Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
-O coñecemento e correcta utilización por parte do alumno da terminoloxía básica da Microbioloxía.
- Identificar e situar no contexto dos seres vivos os distintos tipos biolóxicos que serán obxecto de estudo da Microbioloxía.
- Adquirir coñecementos básicos sobre a bioloxía dos microorganismos, incluíndo aspectos morfolóxicos, fisiolóxicos, xenéticos e ecolóxicos.
- Adquirir a base teórica e metodolóxica necesaria para abordar sen dificultade unha posterior especialización en calquera área da disciplina xa sexa básica ou aplicada.
- Aprender a manexar correctamente os materiais e instrumentos propios dun laboratorio de Microbioloxía, adquirindo as habilidades manuais que requiren os metodos microbiolóxicos.
- Aprender ás técnicas máis utilizadas en Microbioloxía: microscopia, tinguiduras, illamento de cultivos puros, identificación de microorganismos, etc.
- Aprender a manexar as fontes de documentación.
- Que o estudante comprenda e valore o interese da Microbioloxía no marco dos estudios de Bioloxía, así como a repercusión social da Microbioloxía
En conclusión, tratárase de favorecer os hábitos de iniciativa, espírito crítico e traballo en equipo, e a adquisición de coñecementos básicos que permitan ao alumno entender o que son os microorganismos como seres vivos e abordar sen dificultade unha posterior especialización en calquera área de disciplina
Programa de Clases Teóricas.
Tema 1. A Microbioloxía no Mundo dos Organismos Vivos. (1 hora expositiva+ 1 hora seminario)
Definición de Microbioloxía. Desenvolvemento histórico da Microbioloxía. Estado actual da Microbioloxía e a súa influencia no desenvolvemento da Bioloxía Molecular. Microorganismos procariotas (bacterias e arqueas) e eucariotas. Os tres “Dominios”: Bacteria, Archaea e Eucarya. A orixe da célula eucariota: teoría da endosimbiosis. Características xerais dos virus.
Tema 2. Técnicas de Estudo e Observación dos Microorganismos. (1 hora)
Tipos de microscopía óptica. Tipos de preparacións para exame ao microscopio óptico.Tipos de tinción. Microscopía electrónica de transmisión e varrido. Outros tipos de microscopía.
Tema 3. Morfoloxía e Estrutura Bacterianas. (2 horas)
Morfoloxía, tamaño e agrupacións bacterianas. Estruturas esenciais e non esenciais. Citoplasma e Formacións Citoplasmáticas: Ribosomas. Orgánulos limitados por membrana dunha soa capa. Inclusións citoplasmáticas de reserva. Area nuclear ou genóforo. DNA extracromosómico .
Tema 4. Membrana Plasmática e Estruturas Membranosas (1 hora)
Composición química, estrutura e funcións da membrana bacteriana. Tipos de transporte a través da membrana plasmática. Características diferenciais das membranas de Archaea. Estruturas membranosas.
Tema 5. Parede Celular Bacteriana (2 horas)
Estrutura e composición química: diferenzas entre Eubacterias Gram positivos e Gram negativos. Funcións dos distintos polímeros da parede celular. Características específicas da parede de Archaea. Biosíntesis da mureína.
Tema 6. Estruturas Externas á Parede Celular (2 horas)
Cápsulas: Natureza química e funcións. Flagelos e movemento flagelar: Estrutura e composición química do flagelo. Outros tipos de movemento: mobilidade deslizante e movemento espiroquetal. Pili ou fimbrias: tipos e funcións.
Tema 7. Células Especializadas: A Endospora Bacteriana (1 hora)
Estrutura, composición química e propiedades da endospora. Presenza e observación de endosporas. Diferenzas entre célula vexetativa e endospora bacteriana. Cinética de esporulación. Aspectos xenéticos do proceso de esporulación. Germinación de endosporas.
Tema 8. Nutrición Microbiana (2 horas)
Principios da nutrición microbiana. Categorías nutricionais dos microorganismos: Fontes de enerxía, electróns e carbono. Tipos tróficos. Fontes de nitróxeno, xofre, fósforo.
Tema 9. Procesos Metabólicos Típicos de Microorganismos. (3 horas + 2 horas de seminario)
Metabolismo aerobio. Quimiolitotrofismo. Metabolismo anaerobio: Fermentacións e respiración anaerobia. Desviacións da cadea respiratoria: luminiscencia bacteriana e redución de osíxeno independente de citocromos. Fotosíntesis anoxixénica. Produción de enerxía por fotosíntese ( fotofosforilación).
Tema 10. Condicións Físico-Químicas para o Crecemento (1 hora)
Efecto dos factores físico-químicos no crecemento. Temperatura. pH. Presión osmótica. Presión hidrostática. Necesidades de osíxeno.
Tema 11. Cultivo de Microorganismos 2 (horas)
Tipos de medios de cultivo bacteriolóxicos. Cultivos mixtos e cultivos puros. Métodos de illamento de cultivos puros. Conservación dos cultivos e mantemento das súas propiedades.
Tema 12. Crecemento bacteriano (2 horas+ 1 hora de seminario)
Crecemento celular: Ciclo de división bacteriana. Crecemento de poboacións: Curva de crecemento e características das distintas fases. Métodos de medida do crecemento: número de células e masa celular. Expresión matemática do crecemento. Efecto dos axentes antimicrobianos sobre o crecemento. Crecemento sincrónico e asincrónico. Cultivo continuo e as súas aplicacións.
Tema 13. Control dos Microorganismos. Control por axentes físicos (1 hora)
Definición de conceptos: esterilización, desinfección, antisepsia, etc. Factores que inflúen na acción antimicrobiana. Modos de acción dos axentes antimicrobianos. Control por axentes físicos: calor húmida e seca, radiacións, filtración. Mecanismos de actuación dos distintos axentes físicos.
Tema 14. Control dos Microorganismos por Axentes Químicos: Desinfectantes (1 hora + 1 hora de seminario)
Factores que afectan á a súa eficacia. Principais grupos de desinfectantes. Determinación da potencia de desinfección: coeficiente fenólico.
Tema 15. Quimioterapia (2 horas)
Tipos de quimioterápicos: naturais (antibióticos) e sintéticos. Clasificación dos antibióticos segundo a súa estrutura química e o seu modo de acción. Axentes quimioterápicos sintéticos. Determinación da actividade antimicrobiana. Resistencia a axentes quimioterápicos: mecanismos e transmisión. Importancia dos péptidos antimicrobianos.
Tema 16. Natureza e Características dos virus. (2 horas)
Características e natureza da partícula viral. Propiedades distintivas dos virus. Estrutura e arquitectura viral. Clasificación dos virus. Ciclo infectivo e síntese dos compoñentes víricos. Replicación do ácido nucleico viral: tipos. Partículas subvirales: Virusoides e Viroides. Prións.
Tema 17. Xenética Microbiana (2 horas + 1 hora de seminario)
Concepto de mutación. Tipos de mutacións. Selección e detección de mutantes: mutantes auxotróficos bacterianos. Axentes mutaxénicos. Recombinación Xenética en Bacterias. Elementos de recombinación xénica: plásmidos, episomas, transposons e secuencias de inserción. Mecanismos de Recombinación bacteriana: Transformación, Transducción e Conxugación. Conversión fáxica.
Programa de Clases Prácticas.
Práctica 1. O laboratorio de Microbioloxía. Normas de traballo no laboratorio. Tipos de Medios de cultivo. Preparación e esterilización de medios de cultivo. Preparación e esterilización do material de laboratorio. Esterilización por calor húmida e seca.
Práctica 2. Cultivo de Microorganismos no medio sólido e medio líquido. Sementa no medio líquido. Sementa no medio sólido (placa Petri, tubos de agar inclinado e en picadura). Crecemento dos microorganismos en cultivo: medios sólidos e medios líquidos. Técnicas de obtención de cultivos puros: método de dilucións seriadas e método de illamento por estría no medio sólido.
Práctica 3. O microscopio óptico. Manexo e coidado do microscopio óptico. Observación de microorganismos en fresco mediante microscopía de contraste de fases (mobilidade). Morfoloxía de distintos tipos de microorganismos. O microscopio de fluorescencia. Microscopio invertido.
Práctica 4. Métodos de tinción de microorganismos. Tinción simple: tinción directa con colorantes básicos. Tinciones diferenciais: tinción de Gram. Tinciones específicas: tinción de cápsula.
Práctica 5. Métodos de medida do crecemento: reconto ao microscopio, estimación espectrofotométrica da biomasa. Reconto de células viables en placa.
Práctica 6. Axentes antimicrobianos. Medida da actividade antimicrobiana: Antibiograma.
Práctica 7. Conxugación bacteriana.
Seminarios
Os seminarios utilizaranse como complemento do programa de teoría e prácticas e versarán sobre: aspectos históricos da microbioloxía, nocións básicas de metabolismo microbiano, análise matemática do crecemento microbiano, antimicrobianos e nocións básicas de xenómica microbiana.
Titorías
Nas titorías analizaranse e tratarán de clarificar aqueles aspectos de teoría, prácticas e seminarios de maior dificultade de comprensión para o alumno.
BÁSICA
- Madigan, M.T., J.M. Martinko, y col . 2015. Brock Biología de los Microorganismos. 14ª ed. Pearson, Madrid.
- Martín, A., V. Béjar, J.C. Gutiérrez, M. Llagostera y E. Quesada. 2019. Microbiología esencial. Ed. Médica- Panamericana. Madrid.
- Tortora, G.J., B.R. Funke, & C.L. Case. Introducción a la Microbiología. 2017. 12ª ed. Editorial Médica-Panamericana. Buenos Aires.
- Willey, J.M. Sherwood, L.M. & Woolverton, C.J. 2009. Microbiología de Prescott, Harley Y Klein. 7ª ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid.
COMPLEMENTARIA
Ingraham, J.L. y Ingraham, C.A., 1998. Introducción a la microbiología. 2 vol. Barcelona: Reverté.
Lederberg, J. ed., 2000. Encyclopedia of microbiology. 2nd ed. 4 vol. San Diego: Academic Press.
Schaechter, M. 2012. Eukaryotic microbes. Amsterdam: Elsevier/Academic Press.
Singleton, P. and Sainsbury, D., 2006. Dictionary of Microbiology and Molecular Biology. 3rd ed. New York: John Wiley & Sons.
PRÁCTICAS
Gamazo, C., Sánchez, S. y Camacho, A.I. eds., 2013. Microbiología Basada en la Experimentación. Ed. Elsevier, Barcelona.
Gamazo, C., Lopez-Goñi, I. y Díaz, R. eds., 2008. Manual práctico de microbiología. 3ª ed. Ed. Masson. Barcelona.
Koneman, E.W., Allen, S.D., Janda, V.M., Schreckenberger, V.C. y Winn W.C. Jr., 2008. Koneman diagnóstico microbiológico: texto y atlas en color. 6ª ed. Editorial Médica Panamericana, Buenos Aires.
Seeley, H.W., Van Demark, P.J. and Lee, J.J., 1991. Microbes in action: a laboratory manual of microbiology. 4th Ed. W.H. Freeman, New York.
Competencias básicas/xerais
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CG2- Capacidade de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións, e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Microbioloxía.
CG3- Aplicar tanto os coécementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición de problemas e na búsqueda de solucións tanto en contextos académicos como profesionáis.
CG5- Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Microbioloxía.
Competencias transversáis
CT1- Capacidade de análise e síntese
CT2- Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3- Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de xeito colectivo
CT4- Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT8- Habilidade para o manexo das TICs
CT9- Utilización da información bibliográfica e internet
CT10- Utilización de información en lingua estranxeira
CT11- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos
Competencias específicas
CE1.c- Técnicas báscicas en Microbioloxía.
CE2.d- Metabolismo, sinalización celular e bioenerxética
CE3.b- Estructura e funcións da célula procariota
CE3.f- Análisis microscópico
CE3.h- Cultivos celulares e bioensaios
CE4.a- Tipos e niveis de organización e ciclos biolóxicos
CE4.e- Diversidade de microorganismos e virus
CE4.g- Análise da biodiversidade
ESCENARIO 1 (normalidade adaptada):
- Teoría: Clases presenciais na aula (2 horas semanais ao longo do primeiro cuadrimestre).
- Seminarios: 6 seminarios presenciais de 1 hora.
- Prácticas de laboratorio: As prácticas de cada grupo efectuaranse presencialmente de maneira continuada durante unha semana de luns a venres.
- Titorías: Realizarase de forma non presencial. Resolveranse dúbidas da materia a través da aula Virtual empregando o foro de discusión.
ESCENARIO 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade):
- Teoría: Clases presenciais (2 horas semanais ao longo do segundo cuadrimestre) con quendas alternas na aula. Os alumnos que seguen a docencia de forma virtual farano a través da Plataforma Teams.
- Seminarios: 6 seminarios presenciais de 1 hora.
- Prácticas de laboratorio: As prácticas de cada grupo efectuaranse presencialmente de maneira continuada durante unha semana de luns a venres.
- Titorías: Realizarase de forma non presencial. Resolveranse dúbidas da materia a través da aula Virtual empregando o foro de discusión.
ESCENARIO 3 (peche de instalacións):
Tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolverase de forma virtual, empregando mecanismos síncronos e asíncronos tanto a través da plataforma Teams como a través da aula virtual onde os alumnos dispoñerán de todo o material para o estudo dos temas e vídeos ilustrativos de prácticas. Proporcionaráselles guías de estudo cos aspectos máis relevantes de cada tema e cuestionarios de repaso.
ESCENARIOS 1 E 2
- Teoría.- Para aprobar a materia débese superar un exame final obrigatorio, no que se poderán incluír preguntas sobre os seminarios expostos na clase. A nota de Teoría representará un 70% da nota final da materia.
- Prácticas.- Asistencia obrigatoria a todas as prácticas, e será un requisito para poder presentarse ao exame de teoría. Os alumnos realizarán un exame sobre os fundamentos, metodoloxía e resultados obtidos no caso de que sexan presenciais. A nota deste exame representará un 20% da nota final. Nos escenarios 1 e 2 poderase solicitar a realización de informes sobre o traballo de laboratorio, que serán avaliados xunto co exame.
- Seminarios.- No caso de ser impartidos polo profesor, o contido dos mesmos será susceptible de exame.
No caso de ser impartidos polos alumnos, para a valoración dos seminarios, terase en conta:
A corrección formal do resumo escrito e da presentación pública
O labor de síntese da información recollida
A capacidade para responder de forma adecuada ás preguntas formuladas.
No caso doutras alternativas docentes, valorarase a participación do alumno nas mesmas.
O peso do seminario será do 10% da nota final.
Nota: O alumno deberá obter unha nota mínima de 4,5 no exame de teoría para incluír os demais conceptos no cálculo da nota final.
ESCENARIO 3
Teoría e seminarios : Realizaranse exames non presenciais tipo test utilizando as ferramentas da plataforma moodle da aula virtual.
Prácticas: O exame será non presencial a través da aula virtual sobre cuestións relativas a unha serie de vídeos que os alumnos terán dispoñibles na aula virtual.
Pódese atopar información detallada sobre os criterios de avaliación na seguinte ligazón: http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Estes instrumentos se empelarán para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
-No examan avaliaranse as competencias: CB2, CG2, CG4, CG5, CT1, CT2, CT4, CT5, CT11, CE1-CE4
-Nas prácticas avaliaranse as competencias: CG3, CT3, CT11, CE1, CE3
-Na participación activa na aula e seminarios avaliaranse as competencias: CT1, CT2, CT4, CT8, CT9, CT10
Alumnos repetidores
Aos estudantes repetidores que teñan avaliadas positivamente as prácticas, se lles mantedrá dita cualificación durante os dous cursos académicos seguintes.
A asistencia ás titorías de grupo reducido será voluntaria
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Materia de 6 créditos ECTS x 25 horas = 150 horas
Presenciais 47,5 horas:
clases maxistrais 29 horas
clases prácticas 7,5 horas
seminarios 6 horas
titorías en grupo reducido 3 horas
exame 2 horas.
Traballo persoal do estudante 90 horas:
Titorías individualizadas 2 horas
Estudio individual 68 horas (3-4 horas semanais)
Elaboración de traballos e lecturas recomendadas 18 horas
Asistencia conferencias e outras actividades 2 horas
Estudo comprensivo, non memorístico, relacionando os contidos da materia con aqueles de materias afíns.
En todos os escenarios, asistencia regular ás clases e participación activa nas clases teóricas e seminarios, tanto se son presenciais como non presenciais.
Seguir as recomendacións do profesor que poidan ir xurdindo ao longo do curso.
PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIOS 2 e 3:
METODOLOXÍA:
Escenario 2:
Teoría: Clases presenciais (2 horas semanais ao longo do segundo cuadrimestre) con quendas alternas na aula. Os alumnos que seguen a docencia de forma virtual farano a través da Plataforma Teams.
Escenario 3:
Tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolverase de forma virtual, empregando mecanismos síncronos e asíncronos tanto a través da plataforma Teams como a través da aula virtual onde os alumnos dispoñerán de todo o material para o estudo dos temas e vídeos ilustrativos de prácticas. Proporcionaráselles guías de estudo cos aspectos máis relevantes de cada tema e cuestionarios de repaso.
AVALIACIÓN
Escenario 3
Teoría e seminarios: Realizaranse exames non presenciais tipo test utilizando as ferramentas da plataforma moodle da aula virtual
Prácticas: O exame será non presencial a través da aula virtual sobre cuestións relativas a unha serie de vídeos que os alumnos terán dispoñibles na aula virtual.
* Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Juan Luis Barja Perez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816911
- Correo electrónico
- juanluis.barja [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Manuel Luis Lemos Ramos
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816080
- Correo electrónico
- manuel.lemos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Del Pilar Escribano Rodriguez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- mpilar.escribano [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Xoves | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula virtual |
28.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
28.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
28.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
28.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
28.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
28.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
28.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
28.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
06.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
06.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
06.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
06.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |