Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo principal desta materia é que os alumnos teñan unha visión actual e global sobre o funcionamento do sistema inmunitario e que coñezan as nocións fundamentais da resposta inmunitaria, as células e moléculas que compoñen o sistema inmunitario e os mecanismos de comunicación e cooperación existentes entre os diferentes tipos celulares.
Obxectivos específicos:
- Coñecer a fisioloxía do sistema inmunitario así como os seus compoñentes moleculares e celulares.
- Coñecer os mecanismos básicos de recoñecemento e os mecanismos efectores da resposta inmunitaria innata e adaptativa.
- Coñecer e comprender o papel do sistema inmunitario na defensa do organismo fronte á infección con diferentes patóxenos. Comprender a participación do sistema inmunitario en procesos cancerosos, no rexeitamento de transplantes e durante os procesos alérxicos.
- Coñecer as aplicacións terapéuticas de actuación sobre o sistema inmunitario e a capacidade de manipular a resposta inmunitaria.
O programa de clases expositivas para os tres escenarios é:
1. Introdución á inmunología. Aplicacións e evolución da inmunidade
2. Compoñentes do sistema inmune. O tráfico leucocitario.
3. Os fagocitos e os seus receptores.
4. O complemento, os seus ligandos e os seus receptores.
5. Os anticorpos, os seus ligandos e os seus receptores.
6. Os linfocitos B e o seu receptor para antígeno.
7. A xeración da diversidade dos linfocitos B e T.
8. As moléculas de histocompatibilidad: ligandos e receptores.
9. A presentación de antígenos aos linfocitos T.
10. Os linfocitos T e o seu receptor para antígeno.
11. A xeración do repertorio restrinxido dos linfocitos T.
12. A xeración de linfocitos T e B efectores.
13. Mensaxería inmunológica: as citocinas e os seus receptores.
14. A inmunidade en acción fronte a virus, bacterias, fungos e parasitos.
O tema 13, 14 desenvolverase en 1 hora e o resto dos temas desenvolveranse cunha duración de 2 horas.
Nas prácticas de laboratorio (9 h), os experimentos que se propoñen son conceptualmente correlativos aos temas teóricos da materia. O alumnado deberá realizar unha serie de ensaios experimentais, recoller os resultados obtidos e analizalos adecuadamente para dar resposta ás preguntas e exercicios expostos no guion de prácticas. No Programa de prácticas levará a cabo de forma presencial/virtual segundo os escenarios, é: Recoñecemento das células compoñentes do sistema inmune e determinación da viabilidade celular. Determinación e estudo de subpoblaciones linfocitarias por Citometría de Fluxo.
Nas clases interactivas de seminario realizarase un seminario de 2 h e realizaranse preguntas aplicadas e/ou casos clínicos os coñecementos desenvolvidos nas clases expositivas.
As titorías (4 h) orientaranse á resolución das dúbidas particulares xeradas nas clases expositivas e a súa aplicación en casos patolóxicos e/ou a súa terapia.
Básica: (correspondente ao escenario 1 e 2, e recoméndase como preferente para o escenario 3 a da URL)
Inmunología celular y molecular / Abul K. Abbas, Andrew H. Lichtman, Shiv Pillai, 9ª ed.,Barcelona:Elsevier, cop. 2018
Inmunología celular y Molecular. [Recurso electrónico].Abbas, A.K., Lichtman, A.H. y Pillai, S., 2012. ed. Barcelona: Elsevier. Acceso restrinxido a usuarios USC <https://www.dawsonera.com/terms/show?dest=https%3A%2F%2Fwww.dawsonera.c…>.
Inmunología básica : funciones y trastornos del sistema inmunitario, Abbas, Abul K., autor. Barcelona : Elsevier, cop. 2017
Kuby inmunología [Recurso electrónico] / Judith A. Owen, Jenni Punt, Sharon A. Stranford ; con la colaboración de Patricia P. Jones ; traducción Bernardo Rivera Muñoz, Edición 7ª ed. México : McGraw Hill Interamericana, 2014
Complementaria:
Inmunología: biología y patología del sistema inmunitario. Regueiro González, J.R. et al., 2010. ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Inmunología: fundamentos. Delves, P.J. et al., 2014. ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
Nesta materia o alumno/a adquirirá e practicará tanto unha serie de competencias básicas/xerais e transversais, desexables en calquera titulación universitaria, como específicas, propias desta materia dentro do Grao de Bioloxía.
Competencias Básicas/Xeráis:
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que poidan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado .
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía, incluíndo a perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía.
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais
CG4 - Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Competencias Transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva .
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT8 - Habilidade no manexo de Tics.
CT9 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias Específicas
CE1.c - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades, técnicas básicas en bioloxía.
CE7.a - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina: Bases biolóxicas das enfermidades.
CE7.b - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina: Bases biolóxicas da inmunologia.
A materia está exposta para potenciar a aprendizaxe activa do alumnado. O estudo individual realizarase en base a unha información organizada e detallada proporcionada polo profesorado. A base da devandita información será a bibliografía básica recomendada, a cal se complementará, nos casos en que sexa necesario, con información adicional.
En referencia ás clases expositivas concíbense como introducións xerais a cada tema, que serán complementadas co resto das actividades propostas. Estas actividades son: o estudo individual, a resolución de cuestións, a preparación das actividades propostas en seminarios. Desenvolveranse de forma presencial na aula atendendo a todas as dúbidas e aclaracións expostas polos alumnos. O material de axuda elaborado para facilitar o seguimento e comprensión dos temas (que comprende o resumo dos temas explicados e o material complementario necesario) fornéceselles no campus virtual da USC correspondente á materia.
As titorías concíbense como medio de coordinación e orientación do traballo individual do alumnado. Realizaranse de forma presencial.
Nas clases interactivas de seminario desenvolveranse na aula onde se propoñerán e resolverán aplicacións da teoría, faranse exercicios, problemas, simulacións de casos clínicos, etc ( ABP aprendizaxe baseada en problemas). Requírese unha participación activa do alumnado. Está programado fornecerlles información e material complementario (vídeos, direccións Web, etc.) que lles permita unha comprensión mellor da materia.
As clases interactivas de laboratorio serán obrigatorias de forma presencial no laboratorio.
A formulación metodolóxica ten como obxectivo coñecer o progreso da súa aprendizaxe e levar a cabo a súa valoración. A avaliación da materia consistirá nunha valoración continua. A modalidade de avaliación será continua e terá carácter presencial. A avaliación será igual para repetidores e non repetidores, non gardándose notas de anos anteriores. Ademais, a avaliación será sempre igual nas dúas oportunidades.
A avaliación da materia consistirá nas seguintes cualificacións das partes en que se divide a materia:
Avaliación Continua: Terase en conta a actitude e poderanse expor cuestións sobre os contidos desenvolvidos nas clases expositivas e/ou interactivas ou sobre temas relacionados, calificables con ata un 20% da nota total da materia, é unha actividade optativa avaliable
Clases interactivas de laboratorio: Terase en conta a actitude e elaborarase unha memoria na que se presenten e analicen os resultados e a súa xustificación, cualificarase con ata un 20% da nota final, é unha actividade obrigatoria avaliable.
Proba final: Realizarase unha proba final sobre a materia desenvolvida ao longo do curso (expositivas, seminarios etc.). A cualificación será ata do 60% da nota final, é unha actividade obrigatoria avaliable.
En canto á avaliación das competencias, avalíanse da seguinte maneira:
Traballo de prácticas: CT1, CT2, CT4, CT5, CT7, CT9, CT11 CE1. c, CE7.a, CE7. b
Avaliación continua: CT1, CT2, CT4, CT5, CT7, CT8, CT9, CT11, CE7.a, CE7. b
Horas presenciais/virtuais síncronas:
26 horas clases expositivas
4,5 horas de clases interactivas de laboratorio
2 horas de clases interactivas de seminarios
Horas non presenciais/ asíncronas:
90 horas de dedicación en estudo individual e á preparación da materia
O estudo da materia no tres escenarios recoméndase que se faga: Utilización da bibliografía recomendada, así como do material gráfico proporcionado polo profesor, imprescindible para a comprensión da materia.
Lectura e reflexión frecuente sobre a materia impartida, necesarias para a integración dos coñecementos neste campo da ciencia.
Interese e atención sobre os novos avances nesta disciplina difundidos a través dos medios de comunicación, para a súa incorporación e discusión nas clases e seminarios.
"Plan de Continxencia"
No escenario 1 as clases expositivas e seminarios desenvolveranse de forma presencial na aula e nos escenarios 2 e 3 de forma preferentemente síncrona virtual (en remoto). As titorías realizaranse de forma virtual mediante consultas electrónicas síncronas e/ou asíncronas.
As clases interactivas de laboratorio serán no escenario 2, a elaboración das prácticas presenciais cunha duración de cada práctica reducida ao 50%. No escenario 3 realizaranse o 100% das prácticas virtuais e a duración de cada práctica reducida ao 50%.
A modalidade de avaliación será continua: No escenario 1 terá carácter presencial, no escenario 2 e 3 terá carácter telemático mediante a plataforma Moodle. A avaliación da materia consistirá nas seguintes cualificacións das partes en que se divide a materia:
Avaliación Continua: Terase en conta a actitude e poderanse expor cuestións sobre os contidos desenvolvidos nas clases expositivas e/ou interactivas ou sobre temas relacionados, calificables con ata un 20% da nota total da materia, é unha actividade optativa avaliable. Nos escenarios 2 e 3 faranse a través da plataforma Moodle.
Clases interactivas de laboratorio: Terase en conta a actitude e elaborarase unha memoria na que se presenten e analicen os resultados e a súa xustificación, cualificarase con ata un 20% da nota final, é unha actividade obrigatoria avaliable.
Proba final: Realizarase unha proba final sobre a materia desenvolvida ao longo do curso (expositivas, seminarios etc.) Nos escenarios 2 e 3 faranse a través da plataforma Moodle. A cualificación será ata do 60% da nota final, é unha actividade obrigatoria avaliable.
A materia dispoñerá dunha aula virtual na plataforma Moodle. A comunicación cos alumnos farase a través do correo electrónico, da plataforma Moodle e/ou a través da aplicación MS- teams.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións". Esta sinala que a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plagiados (por exemplo, dos compañeiros de curso ou de curso previos) ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes. Tamén queda terminantemente prohibido a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web) e sen consentimento do profesor, de calquera material docente colgado na aula virtual.
Ma Del Pilar Arias Crespo
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816933
- Correo electrónico
- pilar.arias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sara Vázquez Mera
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- s.vazquez.mera [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
18.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
28.06.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |