Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 15 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer a estrutura e función dos diferentes sistemas e aparellos dos animais desde o nivel molecular ao organismo completo nas distintas etapas da vida".
CAPÍTULO I.- FISIOLOXÍA XERAL E MOLECULAR
T01 Concepto de Homeostase.
T02 Membranas e Transporte.
T03 Potencial de Membrana.
T04 Células Nerviosas. Potencial de Acción e Transmisión Sináptica.
T05 Comunicación intercelular e receptores
T06 Segundos Mensaxeiros
T07 Células Musculares. Contracción do Músculo Estriado, Músculo Liso e Músculo cardíaco.
S01 Seminario
CAPÍTULO II.- SISTEMA CARDIOCIRCULATORIO:
T08 Electrofisioloxía cardíaca.
T09 O corazón como bomba. Ciclo cardíaco.
T10 Regulación da actividade cardíaca.
T11 Fisioloxía vascular. Hemodinámica.
T12 Presión arterial e a súa regulación.
T13 Fisioloxía da microcirculación. Intercambio transcapilar
S02 Seminario
CAPÍTULO III.- SISTEMA RESPIRATORIO.
T14 Mecánica respiratoria. Traballo respiratorio.
T15 Intercambio gasoso. Transporte de gases. Hemoglobina.
T16 Circulación pulmonar. Equilibrio ventilación-perfusión.
T17 Regulación da respiración.
S03 Seminario
CAPÍTULO IV.- SISTEMA EXCRETOR RENAL
T18 Organización do sistema excretor renal. Filtración glomerular.
T19 Manexo tubular do filtrado. Reabsorción. Transporte máximo. Secreción.
T20 Mecanismos de concentración de urina. Balance hidrosalino.
S04 Seminario
CAPÍTULO V.- EQUILIBRIO ÁCIDO-BÁSICO
T21 Equilibrio ácido básico (I).
T22 Equilibrio ácido básico (II).
S05 Seminario
Prácticas:
1. Mecanismos de transporte e permeabilidade celular
2. Fisioloxía do músculo esquelético
3. Fisioloxía e dinámica cardiovascular
4. Mecánica do sistema respiratorio
5. Fisioloxía renal
6. Equilibrio ácido-básico
Human Anatomy and Physiology. Marieb, Hoehn. 9th ed. Pearson 2013
Fisiología. (6º edición), 2009. Berne y Levy. Edit. Elsevier-Mosby
Tratado de Fisiología Médica. (14ª edición). 2021. Guyton & Hall. Edit. Elsevier-Saunders
Fisiología Humana (8a edición), 2019, Silverthorn. Edit. Médica Panamericana
Fisiología Animal (1ª edición), 2006. Hill-Wyse-Anderson. Edit. Méd. Panamericana.
PhysioEx 9.1: Laboratory Simulations in Physiology. 2014. Zao - Stabler - Smith - Lokuta - Griff. Ed. Pearson
Básicas
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos fundamentais acerca da organización e función dos sistemas biolóxicos nos niveis celular e molecular.
CG2 - Pensar dunha forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas tanto no plano técnico-profesional, como a súa relación cos problemas sociais/económicos que implican a un bioquímico.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
Transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para organizar e planificar.
CT3 - Capacidade para traballar en equipo.
CT6 - Capacidade para buscar, analizar e xestionar a información proveniente de fontes diversas.
CT7 - Capacidade para a resolución de problemas.
CT9 - Capacidade para transmitir coñecementos.
CT13 - Capacidade creativa, iniciativa e espírito emprendedor.
CT14 - Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
CT15 - Capacidade para a comunicación oral e escrita.
Específicas
CES4 - Comprender os principais procesos fisiolóxicos dos organismos multicelulares, así como comprender as bases moleculares dos devanditos procesos fisiolóxicos. Ter unha visión integrada dos sistemas de comunicación intercelular e de sinalización intracelular que regulan a proliferación, diferenciación, desenvolvemento e función dos tecidos e órganos, para así comprender como a complexidade das interaccións moleculares determina o fenotipo dos organismos vivos.
As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal académico, coa axuda da pizarra, dos medios audiovisuais que considere oportunos e dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual.
As de ordenador servirán para a ilustración dos contidos teóricos da materia.
Os seminarios serán preparados polos alumnos divididos en grupo, realizando revisións do estado actual de aspectos avanzados da asignatura, recompilando, analizando criticamente e presentando a información con soporte de tecnoloxías da información.
Todas as tarefas dos estudantes (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría en grupo ou individuais.
Como recurso fundamental de soporte á docencia utilizarase o Campus Virtual da USC (Moodle)
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVIDADES DOCENTES EN REMOTO:
Realizarianse, de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre éstes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
A calificación de cada estudante farase en base a tres criterios:
1.- Calificación teórica (75% da puntuación final). Exames tipo test, pregunta curta e/ou tema ). En caso de que se fagan exames parciais, para o cálculo da media final é indispensable que ningún dos exames parciais teña unha calificación inferior a 3,5. Competencias avaliadas: CB1, CT9, CES4
2.- Calificación práctica 15% da puntuación final): Exame tipo test e asistencia a prácticas. Competencias avaliadas: CB1, CT14, CT9, CES4.
3.- Calificación adicional (ata un 10% da puntuación final): A realización e exposición de traballos en grupo permitirá obter unha nota adicional que se sumará linealmente á calificación teórico-práctica ata completar o 100%. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CG1, CG2, CT1, CT2, CT3, CT7, CT9, CT13, CT15.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
O exame final é obrigatorio para todo o alumnado matriculado na materia.
O número total de horas de traballo dos estudantes nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. A presencialidade é do 40% e as horas de traballo do alumno do 60%, que se distribuirán da seguinte forma:
Clases expositivas: 33 h presenciais
Clases prácticas: 12 h presenciais
Seminarios:3 h presenciais
Titorias: 3 h presenciais
Total presencialidade: 51 h
Total traballo autónomo: 99h
Coñecementos previos de Anatomía e Bioquímica
As actividades académicas impartiranse nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma (castelán e galego).
O sistema de avaliación dos alumnos que se presenten á 2ª oportunidade será idéntico ao dos alumnos de 1ª oportunidade
PLAN DE CONTINXENCIA
METODOLOXÍA
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto:
Realizarianse, de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre éstes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
Luis Felipe De La Cruz Palomino
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- luisfelipe.delacruz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jesús Antonio Casabiell Pintos
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- x.casabiell [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Mercedes Rodríguez Vieytes
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- mmercedes.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Mercedes Camiña Garcia
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- merchi.camina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
Martes | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
20.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
20.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
27.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
27.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |