxectiva do rendemento. Entrega, por medios telemáticos, mediante póster do traballo de curso (20%). Proba final de carácter telemático (50%).
Escenario 3: Peche do centro.
Todo o ensino será impartido a través de medios virtuais (os mesmos descritos no Escenario 2). Avaliación continua formativa (30%), en función da participación nas sesións telemáticas, realización e entrega de tarefas e cuestionarios. Entrega, por medios telemáticos, do traballo de curso (20%). Proba final de carácter telemático (50%).
Escenario 3: Peche do centro.
Todo o ensino será impartido a través de medios virtuais (os mesmos descritos no Escenario 2).
Avaliación continua formativa (30%), en función da participación nas sesións telemáticas, realización e entrega de tarefas e cuestionarios. Entrega, por medios telemáticos, do traballo de curso (20%). Proba final de carácter telemático (50%).
Jesus Ramon Aboal Viñas
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813311
- Correo electrónico
- jesusramon.aboal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eduardo Garcia-Rodeja Gayoso
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813287
- Correo electrónico
- eduardo.garcia-rodeja [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Manuel Martinez Cortizas
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813379
- Correo electrónico
- antonio.martinez.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carola Gomez Rodriguez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- carola.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sheila Fernández Riveiro
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- sheila.fernandez.riveiro [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Elsa Fuentes Alonso
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- elsa.fuentes.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Pablo Giráldez Suárez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- pablo.giraldez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Antón Vázquez Arias
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- antonvazquez.arias [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Martes | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula virtual |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula virtual |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula virtual |
03.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
03.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
03.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
03.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
03.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
03.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
15.07.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
15.07.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
15.07.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
15.07.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |