Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 24 Total: 57
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Identificar e distinguir a estrutura, as propiedades e a función das biomoléculas.
- Identificar a relación entre a estrutura e a función das biomoléculas.
- Aplicar os principios da termodinámica aos sistemas biolóxicos.
- Distinguir as diferentes clases de enzimas e os seus mecanismos de catálise, así como os principios de regulación de encimas.
- Coñecer os distintos compoñentes das membranas biolóxicas e a súa funcionalidade.
- Saber como levar a cabo procesos de purificación e análise de biomoléculas.
- Saber medir as actividades enzimáticas.
Todas as actividades serán presenciais.
CLASES EXPOSITIVAS (30 horas)
INTRODUCIÓN
• Tema 1. A ciencia bioquímica. Deseño molecular da vida (2h).
ESTRUTURA E FUNCIÓN BIOLÓXICA DE BIOMOLÉCULAS
• Tema 2. Glícidos (2h).
• Tema 3. Lípidos (2h).
• Tema 4. Nucleótidos e ácidos nucleicos (2 h).
• Tema 5. Aminoácidos, enlace peptídico e péptidos (2 h).
• Tema 6. Estrutura tridimensional e funcionalidade das proteínas (3h).
• Tema 7. Función das proteínas. Mioglobina e hemoglobina (3h).
ENZIMOLOXÍA
• Tema 8. Encimas: estrutura e función (3h).
• Tema 9. Reacción encimática. Cinética da reacción encimática (3h).
• Tema 10. Inhibición e regulación da reacción encimática (3h).
INTRODUCIÓN Ó METABOLISMO E A SÚA REGULACIÓN
• Tema 11. Bioenerxética: intercambios de enerxía e compostos de alto nivel enerxético (2h).
• Tema 12. Membranas biolóxicas e Transporte mediado no metabolismo (2h).
• Tema 13. Introdución ao metabolismo e a súa regulación. (1h).
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS/CLASES PRÁCTICAS (14 h)
• PRÁCTICA 1. Obtención de extracto de tecido animal (fígado de tenreira) e fraccionamento de orgánulos celulares. Preparación de reactivos. (2.5 h)
• PRÁCTICA 2. Obtención e análise de DNA a partir de núcleos de células eucariotas. Análise electroforética en xeles de agarosa. (3 h)
• PRÁCTICA 3. Determinación cuantitativa de proteínas. Método de Lowry. (2.5 h)
• PRÁCTICA 4. Illamento e cuantificación do glicóxeno hepático. (3 h)
• PRÁCTICA 5. Encimoloxía: cinética e inhibición encimática na fosfatasa ácida. (3 h)
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS/SEMINARIOS (10 h)
• Seminario 1: glícidos e lípidos (2h)
• Seminario 2: aminoácidos e proteínas (2h)
• Seminario 3: enzimoloxía I. Actividade enzimática (2h)
• Seminario 4: enzimoloxía II. Inhibición enzimática (2h)
• Seminario 5: membranas biolóxicas e bioenerxética (2h)
TITORÍAS (1h).
Sitúase ó principio do curso para explicar o desenvolvemento da materia e a táboa de avaliación.
Básica
• Berg, J.M., Tymoczko, J.L. & Stryer L., 2015. Bioquímica con aplicaciones clínicas. 7ª ed. Barcelona: Reverté.
• Mathews, C.K., Van Holde, K.E. & Anthony-Cahill, S.J., 2013. Bioquímica. 4ª ed. Madrid: Pearson.
• Müller-Esterl, W., 2008. Bioquímica fundamentos para medicina y ciencias de la vida. Barcelona: Reverté.
• Rodwell, V.W., Bender, D.A., Botham, K.M., Kennelly, P.J. y Weil, P.A., 2018. Harper Bioquímica ilustrada. [en liña] 31ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=27…
• Nelson, D.L. & Cox, M.M., 2018. Lehninger Principios de Bioquímica. 7ª ed. Barcelona: Omega.
• Voet, D., Voet, J. & Pratt, C., 2016. Fundamentos de bioquímica: la vida a nivel molecular. 4ª ed. Buenos Aires: Ed. Médica Panamericana.
• McKee, T., y McKee, J.R., 2014. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida.[en liña] 5ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=19…
Complementaria
- Koolman, J. e Röhm, K-H., 2012.. Color Atlas of Biochemistry. New York: Thieme Publishing Group.
- Roca, P., Oliver, J. e Rodríguez, A.M., 2003. Bioquímica. Técnicas y Métodos. Madrid: Hélice.
- Alberts, B., et al. (2016). Biología molecular de la célula. 6ª ed. Barcelona: Omega
- Lodish, H., et al. (2016). Biología celular y molecular. 7ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
- Paniagua, R. et al. (2017). Biología celular y molecular. 4ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=22…
- Karp, G. (2014). Biología celular y molecular. Conceptos y experimentos. 7 ª ed. México: McGraw-Hill Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=28…
Outros recursos
- http://biomodel.uah.es. Sitio web Universidad Alcalá de Henares
- http://www.ncbi.nlm.nih.gov/guide/ (The National Center for Biotechnology Information, (NCBI) fonte principal de bases de datos (nucleótidos, xenes e xenomas, e ferramentas bioinformáticas.
- Recursos electrónicos da BUSC: Cell, Nature, Science, Sciencedirect, etc.
- http://www.sebbm.es/BioROM/indices/index.html (páxina web da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular, e dos seus recursos didácticos).
Básicas/Xerais
As que aparecen reflectidas na Memoria do Grao de Bioloxía (2ª ed).
Transversais
CT1 – Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT2 - Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de xeito colectivo.
CT8 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade.
CT9 - Capacidade para organizar e planificar o traballo.
CT10 - Capacidade para interpretar resultados experimentais
Específicas
CE1 - Coñecer e comprender os principios físico-químicos da Bioloxía.
CE3 - Coñecer e saber aplicar técnicas instrumentais e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas adecuadas relacionadas coa seguridade, a hixiene, a xestión de residuos e a calidade.
CE4 - Coñecer a orixe da vida, os mecanismos da herdanza e a súa evolución.
CE7 - Coñecer a estrutura das biomoléculas, as súas propiedades fisicoquímicas e relacionala coas súas funcións, integrando os diferentes niveis de organización dos seres vivos.
CE8 - Comprender os principios da bioenerxética e a biosinalización, e coñecer as principais vías metabólicas e a súa regulación, así como o fluxo de información xenética e bioquímica nos seres vivos.
CE11 - Comprender e integrar o funcionamento e regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos, así como a súa interacción co medio biótico e abiótico.
A materia está deseñada para potenciar a Aprendizaxe Activa do alumnado. As clases expositivas concíbense como introducións xerais a cada tema, que serán complementadas co resto de actividades propostas. Estas actividades son o estudo individual, a realización de actividades prácticas en laboratorio e dun caderno de prácticas, a resolución de cuestións en seminarios (ABP) e a resolución de dúbidas da materia en titorías.
A asistencia a tódalas actividades é OBRIGATORIA segundo a ficha da Materia, agás para os estudantes con dispensación oficial, pero só serán REQUISITO para aprobar a materia as especificadas no seguinte apartado.
O estudo individual realizarase cunha información organizada e detallada proporcionada polo profesorado. A base de devandita información será a bibliografía básica recomendada, a cal se complementará con información adicional.
Nas clases expositivas a profesor/a explicará os conceptos da materia co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Pode ter diferentes formatos (teoría, problemas e / ou exemplos xerais, pautas xerais para a materia), promovendo a participación dos estudantes.
Haberá 5 seminarios de 2 horas de duración cada un co obxectivo de realizar, en pequenos grupos de traballo e de forma individual, cuestións prácticas (problemas, preguntas de razoamento o ABP, etc.,) relacionadas cos temas da materia, que sirvan para afondar no seu coñecemento. Nestes seminarios se poden traer apuntamentos, libros e todo o material docente que se necesite. A asistencia e a realización dos seminarios serán voluntarias, avaliaranse os boletíns de resposta e ao finalizar cada seminario realizaranse cuestionarios individuais avaliables en formato electrónico por conexión ao Campus Virtual, e o seu contido é obxecto de exame.
As prácticas de laboratorio son clases prácticas na que se aplican os contidos teóricos, mediante observación e manexo de material biolóxico, instrumentos, etc., seguindo os protocolos preparados a tal efecto. O profesor/a pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos. As prácticas de laboratorio organízanse en 5 sesións obrigatorias (excepto para os repetidores) de 2,5 ou 3 horas. Os estudantes deben realizar unha serie de probas experimentais, recoller os resultados obtidos, revisar o contido presentado polo profesorado e analizar todo adecuadamente para responder ás preguntas e exercicios propostos no caderno de prácticas, para preparar unha memoria de prácticas individual para a súa achega obrigatoria que será avaliada.
Todas as clases expositivas e interactivas, así como a titoría, serán presenciais e realizaranse na aula seguindo o calendario oficial e o calendario da materia, sempre que a súa organización sexa compatible coa adopción das medidas establecidas nos protocolos de protección da saúde da Universidade de Santiago de Compostela vixentes en cada momento.
As titorías de dúbidas, a petición dos estudantes, poden ser presenciais ou por mecanismos telemáticos a acordar cos estudantes (Campus Virtual, correo electrónico ou MS-Teams).
Está expresamente prohibido que o estudantado distribúa o material de ensinanza (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual ás persoas fora do curso.
Plaxio e uso indebido de tecnoloxías na realización de tarefas ou probas:
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións.
1. Criterio Xeral: Actividades obrigatorias non avaliables, Actividades obrigatorias avaliables, Actividades non obrigatorias avaliables, Criterios de presentación e Excepcións para repetidores.
A asistencia a tódalas actividades é OBRIGATORIA segundo a ficha da Materia, agás para os estudantes con dispensación oficial, pero non será REQUISITO para aprobar a materia, excepto a PROBA FINAL e a AVALIACIÓN CONTÍNUA 1 (Caderno de prácticas/ Datos de laboratorio e elaboración das respostas).
Como excepción para repetidores, estes non terán que repetir a AVALIACIÓN CONTINUA, de ter obtido polo menos o 50% do seu peso. Estas notas gardaranse durante dous cursos.
2. Criterios Específicos da avaliación.
Instrumento: PROBA FINAL
Realización/Criterios: O exame final PRESENCIAL obrigatorio suporá o 65% da nota final. A materia avaliada no exame inclúe o contido das clases expositivas e dos seminarios. Na segunda convocatoria, só se repetirá o exame final obrigatorio (que tamén representará o 65% da nota final), mantendo a nota obtida na avaliación continua. O exame terá unha parte test e outra de preguntas curtas que abarcará tódolos aspectos relacionados cos contidos da materia. Para aprobala se debe puntuar en todas as preguntas curtas do exame.
Para sumar a Avaliación continua se debe puntuar en todas as preguntas do exame e sacar un mínimo (4/10 puntos). Para superar a materia, a suma final debe supoñer como mínimo 5/10 puntos no total.
Non haberá exames parciais nin mecanismos compensatorios de cara á segunda convocatoria de ter mala nota ou non ter realizada algunha parte da avaliación continua.
Peso: Parte Test e Preguntas curtas (30 e 70%).
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1,4 CE 1,4,7,8,11 CT 1,2,8-10
Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 1
Realización/Criterios: Caderno de prácticas/ Datos de laboratorio e elaboración das respostas.
Peso: Ata o 15%.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1,4 CE 1,3,4,7,8,11 CT 1,2,8-10
Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 2
Realización/Criterios: Aproveitamento das clases. Actividades/cuestionarios propostas por pares ou profesor.
Peso: Ata o 5%.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1-5 CE 2,3,4 CT 1,2,4-6
Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 3
Realización/Criterios: Seminarios/ Traballo autónomo e presencial, avaliado por pares e profesor.
Peso: Ata o 15%.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1,4 CE 1,4,7,8,11 CT 1,2,8-10
As achegas para a Avaliación Continua faranse por medios telemáticos en todos os escenarios.
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS PRESENCIALIDADE (%)
Horas presenciais 57 horas
Clases expositivas 30 100
Clases interactivas de seminario 10 100
Clases interactivas de laboratorio 14 100
Titorías 1 100
Exame 2 100
Horas non presenciais 93 horas
Dedicadas ao estudo individual para a preparación da materia e os seminarios a a elaboración da memorias de prácticas durante o curso, e para preparar o exame.
Volume total de traballo: 57 horas de clases presenciais e 93 horas de traballo persoal= 150 horas totais (25 horas/ECTS x 6 ECTS= 150h).
- Asistencia e participación activa na clase. Aínda que a asistencia e realización dos seminarios non é obrigatoria, é moi recomendable xa que: i) unha gran parte do material expositivo é revisado; ii) tamén é obxecto de exame; iii) avalíase un cuestionario e obtense unha porcentaxe significativa da nota final); iv) o tipo de preguntas e cuestións abordadas son moi similares a algunhas que aparecerán no exame. Tamén é importante levar a cabo os problemas e preguntas que non de tempo de facer en cada sesión de seminario e que se poñerán a disposición dos estudantes.
- Para cada hora de clase, dúas horas de estudo, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase (é esencial que o tempo de estudo sexa o máis próximo posible ao tempo de clase).
- Estudo e revisión semanal da materia impartida e/ou preparación dos seminarios propostos antes da súa presentación en clase.
- Aclaración co profesor de posibles dúbidas.
- Revisión do exame final.
- Interese e atención aos novos avances desta disciplina que aparecen nos medios de comunicación.
De non ter os coñecementos previos de Bioloxía e Química do bacheralato, o alumnado deberá obtelos o antes posible no curso.
As achegas para a Avaliación Continua faranse por medios telemáticos, Aula Virtual ou correo-e institucional.
As canles de comunicación directa non presencial co alumnado, ademais da Aula virtual operativa da materia a disposición do alumnado, e o correo institucional, poderán ser titorías, foros, ou sesións virtuais mediante MS Teams.
Oscar Javier Cordero Santamaria
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816935
- Correo electrónico
- oscarj.cordero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Manuel Rey Mendez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816929
- Correo electrónico
- manuel.rey.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ma Del Pilar Arias Crespo
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816933
- Correo electrónico
- pilar.arias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula virtual |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula virtual |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula virtual |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Castelán | Aula virtual |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS14 | Castelán | Aula virtual |
26.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
26.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
26.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
26.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
26.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
26.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
05.07.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
05.07.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
05.07.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
05.07.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |