Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Nesta materia optativa de 4.5 créditos do segundo cuadrimestre, e partindo de coñecementos sobre o funcionamento normal de células, tecidos, órganos ou sistemas, obtidos en disciplinas variadas como a Bioquímica, Fisioloxía, Citoloxía/Histoloxía ou Xenética, preténdese que o estudante adquira un coñecemento teórico-práctico das probas analíticas habituais nos laboratorios hematolóxicos e bioquímicos. O estudante debería comprender como a partir da información clínica correspondente establécese a orixe e o prognóstico da patoloxía e determínase a pauta de seguimento do enfermo. Ademais, o estudante deberá manexar e comprender a linguaxe específica de laboratorio
Estes contidos serán válidos para todos os escenarios: Escenario 1 (Sen restricións á presencia física dos alumnos/as nas aulas e laboratorios), escenario 2 (Con restricións á presencia física dos alumnos/as nas aulas e laboratorios); e escenario 3 (A docencia impartirase completamente na modalidade virtual)
Contidos Teóricos/Clases maxistrais (26h)
PRIMEIRA PARTE:
Tema 1 (2h). Introdución á Bioquímica Clínica e a Patoloxía Molecular. Historia. Tipos de mostras e factores que inflúen nos resultados. Calidade analítica. Valores de referencia. Sensibilidade, especificidade e valor predictivo. Interpretación dos datos bioquímicos. Semioloxía e valor semiolóxico.
SEGUNDA PARTE:
Tema 2 (2h). Proteínas plasmáticas, enzimas e isoenzimas de interese diagnóstico.
Tema 3. (2h) Homeostase da auga e electrolitos. Alteracións do equilibrio ácedo-base.
Tema 4. (1h) Estudo do metabolismo mineral. Exploración da enfermidade ósea.
Tema 5. (2h) Bioquímica hematolóxica. Hemoglobinopatías.
Tema 6. (4h) Estudo bioquímico da función hepática e renal.
Tema 7. (3h) Diabete e hipoglucemias. Exploración bioquímica da función pancreática. Fibrose quística.
Tema 8. (1h) Dislipemias e obesidade. Bases moleculares da hipercolesterolemia.
Tema 9. (1h) Enfermidades mitocondriais. Trastornos da beta-oxidación.
Tema 10. (2h) Exploración bioquímica das glándulas endocrinas.
Tema 11. (2h) Diagnóstico da enfermidade cardiovascular e muscular. Distrofias musculares.
Tema 12. (2h) Bases moleculares da transformación neoplásica. Marcadores tumorales.
Tema 13. (2h) Bases moleculares das enfermidades neurolóxicas
Prácticas de laboratorio (8h).
Práctica 1 (4h). Consistirá na determinación de niveis totais de hemoglobina e hemoglobina glicada en sangue, así como a determinación de actividade sérica gamma-GT en mostras de soro. Esta actividade interactiva poderá variar dependendo dos fondos dispoñibles para a compra dos reactivos do laboratorio e do cambio de escenario. Así, o cambio ao escenario 3 suporá que está práctica 1 realizarase de xeito virtual mediante a visualización de vídeos e elaboración dun guión de prácticas.
Práctica 2 (4h). Os contidos da práctica 2 serán os seguintes: Urianálise, parámetros físicos e químicos, química seca e determinación de niveis de creatinina en ouriño, Aclaramento renal.
Seminarios (4h):
Utilizaranse para a resolución de casos clínicos e problemas prácticos relacionados cos contidos teóricos.
Titorías (3h):
Serán empregadas para resolver cuestións de clase, facer casos prácticos e facer un seguimento do traballos.
Exame (2 h)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Escenarios 1 e 2
Baynes, J.W. y Dominiczak, M.H. ed. 2019. Bioquímica médica. 5ª ed. Barcelona: Elsevier.(*)
Devlin, T.M. coord., 2008. Bioquímica: libro de texto con aplicaciónes clínicas. 4ª ed. Barcelona: Reverté.
Murphy, M., Srivastava, R. y Deans, K., 2020. Bioquímica clínica: texto y atlas en color. 6ª ed. Barcelona: Elsevier.(*)
González, A., 2019. Principios de bioquímica clínica y patología molecular. 3ª Ed. Barcelona: Elsevier (*)
Escenario 3
As obras sinaladas anteriormente como (*) poderase acceder en todos os escenarios a través da plataforma Clinical Keys de Elsevier (https://www.clinicalkey.com), así como tamén probablemente as seguintes:
Herrera. E., 2014 Bioquímica Básica. Barcelona: Elsevier.
Meissenberg & Simmons, 2018. Principios de Bioquímica Médica. Barcelona: Elsevier
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
American Association of Clínical Chemistry (AACC): http://www.aacc.org/
Association for Clinical Biochemistry (ACB): http://www.acb.org.uk/
Federation of European Biochemical Societies (FEBS): http://www.febs.org/
Sociedad Española de Bioquímica y Biología Molecular (SEBBM): http://www.sebbm.es/
Sociedad Española de Bioquímica Clínica y Patología Molecular (SEQC): http://www.seqc.es/
Competencias Básicas/Xerais:
Serán as que figuran na Memoria do Grao en Bioloxía
Competencias específicas:
CE1.c - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentales, destrezas e habilidades Técnicas básicas en Bioloxía.
CE2.a - Ámbito competencial: Orixe e bases moleculares da vida: Conceptos, mecanismos e hipóteses
CE2.f - Ámbito competencial: Orixe e bases moleculares da vida: Análise molecular, celular e tisular
CE7.a - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e Biomediciña: Bases biolóxicas das enfermidades
CE7.g - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e Biomediciña: Métodos de análise clínica e molecular
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razonamiento e a argumentación
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de forma colectiva
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT6 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT7 - Compromiso de veracidad da información que ofrece aos demais
CT8 - Habilidade no manexo de TICs
CT9 - Utilización de información bibligráfica e de Internet
CT10 - Utilización de información en lingua estranxeira
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Metodoloxía da ensinanza
Actividades con compoñente presencial
Clases maxistrais:
Escenario 1: Empregarase un sistema de clases maxistrais. A asistencia a aula non é obrigatoria, pero si recomendable. Durante as clases maxistrais desenvolverase o temario da materia. O materia didáctico empregado polo profesor na aula será proporcionado aos alumnos, así como material didáctico complementario. Escenarios 2 e 3: As clases presenciais serán substituídas pola entrega de material docente comentado polo profesor, así como recomendacións doutros documentos, vídeos, e material online de diferente natureza. As actividades serán sempre de tipo asíncrono.
Sesións prácticas:
Escenarios 1 e 2: Haberá 2 sesións practicas. A práctica 1, con mostras de sangue e soro, realizarase de xeito presencial no laboratorio 8, namentres que a práctica 2 sobre mostras de ouriño, será de xeito virtual, mediante a visualización de vídeos e elaboración dun guión de prácticas. Escenario 3: Tanto a práctica 1 como a 2 serán virtuais, mediante a visualización de vídeos e elaboración dun guión de prácticas (actividades online asíncronas).
Seminarios:
Escenario 1: Os seminarios serán presenciais. Haberá catro sesións que serán utilizadas para a resolución de casos clínicos e problemas prácticos, aplicando os coñecementos teóricos. Os seminarios realizaranse no horario e aula habitual de clases teóricas. Escenarios 2 e 3: As clases presenciais na aula serán substituídas por un formato on-line empregando a plataforma MS-teams (síncronas)
Titorías:
Serán OBRIGATORIAS E SEMPRE VIRTUAIS SÍNCRONAS, a través da plataforma MS-TEAMS. Cada grupo realizará un total de tres sesións. Estas sesións serán empregadas para resolver cuestións de clase e facer un seguimento do traballo de grupo (ver máis abaixo).
Exame:
Escenario 1: Será presencial. Escenarios 2 e 3: Será virtual a través da plataforma Moodle (aula virtual)
Traballo autónomo do estudante
Periodicamente colgaranse na aula virtual preguntas curtas relacionadas cos contidos teóricos da materia, como casos prácticos ou problemas de cálculo. Ditas preguntas deberán ser resoltas DE XEITO INDIVIDUAL e entregadas en prazo por TODOS os alumnos (nova matrícula e repetidores) (actividade OBRIGATORIA e AVALIABLE). O guión de prácticas será tamén unha actividade OBRIGATORIA E AVALIABLE,
O seguimento destas actividades de avaliación continua se fará mediante a entrega periódica e as titorías.
A avaliación será igual para repetidores e non repetidores, non gardándose notas de anos anteriores. Ademais, a avaliación será sempre igual nas dúas oportunidades.
IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Esta ven a sinalar que a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados (por exemplo, dos compañeiros de curso ou de curso previos) ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Tamén queda terminantemente prohibido a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web) e sen consentimiento do profesor, de calquera material docente colgado na aula virtual.
Escenario 1
A avaliación continua será complementaria ao exame. O 70% da nota corresponderase co exame obrigatorio, e o 30% restante coa avaliación continua (traballos individuais), que só se sumará si alcánzase un 40% da nota máxima no exame. No seguinte enlace de internet dispós dunha táboa que detalla os criterios de avaliación da presente materia: http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html.
Escenarios 2 e 3:
Nestes escenarios a avaliación continua incrementarase, pero seguirá sendo complementaria ao exame. Este último non será obrigatorio e o 20% da nota final corresponderase co el, namentres que o 80% restante estará asociada á avaliación continua. Isto quere dicir que se un estudante non se presenta ao exame a máxima cualificación na materia será de 8. Neste caso, non existirá nota mínima no exame.
Avaliación das competencias
Exame: CB1, CB2, CB3, CG1, CG2, CG3, CG4, CE1.c, CE2.a, CE2.f, CE7.a, CE7.g, CT1, CT2, CT5, CT11
Traballos individuais (avaliación continua): CB1, CB2, CB3, CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CE1.c, CE2.a, CE2.f, CE7.a, CE7.g, CT1, CT2, CT4, CT5, CT8, CT9, CT10, CT11
TRABALLO PRESENCIAL
Esta materia de 4.5 ECTS ten un total de 43 horas presenciais, distribuídas en 26 horas de clases maxistrais, 8 horas de prácticas, 4 horas de seminarios, 3 horas de titorías en grupos reducidos e 2 horas de exame.
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE: NON PRESENCIAL
69.5 horas totais de traballo persoal do estudante. Desas 69.5 horas, 40 horas serán as que o alumno teralle que dedicar para o estudo da materia, que deberá ser constante ao longo do cuatrimestre, e 29.5 horas para a elaboración dos traballos individuais.
TOTAL= 25 h x 4.5 ECTS = 112.5
En todos os escenarios recoméndase o estudo da materia de xeito continuado, así como participar activamente nas clases. Repasar o contido da materia antes das sesións prácticas, e facer uso das titorías para solucionar as dúbidas que poidan xurdir. Tamén se recomenda empregar a bibliografía.
Observacións
Coñecementos previos en Química, Matemáticas, Biofísica, Biología da célula, Bioquímica I e II e Xenética I e II
A materia disporá dun aula virtual na plataforma Moodle, A comunicación cos alumnos farase a través do correo electrónico, dun chat habilitado na plataforma Moodle e a través da aplicación MS-teams
Plan de continxencia:
Metodoloxía docente nos escenarios 2 e 3: As clases presenciais serán substituídas pola entrega de material docente comentado polo profesor, así como recomendacións doutros documentos, vídeos, e material online de diferente natureza. As actividades serán sempre de tipo asíncrono. No caso das sesións prácticas, no escenario 2 haberá 2 sesións practicas, no que a práctica 1 realizarase de xeito presencial no laboratorio 8 e a práctica 2 será de xeito virtual (actividade asíncrona). No escenario 3 tanto a práctica 1 como a 2 serán virtuais, (actividades online asíncronas). En canto aos seminarios, no escenario 2 e 3 serán en formato on-line empregando a plataforma MS-teams (síncronas). As titorías no escenarios 2 e 3 serán OBRIGATORIAS E SEMPRE VIRTUAIS SÍNCRONAS, a través da plataforma MS-TEAMS. O exame nos escenarios 2 e 3 será virtual a través da plataforma Moodle (aula virtual)
Avaliación nos escenarios 2 e 3: Nestes escenarios a avaliación continua incrementarase, pero seguirá sendo complementaria ao exame. Este último non será obrigatorio e o 20% da nota final corresponderase co el, namentres que o 80% restante estará asociada á avaliación continua. Isto quere dicir que se un estudante non se presenta ao exame a máxima cualificación na materia será de 8. Neste caso, non existirá nota mínima no exame.
Francisco Javier Salgado Castro
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816928
- Correo electrónico
- franciscojavier.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sara Vázquez Mera
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- s.vazquez.mera [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
31.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
14.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
14.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |