Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Obxectivos da materia
- Facilitar os coñecementos básicos de xeobotánica e a súa terminoloxía.
- Entender a interrelación do conxunto de factores (xeolóxicos, bioclimáticos, ecolóxicos, antrópicos,..) explicativos dos padróns xeográficos vexetais, entendidos nun marco temporal e evolutivo.
- Fornecer as bases para o estudo e a interpretación das paisaxes vexetais.
- Sensibilizar sobre a importancia da conservación das paisaxes e a diversidade vexetal.
- Crear as bases para desenvolver capacidade de crítica e síntese da información obtida, mediante a consulta de diversas fontes.
- Incentivar a capacidade de investigación en xeobotánica.
Clases Teóricas Expositivas (26 horas)
(Docencia presencial. Asistencia non obrigatoria)
Bloque Temático 1 (8 horas. Temas 1-5): Desenvolvemento histórico da xeobotánica ou bioxeografía vexetal. Elementos conceptuais chave para entender a distribución das especies no espazo e no tempo. O nicho ecolóxico.
Tema 1: Introdución á xeobotánica. O nicho ecolóxico ou ambiental (2 horas)
Tema 2: Subdisciplinas da xeobotánica: Coroloxía, areografía, fitocenoloxía e fitoecoloxía (2 horas)
Tema 3: Xeobotánica histórica: Bioxeografía evolutiva das plantas (1 horas)
Tema 4: Desenvolvemento histórico da xeobotánica. Principais escolas e debates (2 horas)
Tema 5: Bioxeografía. Novos desenvolvementos: filoxeografía, macroecoloxía, ecoloxía da paisaxe (1 hora)
Bloque Temático 2 (10 horas. Temas: 6-10): Padróns de distribución, diversificación e procesos bioxeográfios. Tipoloxías de áreas, factores promotores da endemicidade e procesos bioxeográficos e evolutivos que orixinan os padróns. Disxuncións e vías de dispersión.
Tema 6: Tipoloxías de áreas: Áreas naturais e non naturais. Arqueófitos vs. neófitos (2 horas)
Tema 7: Área endémica e padróns de biodiversidade (2 horas)
Tema 8: Hotspot Mediterráneo de biodiversidade e aproximacións bioxeográficas. Endemismo filoxenético e diversidade filoxenética. Tipoloxías de endemismos. Procesos evolutivos (2 horas)
Tema 9: O endemismo vexetal Ibérico. Factores promotores ambientais e padróns espaciais (2 horas)
Tema 10: Padróns bioxeográficos disxuntos. Procesos explicativos: extinción, adaptación, migración. Dispersión e vicariancia (2 horas)
Bloque Temático 3 (8 horas. Temas: 11-14): A influencia do clima pasado e actual na configuración das floras presentes. Clasificacións bioclimatolóxicas e biomas. Fitoclimatoloxía, unidades bioxeográficas Ibéricas e vexetación ibérica e galega.
Tema 11: Bioclimatoloxía. A influencia do clima. Evolución da vexetación e as mudanzas climáticas no terciario e no cuaternario. Último máximo glaciar e procesos tardiglaciares. O Holoceno (2 horas)
Tema 12: Padróns globais no clima. Clasificacións bioclimáticas e biomas (2 horas)
Tema 13: Fitoclimatoloxía e xeobotánica. A escola de Salvador Rivas Martínez. Bioclimas, termotipos, ombrotipos ibéricos e series de vexetación (1 hora)
Tema 14: Rexionalización fitoxeográfica e principais unidades de vexetación galegas (3 horas)
Práctica de campo (11 horas):
Será realizada unha práctica de campo non obrigatoria durante todo un día, saíndo de mañá e regresando á noite, na área oriental galega para analizar comunidades vexetais de montaña temperada (entorno do Cebreiro ou o Caurel) e de áreas ecolóxicas de influencia climática mediterránea (Serra da Enciña da Lastra).
Seminarios (3 horas):
En clases dunha hora e durante tres días. Abordará a reconstrución ancestral de área e os procesos bioxeográficos históricos dunha liñaxe vexetal que presente padróns de distribución disxuntos empregando unha filoxenía molecular.
Alternativamente, e despois de discusión co alumnado, poderá valorarse a realización doutros tipos tipos de seminario: Opción 2: Modelización de nicho ecolóxico con datos de distribución de especies vexetais. Opción 3: Realización dun inventario fitosociolóxico.
Tutorías (1 hora)
Resolución de dúbidas
Exame (3 horas)
Bibliografía Básica
Alcaraz, F. 1999. Manual de Teoría y Práctica de Geobotánica. Editorial DM. Colección Texto – Guía. ICE. Univ. Murcia.
Barry Cox, C., Moore, P.D., Ladle, R.J. 2016. Biogeography: An Ecological and Evolutionary Approach. 9th Edition. Wiley-Blackwell. ISBN: 978-1-118-96857-4.
Peinado, M. & Rivas Martínez (Eds.) 1987. La vegetación de España. Colección Aula Abierta, 3, Serv. Publ. Univ. Alcalá de Henares. Alcalá de Henares.
Kent, M. & Coker,P. 1998. Vegetation, Description and analysis. A practical approach. .John Wiley & Sons,New York.
Loidi, J. 2017. The vegetation of the Iberian Peninsula. Vol. 1 & 2 Plant and Vegetation, Springer Nature.
Thompson, J.D. (2007) Plant Evolution in the Mediterranean. Oxford Scholarship Online. ISBN-13: 9780198515340.
Bibliografía Complementaria
Blanco, E. et al. 1996. Los Bosques ibéricos. Una interpretación geobotánica. Ed. Planeta, Barcelona
Rull, V. 2020. Quaternary Ecology, Evolution, and Biogeography. Academic Press. ISBN 978-0-12-820473-3
Recursos online:
http://www.biodiversidade.eu
http://www.bosquesdegalicia.es/
https://www.researchgate.net/publication/233755631_ Biogeografia_ Capitulo_45
Competencias
O estudantado despois de cursar esta materia terá unha visión detallada dos principais grupos de comunidades vexetais, interpretando os seus patróns de distribución.
Básicas e Xerais:
Correspóndense coas que figuran na memoria de Grao en Bioloxía (2ª edición)
Transversais:
CT1 - Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT2 - Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de maneira colectiva.
CT6 - Capacidade para reflectir adecuadamente as fontes de información empregadas.
CT7- Capacidade para aplicar as TICs no ámbito da Bioloxía.
CT8 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade.
CT9 - Capacidade para organizar e planificar o traballo.
Específicas
CE4 – Coñecer a orixe da vida, os mecanismos da herdanza e a súa evolución
CE5 – Coñecer a diversidade dos seres vivos e os ciclos biolóxicos, así como desenvolver a capacidade de analizar e interpretar as súas adaptacións ao medio.
CE12 - Coñecer e comprender a estrutura e dinámica das poboacións e comunidades.
CE13 - Saber describir, analizar e interpretar o medio físico e a súa relación cos seres vivos
Metodoloxía da ensinanza
Metodoloxía en clases expositivas. Serán realizadas mediante clases maxistrais (asistencia non obrigatoria). Docencia presencial.
Metodoloxía en clases interactivas. Prácticas de Campo (asistencia non obrigatoria). Titorías (asistencia non obrigatoria, presenciais). Os contidos da materia estarán dispoñibles na USC virtual.
Práctica de campo. Realizarase unha práctica de campo non obrigatoria que consistirá no estudo e identificación de diversas comunidades vexetais no seu medio natural.
Seminarios. Serán traballados en grupos de 4-5 persoas, nun formato de aprendizaxe por proxecto e coa metodoloxía de “aula invertida”. Así, os materiais estarán dispoñibles online previamente ao seminario, estruturados como unha serie de pasos consecutivos que as e os alumnos deberán entender teoricamente e, na parte interactiva do seminario, ir superando mediante o uso de diferentes paquetes informáticos até culminaren o proceso de reconstrución da historia bioxeográfica dunha liñaxe vexetal.
Titorías. Metodoloxía titorial.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Realizarase un exame escrito ao finalizar a materia ao que se sumará a avaliación continua dos seminarios e práctica, do modo seguinte:
- a nota do exame teórico representará o 70% da cualificación final.
- a asistencia e participación nas diferentes actividades docentes (clases expositivas e seminarios), e especialmente nas que son de tipo práctico (práctica de campo), representará un 30%. Este aspecto será avaliado mediante as memorias individuais de prácticas (15% da nota) e as grupais de seminario (15 % da nota). Os resultados do traballo de seminario poderán ser avaliados mediante unha presentación breve dos mesmos ante a clase.
- non se poderá aprobar a materia se o alumno non consegue un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota do exame teórico.
Na segunda oportunidade, conservarase a cualificación da avaliación continua que se sumará ao exame escrito. Os repetidores realizarán as actividades da avaliación continua e exame teórico, non se conserva ningunha cualificación dun curso a outro.
Avaliación de competencias: Exame, Prácticas e Seminarios: Básicas, xerais e específicas. Exame: CT2 . Prácticas e seminarios: CT1, CT3, CT6, CT8, CT9
Total horas traballo presencial: 43 h
Clases expositivas: 26
Prácticas:11h
Seminarios: 3h
Titorías: 1h
Exame: 2h
Total horas traballo persoal do alumno: 69,5h
Estudio individual: 59,5
Elaboración memoria de prácticas: 5
Elaboración de seminarios: 5
TOTAL DE HORAS: 25h x 4,5 ECTS = 112,5h
-Asistencia a todas as actividades docentes.
-Aprendizaxe diaria dos contidos impartidos nas clases.
-Consulta da bibliografía recomendada.
-Facer uso das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Con carácter xeral, fica expresamente prohibido que o alumnado distribúa, entre persoas alleas ao curso, o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual ou ofrecido polo profesorado por outros canais.
Luis Miguel Serrano Perez
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814972
- Correo electrónico
- miguel.serrano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
05.06.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
05.06.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
05.06.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
13.07.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |