Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Preténdese que o/a estudante adquira coñecementos básicos tanto teóricos como prácticos da Bioquímica e que isto lle permita interpretar e resolver cuestións sinxelas. Entre as destrezas que o/a estudante debe obter están o manexo da literatura especializada, a capacidade de interrelacionar a Bioquímica con outras disciplinas biolóxicas, e o manexo de técnicas básicas de laboratorio. O estudo desta materia proporcionará ao/á estudante un coñecemento da estrutura/función das biomoléculas, dos procesos de transporte e intercambio de enerxía, da reacción bioquímica e as encimas, e do metabolismo e a súa regulación dende unha panorámica xeral.
Tódolos contidos das diferentes actividades serán os mesmos nos diferentes escenarios posibles de docencia.
PROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS (26 horas)
• Tema 1. A ciencia bioquímica. Deseño molecular da vida (1h).
• Tema 2. Glícidos. Características xerais e función biolóxica (2h).
• Tema 3. Lípidos. Características xerais e función biolóxica (2h).
• Tema 4. Nucleótidos e aminoácidos (2h).
• Tema 5. Enlace peptídico e proteínas. Estrutura tridimensional e funcionalidade das proteínas (2h).
• Tema 6. Función das proteínas. Mioglobina e hemoglobina (2h).
• Tema 7. Membranas biolóxicas. Estrutura e propiedades. Mecanismos de Transporte a través de membrana (2h).
• Tema 8. Bioenerxética: estudo das transformacións e intercambios de enerxía (2h).
• Tema 9. Encimas: estrutura e función (2h).
• Tema 10. Reacción encimática. Cinética da reacción encimática (3h).
• Tema 11. Inhibición e regulación da reacción encimática (3h).
• Tema 12. A sinalización celular e os seus mecanismos (2h).
• Tema 13. Introdución ao metabolismo e a súa regulación (1h).
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS/SEMINARIOS (10 horas)
Resolución, en pequenos grupos de traballo, de cuestións prácticas (problemas, preguntas de razoamento, etc.) relacionadas cos temas da materia expositiva, que sirvan para afondar no seu coñecemento, coas seguintes temáticas:
• Seminario 1: glícidos (2h)
• Seminario 2: lípidos (2h)
• Seminario 3: aminoácidos e proteínas (2h)
• Seminario 4: membranas biolóxicas e bioenerxética (2h)
• Seminario 5: actividade e inhibición encimática (2h)
PROGRAMA DE TITORÍAS (5 horas)
Segundo as horas establecidas para a materia programaranse 5 horas de titorías voluntarias, de 1 hora de duración cada unha. A primeira delas, realizada polo coordinador da materia, se levará a cabo no lugar e data indicadas polo Decanato da Facultade, e será empregada para presenta a guía docente da materia; as catro restantes serán concertadas cos profesores correspondentes (expositivas, seminarios e prácticas) e serán dedicadas a resolver dúbidas sobre os temas de expositivas, os problemas realizados nos seminarios e as prácticas de laboratorio. Estas catro titorías poderán realizarse de modo presencial ou ben utilizando os métodos telemáticos que propoña o profesorado.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO (15 horas)
Nos escenarios de docencia 1 e 2, a metade das horas de prácticas serán presenciais e a metade virtuais. No escenario 3 de docencia, tódalas prácticas serán virtuais.
• PRÁCTICA 1. Homoxeneizado de tecido animal (fígado de tenreira) e fraccionamento de orgánulos celulares. Preparación de reactivos.(2,5h)
• PRÁCTICA 2. Determinación da concentración de proteínas. Método de Lowry (2,5h)
• PRÁCTICA 3. Encimoloxía: cinética e inhibición encimática. (2,5h)
• PRÁCTICA 4. Purificación e análise de glícidos e/ou lípidos. (3,5h)
• PRÁCTICA 5. Obtención e purificación de ADN a partir de núcleos de células eucariotas. Análise electroforética en xeles de agarosa. (3,5h)
BÁSICA
• Berg, J.M., Tymoczko, J.L. y Stryer L., 2015. Bioquímica con aplicaciones clínicas. 7ª ed. Barcelona: Reverté.
• *Rodwell, V.W., Bender, D.A., Botham, K.M., Kennelly, P.J. y Weil, P.A., 2018. Harper Bioquímica ilustrada. [en liña] 31ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=27…
• Nelson, D.L. y Cox, M.M., 2018. Lehninger Principios de Bioquímica. 7ª ed. Barcelona: Omega.
• Voet, D., Voet, J.G.y Pratt, C.W., 2016. Fundamentos de bioquímica: la vida a nivel molecular. 4ª ed. Buenos Aires: Ed. Médica Panamericana.
• *McKee, T., y McKee, J.R., 2014. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida. [en liña] 5ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=19…
• *Kuchel, P.W., Easterbrook-Smith, S., Gysbers, V., y Guss J.M., 2009. Schaum’s Outline of Biochemistry. [en liña] 3ª ed. McGraw-Hill. Dispoñible en: https://www-accessengineeringlibrary-com.ezbusc.usc.gal/content/book/97…
• *Battaner Arias, E., 2013. Biomoléculas: una introducción estructural a la bioquímica. [en liña] Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-134
• *Battaner Arias, E., 2014. Compendio de enzimología. [en liña] Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-163
COMPLEMENTARIA
• *Sánchez Enríquez, S., Flores Alvarado, L.J., Gurrola Díaz, C.M., Heredia Chávez. P., 2014, Manual de prácticas de laboratorio de bioquímica. [en línea] 3ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Disponible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=14…
• Roca, P., Oliver, J. y Rodríguez, A.M., 2003. Bioquímica. Técnicas y Métodos. Madrid: Hélice.
OUTROS RECURSOS
- http://biomodel.uah.es. Sitio web Universidad Alcalá de Henares
-http://www.sebbm.es/BioROM/indices/index.html
-http://www.pubmed.com (books)
-Recursos electrónicos da BUSC: Cell, Nature, Science, Sciencedirect, etc.
No escenario 3 a bibliografía recomendada son os libros de libre acceso marcados con *, así como os materiais proporcionados polo profesorado e os mencionados no epígrafe "Outros recursos".
Nesta materia o/a alumno/a adquirirá e practicará tanto unha serie de competencias básicas/xerais e transversais, desexables en calquera titulación universitaria, como específicas, propias desta materia dentro do Grao de Bioloxía.
Dentro do cadro de competencias que se deseñou para la titulación, traballaranse de forma máis específica as seguintes:
Competencias Básicas/Xerais
CB1 - Que os/as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoitas atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía, incluíndo a perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía.
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Competencias Transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais
CT9 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Competencias Específicas
CE1.c - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades: Técnicas básicas en bioloxía.
CE2.a - Ámbito competencial: Orixe e bases moleculares da vida: Conceptos, mecanismos e hipóteses.
CE2.b - Ámbito competencial: Orixe e bases moleculares da vida: Estrutura e función de biomoléculas.
CE2.d.- Ámbito competencial: Orixe e bases moleculares da vida: Metabolismo, Sinalización celular e Bioenerxética.
CE2.e.- Ámbito competencial: Orixe e bases moleculares da vida: Análise de Biomoléculas e Procesos Metabólicos.
A materia está deseñada para potenciar a aprendizaxe activa do alumnado. As clases teóricas, de asistencia voluntaria, concíbense como introducións xerais a cada tema, que serán complementadas co resto de actividades propostas. Estas actividades son o estudo individual, a realización de actividades prácticas en laboratorio e dun caderno de prácticas, a resolución de cuestións en seminarios e a resolución de dúbidas da materia a través das titorías. O estudo individual realizarase cunha información organizada e detallada proporcionada polo profesorado. A base da devandita información será a bibliografía básica recomendada, a cal se complementará con información adicional.
Nos seminarios os/as alumnos/as serán distribuídos en grupos de traballo aos que se lles propoñerán diversas cuestións prácticas avaliables nas que se apliquen conceptos e coñecementos teóricos presentados durante as clases expositivas. A asistencia e realización dos seminarios será voluntaria, os boletíns de respostas serán avaliados e os seus contidos son materia de exame. Determinarase o seguimento da asistencia por listado de participación e cos boletíns de entrega ao finalizar cada seminario.
As prácticas de laboratorio organízanse en 5 sesións obrigatorias (salvo para os/as repetidores/as) de 2,5h ou 3,5h horas de duración. O alumnado deberá realizar unha serie de ensaios experimentais, recoller os resultados obtidos, revisar os contidos aportados polo profesorado e analizar todo adecuadamente para dar resposta ás preguntas e exercicios expostos no guión de prácticas, para confeccionar unha memoria de prácticas individual de entrega obrigatoria que será avaliada.
As titorías, de asistencia/realización voluntaria, concíbense como medio de control, coordinación e para que os/as estudantes susciten as dúbidas ou cuestións. Serán especialmente útiles como elemento de retroalimentación e autoavaliación das tarefas realizadas. Internet facilitará tamén o contacto do alumnado co profesorado mediante consultas electrónicas.
Escenario 1 (normalidade adaptada). As clases expositivas e os seminarios serán presenciais e realizaranse na aula seguindo o horario e calendario oficiais da materia. Nos seminarios o alumnado deberá levar apuntes, libros, calculadora e todo o material docente que se necesite. Os boletíns de problemas realizados por cada grupo de traballo nos seminarios, serán entregados ao finalizar cada sesión para a súa avaliación.
As prácticas de laboratorio consistirán en 3 sesións obrigatorias (salvo para os/as repetidores/as) presenciais de 2,5h horas de duración (prácticas 1 a 3). O alumnado deberá realizar unha serie de ensaios experimentais, recoller los resultados obtidos e analizalos adecuadamente. Haberá 2 sesións virtuais asíncronas de 3,5h cada unha (prácticas 4 e 5) nas que o alumnado deberá visualizar e analizar o material aportado polo profesorado no Campus Virtual. O conxunto das actividades de laboratorio será avaliado coa elaboración dunha memoria de prácticas individual que se deberá entregar impresa ou a través do Campus Virtual.
A primeira titoría será presencial seguindo o calendario e os grupos que marque o Decanato da facultade. O resto de titorías, a demanda do alumnado, poderán ser presenciais ou por mecanismos telemáticos a acordar co alumnado (Campus Virtual e correo electrónico institucional).
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física). As clases expositivas e os seminarios serán presenciais e realizaranse na aula por turnos de asistencia do alumnado seguindo o horario e calendario oficiais da materia. O alumnado non presente na aula, seguirá a transmisión telemática das clases mediante os mecanismos que habilite o Decanato da facultade.
Nos seminarios o alumnado deberá levar apuntes, libros, calculadora e todo o material docente que se necesite. Os boletíns de problemas realizados por cada grupo de traballo nos seminarios, serán entregados ao finalizar cada sesión para a súa avaliación. Nos seminarios, o alumnado non presencial realizará os mesmos problemas e cuestións e ao finalizar a sesión, subirá os boletíns de respostas ao apartado correspondente do Campus Virtual.

Esta planificación docente no escenario 2 manterase sempre que a súa organización sexa compatible coa adopción das medidas establecidas nos protocolos de protección da saúde da Universidade de Santiago de Compostela vixentes en cada momento.
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física). Toda a actividade docente será non presencial. As clases expositivas serán de tipo asíncrono utilizando as presentacións utilizadas na aula máis os arquivos de complemento (vídeos, audios, etc.) para cada tema que aportará o profesorado no Campus Virtual.
Os seminarios realizaranse de xeito asíncrono por grupos de traballo a partir das presentacións cos problemas e cuestións que estarán dispoñibles no Campus Virtual. Os boletíns de respostas dos/as alumnos/as deberán subirse nunha data concreta ao Campus Virtual, no apartado habilitado ao efecto, para a súa posterior avaliación.
Todo o conxunto das prácticas de laboratorio requiren a visualización asíncrona e estudo dos materiais que o profesorado aporte no Campus Virtual da materia, que serán necesarios para a realización da memoria de prácticas, que será entregada a través do Campus Virtual para a súa avaliación.
Para a primeira titoría subirase ao curso virtual unha presentación detallada dos contidos e desenrolo do curso, para a súa consulta asíncrona, a mesma que sería utilizada na aula en caso de ter sido presencial. O resto de titorías, a demanda do alumnado, serán por mecanismos telemáticos asíncronos a acordar co alumnado (Campus virtual e correo electrónico institucional).
NORMAS COMÚNS A TÓDOLOS ESCENARIOS
Para tódolos escenarios docentes, os requisitos de obrigatoriedade de asistencia e entrega de tarefas serán os mesmos que os expresados ao inicio deste apartado.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual a persoas alleas ao curso.
Os criterios para a avaliación indícanse nunha táboa que se pode ver no seguinte enlace.
http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Exame: CT1, CT2, CT5, CT9, CT11, CE1.c, CE2.a, CE2.b, CE2.d, CE2.e, CB1, CB4, CB5, CG1, CG3, CG5.
Prácticas: CT1, CT2, CT3, CT5, CT7, CT11, CE1.c, CE2.a, CE2.d, CE2.e, CB1, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG5.
Seminarios: CT1, CT2, CT3, CT4, CT7, CT9, CT11, CE2.a, CE2.d, CE2.e, CB1, CB4, CB5, CG2, CG5.
Escenario 1 (normalidade adaptada). A avaliación continua suporá un 35% da nota final, distribuída nun 15% dos boletíns realizados en grupo durante os seminarios e un 20% da memoria de prácticas individual. Haberá un exame final presencial obrigatorio que supón o 65% da nota final. A materia avaliada no exame inclúe os contidos das clases expositivas e os seminarios. Na segunda convocatoria só se repetirá o exame final obrigatorio (que igualmente suporá o 65% da cualificación final), conservándose a nota obtida na avaliación continua.
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física). A avaliación continua suporá un 35% da nota final, distribuída nun 15% dos boletíns realizados en grupo durante os seminarios (entregados na aula ou telematicamente no Campus virtual). O 20% restante corresponderá á memoria de prácticas individual. Haberá un exame final obrigatorio telemático síncrono a través do Campus Virtual que supón o 65% da nota final. A materia avaliada no exame inclúe os contidos das clases expositivas e os seminarios. Na segunda convocatoria só se repetirá o exame final obrigatorio (que igualmente suporá o 65% da cualificación final), conservándose a nota obtida na avaliación continua.
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física). A avaliación continua suporá un 35% da nota final, distribuída nun 15% dos boletíns correspondentes aos seminarios (entregados no período correspondente de cada un). O 20% restante corresponderá á memoria de prácticas individual. En ambos casos, as entregas faranse telematicamente a través do Curso Virtual. Haberá un exame final obrigatorio telemático síncrono a través do Curso Virtual que supón o 65% da nota final. A materia avaliada no exame inclúe os contidos das clases expositivas e os seminarios. Na segunda convocatoria só se repetirá o exame final obrigatorio (que igualmente suporá o 65% da cualificación final), conservándose a nota obtida na avaliación continua.
NORMAS COMÚNS A TÓDOLOS ESCENARIOS
En tódolos escenarios, o exame final contémplase como unha proba complementaria obrigatoria á avaliación continua para todo o alumnado. En tódolos casos tamén, será necesario alcanzar un mínimo de 4 sobre 10 no exame final (nas dúas convocatorias) para que a avaliación continua sexa sumada. En caso contrario, a nota final será exclusivamente a do exame. Será necesaria unha nota final mínima de 5 sobre 10 para superar a materia.
Non haberá mecanismos compensatorios ante a non asistencia e/ou non realización dalgunha actividade obrigatoria e/ou avaliable.
No caso de alumnos/as repetidores/as: i) pódese conservar, tanto a cualificación global obtida na avaliación continua (máximo 35% da ponderación final) como o cumprimento da obrigatoriedade de asistencia e realización das prácticas de laboratorio, de cursos precedentes; ii) se se repiten prácticas ou seminarios terán unha ponderación do 15% e 10%, respectivamente (conservando o 10% do traballo de titorías que se facía en cursos anteriores, de ser o caso); iii) se nese curso non se facía traballo de titorías, a valoración de prácticas e seminarios é a mesma que na presente guía; iiii) se se repiten prácticas e seminarios, non se terán en conta ningunha das cualificacións de avaliación continua de cursos precedentes e a súa avaliación rexerase polas presentes normas. En calquera caso, será necesaria a realización do exame final obrigatorio cun peso do 65% da cualificación final e cos mesmos criterios citados arriba para a superación da materia.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual a persoas alleas ao curso.
Horas presenciais: 58 horas
26 horas maxistrais
15 horas prácticas de laboratorio
10 horas de seminarios
5 horas de titorías
2 horas de exame
Horas non presenciais: 92 horas
64 horas de dedicación ao estudo individual para a preparación da materia; 20 horas á elaboración de traballos, 8 horas á elaboración da memorias de prácticas.
Volume total de traballo: 58 horas de clases presenciais e 92 horas de traballo persoal= 150 horas totais (25 horas/ECTS x 6 ECTS= 150h).
Escenario 1 (normalidade adaptada) e escenario 2 (distanciamento; restriccións parciais á presencialidade). Asistencia e seguimento continuos das clases expositivas. Aínda que a asistencia e realización dos seminarios non é obrigatoria é altamente recomendable xa que: i) repásase grande parte da materia de expositivas; ii) é tamén materia de exame; iii) os boletíns de respostas son avaliados (unha porcentaxe importante da nota final); iiii) o tipo de preguntas e cuestións tratados son moi parecidos a algúns que aparecerán no exame. Tamén é importante realizar os problemas e cuestións que non dea tempo a facer en cada sesión de seminario e que se poñerán a disposición do alumnado.
Utilización da bibliografía recomendada e do material proporcionado polo profesorado.
Atención especial nas prácticas de laboratorio para a realización óptima da memoria de prácticas. Esmero na elaboración da memoria de prácticas.
Lectura e reflexión frecuentes sobre a materia impartida, necesarias para a integración dos coñecementos.
Facer uso das titorías e contactar co profesorado para resolver cantas dúbidas e problemas xurdan no estudo da materia e facer seguimento da aprendizaxe.
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física). Visualización e estudo continuos do material docente proporcionado para as clases expositivas, seguindo pautas temporais como se fosen clases presenciais. É dicir, non deixar acumular temas sen revisar e estudar co fin de estudar todo ao final do curso. A realización dos seminarios, aínda que telemática, será pautada segundo o calendario previsible nun escenario presencial, de modo que a materia debe levarse ao día.
Aínda que a realización e entrega dos seminarios non é obrigatoria é altamente recomendable xa que: i) repásase grande parte da materia de expositivas; ii) é tamén materia de exame; iii) os boletíns de respostas son avaliados (unha porcentaxe importante da nota final); iiii) o tipo de preguntas e cuestións tratados son moi parecidos a algúns que aparecerán no exame. Tamén é importante realizar os problemas e cuestións que non dea tempo (segundo os criterios que estime o profesorado para adecualos á duración estimada de cada seminario) a facer en cada sesión de seminario e que se poñerán a disposición do alumnado.
Estudo e análise do material docente das prácticas de laboratorio para a realización óptima da memoria de prácticas. Esmero na elaboración da memoria de prácticas.
Lectura e reflexión frecuentes sobre a materia impartida, necesarias para a integración de coñecementos.
Facer uso das titorías e contactar co profesorado para resolver cantas dúbidas e problemas xurdan no estudo da materia e facer seguimento da aprendizaxe.
PLAN DE CONTINXENCIA
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física). As clases expositivas e os seminarios serán presenciais e realizaranse na aula por turnos de asistencia do alumnado seguindo o horario e calendario oficiais da materia. O alumnado non presente na aula, seguirá a transmisión telemática das clases mediante os mecanismos que habilite o Decanato da facultade.
Nos seminarios o alumnado deberá levar apuntes, libros, calculadora e todo o material docente que se necesite. Os boletíns de problemas realizados por cada grupo de traballo nos seminarios, serán entregados ao finalizar cada sesión para a súa avaliación. Nos seminarios, o alumnado non presencial realizará os mesmos problemas e cuestións e ao finalizar a sesión, subirá os boletíns de respostas ao apartado correspondente do Campus Virtual.
As prácticas de laboratorio consistirán en 3 sesións obrigatorias (salvo para os/as repetidores/as) presenciais de 2,5h horas de duración (prácticas 1 a 3). O alumnado deberá realizar unha serie de ensaios experimentais, recoller los resultados obtidos e analizalos adecuadamente. Haberá 2 sesións virtuais asíncronas de 3,5h cada unha (prácticas 4 e 5) nas que o alumnado deberá visualizar e analizar o material aportado polo profesorado no Campus Virtual. O conxunto das actividades de laboratorio será avaliado coa elaboración dunha memoria de prácticas individual que se deberá entregar impresa ou a través do Campus Virtual.
A primeira titoría será presencial seguindo o calendario e os grupos que marque o Decanato da facultade. O resto de titorías, a demanda do alumnado, poderán ser presenciais ou por mecanismos telemáticos a acordar co alumnado (Campus Virtual e correo electrónico institucional).
Esta planificación docente no escenario 2 manterase sempre que a súa organización sexa compatible coa adopción das medidas establecidas nos protocolos de protección da saúde da Universidade de Santiago de Compostela vixentes en cada momento.
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física). Toda a actividade docente será non presencial. As clases expositivas serán de tipo asíncrono utilizando as presentacións utilizadas na aula máis os arquivos de complemento (vídeos, audios, etc.) para cada tema que aportará o profesorado no Campus Virtual.
Os seminarios realizaranse de xeito asíncrono por grupos de traballo a partir das presentacións cos problemas e cuestións que estarán dispoñibles no Campus Virtual. Os boletíns de respostas dos/as alumnos/as deberán subirse nunha data concreta ao Campus Virtual, no apartado habilitado ao efecto, para a súa posterior avaliación.
Todo o conxunto das prácticas de laboratorio requiren a visualización asíncrona e estudo dos materiais que o profesorado aporte no Campus Virtual da materia, que serán necesarios para a realización da memoria de prácticas, que será entregada a través do Campus Virtual para a súa avaliación.
Para a primeira titoría subirase ao curso virtual unha presentación detallada dos contidos e desenrolo do curso, para a súa consulta asíncrona, a que sería utilizada na aula en caso de ter sido presencial. O resto de titorías, a demanda do alumnado, serán por mecanismos telemáticos asíncronos a acordar co alumnado (Campus virtual e correo electrónico institucional).
NORMAS COMÚNS A TÓDOLOS ESCENARIOS
Para tódolos escenarios docentes, os requisitos de obrigatoriedade de asistencia e entrega de tarefas serán os mesmos que os expresados ao inicio deste apartado.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual a persoas alleas ao curso.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física). A avaliación continua suporá un 35% da nota final, distribuída nun 15% dos boletíns realizados en grupo durante os seminarios (entregados na aula ou telematicamente no Campus virtual). O 20% restante corresponderá á memoria de prácticas individual. Haberá un exame final obrigatorio telemático síncrono a través do Campus Virtual que supón o 65% da nota final. A materia avaliada no exame inclúe os contidos das clases expositivas e os seminarios. Na segunda convocatoria só se repetirá o exame final obrigatorio (que igualmente suporá o 65% da cualificación final), conservándose a nota obtida na avaliación continua.
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física). A avaliación continua suporá un 35% da nota final, distribuída nun 15% dos boletíns correspondentes aos seminarios (entregados no período correspondente de cada un). O 20% restante corresponderá á memoria de prácticas individual. En ambos casos, as entregas faranse telematicamente a través do Curso Virtual. Haberá un exame final obrigatorio telemático síncrono a través do Curso Virtual que supón o 65% da nota final. A materia avaliada no exame inclúe os contidos das clases expositivas e os seminarios. Na segunda convocatoria só se repetirá o exame final obrigatorio (que igualmente suporá o 65% da cualificación final), conservándose a nota obtida na avaliación continua.
NORMAS COMÚNS A TÓDOLOS ESCENARIOS
En tódolos escenarios, o exame final contémplase como unha proba complementaria obrigatoria á avaliación continua para todo o alumnado. En tódolos casos tamén, será necesario alcanzar un mínimo de 4 sobre 10 no exame final para que a avaliación continua sexa sumada. En caso contrario, a nota final será exclusivamente a do exame. Será necesaria unha nota final mínima de 5 sobre 10 para superar a materia.
Non haberá mecanismos compensatorios ante a non asistencia e/ou non realización dalgunha actividade obrigatoria e/ou avaliable.
No caso de alumnos/as repetidores/as: i) pódese conservar, tanto a cualificación global obtida na avaliación continua (máximo 35% da ponderación final) como o cumprimento da obrigatoriedade de asistencia e realización das prácticas de laboratorio, de cursos precedentes; ii) se se repiten prácticas ou seminarios terán unha ponderación do 15% e 10%, respectivamente (conservando o 10% do traballo de titorías que se facía en cursos anteriores, de ser o caso); iii) se nese curso non se facía traballo de titorías, a valoración de prácticas e seminarios é a mesma que na presente guía; iiii) se se repiten prácticas e seminarios, non se terán en conta ningunha das cualificacións de avaliación continua de cursos precedentes e a súa avaliación rexerase polas presentes normas. En calquera caso, será necesaria a realización do exame final obrigatorio cun peso do 65% da cualificación final e cos mesmos criterios citados arriba para a superación da materia.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual a persoas alleas ao curso.
COMUNICACIÓN CO PROFESORADO
Haberá unha aula virtual activa da materia a través do Campus Virtual da USC.
Escenario 1 (normalidade adaptada) e escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade). Comunicación presencial na aula e no despacho. Tamén se poderán establecer comunicacións a tra vés do correo electrónico institucional, de mensaxes a través do foro do Campus Virtual e vía telefónica.
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física). A comunicación co profesorado establecerase a través do correo electrónico institucional e do foro do Campus Virtual e vía telefónica (esta última sempre que o profesorado poda acceder ao seu despacho).
Guillermo Covelo Artos
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816930
- Correo electrónico
- guillermo.covelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Oscar Javier Cordero Santamaria
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816935
- Correo electrónico
- oscarj.cordero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Rey Mendez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816929
- Correo electrónico
- manuel.rey.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
14.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
14.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
14.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
14.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
14.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
14.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
14.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
14.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
24.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
24.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
24.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
24.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |