Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo xeral é a adquisición e consolidación, por parte dos alumnos, de coñecementos básicos sobre a diversidade vexetal, a súa importancia, as presións que a ameazan e as bases biolóxicas para a súa conservación. De forma máis específica, prestarase especial atención ás especies e comunidades de maior interese ecolóxico, social, económico ou cultural, así como ás estratexias, técnicas e métodos utilizados para a súa conservación e uso sustentable
BLOQUE 1 Biodiversidade vegetal
1.- Biodiversidade. Concepto. Niveis. Biodiversidade vexetal. Principais grupos. Técnicas de estudo. (1h)
2.- Importancia da conservación da biodiversidade vexetal. Funcións ecosistémicas da biodiversidade vexetal. Conservación. (1h)
3.- Distribución xeográfica da biodiversidade. Áreas de especial importancia en biodiversidade vexetal. Hotspots. Escalas de estudo. (1h)
4.- Biodiversidade de Fungos, Líquenes e algas. Situación actual da súa conservación a diferentes escalas. (1h)
5.- Biodiversidade de Plantas e Comunidades vexetais. Situación actual da súa conservación a diferentes escalas. (1h)
6 - Biodiversidade das interaccións e importancia da sua conservación. (1h)
7.- Conservación de recursos fitoxenéticos. Etnobotánica. Cultivos agrícolas tradicionais. Cultivos forestais. (1h)
BLOQUE 2 Ameazas
8.- Ameazas á diversidade vexetal. Extinción e regresión de especies .Obxetivos e criterios de actuación para a conservación dá diversidade vexetal. (1h)
9. Ameazas a diversidade vexetal. Factores antrópicos. (1h)
10. Ameazas a diversidade vexetal. Cambio climático. (1h)
11. Avaliación dos grados de ameaza. Criterios. Categorías UICN. Inventarios de flora ameazada: Atlas, Libros Vermellos e listados de Flora protexida. (1h)
BLOQUE 3
INTRODUCIÓN Á CONSERVACIÓN
12.- Fundamentos de conservación vexetal. Prioridades para a conservación de especies vexetais. (2h)
13.- Métodos de estudo das poboacións vegetais. Estudos sobre Distribucións. Técnicas de análise espacial. (1h)
14.- Aplicacións da bioloxía reproductiva das plantas á conservación. Morfoloxía e fenoloxía. Sistemas reproductivos. Bioloxía do polen e estigma. Polinización. Dispersión. (2h)
15- Estudos demográficos de plantas (censos, clases de idade-tamaños-fases, táboas de vida, matrices de proxección poblacional, etc.). Análise de viabilidade das poboacións de plantas. (1h)
16.- Conservación ex situ. Xardíns botánicos. Bancos de Xermoplasma e Bancos de sementes. Bancos de tecidos. (1h)
BLOQUE 4
LEXISLACIÓN
17. Lexislación xeral para a protección e conservación de espazos. Espazos naturais protexidos. Figuras de protección, Rede Natura, Microreservas, etc. (1h)
18. Lexislación xeral para a protección e conservación de especies. Catálogo Nacional de Especies Protexidas. Criterios orientadores para a inclusión de taxons e poboacións no Catálogos de Especies Ameazadas. Catálogo rexional de especies ameazadas de Galicia. (1h)
BLOQUE 5
FERRAMENTAS DE CONSERVACIÓN
19. Espazos protexidos. Deseño, Plans de ordenación. Exemplos. (2h)
20. Plans de recuperación de plantas e hábitats. Exemplos (2h)
21. A conservación da biodiversidade en Galicia (2h)
Práctica de campo e seminarios:
Seminarios: Teñen como finalidade a aprendizaxe de métodos de mostraxe e toma de datos (3h)
Práctica de campo: Contémplase a posibilidade de realizar a práctica nalgunha das áreas mellor conservadas e máis representativas da flora e vexetación galega, de acordo cos recursos dispoñibles na data de realización da mesma. Si non fora posible, realizarase nun área próxima á Facultade de Bioloxía
Duración: 11 h
Titorias: Asesoramento en aspectos relevantes para o bo desenrolo da materia
Duración: 1h.
Bibliografía básica
Bacchetta, G., Bueno, A., Fenu, G., Jiménez-Alfaro, B., Mattana, E., Piotto, B. y Virevaire, M. eds., 2008. Conservación ex situ de plantas silvestres. [Recurso electrónico] Oviedo: Principado de Asturias; Obra Social “La Caixa”. Dispoñible en: http://www.conservacionvegetal.org/upload/publicaciones/28/Conserv-xsit…
Bañares, A. coord., 2002. Biología de la conservación de plantas amenazadas. Madrid: Organismo Autónomo de Parques Naturales.
Frankel, O.H., Brown, H.D. and Burdon, J.J., 1995. The Conservation of Plant Biodiversity. Cambridge: Cambridge University Press.
Given, D.R., 1994. Principles and Practice of Plant Conservation. London: Chapman & Hall.
Primark, R.B. y Ros, J., 2002. Introducción a la biología de la conservación. Barcelona: Ariel.
Bibliografía complementaria:
Iriondo, J.M., Albert, M.J., Giménez, L., Domínguez, F. y Escudero, A. eds., 2009. Poblaciones en peligro: viabilidad demográfica de la flora vascular amenazada de España. [Recurso electrónico] Madrid: Dirección General de Medio Natural y Política Forestal, Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Dispoñible en: http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/inventarios-nacionales
Maxted, N., Ford-Lloyd, B.V. and Hawkes, J.G., 1997. Plant Genetic Conservation: the in situ approach. London: Chapman & Hall.
Pardo-de-Santayana, M., Pieroni, A. and Puri, R.K., 2010. Ethnobotany in the New Europe: People,Health and Wild Plant Resources. New York: Berghahn Books.
https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/Espazos_Naturais_Biodive…
http://www.anthos.es/
https://www.miteco.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-la-bio…
https://www.miteco.gob.es/es/biodiversidad/temas/espacios-protegidos/
BÁSICAS E XENERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía. Incluíndo a perspectiva histórica do seu desenvolvemento
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais
CG4 - Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT6 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT7 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais
CT8 - Habilidade no manexo de Tics
CT9 - Utilización de información bibliográfica e da internet
CT10 - Utilización de información en lingua estranxeira
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
ESPECÍFICAS
CE1.c - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades Técnicas básicas en bioloxía
CE4.d - Ámbito competencial: Biodiversidade: Diversidade de plantas e fungos
CE4.f - Ámbito competencial: Biodiversidade: Bioxeografía e conservación
CE4.g - Ámbito competencial: Biodiversidade: Análise da biodiversidade
CE5.b - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: Poboacións, comunidades e ecosistemas.
CE5.d - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: Xestión e conservación
CE5.e - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: Diagnóstico e solución de problemas ambientais.
CE5.f - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: Avaliación de impacto ambiental.
-Clases maxistrais sobre os contidos teóricos da materia.
-Prácticas e seminarios para a realización de estudos reais sobre especies e comunidades vexetais nunha área concreta, que inclúan as funcións que desempeñan e estado de conservación das mesmas. Cada alumno/a elaborará unha memoria cos resultados obtidos.
-Titorías para apoio na resolución de dúbidas e problemas, así como para achegar información complementaria docente ou investigadora, relacionada coa materia
-Plataforma virtual da USC utilizarase como complemento da docencia teórica e práctica
En el siguiente enlace dispones de una tabla que detalla los criterios de evaluación: (http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html “)
Examen: Competencias CE1c, CE4d, CE4f, CE4g, CE5b, CE5d
Prácticas: CE5e, CE5f
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ou recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións.
Total horas traballo presencial: 43 h
Clases expositivas: 26
Prácticas:11h
Seminarios: 3h
Titorías: 1h
Examen: 2h
Total horas traballo persoal do alumno: 69,5h
Estudio individual: 59,5
Elaboración memoria de prácticas: 5
Elaboración de seminarios: 5
TOTAL DE HORAS: 25h x 4.5 ECTS = 112.5h
- Asistencia ás clases e participación activa nos debates
- Consultar os libros e outras publicacións que se recomendan
- Facer uso das titorías para resolver dúbidas e problemas
- Facer uso de todas as ferramentas de traballo dispoñibles na Facultade de Bioloxía (biblioteca, laboratorios, aula de informática,.....) e noutros centros da USC.
Fase 1: Expositivas Presenciais; Interactivas Non presenciais; Prácticas de campo Presenciais; Avaliación Presencial (Exame 8, Traballos seminario 2); Ferramentas USC Virtual; Metodoloxía Ver Guía.
Fase 2: Expositivas Non Presenciais; Interactivas Non presenciais; Prácticas de campo Presenciais; Avaliación Non presencial (Traballo final); Ferramentas USC Virtual, Team; Metodoloxía Contidos dispoñibles previamente en USC virtual. Dispoñibilidade on- line nas horas de clase.
Fase 3: Expositivas Non Presenciais; Interactivas Non presenciais; Prácticas de campo Non Presenciais; Avaliación Non presencial (Traballo final); Ferramentas USC Virtual, Team; Metodoloxía Contidos dispoñibles previamente en USC virtual. Dispoñibilidade on- line nas horas de clase.
Javier Angel Guitian Rivera
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814978
- Correo electrónico
- javier.guitian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
28.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
28.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
28.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07. Konrad Lorenz |
07.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |