Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Transmitir ó alumno conceptos básicos de xenética de poboacións, de evolución molecular, especiación e outros aspectos da teoría evolutiva, conceptos que se pretende integren un corpo de coñecementos fundamental que permita ó alumno abordar con rigor la perspectiva histórica na resolución de calquera problemática biolóxicas. Que o alumno coñeza conceptos, métodos e resultados empíricos provenientes do estudio do proceso evolutivo, ademais do propio devenir histórico da disciplina, é un obxectivo específico de primeira orde. Finalmente, o desenrolo da actividade docente en interacción construtiva co alumno proporcionará novas oportunidades ó titor para descubrir dificultades asociadas coa aprendizaxe da xenética evolutiva.
Ademais, son destacables los seguintes obxectivos adicionais:
1) Presentar controversias asociadas a diferentes teorías dende unha perspectiva histórica y dende el respeto polos logros dos seus principais artífices. No obstante, o recoñecemento da controversia no supoñerá deterioro algún da comprensión de los conceptos básicos e menos aínda a renuncia á idea de que interesarse pola obxectividade da verdade resulta algo digno de mérito.
2) Favorecer el espírito crítico a través de la busca de espazos de debate onde los alumnos podan compartir ideas orixinais sobre temas relacionados coa materia.
3) Favorecer o traballo cooperativo. Estimular la discusión de ideas con obxectivo de que os alumnos comprendan o diálogo como unha actividade construtiva na que o prexuízo recomendable sexa a ausencia de prexuízos, pois todo diálogo tolerante e honesto entre posturas diferentes ofrece una oportunidade para a aparición de novos elementos de interese. Experimentar este descubrimento supón tomar conciencia de que la aproximación á verdade é en realidade asintótica e responde a un esforzo colectivo. Así aprendemos que a lealdade inquebrantable as nosas crenzas ten menos que ver ca busca da verdade que co dogmatismo.
CONTIDOS
Os contidos teóricos recollidos no seguinte temario complementaranse con clases interactivas (seminarios de problemas e unha actividade de titorías consistente na análise e discusión de bibliografía especializada). As horas sinaladas representan unha aproximación.
Tema 1. Introducción: de Darwin á Síntese Moderna (3h)
1.1. Concepcións pre-darwinianas da herdanza
1.2. A teoría da evolución de Darwin
1.3. Teorías da herdanza
1.4. Biométricos frente a mendelianos
1.5. La síntese entre o neodarwinismo e o mendelismo
1.6. A Síntese Moderna
Tema 2. Variación xenética poboacional: natureza e orixe (3h)
2.1. A descrición xenética dunha poboación
2.2. Variación xenética e variación ambiental
2.3. Variación discreta e variación continua
2.4. Polimorfismos visibles
2.5. Variación molecular: as hipóteses clásica e equilibrada
2.6. A revolución electroforética e a variación alozímica
2.7. Microsatélites e SNPs na análise xenética poboacional
2.8. A mutación: tipos, modelos e o seu papel como factor evolutivo
Tema 3. Variación xenética poboacional: equilibrio e cuantificación (3h)
3.1. O principio de Hardy-Weinberg e a poboación ideal
3.2. Demostracións do principio Hardy-Weinberg
3.3. Relación entre las frecuencias alélicas e xenotípicas no equilibrio Hardy-Weinberg
3.4. O equilibrio Hardy-Weinberg nos casos de dominancia e multialelismo
3.5. A desviación das proporcións Hardy-Weinberg nunha poboación
3.6. A cuantificación da variabilidade xenética poboacional
Tema 4. Selección natural: conceptos básicos (6h)
4.1. O concepto de selección natural
4.2. O concepto de aptitude darwiniana
4.3. O modelo básico de viabilidade e o equilibrio mutación-selección
4.4. Selección natural en acción
4.5. Modos complexos de selección
4.6. Selección dependente da frecuencia e selección sexual
4.7. Cuantificación do efecto de selección natural
Tema 5. Selección natural: complexidade e adaptación (3h)
5.1. Selección sobre carácteres cuantitativos
5.2. Selección de parentesco
5.3. Selección de grupo
5.5. O conceptos de adaptación, exaptación e carácter adaptativo
5.6. A crítica do programa adaptacionista
5.7. A imperfección do deseño natural
Tema 6. Consanguinidade e apareamento non aleatorio (3h)
6.1. O concepto de consanguinidade
6.2. Alelos idénticos por estado e alelos idénticos por ascendencia
6.3. Los coeficientes de parentesco, consanguinidade y coascendencia
6.4. Cálculo do coeficiente de consanguinidade a partires de cadeas de ascendencia
6.5. Efecto da consanguinidade sistemática sobre el acervo xénico poboacional
6.6. Depresión consanguínea
6.7. Apareamento asociativo e disociativo
Tema 7. Xenética de poboacións finitas (6h)
7.1. O concepto de deriva xenética e o modelo Wright-Fisher
7.2. Efectos da deriva sobre a variabilidade xenética intra e inter-poboacional
7.3. Consanguinidade panmíctica
7.4. Tamaño eficaz de poboación
7.5. Os efectos fundador e colo de botella
7.6. O equilibrio mutación-deriva
7.7. Deriva xenética e selección natural
7.8. O destino de mutantes solitarios
7.9. A teoría neutral de Kimura
7.10. A teoría aproximadamente neutral de Ohta
7.11. Os test de neutralidade e a pegada molecular de selección
Tema 8. Estrutura xenética poboacional e fluxo xénico (3h)
8.1. Apareamento non aleatorio baseado na xeografía e o efecto Wahlund
8.2. Os estatísticos F de Wright e a distancia xenética de Nei
8.3. Árbores de poboacións baseados na variación das frecuencias alélicas
8.4. Os conceptos de fluxo xénico e migración
8.5. Modelos de fluxo xénico
8.6. O equilibrio migración-deriva
8.7. Fluxo xénico e selección natural
8.8. A teoría dos equilibrios en movemento de Wright
Tema 9. Xenética da especiación e filoxenética (6h)
9.1. Conceptos de especie e criterios para a delimitación específica
9.2. Barreiras de illamento reprodutivo
9.3. La regra de Haldane e a xenética da especiación
9.4. Zonas híbridas primarias e secundarias
9.5. Mecanismos de especiación gradual
9.6. Homoloxía molecular y el alineamento de secuencias de ADN
9.7. Estimación de taxas evolutivas e modelos de sustitución nucleotídica
9.8. Árbores filoxenéticas, árbores xénicas y árbores de especies
9.9. Métodos de construción de árbores filoxenéticas
9.10. O procedemento de Bootstrap na análise filoxenética
Tema 10. A macroevolución e a extensión da Síntese Moderna (2h)
10.1. Os conceptos de microevolución e macroevolución
10.2. A teoría do equilibrio puntuado
10.3. A selección de especies e a selección multinivel
CONTIDOS DE SEMINARIOS
Os seminarios consistirán na resolución de casos reais ou hipotéticos aplicando conceptos e modelos matemáticos descritos na teoría.
CONTIDOS DE TITORÍAS
As titorías consistirán nun traballo en grupo de discusión dun ou varios artigos científicos relacionados cos contados teóricos. Os resultados deberán reflectirse nun traballo escrito ou na resolución dunha proba tipo test.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Halliburton R. 2004. Introduction to Population Genetics. Pearson.
Hartl DL, Clark AG. 2006. Principles of Population Genetics 4th ed. Sinauer.
Hedrick PW. 2011. Genetics of Populations 5th ed. Jones & Bartlett.
Nei M, Kumar S. 2000. Molecular Evolution and Phylogenetics. Oxford University Press.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Charlesworth B, Charlesworth D. 2010. Elements of Evolutionary Genetics. Roberts & Co.
Cutter AD. 2019. A primer of Molecular Population Genetics. Oxford University Press.
Hartl DL. 2020. A primer of Population Genetics and Genomics. Oxford University Press.
Templeton AR. 2019. Human Population Genetics and Genomics. Academic Press.
Saetre G, Ravinet M. 2019. Evolutionary Genetics. Oxford University Press.
Walsh B, Lynch M. 2018. Evolution and selection of quantitative traits. Oxford University Press.
Básicas/Xerais
As competencias básicas e xerais son as que figuran na memoria de grado.
Transversais
• CT1. Capacidade de análise e síntese
• CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación
• CT4. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
• CT5. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
• CT9. Utilización da información bibliográfica e de internet
• CT11. Capacidade para a resolución de problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Específicas
CE1. Capacidade para desenvolver modelos matemáticos e aplicar métodos estadísticos na análise de poboacións.
METODOLOXÍA DE LA ENSINANZA
Escenario 1 (normalidade adaptada): Clases maxistrais expositivas con carácter presencial e obrigatorio. A asistencia a seminarios é tamén obrigatoria. Na súa maioría consistirán na aplicación de modelos matemáticos en relación conceptos teóricos co fin de resolver problemáticas reais ou hipotéticas. Trátase de seminarios presenciais nos que poderán resolverse dúbidas de xeito colectivo. Non se descarta a inclusión dalgún seminario estrictamente teórico e da posibilidade de que sexa impartido de xeito virtual. As titorías realizaranse de xeito virtual mediante Microsoft Teams. A asistencia a titorías e realización do traballo correspondente non é obrigatoria.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Avaliaranse tanto os contidos teóricos da materia como a capacidade de resolución de problemas e cuestións de índole aplicada relacionados coa mesma. Los criterios básicos de avaliación consistirán na demostración dunha comprensión crítica dos conceptos básicos, a súa claridade expositiva e aplicación.
A avaliación de conceptos e a súa aplicación na resolución de problemas presentados nos seminarios levarase a cabo mediante exame escrito (proba final). A asistencia e aproveitamento dos seminarios, que poderá ser avaliada mediante a entrega de exercicios realizados e/ou participación en clase, se avaliarase cunha nota que representa o 10% da nota final. As actividades desenroladas en titorías avaliaranse cunha nota que representa o 15% da la nota final. Isto significa que o 25% da cualificación final corresponde a actividades de avaliación continua. Pero, é necesario alcanzar unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 na proba final para que sexa sumada a ela dito 25%.
A metodoloxía de avaliación é a mesma na primeira e na segunda oportunidade.
Con respecto aos alumnos repetidores, conservarase a parte proporcional da súa avaliación en titorías, non así na asistencia a seminarios, correspondinte ó curso anterior 2019/2020, sen que isto impida a posibilidade de renunciar a dicha avaliación no caso de que decidan realizalas de novo.
Respecto a la proba final, será presencial.
En relación co plaxio: "para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
Posto que a asistencia ás clases no Grado é obrigatoria e de acordo coa presunción de cumprimento razoable da normativa, a asistencia a clase non é un criterio de avaliación da materia.
Las competencias que se avaliarán serán CT1, CT2, CT4, CT5, CT11 y CE1 en el exame e CT1, CT2, CT11 y CE1 nos seminarios.
O tempo de estudio e traballo persoal é o mesmo para os tres escenarios en relación coas directrices definidas para garantir unha docencia presencial razoablemente segura.
Clases maxistrais: 38 horas presenciais; 67,5 horas de traballo persoal; 105,5 horas totais
Seminarios: 13 horas; 13,5 horas de traballo; 26,5 horas totais
Titorías en grupos reducidos: 2; 3 horas de traballo; 5 horas totais
Exames: 3 horas
Asistencia a clase y traballo continuado fora de clase
Uso da bibliografía especializada
Uso de titorías personalizadas
OBSERVACIÓNS
En xeral, o alumnado terá a súa disposición unha aula virtual na que poderá acceder a materiais tales como o programa da materia, o boletín de problemas, imáxenes e outros contidos complementarios da teoría. Outros canais de comunicación serán o correo electrónico e MS Teams, pero en ningún caso resolveranse dúbidas por correo. A resolución de dúbidas deberá facerse persoalmente.
Plan de continxencia
Escenario 2: A docencia expositiva de teoría será presencial coas restricións precisas para garantir un prudente distanciamento entre persoas. Os seminarios serán na súa maioría presenciais, pero aqueles que non esixan a resolución de problemas no encerado poderán impartirse de forma telemática. Las titorías levaranse a cabo de xeito telemática. Las titorías individualizadas relacionadas coa docencia expositiva terán lugar no despacho do profesor en condiciones seguras de distanciamento.
Escenario 3: A docencia expositiva e interactiva, incluíndo seminarios e titorías, terá lugar mediante a plataforma Microsoft Teams e o Campus Virtual, que incluirá un aula virtual operativa a disposición del alumnado. Outros canais de comunicación serán o correo electrónico e skype, pero en ningún caso resolveranse dúbidas sobre a materia por correo electrónico. Respecto a parte de avaliación continua, titorías e problemas avaliaranse coa entrega de traballo escrito e problemas resoltos.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións.
Roman Vilas Peteiro
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- roman.vilas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sonia Zumalave Duro
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- sonia.zumalave.duro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Daniel Garcia Souto
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
19.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
19.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
19.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
19.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
19.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
19.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
27.06.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
27.06.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
27.06.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
27.06.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |