Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Ofrecerlle ao alumno un panorama xeral e actualizado dos estudos desta disciplina. Preténdese que o alumno coñeza:
- O desenvolvemento histórico da Zooxeografía ata a actualidade.
- A terminoloxía e conceptos básicos da Zooxeografía.
- As principais correntes de pensamento dentro da Zooxeografía moderna.
- Métodos de análise zooxeográficos máis usuais.
- Familiarizarse coa literatura desta disciplina.
A materia “ Zooxeografía” cúrsase no segundo semestre e consta de 4.5 créditos ECTS.
O programa consta de catro bloques: Xeneralidades, Zooxeografía ecolóxica, Zooxeografía histórica e Zooxeografía rexional.
O enfoque da materia será teórico/práctico, combinando as clases de teoría coa redacción de traballos por parte dos alumnos e a súa posterior exposición que servirán para complementar a formación recibida na aula.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas e específicas desexables en calquera titulación universitaria e, en particular, para os profesionais en temas de Zooxeografía.
Xeneralidades
Tema 1º.- Cen anos de Zooxeografía. A Zooxeografía predarwiniana. Wallace, Darwin e a Zooxeografía moderna. Zooxeografía histórica actual (2 h)
Tema 2º.- As áreas de distribución xeográfica. O concepto da área de distribución específica. Dinámica da área. A estrutura das áreas. Causas da limitación das áreas. Os factores paleoxeográficos da repartición actual (2 h)
Tema 3º.- Zooxeografía Sistemática. A clasificación zooxeográfica. As rexións zooxeográficas. Modelos de distribución (2 h)
Tema 4º.- A Zooxeografía dos organismos mariños. Clasificación da biosfera mariña. Zonación altitudinal, presente e pasado. Dispersión horizontal e vertical (2 h)
Zooxeografía ecolóxica
Tema 5º.- Os medios de expansión dos organismos. O poder de multiplicación. Significación biolóxica da taxa de reprodución. O concepto de barreira. A dispersión. Tipos de dispersión. A extinción. Tipos de extincións (2 h)
Tema 6º.- Ecobioxeografía. A diversidade ecolóxica. Número de especies posibles. Factores que regulan a biodiversidade (2 h)
Tema 7º.- Zooxeografía Insular. O modelo de Zooxeografía dinámica. Estratexias de supervivencia. Teoría de equilibrios dinámicos (3 h)
Zooxeografía histórica
Tema 8º.- A Zooxeografía e a deriva continental. A deriva continental e distribución dos invertebrados e dos vertebrados. As glaciacións (2 h)
Tema 9º.- Orixe e Bioxeografía do Mar Mediterráneo (2 h)
Tema 10º.- O Centro de Orixe e conceptos relacionados (2 h)
Zooxeografía rexional
Tema 11º.- Reservas da biosfera. Antecedentes. Estado actual (2 h)
Tema 12º.- Zooxeografía da península Ibérica e Baleares (1,5 h)
Tema 13º.- Métodos de interpretación dos procesos de colonización nas illas Canarias. O caso de insectos e arácnidos (1,5 h)
O desenvolvemento dos contidos do programa será de aproximadamente un tema por cada dous dias de clase teórica.
a) BASICA
COX C. BARRY e MOORE PETER D., Biogeography. An Ecological and Evolutionary Approach, ed. Blackwell Scientific Publications, 1985.
GORMAN, M. L., Ecología insular, ed. Vedrá, 1979.
KURTEN, B. et al., Algunas consecuencias y ejemplos de la deriva continental en: Deriva continental y Tectónica de placas, ed. Blume, 1976.
MAC ARTHUR, R. H. e WILSON, E. O., Island Biogeography, ed. Princenton University Press, 1967.
LOMONINO M.V. Biogeography. Sinauer Assoc. Inc. 845 pp
MÜLLER, P., Introducción a la Zoogeografía, ed. Blume, 1979.
ZUNINO, M. e ZULLINI, A., Biogeografia. La dimensione spaziale dell’evoluzione, ed. Ambrosiana, 1995.
b) COMPLEMENTARIA
DI CASTRI, F.; HANSEN A. J. e DEBUSSCHE, M., Biological Invasions in Europe and the Mediterranean Basin, ed. Kluwer Academic Publishers, 1990.
LEMÉE, G., Précis de Biogéographie, ed. Masson et Cie, 1967.
MORRONE, J. J., Biogeografía de América Latina y el Caribe, M&T- Manuales & Tesis SEA, 3, 148 pp, 2001.
C) BIBLIOGRAFÍA SUSTITUTIVA EN EL ESCENARIO 3
Introduction to Biogeography: https://www.zoology.ubc.ca/~jankowsk/BIO413_1_010614.pdf
General Biology Palaeontology and Zoogeography. B. B. Gupta https://archive.org/details/generalbiologypa029595mbp
Ademáis o alumno fara unha procura bibliográfica para actualizar recursos e presentarallos ao profesor para a súa aprobación.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias básicas/xerais, transversais e específicas, propias da Zooxeografia en particular, e do Grado de Bioloxía en xeral.
Dentro das competencias nesta materia dedicarase especial atención as seguintes:
BÁSICAS E XERAIS
CB3 - Capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, coa organización do tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT4 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT6 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Habilidade no manexo de TICs.
CT9 - Utilización da información bibliográfica e de Internet
CT11- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
ESPECÍFICAS
CE1.c - Distinguir entre as causas ambientais e históricas da distribución dos organismos, en xeral e en casos particulares.
CE3.c - Interpretar a distribución actual dos organismos baseándose nos conceptos e principios da Biogeografía contemporánea.
CE3.e - Empregar as ferramentas da Bioxeografía e ciencias afíns para tratar problemas de conservación a escala rexional.
Escenario 1 (sen restricións á presencialidade física)
NOTA: sempre que non haxa 1,5 m de distancia entre alumnos haberá que usar máscara.
3 horas de clases teóricas semanais nunha programación cuadrimestral, ata completar o 4,0 crédito.
NOTA: poderían incluírse aquí ata 3-4 horas de docencia presencial virtual (sempre que non se supere o 10% do total)..
• Clases expositivas e interactivas: As clases realizaranse meduante clases maxistrais (exposición e discusión de temas) onde o profesor tratará de facer fincapé nos aspectos máis destacados da materia, e onde se verificará a asimilación de contidos polos alumnos.
• Traballos: está planificada a realización dun traballo, individual ou en parella, por parte dos alumnos, que presentarán oralmente nas sesións correspondentes ao final do curso. A elección do tema realizarase a principio de curso.
• Titorías: Nas titorías tratásense cuestións relacionadas coas clases teóricas e coa preparación do traballo que debe expoñerse ao final do curso.
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
Composición dos grupos: Unha vez coñecida a matrícula, a composición de cada grupo e a súa rotación decidiraa o Decanato.
Calendario e Horarios: O calendario e horario programado para cada materia seguirase independentemente de que a docencia sexa presencial ou telemática ( síncrona).
Docencia presencial e telemática
As sesións telemáticas que na medida do posible serán síncronas. As sesións interactivas presenciais serán substituídas por sesións telemáticas síncronas e asíncronas. Farase uso das ferramentas telemáticas dispoñibles na USC ( MS Teams).
• Clases expositivas e interactivas: Os alumnos dividiranse en grupos que se irán alternando na presencialidad. Seguen como no escenario 1 (distancia, máscara e clases presenciais).
• Traballos: O traballo será individual. A elección do tema realizarase a principio de curso. Presentarase en formato de Power Point pptx con son incorporado.
• Exposición do traballo: realizaranse mediante a plataforma MS Teams, coa asistencia de todos os alumnos.
• Titorías: Realizaranse mediante a plataforma MS Teams Nas titorías tratásense cuestións relacionadas coas clases teóricas e coa preparación do traballo que debe expoñerse ao final do curso.
• Escenario 3 (peche das instalacións)
Docencia telemática na súa totalidade
As clases expositivas presenciais serán substituídas por sesións telemáticas que na medida do posible serán síncronas. As titorías serán substituídas por sesións telemáticas síncronas e asíncronas. Farase uso das ferramentas telemáticas dispoñibles na USC (Campus virtual e MS Teams).
• Clases expositivas e interactivas: Usaranse sesións de Teams a través das cales se seguirá o calendario aprobado e onde se promoverá sempre o contacto cos alumnos combinando os diferentes recursos (explicacións do profesor, visualización de vídeos, sesións de discusión, recursos web…).
• Titorías individualizadas: realizaranse mediante a plataforma MS Teams. Manterase cos alumnos comunicación por correo electrónico. Por este medio, realizaranse consultas relacionadas cos temas teóricos e todas as dúbidas que expresen sobre o traballo para realizar.
• Traballos: O traballo será individual. A elección do tema realizarase a principio de curso. Presentarase en formato de Power Point pptx con son incorporado.
• Exposición do traballo: realizaranse mediante a plataforma MS Teams, coa asistencia de todos os alumnos.
Escenario 1 (sen restricións á presencialidade física)
Teoría.- Realizásese un exame final obrigatorio na data que convoque o Decanato
Exame escrito sobre diversas cuestións contidas no programa da materia.
Exposición de traballos. É obrigatorio a presentación e exposición dun traballo sobre algúns aspectos da disciplina, a partir de fontes orixinais ou bibliográficas. Valorásese o labor se síntese da información recompilada e a capacidade para transmitila, a presentación do traballo e a capacidade de resposta ás preguntas formuladas.
Avaliación de:
- No exame avaliásense as competencias: CT1, CT2, CT5, CT9, CT 11, CE1 c - (50%)
- Na realización e exposición do traballo: CT5, CT6, CT9, CE1 c CE3 c CE3e - (40%)
- Na participación activa na aula: CB3, CT1, CT2, CT 11, CE1 c CE3 c. - (10 %)
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
Teoría.- Realizásese un exame final obrigatorio na data que convoque o Decanato
Exame escrito sobre diversas cuestións contidas no programa da materia.
Exposición de traballos. É obrigatorio a presentación e exposición dun traballo sobre algúns aspectos da disciplina, a partir de fontes orixinais ou bibliográficas. O traballo presentarase en formato Power Point con son e expoñerase nunha sesión de MS Teams.
Avaliarase igual que no escenario 1 e co mesmo sistema de avaliación das competencias.
Escenario 3 (peche das instalacións)
Avaliación final: Proba final non presencial. Consiste en presentación dun traballo e presentación dun comentario crítico do mesmo.
Traballo: 70%
Avaliación (proba final) de comentario crítico: 15%
Asistencia ás docencia telemática e titorías : 15%
O sistema de avaliación de competencias é común aos tres escenarios
A superación dá materia implica obter unha cualificación mínima de aprobado (5), tanto no exame teórico como na exposición do traballo. No caso de aprobar unicamente una das dúas partes (teórica ou exposición do traballo) o aprobado manterase unicamente para as convocatorias do curso académico correspondente.
A cualificación final obterase de acordo co seguinte baremo: a parte teórica representase un 60% dá nota, e a exposición do traballo representase o 40 %.
O sistema de avaliación dos repetidores será idéntico ao dos alumnos que cursan a materia por vez primeira e común aos tres escenarios.
Para outros detalles véxase http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Norma de avaliación do rendemento académico dos alumnos e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA.
Clases EXPOSITIVAS: 36 h
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 5 h
Realización de exames: 2 h
Total horas de traballo presencial: 43 h.
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Estudio individual: 40 h
Elaboración de traballos e actividades recomendadas: 29,5h.
Total horas de traballo persoal do estudante: 69,5h.
Tempo total de adicación á materia (horas presenciais + non presenciais): 112,5 h.
Son comúns para cada escenario tendo en conta as súas especiais circunstancias, en xeral recoméndase:
• Asistencia a clases teóricas
• Manexo da bibliografía recomendada.
• Facer uso das horas de titoría para aclarar e discutir as posibles dúbidas que susciten os contidos impartidos e sobre o esquema e desenvolvemento do traballo a realizar.
Plan de continxencia
As clases expositivas presenciais serán substituídas por sesións telemáticas que na medida do posible serán síncronas. As titorías serán substituídas por sesións telemáticas síncronas e asíncronas. Farase uso das ferramentas telemáticas dispoñibles na USC ( MS Teams).
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
Composición dos grupos: Unha vez coñecida a matrícula, a composición de cada grupo e a súa rotación decidiraa o Decanato.
Calendario e Horarios: O calendario e horario programado para cada materia seguirase independentemente de que a docencia sexa presencial ou telemática ( síncrona).
Docencia presencial e telemática
As sesións telemáticas que na medida do posible serán síncronas. As sesións interactivas presenciais serán substituídas por sesións telemáticas síncronas e asíncronas. Farase uso das ferramentas telemáticas dispoñibles na USC ( MS Teams).
• Clases expositivas e interactivas: Os alumnos dividiranse en grupos que se irán alternando na presencialidad. Seguen como no escenario 1 (distancia, máscara e clases presenciais).
• Traballos: O traballo será individual. A elección do tema realizarase a principio de curso. Presentarase en formato de Power Point pptx con son incorporado.
• Exposición do traballo: realizaranse mediante a plataforma MS Teams, coa asistencia de todos os alumnos.
• Titorías: Realizaranse mediante a plataforma MS Teams Nas titorías tratásense cuestións relacionadas coas clases teóricas e coa preparación do traballo que debe expoñerse ao final do curso.
• Escenario 3 (peche das instalacións)
Docencia telemática na súa totalidade
• Clases expositivas e interactivas: Usaranse sesións de Teams a través das cales se seguirá o calendario aprobado e onde se promoverá sempre o contacto cos alumnos combinando os diferentes recursos (explicacións do profesor, visualización de vídeos, sesións de discusión, recursos web…).
• Titorías individualizadas: realizaranse mediante a plataforma MS Teams. Manterase cos alumnos comunicación por correo electrónico. Por este medio, realizaranse consultas relacionadas cos temas teóricos e todas as dúbidas que expresen sobre o traballo para realizar.
• Traballos: O traballo será individual. A elección do tema realizarase a principio de curso. Presentarase en formato de Power Point pptx con son incorporado.
• Exposición do traballo: realizaranse mediante a plataforma MS Teams, coa asistencia de todos os alumnos.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
Teoría.- Realizásese un exame final obrigatorio na data que convoque o Decanato
Exame escrito sobre diversas cuestións contidas no programa da materia.
Exposición de traballos. É obrigatorio a presentación e exposición dun traballo sobre algúns aspectos da disciplina, a partir de fontes orixinais ou bibliográficas. O traballo presentarase en formato Power Point con son e expoñerase nunha sesión de MS Teams.
Sistema de avaliación das competencias. Avaliación de:
- No exame avaliásense as competencias: CT1, CT2, CT5, CT9, CT 11, CE1 c - (50%)
- Na realización e exposición do traballo: CT5, CT6, CT9, CE1 c CE3 c CE3e - (40%)
- Na participación activa na aula: CB3, CT1, CT2, CT 11, CE1 c CE3 c. - (10 %)
Escenario 3 (peche das instalacións)
Avaliación final: Proba final non presencial. Consiste en presentación dun traballo e presentación dun comentario crítico do mesmo.
Traballo: 70%
Avaliación (proba final) de comentario crítico: 15%
Asistencia ás docencia telemática e titorías : 15%
O sistema de avaliación de competencias é común aos tres escenarios
A superación dá materia implica obter unha cualificación mínima de aprobado (5), tanto no exame teórico como na exposición do traballo. No caso de aprobar unicamente una das dúas partes (teórica ou exposición do traballo) o aprobado manterase unicamente para as convocatorias do curso académico correspondente.
A cualificación final obterase de acordo co seguinte baremo: a parte teórica representase un 60% dá nota, e a exposición do traballo representase o 40 %.
O sistema de avaliación dos repetidores será idéntico ao dos alumnos que cursan a materia por vez primeira e común aos tres escenarios.
Para outros detalles véxase http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Norma de avaliación do rendemento académico dos alumnos e de revisión de cualificacións.
Fernando Cobo Gradin
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813251
- Correo electrónico
- fernando.cobo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
21.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
09.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
09.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |