Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
-Comprender os aspectos básicos dos procesos implicados no desenvolvemento das plantas dende a xerminación das sementes ata a senescencia, pasando polo crecemento vexetativo e reprodutivo; abordando os seus mecanismos moleculares, celulares e fisiolóxicos.
-Abordar o estudo dos distintos sistemas de regulación e coordinación dos procesos de desenvolvemento nas plantas, tanto endóxenos coma ambientais (fitohormonas, luz...).
SÓ SON OBRIGATORIAS AQUELAS ACTIVIDADES NAS QUE SE INDIQUE EXPRESAMENTE
Programa de clases expositivas (26 h)
Metabolismo, transporte e modo de acción das fitohormonas
1. Introdución ás fitohormonas. Integración en organismos vexetais. Coordinación espacial e temporal. Modulación ambiental. Concepto de substancias reguladoras do crecemento. Capacidade de resposta do tecido. Sensibilidade. Interaccións. (1 h)
2. Auxinas. Homeostase, percepción e sinalización. (1.5)
3. Xiberelinas. Homeostase, percepción e sinalización. (1.5)
4. Citoquininas. Homeostase, percepción e sinalización. (1.5)
5. Etileno. Homeostase, percepción e sinalización. (1.5)
6. Acido abscísico. Homeostase, percepción e sinalización. (1)
7. Brasinosteroides. Homeostase, percepción e sinalización. (1)
8. Outras fitohormonas: Ácido salicílico. Jasmonatos. Estrigolactonas. (2)
Fisioloxía do crecemento e desenvolvemento
9. Introdución ao crecemento das plantas. Concepto de crecemento, diferenciación e desenvolvemento. Elongación celular. Mecanismo de extensión da parede celular. Regulación. (2 h)
10. División celular e diferenciación. Ciclo celular. Totipotencia e polaridade. Ciclo vital. Formación do corpo da planta. Organización estrutural e funcional dos meristemos apicais. (2 h)
11. Fotomorfoxénese. Fitocromos. Estrutura e foto-reversibilidade. Respostas das plantas mediadas polos fitocromos. Outros fotorreceptores. (1 h)
12. Floración. Indución floral. Rutas de regulación da floración: fotoperíodo e vernalización, outras rutas. Modelo ABCDE de desenvolvemento da flor. (2 h)
13. Formación de gametos e interación polen-pistilo. Frutificación. Establecemento, crecemento e maduración do froito. (2 h)
14. Formación da semente, embrioxénese. Durmición e xerminación. (2 h)
15. Morte celular programada. Senescencia. Abscisión. (1 h)
16. Movementos das plantas. Tropismos. Nastias. (1 h)
17. Fisioloxía en condicións de estrés. Estrés abiótico e biótico. Respostas xerais fronte ao estrés. (1 h)
18. Introdución á Biotecnoloxía Vexetal (1 h)
Programa de clases interactivas/seminarios (18 h)
Prográmanse 18 horas de seminarios en sesións de 2 horas.
Seminarios relacionados con temas da materia, que sirvan para afondar e asentar o coñecemento das bases que regulan o desenvolvemento das plantas.
Programa de clases prácticas de laboratorio obrigatorias (10 h)
1. Efecto das citoquininas (kinetina) sobre o atraso do envellecemento.
2. Indución da actividade alfa-amilase por xiberelinas en sementes.
3. Avaliación do poder xerminativo das sementes.
4. Efecto do ácido abscísico no desenvolvemento de plántulas de trigo.
5. Efecto da gravidade sobre o crecemento de raíces de millo.
Unha vez realizados os ensaios experimentais, recolleranse os resultados obtidos e analizaranse adecuadamente para dar resposta ás preguntas formuladas no caderno de prácticas.
Por dispoñibilidade do material o programa de prácticas pode verse modificado
Titorías (2 h)
Resolución de dúbidas
Básica
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M., Murphy, A. 2015. Plant Physiology and Development (6ª ed). Sinauer Assoc. Inc. Publ. Sunderland, Massachusetts. (USA). ISBN: 978-1-60535-255-8.
Buchanan, B., Gruissem, W., Jones, R. 2015. Biochemistry and Molecular Biology of Plants (2ª ed). Wiley, (USA). ISBN: 978-0-470-71421-8.
Complementaria
Azcón-Bieto J, Talón M. 2008. Fundamentos de Fisiología Vegetal. 2ª edición. McGraw Hill/ Interamericana. Madrid. (España).
Bowsher, C., Steer, M., Tobin, A. 2008. Plant Biochemistry. Garland Science, New York, USA. ISBN 978-0-8153-4121-5
Hopkins, W.G., Hüner, N.P.A. 2008. Introduction to Plant Physiology (4ª ed). John Wiley & Sons, Inc, New York (USA). ISBN: 978-0-470-24766-2.
Jones, R., Ougham, H., Thomas, H., Waaland, S. 2013. The Molecular Life of Plants. Wiley-Blackwell. ISBN: 978-0-470-87012-9.
Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L., Harberd, N., Jones J., Martin, C., Sablowski, R., Amey, A. 2009. Plant Biology. Garland Science, New York, USA. ISBN 978-0-8153-4025-6.
Nesta materia o/a alumno/a adquirirá ou practicará unha serie de competencias básicas/xerais e transversais, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias desta materia en particular e/ou do Grado de Bioloxía en xeral.
Básicas e Xerais:
As especificadas na memoria do grado para o conxunto das materias
Transversais
CT1 - Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT2 - Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de xeito colectivo.
CT4 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT6 - Capacidade para reflectir adecuadamente as fontes de información empregadas.
CT8 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade.
CT9 - Capacidade para organizar e planificar o traballo.
CT10 - Capacidade para interpretar resultados experimentais
Específicas:
CE8 - Comprender os principios da bioenerxética e biosinalización, e coñecer as principais rutas metabólicas e a súa regulación, así como o fluxo da información xenética e bioquímica nos seres vivos.
CE11 - Comprender e integrar o funcionamento e regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos así como a súa interacción co ambiente biótico e abiótico.
As clases expositivas impartiranse en 26 sesións dunha hora, cunha periodicidade de 2 horas semanais no primeiro cuadrimestre do curso académico. Nelas explicásense os aspectos básicos dos temas que compoñen o programa da materia.
As clases interactivas de seminario impartiranse durante 9 sesións de 2 horas. Nestas clases resolveranse problemas acerca do funcionamento das plantas e discutiranse os resultados das últimas investigacións relacionadas co programa da materia.
As prácticas de laboratorio serán de asistencia obrigatoria. Desenvolvéranse en 5 sesións de 2 horas presenciais. Nelas comprobaranse experimentalmente algúns dos conceptos desenvolvidos nas clases teóricas. Será obrigatorio levar impreso o caderno de prácticas que se proporcionará con anterioridade, así como un esquema da práctica a desenvolver. En caso contrario non se poderá realizar a práctica
Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual e Teams a persoas non matriculadas no curso. Así mesmo, o alumnado non poderá utilizar o material achegado polo profesorado no Campus Virtual para a elaboración de apuntamentos que non sexan do seu exclusivo uso.
Na cualificación final consideraranse os seguintes apartados: exame de prácticas (10%), avaliación continua (20%, mediante a realización de probas escritas que se exporán ao longo do curso sobre os contidos expostos en clases expositivas e seminarios) e exame final (70%).
No exame final incluiranse preguntas procedentes das clases expositivas e dos seminarios.
Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 no exame de prácticas e un mínimo de 4 no exame final.
Soamente no caso de superar a nota esixida en ambos exames sumarase a nota obtida na avaliación continua.
En caso de non superar algunha das actividades obrigatorias a cualificación máxima será de 4,5 (suspenso)
Na segunda oportunidade mantéñense as notas de avaliación continua obtidas durante o curso e os exames aprobados, repetíndose só os exames suspensos.
As probas escritas realizaranse de maneira presencial
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
No caso de repetidores/as aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que no caso de primeira matrícula. Neste curso académico, o alumnado coas prácticas aprobadas a partir do curso 2019-2020 manterá a cualificación obtida.
As seguintes actividades permitirán a avaliación das competencias indicadas:
Exame: CT2, CT8, CT9, CT10, CE8, CE11
Clases Interactivas de Seminario: CT1, CT2, CT3, CT8, CT11, CE8, CE10
Clases Interactivas de Laboratorio: CT3, CT9, CT10, CE11
As competencias CT4, CT6, non se avalían específicamente
Traballo presencial o virtual (en remoto):
Clases expositivas 26 h
Clases interactivas/seminario 18 h
Clases interactivas de laboratorio 10 h
Titorías 2 h
Probas que contribúen á cualificación: 2 h
Total horas de traballo presencial o virtual: 58 h
Traballo persoal:
Estudo individual: 94 h
Total horas de traballo: 152 h
-Recoméndase a asistencia ás clases expositivas para manter unha aprendizaxe continuada da materia ao longo do curso.
-Aconséllase así mesmo o estudo da materia durante todo o curso para unha mellor asimilación e sedimentación da información recibida, sen menoscabo dunha maior dedicación durante as datas previas á realización de cada un dos exames.
-Considérase conveniente o manexo da bibliografía recomendada, tanto antes de cada clase, para un mellor seguimento da exposición do/a profesor/a, como despois desta, para completar e corrixir as notas tomadas.
O alumnado dispoñerá do material que o profesorado considere necesario no campus virtual e/ou a través da aplicación Teams.
Maria Victoria Gonzalez Gonzalez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813342
- Correo electrónico
- mvictoria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Gloria Revilla Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813326
- Correo electrónico
- mgloria.revilla [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Yolanda Ferradas Rial
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- yolanda.ferradas.rial [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Beatriz Orosa Puente
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- beatriz.orosa [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Marcos Viejo Somoano
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813322
- Correo electrónico
- marcos.viejo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
29.05.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
29.05.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
29.05.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
29.05.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
29.05.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
29.05.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
11.07.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
11.07.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
11.07.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
11.07.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |