Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Preténdese que o/a estudante adquira coñecementos básicos tanto teóricos como prácticos da Bioquímica e que isto lle permita interpretar e resolver cuestións sinxelas. Entre as destrezas que o/a estudante debe obter están o manexo da literatura especializada, a capacidade de interrelacionar a Bioquímica con outras disciplinas biolóxicas, e o manexo de técnicas básicas de laboratorio. O estudo desta materia proporcionará ao/á estudante un coñecemento da estrutura/función das biomoléculas, dos procesos de transporte e intercambio de enerxía, da reacción bioquímica e as encimas, e do metabolismo e a súa regulación dende unha panorámica xeral.
MATERIA SEN DOCENCIA, SÓ CON DEREITO A AVALIACIÓN
Indícanse os contidos do último curso con docencia, que serán os avaliados neste curso.
PROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS
• Tema 1. A ciencia bioquímica. Deseño molecular da vida.
• Tema 2. Glícidos. Características xerais e función biolóxica.
• Tema 3. Lípidos. Características xerais e función biolóxica.
• Tema 4. Nucleótidos e aminoácidos.
• Tema 5. Enlace peptídico e proteínas. Estrutura tridimensional e funcionalidade das proteínas.
• Tema 6. Función das proteínas. Mioglobina e hemoglobina.
• Tema 7. Membranas biolóxicas. Estrutura e propiedades. Mecanismos de Transporte a través de membrana.
• Tema 8. Bioenerxética: estudo das transformacións e intercambios de enerxía.
• Tema 9. Encimas: estrutura e función.
• Tema 10. Reacción encimática. Cinética da reacción encimática.
• Tema 11. Inhibición e regulación da reacción encimática.
• Tema 12. A sinalización celular e os seus mecanismos.
• Tema 13. Introdución ao metabolismo e a súa regulación.
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS/SEMINARIOS.
Resolución de cuestións prácticas (problemas, preguntas de razoamento, etc.) relacionadas cos temas da materia expositiva, que sirvan para afondar no seu coñecemento, coas seguintes temáticas:
• Seminario 1: glícidos
• Seminario 2: lípidos
• Seminario 3: aminoácidos e proteínas
• Seminario 4: membranas biolóxicas e bioenerxética
• Seminario 5: actividade e inhibición encimática
PROGRAMA DE TITORÍAS
Segundo as horas establecidas para a materia programaranse 5 horas de titorías, de 1 hora de duración cada unha, a petición do alumnado concertadas cos profesores correspondentes (expositivas, seminarios e prácticas) e serán dedicadas a resolver dúbidas sobre os temas de expositivas, os problemas realizados nos seminarios e as prácticas de laboratorio. Estas titorías poderán realizarse de modo presencial ou ben utilizando os métodos telemáticos que propoña o profesorado (MS-Teams, Campus Virtual, correo electrónico institucional).
PROGRAMA DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO
• PRÁCTICA 1. Homoxeneizado de tecido animal (fígado de tenreira) e fraccionamento de orgánulos celulares. Preparación de reactivos.
• PRÁCTICA 2. Determinación da concentración de proteínas. Método de Lowry.
• PRÁCTICA 3. Obtención e purificación de ADN a partir de núcleos de células eucariotas. Análise electroforética en xeles de agarosa.
• PRÁCTICA 4. Encimoloxía: realización da recta patrón e determinación da actividade específica.
• PRÁCTICA 5. Encimoloxía: cinética e inhibición encimática.
EXAME (2h presencial)
Exame escrito presencial obrigatorio dos contidos de expositivas e seminarios. No seu caso, poderá haber alumnos/as que teñan que facer tamén un exame das prácticas de laboratorio.
BÁSICA
• Berg, J.M., Tymoczko, J.L. y Stryer L., 2015. Bioquímica con aplicaciones clínicas. 7ª ed. Barcelona: Reverté.
• *Rodwell, V.W., Bender, D.A., Botham, K.M., Kennelly, P.J. y Weil, P.A., 2018. Harper Bioquímica ilustrada. [en liña] 31ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=27…
• Nelson, D.L. y Cox, M.M., 2018. Lehninger Principios de Bioquímica. 7ª ed. Barcelona: Omega.
• Voet, D., Voet, J.G.y Pratt, C.W., 2016. Fundamentos de bioquímica: la vida a nivel molecular. 4ª ed. Buenos Aires: Ed. Médica Panamericana.
• *McKee, T., y McKee, J.R., 2014. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida. [en liña] 5ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=19…
• *Kuchel, P.W., Easterbrook-Smith, S., Gysbers, V., y Guss J.M., 2009. Schaum’s Outline of Biochemistry. [en liña] 3ª ed. McGraw-Hill. Dispoñible en: https://www-accessengineeringlibrary-com.ezbusc.usc.gal/content/book/97…
• *Battaner Arias, E., 2013. Biomoléculas: una introducción estructural a la bioquímica. [en liña] Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-134
• *Battaner Arias, E., 2014. Compendio de enzimología. [en liña] Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-163
COMPLEMENTARIA
• *Sánchez Enríquez, S., Flores Alvarado, L.J., Gurrola Díaz, C.M., Heredia Chávez. P., 2014, Manual de prácticas de laboratorio de bioquímica. [en línea] 3ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Disponible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=14…
• Roca, P., Oliver, J. y Rodríguez, A.M., 2003. Bioquímica. Técnicas y Métodos. Madrid: Hélice.
OUTROS RECURSOS
- http://biomodel.uah.es. Sitio web Universidad Alcalá de Henares
-http://www.sebbm.es/BioROM/indices/index.html
-http://www.pubmed.com (books)
-Recursos electrónicos da BUSC: Cell, Nature, Science, Sciencedirect, etc.
Nesta materia o/a alumno/a adquirirá e practicará tanto unha serie de competencias básicas/xerais e transversais, desexables en calquera titulación universitaria, como específicas, propias desta materia dentro do Grao de Bioloxía.
Dentro do cadro de competencias que se deseñou para la titulación, traballaranse de forma máis específica as seguintes:
Competencias Básicas/Xerais
As que aparecen reflectidas na Memoria do Grao de Bioloxía.
Competencias Transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais
CT9 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Competencias Específicas
CE1.c - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades: Técnicas básicas en bioloxía.
CE2.a - Ámbito competencial: Orixe e bases moleculares da vida: Conceptos, mecanismos e hipóteses.
CE2.b - Ámbito competencial: Orixe e bases moleculares da vida: Estrutura e función de biomoléculas.
CE2.d.- Ámbito competencial: Orixe e bases moleculares da vida: Metabolismo, Sinalización celular e Bioenerxética.
CE2.e.- Ámbito competencial
ESTA MATERIA ESTÁ EN EXTINCIÓN E NON TERÁ DOCENCIA
A materia está deseñada para potenciar a aprendizaxe activa do alumnado. As clases expositivas, concíbense como introducións xerais a cada tema cuxos temas están indicados no apartado de contidos que serán complementadas co resto de actividades propostas. Estas actividades son o estudo individual, a realización de actividades prácticas en laboratorio e dun caderno de prácticas, a resolución de cuestións e problemas en seminarios e a resolución de dúbidas da materia a través das titorías. O estudo individual realizarase cunha información organizada e detallada proporcionada polo profesorado a través das presentacións dispoñibles no Campus Virtual. A base da devandita información será a bibliografía básica recomendada, a cal se complementará con información adicional.
Nos seminarios se lles propoñerán diversas cuestións prácticas e problemas (a través do Campus Virtual) nas que se apliquen conceptos e coñecementos teóricos tratados nos contidos das clases expositivas. Estes problemas son materia de exame.
Os contidos das prácticas de laboratorio obrigatorias realizadas o último curso con docencia, estarán a disposición do alumnado a través do Campus Virtual, xunto con outros contidos complementarios, para o estudo das técnicas e protocolos tratados de cara ao exame que deben realizar, de ser o caso.
As titorías, concíbense como medio de control, coordinación e para que os/as estudantes susciten as súas dúbidas ou cuestións. Serán especialmente útiles como elemento de retroalimentación e autoavaliación das tarefas realizadas. Internet facilitará tamén o contacto do alumnado co profesorado mediante consultas electrónicas.
O exame é unha proba presencial obrigatoria para a avaliación dos coñecementos e competencias utilizando unha proba escrita na que se formularán preguntas tipo test, problemas similares aos dos seminarios e preguntas de desenrolo, abarcando os temas tratados nos contidos das clases expositivas e nos seminarios. De ser o caso, tamén se fará un exame obrigatorio dos contidos de prácticas.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa, entre persoas alleas ao curso, o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual ou aportado polo profesorado por outras canles.
A cualificación do/a alumno/a é unha media ponderada entre o rendemento do/a mesmo/a nas partes nas que se avalía o seu traballo: exame, boletíns/cuestionarios dos seminarios e memoria de prácticas. Os mesmos instrumentos serán utilizados para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
Exame: CT1, CT2, CT5, CT9, CT11, CE1.c, CE2.a, CE2.b, CE2.d, CE2.e, CB1, CB4, CB5, CG1, CG3, CG5.
Prácticas: CT1, CT2, CT3, CT5, CT7, CT11, CE1.c, CE2.a, CE2.d, CE2.e, CB1, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG5.
Seminarios: CT1, CT2, CT3, CT4, CT7, CT9, CT11, CE2.a, CE2.d, CE2.e, CB1, CB4, CB5, CG2, CG5.
Normas comúns na avaliación en ambas convocatorias
Esta materia só terá avaliación de alumnos/as repetidores/as
1) Aqueles/as alumnos/as repetidores/as que teñan realizado avaliación continua (memoria de prácticas e cuestionarios dos seminarios) nos cursos anteriores, será de aplicación o establecido na guía docente do último curso con docencia: consérvanse completas estas notas que suporán o 35% da nota final e deben repetir o exame obrigatorio de expositivas/seminarios, que suporá o 65% da nota restante. Pero, en calquera caso, se teñen baixa nota na avaliación continua ou se consideran máis oportuno o outro sistema de avaliación, poden tamén seguir o sistema de avaliación do punto 2, previa comunicación ao profesorado.
2) Alumnos/as repetidores/as que non realizaran avaliación continua en cursos precedentes: ao non ter feito as prácticas e/ou non ter entregado a memoria de prácticas (ambas obrigatorias segundo os criterios xerais para superar la materia nos cursos precedentes), deberán facer un exame de prácticas obrigatorio (a realizar xunto co exame final) que suporá o 20% da nota total. A nota de seminarios (non obrigatorios en cursos precedentes) súmase á do exame obrigatorio de expositivas/seminarios, que neste caso suporá o 80% da nota final. Os contidos para o exame de prácticas serán a memoria de prácticas (protocolos e introducións), vídeos e outro material complementario fornecido no apartado de prácticas de laboratorio do Campus Virtual da materia.
3) Alumnos/as de nova matrícula (de existir) do Grao en Bioloxía, que loxicamente nin teñen notas de avaliación continua de cursos pasados e nin teñen dereito a docencia: será de aplicación o establecido no punto 2.
O exame final contémplase como unha proba presencial obrigatoria e complementaria, para todo el alumnado, á avaliación continua realizada noutros cursos, de ser o caso. En tódolos casos tamén, será necesario alcanzar un mínimo de 4 sobre 10 no exame final de expositivas/seminarios (nas dúas convocatorias) para que a avaliación continua sexa sumada, de ser o caso. En caso contrario, a nota final será exclusivamente a deste exame (65% ou 80% da nota total). Será necesaria unha nota final mínima de 5 sobre 10 para superar a materia.
Non haberá mecanismos compensatorios ante a non asistencia e/ou non realización dalgunha actividade obrigatoria e/ou avaliable noutros cursos que non sexa a aquí indicada. Non se farán exames parciais nin fóra da data oficial.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa, entre persoas alleas ao curso, o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual ou aportado polo profesorado por outras canles.
MATERIA SIN DOCENCIA
Realización dos problemas e cuestións correspondentes aos seminarios.
Utilización e consulta da bibliografía recomendada e do material proporcionado polo profesorado.
Lectura e reflexión frecuentes sobre a materia impartida, necesarias para a integración dos coñecementos.
Facer uso das titorías e contactar co profesorado para resolver cantas dúbidas e problemas xurdan no estudo da materia e facer seguimento da aprendizaxe.
Haberá unha aula virtual activa da materia a través do Campus Virtual da USC
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa, entre persoas alleas ao curso, o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual ou aportado polo profesorado por outras canles.
Comunicación co profesorado
Comunicación no despacho. Tamén se poderán establecer comunicacións a través do correo electrónico institucional, de mensaxes a través do foro do Campus Virtual, vía telefónica e mediante a plataforma MS-Teams.
Guillermo Covelo Artos
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816930
- Correo electrónico
- guillermo.covelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
22.12.2023 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 01. Charles Darwin |
25.06.2024 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 08. Louis Pasteur |