Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O desenvolvemento do programa de Biofísica ten como obxectivo acadar de forma global que o alumnado adquira unha sólida base científica, co fin de ser capaz de identificar, polo menos cualitativamente, os fenómenos físicos máis destacables subxacentes a calquera proceso ou actividade humana, animal ou vexetal por medio de métodos e técnicas que a Física nos proporciona.
A materia de Biofísica consta de sete bloques temáticos ben diferenciados como se pode ver a continuación. Indicase a título orientativo para cada un dos bloques a distribución temporal de horas de clase do pasado curso 2019-2020.
No curso 2020-21 esta materia só ten dereito a exame.
• PROGRAMA DE TEORÍA (56 HORAS)
Tema 0. PRESENTACIÓN DA MATERIA E INTRODUCIÓN Á BIOFÍSICA (2 h)
Presentación da materia e introdución de conceptos xerais.
Tema 1. ORGANIZACIÓN COMPARTIMENTAL NOS SERES VIVOS (8 h)
O ser vivo, un sistema integrado. Estrutura xeral dos seres vivos como resultado da complexidade evolutiva. Introdución aos sistemas de control e ao establecemento das leis de escala na bioloxía.
Tema 2. OS FLUIDOS NOS SERES VIVOS (9 h)
Bases da mecánica de fluídos. Elementos de hidrodinámica. Fenómenos de superficie. Mecánica circulatoria.
Tema 3. BIOTERMODINÁMICA (9 h)
O organismo como un sistema termodinámico. Significado e aplicacións do Primeiro Principio. Significado e aplicacións do Segundo Principio. Metabolismo.
Tema 4. AS BARREIRAS BIOLÓXICAS (6 h)
As barreiras biolóxicas. Fluxo. Bases biofísicas dos mecanismos de transporte. Transporte de materia. Transporte de calor.
Tema 5. FUNDAMENTOS DOS FENÓMENOS BIOELÉCTRICOS (8 h)
Fundamentos de electricidade. O modelo de dobre capa eléctrica. Transporte eléctrico. Potencial de membrana. A membrana: un circuíto eléctrico moi especial. O potencial de acción. Elementos de neurobiofísica. Bases biofísicas da electrocardiografía.
Tema 6. BIOFÍSICA DAS PRINCIPAIS FUNCIÓNS SENSORIAIS (8 h)
Ondas. Tipos de ondas. Características principais das ondas. A luz e o son. A audición. A visión
Tema 7. NUCLEÓNICA BIOLÓXICA (6 h)
Introdución a biofísica da radiación. Tipos de radiación. Interacción radiación-materia. Detección e medida da radiación. Aplicacións biolóxicas e terapéuticas
• PRÁCTICAS DE LABORATORIO E ORDENADOR OBRIGATORIAS (20 HORAS)
No curso pasado 2019-20 programronse 5 sesións de prácticas (4 sesións de traballo de laboratorio nas que se farán 4 das prácticas indicadas máis abaixo e 1 sesión de ordenador na Aula de Informática da Facultade de Bioloxía).
No curso 2020-21 esta materia só ten dereito a exame.
1. Estudio estático e dinámico do resorte: determinación da súa constante elástica.
2. Determinación do módulo de Young en materiais biolóxicos: vigas de madeira en ménsula (madeira).
3. Determinación da presión osmótica.
4. A ecuación de Nernst.
5. Determinación de densidades de líquidos mediante picnometría.
6. Determinación da viscosidade de fluídos co viscosímetro de Ostwald.
7. Medida de tensión superficial polo método do anel de Nouy.
8. Banco de hidrodinámica.
9. Fenómenos de Bioelectricidade.
10. Calorimetría.
11. O ollo humano.
• TITORÍAS OBRIGATORIAS (5 HORAS)
No curso 2020-21 esta materia só ten dereito a exame.
BÁSICA
Cussó, F., López, C. y Villar, R., 2004. Física de los procesos biológicos. Barcelona: Ariel.
Giancoli, D.C., 2009. Física: principios con aplicaciones. 6ª ed. México: Pearson-Prentice Hall.
Jou, D., Llebot, E. y Pérez, C., 1994. Física para las ciencias de la vida. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
Ortuño, M., 1996. Física para biología, medicina, veterinaria y farmacia. Madrid: Crítica.
COMPLEMENTARIA
Bogdanov, K., 1989. El físico visita al biólogo. Moscú: Mir Moscú.
Bolívar, J., 2018. Científicas. Córdoba: Guadalmazán
Cutnell, J.D. y Johnson, K.W., 1998. Física. México: Limusa-Noriega.
Czerski, H., 2017. ¿Por qué a los patos no se les enfrían los pies? : la física de lo cotidiano. Barcelona: Paidós.
Frumento, A.S., 1995. Biofísica. 3ª ed. Madrid: Mosby/Doyma.
Kane, J.W. y Sternheim, M.M., 1998. Física. 2ª ed. Barcelona: Reverté.
Muñoz, A., 2016. Sabias: la cara oculta de la ciencia. Barcelona: Debate.
Rex, A. y Wolfson, R., 2011. Fundamentos de Física. Madrid: Pearson educación.
Nesta materia a/o estudante practicará unha serie de competencias básicas/xerais e transversais, desexables en calquera titulación universitaria, e competencias específicas, propias do Grao en Bioloxía e da materia en particular. Nesta materia trabállanse concretamente as competencias indicadas a continuación.
BÁSICAS/XERAIS
CB1 - Que o alumnado demostre posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía, incluíndo a perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía.
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT6 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT7 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT8 - Habilidade no manexo de TICs.
CT9 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT10 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
ESPECÍFICAS
CE1.b - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades: Principios físicos e químicos da Bioloxía.
CE1.f - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades: Informática aplicada á Bioloxía.
No curso 2020-21 esta materia só ten dereito a exame.
O material de apoio que o pasado curso académico 2019-20 se puxo a disposición dos estudantes da Aula Virtual da materia (Campus Virtual da USC) continuará sendo accesible na Aula Virtual ao longo do presente curso 2020-21.
No curso 2020-21 esta materia só ten dereito a exame.
O exame terá lugar na data e lugar designados oficialmente pola Facultade de Bioloxía.
As cualificacións que aparecerán nas actas oficiais correspondentes ás convocatorias ordinarias e de recuperación comunicaranse a través da Aula Virtual da materia e mediante o procedemento de comunicación a móbiles da Universidade de Santiago.
Este parámetro depende moito das "capacidades adquiridas" polo alumno ao longo da súa vida académica como estudante. Obsérvase con carácter xeral un total de 225 horas, isto é e ao longo dunhas 30 semanas, 7,5 horas semanais.
• Consultar a bibliografía recomendada
• Estudar e comprender os fundamentos teóricos
• Resolver os boletíns de exercicios
No curso 2020-21 esta materia só ten dereito a exame.
Diego Martinez Hernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814065
- Correo electrónico
- diego.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Jose Perez Comuñas
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814036
- Correo electrónico
- mariajp.comunas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
20.05.2021 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 02. Gregor Mendel |
01.07.2021 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 02. Gregor Mendel |