Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecemento, comprensión e manexo básico das normas e metodoloxías, técnicas e instrumental de uso habitual en Bioloxía, no laboratorio, no campo, e no ordenador, así como o rexistro e tratamento rigoroso dos datos obtidos.
INTRODUCIÓN Á MATERIA
CLASES EXPOSITIVAS (2h): Introdución á organización da Materia. Normas xerais de seguridade Biolóxica e Química no laboratorio. Normas xerais de seguridade nas prácticas de campo.
Pautas para a realización do traballo en grupo que se presentará na titoría.
BIBLIOTECA
CLASES INTERACTIVAS (4h):
Práctica 1. Cómo elaborar un traballo do curso. Principais fontes de información para a Bioloxía. A páxina web da Biblioteca Universitaria. O catálogo da BUSC.
Práctica 2. Busca e recuperación da información: as Bases de datos. Creación de estratexias de busca. Avaliación dos resultados. Organización e tratamento da información: as citas e referencias.
MEDIO FÍSICO E INTERPRETACIÓN DA CARTOGRAFÍA
CLASES EXPOSITIVAS (1h): Introdución aos coñecementos necesarios para realizar a descripción e interpretación do medio físico. Representacións cartográficas, escalas.
CLASES INTERACTIVAS (6h):
Práctica de campo: Manexo e interpretación de mapas topográficos e temáticos. Medida e interpretación dos parámetros que caracterizan o medio físico (altitude, pendente, etc.). Aplicación dos coñecementos anteriores ao estudio dunha área. Observación e descrición do medio físico, análise e interpretación dos factores que o condicionan.
MÉTODOS DE MOSTRAXE
CLASES EXPOSITIVAS (1h): Métodos de mostraxe: Toma de mostras en campo. Introdución ó emprego dos Sistemas de Posicionamento Global, problemas e nocións de uso.
CLASES INTERACTIVAS (8h):
Práctica 1 de campo. Adquisición de datos xeográficos mediante o emprego de GPS (puntos, liñas e polígonos).
Práctica 1 de ordenador. Importación e edición de datos do GPS dende un Sistema de información xeográfica (SIG).
Práctica 2 de campo. Emprego do GPS en navegación para á realización de mostraxes (referenciación e adquisición de datos inmediatos).
MANEXO DE REATIVOS, APARELLOS BÁSICOS, PREPARACIÓN DE SOLUCIÓNS, E BENESTAR ANIMAL CLASES EXPOSITIVAS (1h):
Benestar Animal: concepto. Estrés, dor, medo, sedación, morte. Aspectos legais
CLASES INTERACTIVAS (6h):
Práctica 1. Manexo de reactivos. Balanzas de laboratorio. Precisión e capacidade de pesada. Localización das balanzas e influencias físicas sobre as pesadas. Accesorios recomendados. Pipetas: tipos, precisión e exactitude. Accesorios de pipeteado. Manexo e tratamento de pipetas.
Práctica 2. pH-metro: descrición, electrodos, calibración e manexo. Limpeza e conservación do electrodo. Solucións e as súas concentracións. Solucións nai. Solucións de traballo. Preparación de solucións.
TÉCNICAS DE ESTERILIZACIÓN, CULTIVO E CONSERVACIÓN DE MICROORGANISMOSCLASES EXPOSITIVAS (1h): Técnicas de esterilización e control de microorganismos. Medios de cultivo. Métodos empregados para o illamento, cultivo e conservación de microorganismos.
CLASES INTERACTIVAS (6h):
Práctica 1. Preparación de medios de cultivo e solucións. Esterilización.
Práctica 2. Preparación dunha mostra para o análise microbiolóxico. Cultivo de microorganismos no laboratorio. Observación de cultivos puros e cultivos mixtos. Obtención de cultivos puros. Reconto de microorganismos e expresión de resultados.
TÉCNICAS DE ESPECTROFOTOMETRÍA
CLASES EXPOSITIVAS (1h): Fundamento das técnicas espectrofotométricas e a súa aplicación na identificación e cuantificación de sustancias.
CLASES INTERACTIVAS (6h):
Práctica 1. A Ley de Beer-Bouguer-Lambert
Práctica 2. Aplicacións da Ley de Beer-Bouguer-Lambert na cuantificación de sustancias.
TÉCNICAS HISTOLÓXICAS E MICROSCOPIA
CLASES EXPOSITIVAS (1h): Procesado de mostras para microscopia óptica. Procesado de mostras para microscopia electrónica. Fundamentos do microscopio óptico e do microscopio electrónico.
CLASES INTERACTIVAS (6h):
Práctica 1. Fixación e inclusión. Obtención de seccións en distintos tipos de microtomos.
Práctica 2. Tinguiduras. Realización de varios métodos de tinguiduras sobre as seccións obtidas. Microscopía óptica. Observación de mostras en diferentes tipos de microscopios ópticos.
TÉCNICAS CENTRIFUGACIÓN Y ELECTROFORESIS
CLASES EXPOSITIVAS (1h): Fundamentos teóricos. Centrífugas. Tipos de centrifugación. Aplicacións en Bioloxía. Electroforese: Fundamentos teóricos. Equipo electroforético. Tipos de electroforese. Separación electroforética de proteínas e ácidos nucleicos. Aplicacións en Bioloxía.
CLASES INTERACTIVAS (6h):
Práctica 1. Centrifugación. Manexo da microcentrífuga. Fraccionamiento de orgánulos celulares mediante centrifugación diferencial. Preparación de xeles de acrilamida.
Práctica 2. Electroforese de proteínas en xeles de poliacrilamida (SDS-PAGE). Interpretación de resultados.
Bibliografía Básica:
- Aramburu Maqua, M.P. y Escribano Bombín, R., 2006. Guía para la elaboración de estudios del medio físico. 3ª ed. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente, Centro de Publicaciones.
- Gamazo, C., López-Goñi, I. y Díaz, R., 2005. Manual práctico de microbiología. 3ª ed. Barcelona: Masson.
- Kiernan, J.A., 2008. Histological and histochemical methods : theory and practice. 4th ed. Oxfordshire: Scion.
- Montuenga, L., Esteban, F.J. y Calvo, A., 2009. Técnicas en histología y biología celular. Barcelona: Elsevier-Masson.
- Roca, P., Oliver, J. y Rodríguez, A.M., 2003. Bioquímica: técnicas y métodos. Madrid: Ed. Hélice.
- Ruxton, G.D. and Colegrave, N., 2003. Experimental design for the life sciences. Oxford: Oxford University Press.
- Skoog D.A., Holler F.J. y Crouch, S.R., 2008. Principios de análisis instrumental. 6ª ed. México: Cengage Learning
Nesta materia o alumno/a adquirirá e practicará tanto unha serie de competencias básicas/xerais e transversais, desexables en calquera titulación universitaria, como específicas, propias desta materia dentro do Grao de Bioloxía.
Competencias Básicas/Xeráis:
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que poidan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía, incluíndo a perspectiva histórica do seu desenvolvemento
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais
CG4 - Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Competencias Transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT6 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT7 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais
CT8 - Habilidade no manexo de Tics
CT9 - Utilización de información bibliográfica e de Internet
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Competencias Específicas
CE1.c - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades: Técnicas básicas en bioloxía
CE1.d - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades: Bioseguridad, manipulación e eliminación de materiais biolóxicos.
CE1.e - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades: Rexistro de actividades no laboratorio biolóxico e no campo.
CE1.f - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades: Informática aplicada á bioloxía e ao medio físico.
CE1.j - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades: Control de calidade biolóxico.
Materia con dereito a exame, pero sen docencia para este curso. Na aula virtual da materia (Campus Virtual da USC) están a disposición do alumnado os cadernos de prácticas e as presentacións dos seminarios do último curso no que a materia tivo docencia.
Esta materia utiliza o Campus Virtual da USC
A avaliación final da aprendizaxe realizarase mediante o exame final no que se avaliarán tanto os contidos como as competencias CB1, CB2, CG1, CG3, CG4, CT1, CT2, CT9, CT11 que o alumnado debe de alcanzar.
Total horas de traballo do estudante: 150 h
- Consultar a bibliografía recomendada e o material a disposición do alumnado no Campus Virtual.
- Facer uso das titorías para solucionar as dúbidas que poidan xurdir na preparación da materia.
Materia en extinción dende o curso académico 2020/2021
Teresa Maria Taboada Rodriguez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813289
- Correo electrónico
- teresa.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Angel Fernandez Escribano
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813314
- Correo electrónico
- jangel.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Alejo Aldegunde Villar
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881813335
- Correo electrónico
- manuelalejo.aldegunde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Luis Segura Iglesias
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813322
- Correo electrónico
- antonio.segura [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Bandin Matos
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816087
- Correo electrónico
- isabel.bandin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel González Blanco
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815386
- Correo electrónico
- miguel.gonzalez.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Anton Barreiro Iglesias
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
09.06.2021 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula Cibus |
12.07.2021 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 12.Vasili Dokucháyev |