Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Ecoloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
•Adquirir un conxunto de coñecementos ecolóxicos básicos, expoñendo os principios ecolóxicos relativos ás comunidades e aos ecosistemas (organismos e poboacións foron tratados en Ecoloxía I), que son a base para comprender os procesos que ocorren na biosfera.
•Aprender a manexar a terminoloxía ecolóxica con precisión, dominando o vocabulario básico da disciplina.
•Potenciar a capacidade de interrelación, practicamente imprescindible para interiorizar os conceptos propios da ecoloxía, poñendo de relevo a importancia das interconexións entre os compoñentes dos ecosistemas.
•Entender que os ecosistemas son sistemas complexos, que funcionan como unidades integradas, existindo múltiples causas que xeran a súa estrutura e funcionamento.
•Percibir o impacto humano na biosfera e fomentar a concienciación con respecto á problemática ecolóxica e ambiental actual.
Os contidos da materia manteranse nos 3 escenarios posibles. No escenario 1 as actividades expositivas, seminarios, titorías e prácticas de computador realizaranse de forma presencial na aula ( síncronas); mentres que as prácticas de laboratorio serán tamén presenciais pero cunha duración de cada práctica reducida ao 50%. No escenario 2 as actividades expositivas, seminarios, titorías e prácticas de computador realizaranse de forma presencial virtual (en remoto); mentres que as prácticas de laboratorio seguirán sendo presenciais pero cunha duración de cada práctica reducida ao 50%. Finalmente no escenario 3, as actividades expositivas, seminarios, titorías e prácticas de computador realizaranse de forma presencial virtual (en remoto); mentres que as prácticas de laboratorio serán tamén virtuais pero cunha duración de cada práctica reducida ao 50%.
TEORÍA (26 h)
Indícase entre parénteses a duración aproximada de cada tema.
Bloque I. COMUNIDADES
1. A comunidade. Descrición e estrutura. (4 h)
2. Fluxo de enerxía e estrutura trófica. (2 h)
3. Diversidade biolóxica. (3 h)
4. Comunidades insulares. (3 h)
5. Perturbación e dinámica da comunidade. (3 h)
Bloque II. FUNCIONAMENTO DO ECOSISTEMA
6. O ecosistema. Produción primaria. (4 h)
7. Produción secundaria. (2 h)
8. Descomposición. (3 h)
9. Circulación de nutrientes. (2 h)
PRÁCTICAS DE CAMPO Y LABORATORIO (10 h)
O calendario de prácticas axustarase no posible ó desenvolvemento do programa teórico.
Laboratorio:
1. Estudo de comunidades de macroinvertebrados en ecosistemas terrestres e augas epicontinentais.
2. Determinación da PPN. Fotosíntesis e variables relacionadas.
Campo:
3. Estudo de comunidades de macroinvertebrados en ecosistemas terrestres e augas epicontinentais (en función de la disponibilidad económica).
PRÁCTICAS DE ORDENADOR (10 h)
1. Mostraxe da riqueza específica.
2. Dinámica de Metapoblacións.
3. Bioxeografía insular.
4. Sucesión.
5. Perturbación. O exemplo dos incendios forestais.
SEMINARIOS (8 h)
1. Problemas e evaluación continua do tema 1.
2. Problemas e evaluación continua do tema 2.
3. Problemas e evaluación continua do tema 3.
4. Problemas e evaluación continua do tema 4.
5. Problemas e evaluación continua do tema 5.
6. Problemas e evaluación continua do tema 6.
7. Problemas e evaluación continua do tema 7.
8. Problemas e evaluación continua do tema 8.
TITORÍAS (2 h)
Estarán adicadas ao repaso de aspectos clave e dos exercicios dos seminarios e os encargados para realizar como traballo persoal.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Begon, M.; Harper, J.L. & Townsend, C.R. 1999. Ecología: individuos, poblaciones y comunidades. 3ª ed. Barcelona: Omega.
Cain, M.L.; Bowman, W.D & Hacker, S.D. 2008. Ecology. Sunderland, Massachusetts: Sinauer Associates, Inc.
Krebs, C.J. 2009. Ecology: the experimental analysis of distribution and abundance. 6th ed. San Francisco, California: Benjamin Cummings.
Molles, M.C. 2006. Ecología: conceptos y aplicaciones. 3ª ed. Madrid: McGraw-Hill/Interamericana.
Smith, R.L. & Smith, T.M. 2007. Ecología. 6ª ed. Madrid: Pearson Educación.
Stiling, P. 2012. Ecology. Global Insights & Investigations. Nueva York: McGraw-Hill.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Krebs, C.J. 1999. Ecological Methodology. 2nd ed. Menlo Park: Addison-Wesley.
Ricklefs, R.E. 1998. Invitación a la ecología. La economía de la naturaleza : libro de texto sobre economía básica. 4ª ed. Bogotá: Panamericana.
Townsend, C.R.; Begon, M. & Harper, J.L. 2008. Essentials of ecology. 3rd ed. Malden, Massachusetts: Blackwell.
Dentro das competencias nesta materia traballaranse de forma máis concreta as seguintes:
Básicas/Xerais
• CX1. Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía,incluíndo a perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
• CX2. Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía.
• CX3. Aplicar tanto os coñecementos teórico‐prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e plantexamento de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
• CX4. Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado.
• CX5. Estudar e aprender de forma autónoma, con organización do tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Transversais
• CT1. Capacidade de análise e síntese
• CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación
• CT7. Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demáis
• CT8. Habilidade no manexo das TIC
• CT9. Utilización da información bibliográfica e de internet
• CT10. Utilización de información en lingua extranxeira
• CT11. Capacidade para a resolución de problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Específicas
• CE1. Coñece-las bases científicas da teoría ecolóxica e a súa aplicación cara a sustentabilidade dos ecosistemas e a conservación da biodiversidade.
• CE2. Adquirir coñecementos sobre as comunidades e ecosistemas, incluíndo os procesos, ciclos e fluxos que interconectan as súas distintas compoñentes.
• CE3. Coñece-los métodos e as técnicas básicas de laboratorio e campo da ecoloxía.
• CE4. Ter un coñecemento global dos problemas ambientais e ecolóxicos.
• CE5. Identificar e formular problemas ecolóxicos.
• CE6. Aplicar modelos ecolóxicos.
• CE7. Interiorizar un compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
No escenario 1 as actividades expositivas, seminarios, titorías e prácticas de computador realizaranse de forma presencial na aula ( síncronas); mentres que as prácticas de laboratorio serán tamén presenciais pero cunha duración de cada práctica reducida ao 50%. No escenario 2 as actividades expositivas, seminarios, titorías e prácticas de computador realizaranse de forma presencial virtual (en remoto e síncronas); mentres que as prácticas de laboratorio seguirán sendo presenciais pero cunha duración de cada práctica reducida ao 50%, suplíndose o 50% restante co visionado de vídeos. Finalmente no escenario 3, as actividades expositivas, seminarios, titorías e prácticas de computador realizaranse de forma presencial virtual (en remoto e síncronas); mentres que as prácticas de laboratorio serán substituídas polas tarefas habituais das prácticas, séndolle fornecidos aos alumnos os datos que de forma habitual obterían durante a realización da práctica. Para as actividades en remoto impartirase a docencia empregando a plataforma MSTeams e para a participación en foros, o acceso ao material docente e as entregas de tarefas empregarase o Moodle.
As clases de TEORÍA introducirán os coñecementos básicos da ciencia ecolóxica (conceptos, procesos, hipóteses, modelos). Con frecuencia, farase referencia a conceptos, experimentos ou hipóteses xa vistos en temas anteriores. Isto é imprescindible dada a natureza integradora da materia. Tampouco será infrecuente a referencia a cuestións que se verán máis adiante, xa que a Ecoloxía non é unha materia que admita un desenvolvemento lineal, senón ramificado. Este exercicio de relacionar trazos e procesos diversos supón un certo esforzo, pero finalmente aporta unha capacidade de análise global que pode resultar moi útil, non só no estudo desta materia, senón como unha ferramenta de traballo xeral.
Os seminarios e as clases prácticas tamén constitúen parte esencial do curso.
Os SEMINARIOS dedicaranse á resolución, por parte do alumno, de cuestións e problemas relativos aos temas tratados. Ao final de cada un deles haberá unha breve exposición, por parte do profesor, relativa á resolución das devanditas cuestións e problemas. Estas cuestións e problemas constituirán gran parte da avaliación continua.
As PRÁCTICAS abordarán o manexo de métodos de laboratorio e campo que permitan familiarizarche coa forma de traballo habitual en Ecoloxía. Os guións facilitados ó comezo das prácticas inclúen a información necesaria para poder seguir de forma ordenada e clara o desenvolvemento da tarefa proposta. Enfrontarse coa resolución dun problema concreto, e o feito de que os grupos de prácticas son máis reducidos, soe favorecer unha maior interacción entre os alumnos e o profesor, e facilita a intervención e formulación de dúbidas. Cada práctica deberá de ir acompañada da entrega dunha tarefa que constituirá parte da avaliación continua.
PRÁCTICAS DE ORDENADOR: As clases consistirán nunha breve explicación e posterior aplicación de distintos modelos relacionados con aspectos teóricos vistos nas clases expositivas; tamén se poderán elaborar cálculos relativos a datos manexados nas clases prácticas. Para todo elo se empregarán follas de cálculo, applets de java, etc., e os resultados obtidos permitirán dar resposta a unha serie de preguntas propostas nun cuestionario. Cada práctica deberá de ir acompañada da entrega dunha tarefa que constituirá parte da avaliación continua.
TITORÍAS: Dedicaranse basicamente á aclaración de dúbidas sobre a teoría e os seminarios, así como calquera outra consulta relativa á docencia da materia.
A avaliación será idéntica para os 3 escenarios contemplados e para as dúas oportunidades. A proba final é complementaria á avaliación continua. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estes instrumentos serán utilizados para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
- No exame avalíanse as competencias: CX1, CX2, CX3, CX4, CX5, CT1, CT2, CT7, CT8, CT9, CT10; CT11, CE1, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6 e CE7.
- Nos casos prácticos: CX1, CX2, CX3, CX4, CX5, CT1, CT2, CT9, CT10; CT11, CE1, CE2, CE3 e CE6.
Os criterios de cualificación detallados atópanse no seguinte enlace: http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
A modo de resumo, como avaliación continua, as entregas dos seminarios supoñerán o 30% da cualificación final, as correspondentes ás prácticas de computador o 20%, as das prácticas de campo o 10% e as das prácticas de laboratorio o 10%. As actividades obrigatorias son as prácticas de campo e laboratorio (cun 75% de asistencia esixida), as de computador (80%). En todos os escenarios as entregas realizaranse por Moodle. A proba final que é complementaria á avaliación continua supoñerá en 30% da cualificación final, no caso de non poder realizarse presencialmente entregarase a través do Moodle. Os alumnos repetidores teñen o mesmo sistema de avaliación que os alumnos de primeira matrícula. Para os alumnos repetidores unicamente conservarase, durante o mesmo período que a normativa desta universidade dispón para a asistencia ás prácticas, a cualificación da memoria dos resultados das prácticas.
Ademais da docencia presencial de diversos tipos, os alumnos han de precisar horas de estudo e de traballo persoal. En conxunto, as horas dedicadas son:
26 horas expositivas (clases e seminarios)
28 horas interactivas (prácticas, seminarios e prácticas de ordenador)
2 horas de titorías
92 horas de traballo persoal
2 horas de exame
150 horas de dedicación total
-Asistir habitualmente ás clases teóricas, seminarios e prácticas
-Estudar a materia ó día
-Consultar a bibliografía
-Consultar dúbidas en clase ou en horas de titoría.
Plan de Continxencia
No escenario 1 as actividades expositivas, seminarios, titorías e prácticas de computador realizaranse de forma presencial na aula ( síncronas); mentres que as prácticas de laboratorio serán tamén presenciais pero cunha duración de cada práctica reducida ao 50%. No escenario 2 as actividades expositivas, seminarios, titorías e prácticas de computador realizaranse de forma presencial virtual (en remoto e síncronas); mentres que as prácticas de laboratorio seguirán sendo presenciais pero cunha duración de cada práctica reducida ao 50%, suplíndose o 50% restante co visionado de vídeos. Finalmente no escenario 3, as actividades expositivas, seminarios, titorías e prácticas de computador realizaranse de forma presencial virtual (en remoto e síncronas); mentres que as prácticas de laboratorio serán substituídas polas tarefas habituais das prácticas, séndolle fornecidos aos alumnos os datos que de forma habitual obterían durante a realización da práctica. Para as actividades en remoto impartirase a docencia empregando a plataforma MSTeams e para a participación en foros, o acceso ao material docente e as entregas de tarefas empregarase o Moodle. O sistema de avaliación mantense no escenario 2 e 3 sen alteracións.
As canles de comunicación directa co alumnado en todos os escenarios serán: titorías online ( videollamadas/chats a través de MS Teams), foros do Campus Virtual, correos electrónicos empregando o Campus Virtual.
Jesus Ramon Aboal Viñas
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813311
- Correo electrónico
- jesusramon.aboal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Angel Fernandez Escribano
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813314
- Correo electrónico
- jangel.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Otilia Reyes Ferreira
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813318
- Correo electrónico
- otilia.reyes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Zulema Varela Rio
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- zulema.varela [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Carola Gomez Rodriguez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- carola.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sheila Fernández Riveiro
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- sheila.fernandez.riveiro [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Pablo Giráldez Suárez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- pablo.giraldez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Antón Vázquez Arias
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- antonvazquez.arias [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
02.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
02.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
02.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
02.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
02.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
02.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
16.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
16.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
16.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
16.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |