Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Ao completar con éxito esta materia, os estudantes serán capaces de: Explicar os modelos estruturais básicos de organización dos animais invertebrados non artrópodos. Describir as características máis importantes da súa forma de vida e as súas adaptacións. Presentar as hipóteses actuais máis relevantes sobre a súa diversificación e relacións filogenéticas. Manexar terminoloxía básica e metodoloxía relacionada co seu estudo e clasificación sistemática. Distinguir os principais grupos de animais invertebrados non artrópodos.
CLASES EXPOSITIVAS: (34 h)
Tema 1. Animais non bilaterais: Porifera, Ctenophora, Placozoa e Cnidaria (9 h)
1.1. Introdución á zooloxía
1.2. Porifera
1.3. Ctenophora
1.4. Placozoa
1.5. Cnidaria
Tema 2. Bilaterais: Protostomia: Spiralia I ( Platyhelminthes, Gnathifera e Spiralia menores) (8 h)
2.1. Introdución aos animais bilaterais. Xenacoelomorpha
2.2. Platyhelminthes
2.3. Gnathifera
2.4. Spiralia menores
Tema 3. Bilaterais: Protostomia: Spiralia II ( Lophotrochozoa) (9 h)
3.1. Lophophorata
3.2. Nemertea
3.3. Annelida
3.4. Mollusca
Tema 4. Bilaterais: Protostomia: Ecdysozoa e Chaetognatha (3 h)
4.1. Nematoda
4.2. Ecdysozoa menores
4.2. Chaetognatha
Tema 5. Bilaterais: Deuterostomia (5 h)
5.1. Echinodermata
5.2. Hemichordata
CLASES PRÁCTICAS (12 h)
Práctica de laboratorio 1.- Observación de Poríferos e Cnidarios. (2 h)
Práctica de laboratorio 2.- Observación de Platelmintos, Rotíferos e Nematodos . (2 h)
Práctica de laboratorio 3.- Anélidos e Moluscos. Morfoloxía externa e identificación dos principais grupos. (2 h)
Práctica de laboratorio 4.- Equinodermos. Morfoloxía externa e identificación dos principais grupos. Disección. (2 h)
Práctica 5.- Saída ao intermareal. Realizarase un desprazamento a un ecosistema mariño litoral (duración prevista media xornada, 4 h) para observación e análise “in situ” da biodiversidade da fauna. Esta práctica realizarase ou non en función da dispoñibilidade de financiamento, da meteoroloxía e da coincidencia das mareas durante o período de docencia da materia. De non ser posible, alternativamente programaríanse dúas prácticas de laboratorio adicionais.
SEMINARIOS. (7 h)
Durante o curso impartiranse seminarios que versarán sobre temas complementarios das actividades teórico-prácticas da materia. Os temas específicos que se tratarán incluirán, de maneira orientativa, contidos como:
Seminario 1. Conceptos e interpretación de filogenias moleculares (1 h)
Seminario 2. O concepto de animal (1 h)
Seminario 3. Interpretación da evolución da estrutura corporal dos metazoos baixo diferentes hipóteses filogenéticas (1 h)
Seminario 4. Descrición e comparación de hipótese filogenéticas (1 h)
Seminario 5. A evolución sen reprodución sexual nos Bdeloideos (1 h)
Seminario 6. Converxencia evolutiva e o seu impacto na inferencia de parentesco filogenético (1 h).
Seminario 7. Evolución da simetría corporal: o caso dos ourizos irregulares (1 h)
TITORÍAS OBRIGATORIAS. (1 h)
Dedicada a orientar ao estudantado sobre as actividades que requiren a súa participación, tanto na aula como a través da aula virtual, así como a resolver as dúbidas que se lle expoñan en relación con calquera aspecto da materia.
Clases expositivas, prácticas, seminarios e titorías serán presenciais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Brusca, R. C. et al. 2016. Invertebrates. 3rd edition. — Oxford University Press.
Hickman, C. P. et al. 2009. Principios integrales de zoología. 14ª —McGraw-Hill Interamericana.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Díaz, J.A. y Santos, T., 2003. Zoología: aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Madrid: Editorial Síntesis.
Giribet, G. y Edgecombe G.D. 2020. The Invertebrate Tree of Life. Princeton University Press.
Nielsen, C. 2011. Animal Evolution. Interrelationship of the living phyla. 3rd edition. Oxford University Press.
Campbell, A.C., 2009. Guía de la flora y fauna de las costas de España y de Europa. Barcelona: Omega.
Hayward, P.J., Nelson-Smith, T., y Shields, C., 1998. Flora y fauna de las costas de España y de Europa: guía de identificación. Barcelona: Omega.
Hayward, P.J., Ryland, J.S., 1995. Handbook of the Marine Fauna of North-West Europe. Oxford: Oxford University Press.
Hickman, F.M. y Hickman, C.P., 1991. Zoología: manual de laboratorio. 7ª ed. Nueva York: McGraw-Hill Interamericana.
Lincoln, R.J. y Sheals, J.G., 1989. Invertebrados: guía de captura y conservación. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias básicas/xerais, transversais e específicas, propias da Zooloxía en particular, e do Grao de Bioloxía en xeral.
Dentro das competencias desta materia dedicarase especial atención ás seguintes:
BÁSICAS E XERAIS
As que figuran o na memoria do grao.
TRANSVERSAIS
CT2. Capacidade de razoamento, argumentación e pensamento crítico.
CT6. Capacidade para reflectir adecuadamente as fontes de información utilizadas.
CT7. Capacidade para aplicar as TIC no campo da Bioloxía.
CT8. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, fomentando a iniciativa e a creatividade.
CT10. Capacidade para interpretar resultados experimentais.
ESPECÍFICAS
CE4. Coñecer a orixe da vida, os mecanismos da herdanza e a súa evolución.
CE5. Coñecer a diversidade dos seres vivos, os ciclos biolóxicos e desenvolver a capacidade de analizar e interpretar as súas adaptacións ao medio.
CE6. Desenvolver a capacidade de obter, manipular, conservar, identificar e clasificar especímenes biolóxicos, así como os seus restos e vestixios.
CE10. Coñecer e comprender o desenvolvemento, morfoloxía e anatomía dos seres vivos.
Escenario 1. Normalidade adaptada
A metodoloxía do ensino utiliza clases expositivas (leccións maxistrais, non obrigatorias) combinadas con actividades interactivas que requiren a participación do alumnado, a utilización do campus virtual, seminarios impartidos polo profesorado (leccións maxistrais, obrigatorias), titorías e prácticas de laboratorio (obrigatorias). Todas as actividades serán presenciais.
A docencia apóiase na utilización de medios audiovisuais e no fomento dunha comunicación fluída entre profesorado e alumnado a través da aula virtual.
Escenario 1. Normalidade adaptada
Avaliación continua. - As actividades interactivas que requiren a participación do alumnado, e que se realizan durante as clases expositivas e seminarios, utilizaranse para a avaliación continua, de maneira que a participación (oral ou escrita) dos alumnos será cualificada. Así mesmo, as prácticas de laboratorio estarán suxeitas a avaliación continua, a través da entrega dunha memoria de prácticas. Estas cualificacións contribuirán nun 30% á cualificación global da materia (15% das prácticas e 15% das actividades interactivas) e son de carácter voluntario, aínda que a non realización destas supón a renuncia do alumno a esta porcentaxe da cualificación final.
Teoría. - Realizarase un exame final complementario á avaliación continua, presencial e obrigatorio para todos os alumnos (primeira e segunda oportunidades) nas datas que programe o Decanato. Este exame avaliará os coñecementos do estudantado sobre os contidos teóricos da materia. A súa cualificación contribuirá nun 60% á cualificación final.
Prácticas de laboratorio.- A asistencia é obrigatoria. Como se mencionou antes, os contidos das prácticas de laboratorio estarán suxeitos a avaliación continua. Ademais, realizarase un exame de recoñecemento de visu de especies/ taxones representativos dos fíos estudados. Este exame (presencial obrigatorio) realizarase o mesmo día que o exame teórico e contribuirá nun 10% á cualificación final.
Avaliación: a superación da materia implica obter unha cualificación global mínima de aprobado (5), a condición de que se aproben (5) de forma independente tanto o exame teórico, a memoria de prácticas e o exame de visu. No caso de aprobar unicamente una das partes (teórica, práctica ou visu) o aprobado manterase unicamente para as convocatorias do curso académico correspondente. A nota de avaliación continua mantense para as dúas convocatorias (só repítense os exames teórico e de visu). Os alumnos repetidores estarán suxeitos á mesmas avaliacións que os de primeira matrícula.
As competencias serán avaliadas da seguinte maneira:
- Cos exames (teórico e práctico) as competencias:
CB1,CB3, CG1, CG2, CG3, CG4, CT2, CT10,CE4,CE5,CE6,CE10
- Coa avaliación continua as competencias:
CB2,CB4,CB5, CG5, CT2, CT6, CT7, CT8, CE4,CE5,CE6,CE10
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tamén queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA.
Clases expositivas (inclúe actividades dos estudantes): 34 h
Prácticas de laboratorio: 12 h
Seminarios: 7 h
Titorías en grupos reducidos ou individualizados: 1 h
Realización de exames: 3 h
Total horas de traballo presencial: 57
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Estudo individual: 64 h
Realización de actividades en horario non lectivo: 15 h.
Elaboración de traballos e actividades recomendadas: 15 h.
Total horas de traballo persoal do estudante: 94 h
Escenario 1. Normalidade adaptada
Asistir ás clases teóricas, prácticas e seminarios.
Consultar a bibliografía recomendada.
Realizar ao longo de todo o curso, en pequenos grupos e como iniciativa persoal do alumno, desprazamentos aos ambientes mariño, terrestre e dulceacuícola, principalmente para a observación directa dos grupos faunísticos incluídos no exame de “ visu”.
Frecuentar a visita a Museos de Historia Natural, recomendándose especialmente, pola súa proximidade e representatividade da fauna galega, o Museo de Historia Natural da USC.
Facer uso frecuente das titorías para resolver as dúbidas que se presenten ao longo do curso, tanto no que se refire a cuestións teóricas como prácticas da materia.
A materia require o coñecemento previo da diversidade e evolución dos metazoos obtido nas materias previas (Fundamentos de Bioloxía Animal e Vexetal; Zooloxía I). A materia contará cunha aula virtual activa na plataforma Moodle, que ademais servirá de ferramenta de comunicación directa entre o alumnado e o profesorado (que se complementarán con Teams e o correo electrónico).
PLAN DE CONTINXENCIA:
En previsión de posibles continxencias derivadas da pandemia de covid-19, contémplanse as seguintes adaptacións:
Metodoloxía do ensino:
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade)
A metodoloxía de ensino adaptarase a este escenario mediante a realización das sesións expositivas como actividades síncronas en remoto a través de MS Teams. As prácticas de laboratorio e os seminarios realizaranse de maneira presencial cunha duración reducida ao 50%. O tempo restante (50%) empregarao o alumno de maneira individual para completar a memoria de prácticas que servirá para a avaliación continua das prácticas.
Escenario 3. Peche das instalacións
A metodoloxía de ensino adaptarase a este escenario mediante a realización das sesións expositivas e seminarios como actividades síncronas en remoto a través de MS Teams. As prácticas de laboratorio substituiranse por actividades virtuais, con contidos semellantes, facilitándose aos alumnos materiais audiovisuais que lles permitan realizalas, na medida do posible, de maneira autónoma no horario programado.
Sistema de avaliación:
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade)
Neste escenario o sistema de avaliación adaptarase mediante a realización dos exames teórico (60% da nota final, obrigatorio) e de visu (10% da nota final, obrigatorio) de maneira presencial. Así mesmo, as prácticas de laboratorio estarán suxeitas a avaliación continua, a través da entrega dunha memoria de prácticas obrigatoria (15% da nota final). As actividades interactivas que requiren a participación do alumnado, e que no escenario 1 realizaranse durante as clases expositivas e seminarios, serán substituídas por actividades no Campus Virtual, que será cualificadas e contribuirán á avaliación continua (15% da nota final) e son de carácter voluntario, aínda que a non realización destas supón a renuncia do alumno a esta porcentaxe da cualificación final.
A superación da materia implica obter unha cualificación global mínima de aprobado (5), a condición de que se aproben (5) de forma independente tanto o exame teórico, a memoria de prácticas e o exame de visu. No caso de aprobar unicamente una das dúas partes (teórica ou práctica) o aprobado manterase unicamente para as convocatorias do curso académico correspondente. A nota de avaliación continua mantense para as dúas convocatorias (só repítense os exames teórico e práctico). Os alumnos repetidores estarán suxeitos á mesmas avaliacións que os de primeira matrícula.
Escenario 3. Peche das instalacións
Neste escenario o sistema de avaliación adaptarase mediante a realización dos exames teórico (60% da nota final) e de visu (10% da nota final), de maneira non presencial síncrona (telemática, a través de MS Teams). Así mesmo, as prácticas de laboratorio estarán suxeitas a avaliación continua, a través da cualificación das actividades substitutivas non presenciais no Campus virtual (obrigatorias, 15% da nota final). As actividades interactivas que requiren a participación do alumnado, e que no escenario 1 realizaranse durante as clases expositivas e seminarios serán substituídas por actividades no Campus Virtual, que serán cualificadas e contribuirán á avaliación continua (15% da nota final) e son de carácter voluntario, aínda que a non realización destas supón a renuncia do alumno a esta porcentaxe da cualificación final. O mesmo que indico arriba.
A superación da materia implica obter unha cualificación global mínima de aprobado (5), a condición de que se aproben (5) de forma independente tanto o exame teórico, como o práctico (avaliación continua e exame de visu). No caso de aprobar unicamente una das dúas partes (teórica ou práctica) o aprobado manterase unicamente para as convocatorias do curso académico correspondente. A nota de avaliación continua mantense para as dúas convocatorias (só repítense os exames teórico e práctico). Repetidores
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tamén queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
Recomendacións para o estudo da materia
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade)
Asistir de maneira telemática ás clases teóricas e seminarios, e de maneira presencial ás prácticas.
Consultar a bibliografía recomendada.
Realizar ao longo de todo o curso, en pequenos grupos e como iniciativa persoal do alumno, desprazamentos aos ambientes mariño, terrestre e dulceacuícola, principalmente para a observación directa dos grupos faunísticos incluídos no exame de “ visu”.
Frecuentar a visita a Museos de Historia Natural, se se manteñen abertos, recomendándose especialmente, pola súa proximidade e representatividade da fauna galega, o Museo de Historia Natural da USC.
Facer uso frecuente das titorías para resolver as dúbidas que se presenten ao longo do curso, tanto no que se refire a cuestións teóricas como prácticas da materia.
Escenario 3. Peche das instalacións
Asistir de maneira telemática as clases teóricas e seminarios, e realizar as actividades substitutivas das prácticas no Campus Virtual.
Consultar a bibliografía recomendada.
Realizar, se estivesen permitidas, ao longo de todo o curso, en pequenos grupos e como iniciativa persoal do alumno, desprazamentos aos ambientes mariño, terrestre e dulceacuícola, principalmente para a observación directa dos grupos faunísticos incluídos no exame de “ visu”.
Facer uso frecuente das titorías para resolver as dúbidas que se presenten ao longo do curso, tanto no que se refire a cuestións teóricas como prácticas da materia.
Ramon Fco Mascato Garcia
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813276
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Fernando Cobo Gradin
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813251
- Correo electrónico
- fernando.cobo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Javier Iglesias Piñeiro
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813359
- Correo electrónico
- fjavier.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Andres Baselga Fraga
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813278
- Correo electrónico
- andres.baselga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sara Martínez Santalla
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- saramartinez.santalla [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
14.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
14.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
14.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
14.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
23.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
23.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
23.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
23.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |