Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 31 Clase Interactiva: 19 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Adquirir os coñecementos básicos sobre a bioloxía dos diferentes microorganismos, incluíndo aspectos morfolóxicos, fisiolóxicos, xenéticos, ecolóxicos e aplicados.
- Coñecer e comprender o papel dos microorganismos como axentes infecciosos e os mecanismos de defensa do hospedeiro fronte a unha infección microbiana.
- Coñecer a importancia dos microorganismos nos ciclos da materia na natureza.
- Comprender o papel dos microorganismos na produción industrial de alimentos, antibióticos, vacinas e outras biomoléculas, así como en procesos industriais de lixiviación, depuración de augas residuais etc.
- Adquirir a base teórica e metodolóxica necesaria para abordar sen dificultade unha posterior especialización en calquera área da disciplina xa sexa básica ou aplicada.
- Aprender a manexar correctamente os materiais e instrumentos propios dun laboratorio de Microbioloxía, adquirindo as habilidades manuais que require a disciplina.
- Aprender a manexar as fontes de documentación.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
Tema 1. A clasificación dos microorganismos.
Concepto de especie bacteriana e especie biolóxica. Clasificación fenética e filoxenética. Nomenclatura bacteriana. Principales grupos de bacterias eArqueas. (2 h)
Tema 2. Bacterias Gram negativas I. Bacterias Fotosintéticas. Oxifotobacterias: Cianobacterias e Proclorales. Anoxifotobacterias: bacterias verdes e púrpuras. Ecoloxía das bacterias fotosintéticas. (2 h)
Tema 3. Bacterias Gram negativas II. Espiroquetas: importancia clínica. Bacterias Espirais e Curvadas: Interés ecolóxico e clínico. As mixobacterias.Bacterias quimiolitotrofas: Bacterias nitrificantes, Bacterias oxidadoras do xofre e ferro, Bacterias magnéticas. Importancia nos ciclos bioxeoquímicos damateria.(2 h)
Tema 4. Bacterias Gram negativas III. Pseudomonas e Burkholderia. Bacterias oxidadoras do metano. Bacterias do ácido acético. Bacterias que fixan nitróxeno atmosférico. Bacterias causantes de tumores en vexetais. Importancia clínica, industrial e ecolóxica destes grupos. Xéneros Legionella,Neisseria, Brucella, Bordetella e Francisella: importancia clínica. (3 h)
Tema 5. Bacterias Gram negativas IV. Familias Enterobacteriaceae, Vibrionaceae, Aeromonadaceae e Pasteurellaceae: Importancia clínica e ecolóxica.Bacterias anaerobias estritas: Bacteroides e Desulfovibrio. Interese ecolóxico. Rickettsias e Clamidias. (3 h)
Tema 6. Bacterias Gram positivas con baixo contido G+C. Bacterias non formadoras de endosporas: Cocos Gram Positivos (Staphylococcus,Streptococcus, Enterococcus, Lactococcus, Leuconostoc) e Bacilos Gram positivos (Lactobacillus e Listeria). Bacterias Gram Positivas formadoras de endosporas: Esporulantes aerobios: Bacillus. Esporulantes anaerobios: Clostridium. Importancia clínica, industrial e ecolóxica. Os micoplasmas. (3 h)
Tema 7. Bacterias Gram positivas con alto contido G+C. Actinobacterias. Grupo Corineforme: Xéneros Corynebacterium, Propionibacterium e Bifidobacterium. Ecoloxía e importancia industrial e clínica destes xéneros. Micobacterias. Actinobacterias filamentosas con esporanxios e conidios. Características xerais e importancia do xénero Streptomyces. (2 h)
Tema 8. Dominio Archaea. Filoxenia do Dominio Archaea. Arqueas halófilas extremas. Arqueas metanóxenas. Arqueas termóacidófilas. Arqueas sen parede celular. Interese ecolóxico e industrial. (2 h)
Tema 9. Descrición dos principais grupos virais. Virus de animais. Criterios empregados para a súa clasificación. Virus DNA monocatenarios e bicatenarios.Virus RNA monocatenarios e bicatenarios. Importancia clínica dos virus animais. Virus de vexetais. Virus de Procariotas. (4 h)
Tema 10. Interaccións dos Microorganismos con outros seres vivos. Tipos de asociacións entre microorganismos: competición, comensalismo e simbiose.Exemplos de simbiose de bacterias con plantas e animais invertebrados e vertebrados. (1 h)
Tema 11. Ciclos Bioxeoquímicos. Ciclos da materia e microorganismos implicados: Ciclo do nitróxeno, Ciclo do xofre, Ciclo do carbono. Degradación microbiana de polímeros naturais en solo e auga. (2 h)
Tema 12. Conceptos de Patoxenicidade e Epidemioloxía. Patoxenicidade bacteriana e virulencia. Dinámica do proceso infeccioso. Factores de virulencia. Epidemioloxía. Mecanismos de transmisión directos e indirectos. Principais enfermidades microbianas en función do seu vehículo de transmisión.Toxiinfeccions e intoxicacións alimentarias. Prevención das enfermidades infecciosas: tipos de vacinas. (2 h)
TEMA 13. Microbioloxía industrial e Biotecnoloxía. Papel dos microorganismos na industria biotecnolóxica. Principais microorganismos de interese aplicado. Principais productos obtidos mediante Biotecnoloxía microbiana. Uso de microorganismos para a obtención de alimentos e bebidas. (3 h)
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS.
Práctica 1. Análise microbiolóxica da auga. Colimetría, Estreptometría e Clostridiometría. Determinación polas técnicas de filtración en membrana e de tubos múltiples.
Práctica 2. Caracterizacón fenotípica de microorganismos: Métodos miniaturizados de identificación bacteriana (Sistemas API).
Práctica 3. Determinación da produción por bacterias de sustancias antibióticas e actividades enzimáticas.
Práctica 4. Reconto de virus bacterianos: titulación de bacteriófagos da serie T.
SEMINARIOS
Descrición de técnicas moleculares para a identificación e caracterización de microorganismos: técnicas xenómicas, proteómicas e espectroscópicas (4 horas)
TITORÍAS
Resolveranse dúbidas sobre o contido da materia incluída nas clases expositivas e interactivas (3 horas)
BÁSICA:
- Madigan, M.T., J.M. Martinko, y col . 2015. Brock Biología de los Microorganismos. 14ª ed. Pearson, Madrid.
- Martín, A., V. Béjar, J.C. Gutiérrez, M. Llagostera y E. Quesada. 2019. Microbiología esencial. Ed. Médica- Panamericana. Madrid.
- Tortora, G.J., B.R. Funke, & C.L. Case. Introducción a la Microbiología. 2017. 12ª ed. Editorial Médica-Panamericana. Buenos Aires.
- Willey, J.M. Sherwood, L.M. & Woolverton, C.J. 2009. Microbiología de Prescott, Harley Y Klein. 7ª ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid.
COMPLEMENTARIA
- Lederberg, J. ed., 2000. Encyclopedia of microbiology. 2nd ed. 4 vol. San Diego: Academic Press.
- Schaechter, M. 2012. Eukaryotic microbes. Amsterdam: Elsevier/Academic Press.
- Singleton, P. and Sainsbury, D., 2006. Dictionary of Microbiology and Molecular Biology. 3rd ed. New York: John Wiley & Sons.
PRÁCTICAS
- Gamazo, C., Sánchez, S. y Camacho, A.I. eds., 2013. Microbiología Basada en la Experimentación. Ed. Elsevier, Barcelona.
- Koneman, E.W., Allen, S.D., Janda, V.M., Schreckenberger, V.C. y Winn W.C. Jr., 2008. Koneman diagnóstico microbiológico: texto
y atlas en color. 6ª ed. Editorial Médica Panamericana, Buenos Aires.
- Seeley, H.W., Van Demark, P.J. and Lee, J.J., 1991. Microbes in action: a laboratory manual of microbiology. 4th Ed. W.H.
Freeman, New York.
XERAIS:
As competencias xerais serán as incluídas na memoria do Grao
TRANSVERSAIS:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razonamiento e a argumentación.
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizada e complensible.
CT6 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT7 - Compromiso de veracidad da información que ofrece aos demais.
CT9 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT10 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
ESPECÍFICAS:
CE1.c - Técnicas básicas en Microbioloxía
CE1.d - Bioseguridade, manipulación e eliminación de materiais biolóxicos
CE1.e - Rexistro de actividades no laboratorio biolóxico
CE3.h - Cultivos celulares e bioensaios
CE4.b - Evolución e filoxenia
CE4.e - Biodiversidade: Diversidade de microorganismos e virus
CE5.a - O medio físico, fluxos de enerxía e ciclos bioxeoquímicos
CE5.b - Poboacións, comunidades e ecosistemas
CE5.c - Biomonitorización e biocontrol
CE7.a - Bases biolóxicas das enfermidades
CE7.d - Biotecnoloxía e ADN recombinante
CE7.e - Patoloxía vexetal
CE7.f.- Bioindicadores, Bioensaios e cultivos
CE7.h. Aplicacións agroalimentarias
- Teoría: Clases presenciais na aula (2 horas semanais ao longo do segundo cuadrimestre). A asistencia será voluntaria e non se puntuará
- Seminarios:4 seminarios presenciais de 1 hora. A asistencia será voluntaria ainda que puntuarase a mesma.
- Prácticas de laboratorio: As prácticas de cada grupo efectuaranse presencialmente de maneira continuada durante unha semana de luns a venres. A asistencia será obligatoria oara superar a materia.
- Titorías: Realizaranse de forma non presencial. Resolveranse dúbidas da materia a través da aula Virtual. O uso das tutorías será voluntario
- TEORÍA. Realizarase un exame final presencial na aula que será obrigatorio para poder aprobar a materia. A nota de Teoría representará o 75 % da notafinal da materia.
Avaliarase a adquisición das competencias xerais, as competencias transversais CT1, CT2, CT4, CT5 e CT11 e as competencias específicas CE4. b, CE4.e, CE5.a, CE5. b, CE7.a, CE7.d, CE7. f e CE7. h
- PRÁCTICAS. A asistencia presencial a todas as prácticas será obrigatoria e será un requisito para poder presentarse ao exame de Teoría. Os alumnos realizarán un exame sobre os fundamentos, metodoloxía e resultados obtidos nas prácticas. A nota deste exame representará o 15% da nota final. Avaliarase a adquisición das competencias transversais CT1, CT2 e CT11 e as competencias específicas específicas CE1. c, CE1.d, CE1.e, CE3. h e CE5. c
- SEMINARIOS. Serán conceptos susceptibles de avaliación: a) a participación do alumno na aula, b) as respostas a cuestións que se poidan expor na aula ou "en liña" a través da aula Virtual. O peso dos seminarios na nota final será do 10%. Valoraranse as mesmas competencias que no caso da Teoría.
NOTA: o alumno deberá obter unha nota mínima, tanto na 1ª como na 2ª convocatoria, de 4,5 no examen de teoría para que se poidan valorar os outros conceptos.
ALUMNOS REPETIDORES
- Aos alumnos repetidores que teñan aprobadas as prácticas, manteráselles a nota durante os dous cursos académicos seguintes.
- A nota de seminarios poderá manterse tamén durante dous cursos académicos.
Para a segunda oportunidade aplicaránse os mesmos criterios e metodoloxías de avaliación que na primeira oportunidade
Materia de 6 créditos ECTS x 25 horas = 150 horas
Presenciais 55 horas:
- clases maxistrais:31 horas
- clases prácticas: 15 horas
- seminarios: 4 horas
- titorías en grupo reducido: 3 horas
- examen: 2 horas
Traballo persoal do estudiante 95 horas:
- Titorías individualizadas: 2 horas
- Estudo individual: 73 horas (aprox.3 horas semanais)
- Elaboración de traballos e lecturas recomendadas: 18 horas
- Asistencia a conferencias e outras actividaes: 2 horas
Estudio comprensivo e non memorizado intentado relacionar os contidos dentro da materia e con aquelas outras materias afíns.
Asistencia regular a clase e participación activa en clases teóricas, prácticas e seminarios
* Toda a información relativa ao contido dos temas de clases de teoría, prácticas e seminarios estará ao dispor dos alumnos na aula virtual. No caso de titorías empregarase o foro de discusión da aula virtual para resolver as dúbidas sobre a materia.
* Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación de rendemento académicodos estudantes e de revisión de cualificacións".
Maria Alicia Carolina Estevez Toranzo
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816910
- Correo electrónico
- alicia.estevez.toranzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
David Polo Montero
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- david.polo.montero [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Sandra Souto Pereira
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- sandra.souto [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Miguel Balado Dacosta
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- miguel.balado [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: JIN (Jóvenes Investigadores)
Clara Martínez Sánchez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- c.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Maria Del Pilar Escribano Rodriguez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- mpilar.escribano [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Sergio Silva Bea
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- sergio.silva.bea [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
02.06.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
02.06.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
02.06.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
02.06.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
02.06.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
02.06.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
13.07.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
13.07.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
13.07.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
13.07.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |