Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer en profundidade o metabolismo das plantas, así como a captación de recursos hídricos e nutricionais (nutrientes minerais, anhídrido carbónico e osíxeno). O obxectivo final da materia é que o alumno integre este coñecemento nos distintos niveis de organización da planta, dende o nivel celular ao do organismo, así como a súa interacción co medio.
CLASES EXPOSITIVAS
1. As células das plantas, 1 h.
2. Transporte a través de membranas, 2h.
3. Relacións hídricas da célula vexetal, 2 h.
4. Captación de auga e transporte polo xilema, 2 h.
5. Transpiración, 1 h.
6. Nutrición mineral, 2 h.
7. Introdución á fotosíntese. 1 h.
8. Reaccións dependentes da luz. 4 h.
9. Fixación do CO2, 1 h.
10. Fotorrespiración, 4 h.
11. Utilización do Carbono fixado, 1 h.
12. Produtividade fotosintética, 1 h.
13. Floema, 1 h.
14. Metabolismo do nitróxeno, 2 h.
15. Metabolismo do xofre, 1 h.
SEMINARIOS:
Resolución de problemas relacionados cos temas abordados nas clases expositivas.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO:
1. Fotosíntese en cloroplastos illados
2. Indución da actividade nitrato reductasa.
3. Discusión de resultados, 1 h.
Unha vez realizados os ensaios experimentais, recolleranse os resultados obtidos e analizaranse adecuadamente para dar resposta ás preguntas expostas no caderno de prácticas.
Por dispoñibilidade do material o programa de prácticas pode verse modificado.
TITORÍAS:
Resolución de dúbidas
BÁSICA
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M. and Murphy, A. eds., 2015. Plant Physiology and Development. 6th ed. Sunderland, MA: Sinauer Associates.
Buchanan, B., Gruissem, W. and Jones, R. eds., 2015. Biochemistry & Molecular Biology of Plants. 2nd ed. Hoboken: Wiley-Blackwell.
COMPLEMENTARIA
Jones, R., Ougham, H., Thomas, H. and Waaland, S., 2012. The Molecular Life of Plants. Chichester: Wiley-Blackwell.
Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L., Harberd, N., Jones J., Martin, C., Sablowski, R. and Amey, A., 2010. Plant Biology. New York: Garland Science.
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M. and Murphy, A. eds., 2018. Fundamentals of plant physiology. Sinauer Associates - Oxford University Press
Nesta materia o estudante traballará en particular as seguintes competencias:
BÁSICAS/XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía, incluíndo a perspectiva histórica do seu desenvolvemento
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
ESPECÍFICAS
CE1.c - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades Técnicas básicas en bioloxía
CE3.e - Ámbito competencial: Células, tecidos e órganos: Adaptacións ao medio
CE3.d - Ámbito competencial: Células, tecidos e órganos: Regulación e integración de funcións orgánicas
CE7.h - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina: Aplicacións agroalimentarias e forestais
As clases expositivas impartiranse en 26 sesións dunha hora, cunha periodicidade de 2 horas semanais no primeiro cuadrimestre do curso académico. Nelas explicásense os aspectos básicos dos temas que compoñen o programa da materia.
As clases interactivas de seminario impartiranse durante 17 sesións. Nestas clases resolveranse problemas acerca do funcionamento das plantas e discutiranse os resultados das últimas investigacións relacionadas co programa da materia.
As prácticas de laboratorio serán de asistencia obrigatoria. Desenvolvéranse en sesións de 2,5 horas presenciais ademais do traballo complementario do alumno/a, máis unha sesión de 1 h con ordenador para a elaboración dos resultados. Nelas comprobaranse experimentalmente algúns dos conceptos desenvolvidos nas clases teóricas. Deberase levar impreso e lido o caderno de prácticas que se proporcionará con anterioridade.
Escenario 1: docencia clases expositivas e seminarios síncrono, presencial na aula; as prácticas de laboratorio serán 50% prácticas síncronas presenciais no laboratorio e 50% asíncronas virtuais.
Escenario 2: docencia clases expositivas, presencial virtual (en remoto); seminarios síncrono, presencial con quendas alternas en aula; as prácticas de laboratorio serán 50% prácticas síncronas presenciais no laboratorio e 50% asíncronas virtuais.
Escenario 3: docencia clases expositivas e seminarios, presencial virtual (en remoto); as prácticas de laboratorio (sempre que sexa posible) serán 50% síncronas virtuais no laboratorio e 50% asíncronas virtuais.
Para todas as actividades virtuais utilizaranse as plataformas Teams e/ou aula virtual.
Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual e Teams a persoas non matriculadas no curso.
Na cualificación final consideraranse os seguintes apartados: exame de prácticas (10%), avaliación continua (20%, mediante a realización de probas escritas que se exporán ao longo do curso sobre os contidos expostos en clases expositivas e seminarios) e exame final (70%).
No exame final incluiranse preguntas procedentes das clases expositivas e dos seminarios.
Tanto no exame de prácticas como no exame final será necesario obter un mínimo de 5 para aprobar a materia.
En caso de non superar a materia por non aprobar algunha das actividades obrigatorias a cualificación máxima será de 4,5 (suspenso)
As notas de avaliación continua obtidas durante o curso e os exames aprobados mantéñense para á avaliación de recuperación deste curso, onde só repítense os exames suspensos.
As probas escritas realizaranse de maneira presencial ou telemáticamente segundo o escenario no que se desenvolva a docencia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
No caso de repetidores/as aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que no caso de primeira matrícula.
As seguintes actividades permitirán a avaliación das competencias indicadas:
Exame final: CB1, CB2, CB5, CG1, CG3, CG5, CT1, CT2, CT11, CE1.c, CE3.e, CE3.d, CE7.h
Clases Interactivas de Seminario: CT2, CT3, CT11, CE3.d
Clases Interactivas de Laboratorio: CT3, CE1.c
Os criterios de avaliación detállanse na táboa correspondente á materia na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/es/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Traballo presencial o virtual (en remoto):
- Clases expositivas: 26 h
- Clases interactivas de seminario: 17 h
- Clases prácticas de laboratorio: 11 h
- Titorías: 2 h
- Probas que contribúen á cualificación: 4 h
Total horas de traballo presencial o virtual: 60 h
Traballo persoal:
- Estudo individual: 90 h
Total horas de traballo: 150 h
-Recoméndase a asistencia ás clases expositivas para manter unha aprendizaxe continuada da materia ao longo do curso.
-Aconséllase o estudo da materia durante de todo o curso para unha mellor asimilación e sedimentación da información recibida.
-Considérase necesario o manexo da bibliografía recomendada, tanto antes de cada clase, para un mellor seguimento da exposición do profesor, como despois desta, para completar e corrixir as notas tomadas.
Plan de continxencia
Escenario 2 (distanciamento): docencia clases expositivas, presencial virtual (en remoto); seminarios síncrono, presencial con quendas alternas en aula; as prácticas de laboratorio serán síncronas presenciais no laboratorio e/ou asíncronas virtuais.
As probas escritas realizaranse de maneira presencial sempre que sexa posible, en caso contrario realizaranse de maneira síncrona virtual.
Escenario 3 (peche das instalacións): docencia clases expositivas e seminarios, presencial virtual (en remoto); as prácticas de laboratorio (sempre que sexa posible) serán 50% síncronas virtuais no laboratorio e 50% asíncronas virtuais.
As probas escritas realizaranse de maneira síncrona virtual
Para todas as actividades virtuais utilizaranse as plataformas Teams e/ou aula virtual
Maria Angeles Lopez Rodriguez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813279
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Victoria Gonzalez Gonzalez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813342
- Correo electrónico
- mvictoria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Teresa Diaz Guede
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881814967
- Correo electrónico
- teresa.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Gloria Revilla Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813326
- Correo electrónico
- mgloria.revilla [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Javier Sampedro Jiménez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813113
- Correo electrónico
- javier.sampedro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
12.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
12.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
12.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
12.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
12.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
12.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
12.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
12.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
12.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
12.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
25.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
25.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
25.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
25.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
25.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
25.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |