Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Proporcionar formación nos principais aspectos da Xeoloxía, con especial fincapé nos tipos de rochas e no ciclo das mesmas, así como na súa influencia no medio natural.
Con estes obxectivos pretendese alcanzar os seguintes resultados da aprendizaxe:
- Coñecer os minerais e as rochas máis comúns, a súa orixe, composición e distribución.
- Saber empregar cartografía temática.
- Saber identificar e diagnosticar os aspectos xeolóxicos relacionados con problemas ambientais.
- Recoñecer os recursos e os riscos xeolóxicos.
-Espertar a sensibilidade polos temas ambientais.
Minerais e rochas. Procesos xeolóxicos internos e externos. Magmatismo e rochas ígneas. Meteorización e rochas sedimentarias. Metamorfismo e rochas metamórficas. Anatexia. Deformacións da codia terrestre. Xeoloxía da Península Ibérica e de Galicia
Programa de clases expositivas
Tema 1. Evolución histórica. Conceptos e principios básicos. Estrutura, dinámica e evolución da Terra. Tectónica de placas e as súas implicacións para a vida (6 horas).
Tema 2. Concepto de mineral. Estrutura cristalina da materia (1 horas).
Tema 3. Nocións de Cristaloquímica. Estruturas metálicas, covalentes e iónicas (2 horas).
Tema 4. Sistemática mineral. Silicatos (3 horas).
Tema 5. Concepto de rocha. O ciclo das rochas (0.5 horas).
Tema 6. Rochas ígneas: xénese, relación coa tectónica de placas. Tipos de rochas ígneas (6,5 horas).
Tema 7. Rochas sedimentarias: Erosión, transporte, sedimentación, diaxénese. Tipos de rochas sedimentarias (5 horas).
Tema 8: Rochas metamórficas: Factores do metamorfismo. Relación coa tectónica de placas. Anatexia. Clasificación de rochas metamórficas (3 horas).
Tema 9. Deformacións da codia terrestre (2 horas).
Tema 10. Xeoloxía da Península Ibérica e de Galicia (1 horas).
Programa de clases interactivas
Prácticas de laboratorio
Práctica 1. Estudo das propiedades morfolóxicas dos minerais: identificación e clasificación (2 horas).
Práctica 2. Estudo das propiedades morfolóxicas e da composición mineral das rochas (2 horas).
Práctica 3. Estudo práctico I: identificación de coleccións de rochas e minerais de Galicia. (2 horas).
Práctica 4. Estudo práctico II: aplicación da identificación e caracterización de rochas á análise de diferentes actuacións sobre o medio natural. (2 horas).
Seminarios
Seminario 1: Aplicación dos principios básicos da xeoloxía á interpretación da historia xeolóxica dunha área (2 horas)
Seminario 2: Estrutura e evolución da litosfera (2 horas)
Seminario 3: Traballando con rochas ígneas (2 horas)
Seminario 4: Meteorización e solos (2 horas)
Seminario 5: Traballando con rochas sedimentarias (2 horas)
Seminario 6: Traballando con rochas metamórficas (2 horas)
Seminario 7: Xeoloxía de España e Galicia (2 horas)
Seminario 8: Aplicación dos coñecementos xeolóxicos á interpretación dos ecosistemas (2 horas)
Titorías
Seguimento da aprendizaxe do alumnado. Acláranse as dúbidas suscitadas polo alumnado e afondase naquelas cuestións que presentan mais dificultades (1 hora)
Bibliografía básica
Tarbuck, E.J. et al., 2015; 2013; 2010. Ciencias de la Tierra: una introducción a la Geología Física. Madrid: Pearson
Biblioteca de Bioloxía: A TG 197 M 1
A TG 197 M 2
A TG 197 N
A TG 197 O 1
A TG 197 P 1
A TG 197 Q 1
Monroe, J., Wicander, R. y Pozo, M., 2008. Geología: dinámica y evolución de la Tierra. 4ª ed. Madrid: Paraninfo
Biblioteca de Bioloxía: A TG 264 1 (LIBRO)
A TG 264 2 (CD-ROM)
A TG 5 1 (LIBRO)
Bibliografía complementaria
Águeda, J., et al., 1983. Geología. 2ª ed. Madrid: Rueda
Anguita, F., 2002. Biografía de la Tierra: historia de un planeta singular. Madrid: Aguilar
Bastida, F., 2005. Geología. Una visión moderna de las Ciencias de la Tierra. Vol. I-II. Oviedo: Trea Ciencias.
Clark, S.P.Jr., 1981. La estructura de la Tierra. 2ª ed. Barcelona: Omega
Ernst, W:G., 1974. Los materiales de la Tierra. Barcelona: Omega
Hochleitner, R., 1987. Minerales y rocas: una guía de identificación. Barcelona: Omega
Meléndez, B. y Fuster, J.M., 1984. Geología. 4ª ed. Madrid: Paraninfo
Strahler, A.N., 1992. Geología física. Barcelona: Omega
Competencias básicas e xerais
As especificadas na memoria do grao para o conxunto das materias
Competencias específicas
CE3. Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais, e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas apropiadas relacionadas coa seguridade, hixiene, xestión de residuos e calidade.
CE13. Saber describir, analizar e interpretar o medio físico e a súa relación cos seres vivos
CE14. Coñecer o fluxo de enerxía nos ecosistemas e os ciclos bioxeoquímicos.
Competencias transversais
CT1. Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT2. Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
Clases expositivas:
Alternancia de clases maxistrais, que ofrecen a posibilidade de incidir no máis importante de cada tema, con debates e cuestións. Estas clases centraranse na comprensión dos conceptos propios da materia e ofrecerán unha visión global do tema tratado. Actividades apoiadas en medios audiovisuais e informáticos, e con diferentes formatos (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia), promovendo a participación. Este proceso de aprendizaxe reforzarase intercalando probas de avaliación ao final de cada bloque; estas probas forman parte da avaliación continua. Tamén se indicarán aqueles recursos máis recomendables para a preparación posterior do tema en profundidade.
Clases interactivas:
Seminarios: traballo do alumnado, en grupos reducidos, baixo a tutela e dirección do profesorado. Neles, propóñense, para a súa resolución, actividades (exercicios, estudos de caso, simulacións, etc) de aplicación dos coñecementos teóricos na súa resolución, afondando na aplicabilidade dos coñecementos adquiridos na caracterización do medio natural e na comprensión dos procesos ambientais. Estas actividades esixirán dunha participación activa do alumnado.
Prácticas de laboratorio: traballo persoal e en grupo encamiñado á observación e identificación de mostras de minerais e rochas, e interpretación de cartografía básica. Nelas, seguindo os protocolos axeitados e empregando as ferramentas e equipamento apropiados, resolveranse cuestións prácticas asociadas a análise do compoñente físico do medio natural.
Tanto os seminarios como as prácticas de laboratorio buscan reforzar a aprendizaxe de conceptos, e desenvolver competencias instrumentais, sistémicas e interpersonais necesarias para a resolución de problemas.
Titorías: individuais ou en grupo moi reducido, para aclarar dúbidas, fornecer información ou orientar ó alumnado, así como para coñecer o progreso na adquisición de competencias.
Para facilitar a preparación e seguimento de todas as actividades por parte do alumnado, empregarase a aula virtual na plataforma Moodle do campus virtual da USC e MS Teams.
Os coñecementos, competencias e destrezas adquiridos avaliaranse mediante un conxunto de actividades que comprenden un exame final e unha avaliación continua. A avaliación continua levarase a cabo a través de probas periódicas dos contidos tratados (aproximadamente 1 proba cada dous temas impartidos) mediante test multi-resposta, cuestións e/ou preguntas curtas a desenvolver presencialmente na aula ou a través da aula virtual e traballos entregados ou presentados, actividades de seminarios, laboratorio e titorías. Nas actividades de laboratorio valorarase a asistencia e a realización das actividades e dun informe técnico. Nos seminarios valorarase a asistencia, a realización das actividades e as achegas asociadas.
A cualificación final terá en conta a avaliación continua (incluíndo probas, asistencia e achegas das prácticas de laboratorio e dos seminarios) e o exame final.
O peso de cada unha das actividades na cualificación final é o seguinte:
-Avaliación continua:
Probas síncronas ou asíncronas.................................................................................15% da cualificación
Asistencia e calidade das achegas asociadas ás prácticas de laboratorio........................ 15% da cualificación
Asistencia e calidade das achegas relacionadas cos seminarios .....................................10% da cualificación
- Exame...................................................................................................................60% da cualificación
É necesario obter no exame final unha cualificación mínima de 4 (sobre 10) para que se poidan sumar o resto das cualificacións.
O alumnado que non realizara as prácticas obrigatorias (75% das prácticas de laboratorio) e/ou non acadara unha cualificación mínima de 5 (sobre 10) nas mesmas, para poder superar a materia deberá realizar e superar un exame práctico.
Conservaranse as cualificacións da avaliación continua (probas, prácticas de laboratorio, seminarios) durante os dous cursos seguintes ós da súa obtención, sempre que estas foran iguais ou superiores ó 50% da cualificación máxima alcanzable en cada un dos apartados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación das competencias levase a cabo do seguinte modo:
No exame avalíanse as competencias: CE13, CE14, CT1
Coas probas periódicas avalíanse as competencias: CE14, CT2
Nos seminarios avalíanse as competencias: CE13, CE14, CT2
Nas prácticas avalíanse as competencias: CE3, CE13, CT1
Traballo presencial na aula
Clases expositivas: 30 horas
Clases interactivas:
Prácticas de laboratorio: 8 horas
Seminarios: 16 horas
Titorías: 1 horas
Realización de exames: 2 horas
Total horas de traballo presencial: 57 horas
Traballo persoal
Estudo individual: 70 horas
Elaboración da memoria de prácticas: 6 horas
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 16 horas
Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas: 3 horasTotal horas de traballo persoal: 95
Horas totais de dedicación á materia: 55 presenciais + 95 persoais = 150 horas
Asistencia e participación activa en todas as actividades
Consulta da bibliografía recomendada
Uso da aula virtual
Teresa Maria Taboada Rodriguez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813289
- Correo electrónico
- teresa.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Beatriz Loreto Prieto Lamas
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881814594
- Correo electrónico
- beatriz.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Teresa Del Carmen Barral Silva
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881815041
- Correo electrónico
- mteresa.barral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Xabier Pontevedra Pombal
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813238
- Correo electrónico
- xabier.pombal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
15.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
15.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
15.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
15.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
15.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
15.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
21.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
21.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
21.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
21.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |